De interés especial. |
|
Ra temporaria: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Alimentación | Reproducción | Distribución Galicia |
| Interés | Cando se asusta... | Protección |
| Curiosidades | Canto | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Rana temporaria. ( Linnaeus, 1758) Reino: Animalia Clase: Anfibios Orden: Anuros (anfibios sin cola) Familia: Ranidae Género: Rana Especie: Rana temporaria
|
||||
| Nome galego |
Ra vermella, Ra de monte. Ra roxa do monte.
|
||||
| Nome castelán |
Rana temporaria. Rana de monte. Rana roja.
|
||||
| Dimensións |
O dorso é gris, pardo, vermello e amarelo. Un pouco de todo. Entre 40-70 mm. Trátase dunha ra moi semellante a ra ibérica, da que se diferencia pola combinación dos seguintes caracteres: tímpano grande, redondo e ben definido, patas máis curtas e ventre de cor crema con veas vermellas, sen punteado.
Iris dorado manchado de negro. Ollo horizontal. Esta ra pódese confundir coa ra ibérica (non coa ra verdexada que non ten antifaz e ademais é máis verde).
Ra temporaria.
A ra temporaria é mais grande ca Ibérica. O seu habitat é distinto. O tímpano é mais grande. Observar tamén as membranas interdixitais das patas, na ra temporaria non chegan a punta, mentras que na ra ibérica si que chegan a punta. Hai máis diferencias polo que recomendo o libro de Moisés Asensi para velas.
Tímpano grande e ben definido. Casi ten o tamaño do ollo. As palmeaduras son máis pequenas, non chegan o final do dedo (sobre 2/3 do dedo).
|
||||
| Identificación: |
Tímpano grande, redondo e ben definido, patas máis curtas e ventre de cor crema con veas vermellas, sen punteado. De tódolos xeitos presenta unha gran variación, inda que dominen os tonos ocres, alanraxados, amarelos, roxizos e pardos.
As ras temporarias galegas son máis pequenas que as de Asturias e os Ancares leoneses, chegando a adultas cunha talla similar a da ra ibérica.
|
||||
| Alimentación: |
Todo tipo de insectos. É moi áxil e caza con saltos todo tipo de insectos e arañas.
Pode estar activa todo o día pero parece preferi-lo serán entre lusco e fusco.
|
||||
| Habitats: |
Pódese decir que é a ra das brañas. Tamén se atopa preto dos ríos, charcas, prados, etc. De marzo a novembro. Prefire máis ben os charcos, pódese decir que é máis terrestre. Dende logo e pouco nadadora, inda que vive nas beiras das charcas, lagoas e en xeral augas remansadas.
|
||||
| Cando unha ra se asusta: |
Posición típica. A ra está tomando o sol, xeralmente na orilla do río ou da charca correspondente. Cando se asusta, ¡¡¡chap!! , lánzase a agua e desaparece. O cabo dun ratiño aparece na superficie, momento no que Trago Silva sacou a fotografía anterior. Aparece para mirar o que pasa, para ver como están as cousas.
|
||||
| Reproducción: |
A reproducción comenza en marzo. Reprodúce en augas pouco fondas e lagoas sen corrente, chegando ás veces a poñe-los ovos na herba húmida. A posta é grande, presentándose en paquetes que inchan na auga e quedan flotando como xelatina.
As larvas (cágados) máis pardas que negras, saen das charcas por maio ou agosto (nas serras). Os adultos espállanse polas fragas unha vez rematado o período reproductor para volver a auga chegado o inverno.
Xúntanse en grandes grupos para reproducirse, onde os machos póñense a cantar. Rematando este período espállanse, na busca de alimentos, polo bosque, ás veces moi lonxe do lugar de reprodución. Mentras os machos están co celo teñen a pel dilatada, o que lle da un aspecto de "fofos". Tamén no primeiro dedo nace unha callosidade que neste caso é negra.
|
||||
| Interés: |
Moito como tódolos anfibios.
|
||||
| Protección:
|
No está protexida que eu sepa. Ten un interés especial. A súa principal ameaza son os incendios forestais.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Dende logo está ra non está distribuida por todo Galicia, de feito abunda na zona norte de a Coruña e Lugo, mentras no surleste limítase ós cumios de Trevinca e Manzaneda, lugares onde non baixa dos 1.650 metros. En xeral, repártese por zonas de escaso déficit hídrico anual. Pódense ver dende o nivel do mar en Caaveiro, Guísamo, Chelo, etc , ata os 1700 m. nos Ancares. e os 1900 por Trevinca.
|
||||
| Canto: |
O canto desta ra e totalmente distinto o da ra verdexada xa que é un "groc-groc-groc" rápido, raspante e débil. Distinto o treee...treee...crrao..." da everdexada .
|
Fontes:
Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán.
Tamén utizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.
Por último tamén teño utilizado o libro Guía dos anfibios e réptiles de Galicia de Moisés Asensi.
![]()