Fotografía de Diogo Verísimo. |
|
SAPO RAXADO - CARACTERÍSTICAS.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Identificación | Alimentación | Reproducción |
| Distribución Galicia | Habitat | Interés |
| Protección | Curiosidades | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Discoglossus galganoi. (Capula 1985)
|
||||
| Nome galego |
Fotografía de S.G.H.N. Sapo raxado. Sapo das Veigas, Ra das Herbeiras. Sapiño pinto, sapiño pintoso.
|
||||
| Nome castelán |
Fotografía de S.G.H.N. Sapo pintojo ibérico. Sapo Rajado.
|
||||
| Dimensións |
Entre 50 e 75 mm. Os machos son máis grandes que as femias. Pode vivir ata 8 anos.
|
||||
| Identificación: |
Sigue Dimensións- Identificación:
Variedade olivácea que é a máis parecida as ras. Animal de aspecto entre sapo e ra, coa pel moi pouco verruguenta e sen glándulas parótidas. Dorso cincento apencado de manchóns pardos.
Fociño longo e puntiagudo. Dedos cortos e puntiagudos.
Fotografía de Enrique Ayllón.
A coloración é olivácea, gris ou parda. Posee unha banda que vai dende o fociño ata a parte de atrás. Ten, si é a variedade oliváceo un gran parecido as rás.
|
||||
| Alimentación: |
Todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas, pero non desprecia miñocas, caracois, lesmas,etc. Poden practicar o canibalismo comendo larvas da súa propia especie. Os sapos moi grandes poden chegar a capturas crías de ratos. Depredadores ten moitísimos: dende a Natrix natrix ata a londra, pasando por moitas aves como a Tyto alba.
|
||||
| Habitats: |
Prefere os prados e as hortas para vivir. Está moi vencellado á auga. Moitas veces ocupa pozas e regueiros de moi pouco caudal nos prado húmidos e xunqueiras. Pode compartir lugar coas ras. Pode aparecer tamén en charcas que non estén moi limpas.
|
||||
| Reproducción: |
A reproducción comenza en marzo. O principio pon entre 20 a 50 ovos, pero o longo do día pode chegar entre 300 a 1.500 ovos. O eclosionar as larvas miden 3mm. como todos os sapos saen individuos acuáticos que se diferencian moitos dos pais.
Conforme medran van crecendo os membros, primeiro os posteriores e logo os anteriores e desaparecendo a cola. Tamén sustituen as branquias por pulmóns. Toda unha metamorfosis sensacional e marabillosa. Rematan o proceso no verán
|
||||
| Interés: |
Moito como tódolos anfibios. É pouco coñecido.
|
||||
| Protección: |
No está protexida que eu sepa. É máis, non esta nin catalogada na UICN e dende logo en España a preocupación é menor LC.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Dende logo é moi común en toda Galicia, en algunhos lugares máis, por soposto. Trata de evitar as Serras, non subindo dos 1.000 metros. En Ourense é escaso.
|
||||
| Curiosidades: |
Sapo non moi coñecido ten hábitos crepusculares e nocturnos.
|
Fontes:
Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán.
Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.
Guía dos anfibios e réptiles de Galicia de Moisés Asensi.
![]()