"Deus puido, sen dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero,
tamén sen dúbida, non o fixo Deus xamais" Botteler.Ver a
confirmación desta frase.
É a raíña dos peixes de Galicia:
o peixe
máis fermoso de
todos, sin
dúbida; un peixe que merece
tódolos honores e máis, e que temos que conservar a toda costa.
Hoxe ten moitos inimigos:
os purins de todo tipo, a contaminación, a inexistencia de depuradoras na maioría dos pobos e nas
súas industrias, as minicentrais, os encoros, os apropiamientos
indebidos de ríos,
os que envelenan os ríos, a pesca intensiva, entre outros.
¡ Xa
está ben !.Un berro a favor das troitas e dos ríos galegos.
(Modificada a ficha o
25/01/2012. Secundino Lorenzo)
Voume a
inclinar por considerar a nosa
troita como
Salmo trutta fario (troita de río) e por contra o
reo como o
Salmo trutta trutta
(reo).
Según
de quen se trate podemos ter unha troita en Europa con
moitas variedades según as zonas, ou ata 20 tipos de
troitas con diferencias mínimas. Repito non vou entrar
nesta loita que non é a miña. O que si se sabe é que en
Galicia hai actualmente un 95% de troita autóctona,
propia galega, e sete estirpes distintas.
Trutta significa "feroz" e nunca
mellor dito, é o peixe que mellor se defende si queremos pescalo, o
mellor sen dúbida.
No que sigue falaremos de troita común, da nosa
Salmo trutta fario.
Nota engadida sobre a troita:
Actualmente
cós estudios xenéticos xa feitos está claro que a troita en España,
presenta na maioría dos casos a estructura xenética chamada atlántica
(tamén hai mediterranea) que ha distingue perfectamente de outros
tipos, incluso de troitas de outros lugares de Europa.
A clave estriba
en conservar e manter os nosos tipos de troitas, xenéticamente
puros.
Na fotografía unha troita
autóctona galega (Área zona oriental de Ourense) , de feito está sacada dun río de alta montaña de
Galicia que en ningún momento foi repoboado. Ten unha librea incrible,
pero repito que hai moitas diferencias na librea según os ríos onde se
colla a troita.
Según os meus datos a pesar das malas
repoboacións dos últimos anos en Galicia inda se conserva bastante pura
as nosas troitas autóctonas, sin duda souperon defenderse, foi unha
casualidade xa que as repoboacións que se fixeron eran totalmente
acientificas. Soio un 5% da troita actual en Galicia ten rasgos híbridos
de centroeuropea. Menos mal...
O estudio da Universidade de Santiago revela
que hai en Galicia sete estirpes de troita autóctona: Área cantábrica,
Rías Baixas, Miño alto (Lugo), Miño baixo (Ourense, A Guardia), Limia,
Zona Oriental de Ourense e Costa da Morte. A súa vez estas sete
divisións reúnense en tres: Atlántico, Miño Alto e Douro_Sil. A idea hoxe,
febreiro do 2007 é recoller troitas destas estirpes e criar exemplares
para repoboar con estas troitas.
Xa se está a facer actualmente por parte da
Consellería de Medio Ambiente. ¡Xa era hora!. ¡Enhoraboa!.
Dicen que veremos os resultados en dous a tres
anos.
Efectivamente a Piscifactoría do Carballiño xa
cría, en xaneiro do 2009, por primeira vez troita autóctona do tipo
Sil_Douro, sobre 1000 exemplares de esta troita xa viven na
piscifactoría citada. O obxetivo destas troitas e repoboar os ríos en
caso de catástrofes.
O normal é que a troita
teña entre 15
cms e 25 cms en regatos e ríos de montaña. Refírome as troitas que se
pescan, por exemplo, con mosquito en Galicia. Estas troitas teñen entre 3 a 5
anos de vida.
Pero pode alcanzar ata 1
metro en grandes ríos e encoros.
Ten sobre 17 cms os dous a tres anos. Ata 60 cm e 8 kgs. de
peso en Galicia (a troita de río maior da que teño noticia, quitando
as pachangas dos encoros, botou 8.5 kg. e colleuse preto de Leiro no
río Avia en Ourense), e digo en Galicia xa que noutros lugares pode botar ata
1,40 m e 20 Kg. Unha troita record censada actualmente é de 16
kg, e foi pescada na Arxentina.
Teño noticia no ano 2010
dunha troita nun regato de Lalín que pesou 7,5 kg. e 94 cms de
lonxitude. A verdade é que para un regato trátase dun troitón.
Eu vín a fotografía desta troita, falei co pescador e coñezo o
regato onde a colleu. Era unha presa bastante fonda, pero non
deixa de ser un regato...
En España está censada unha troita
de 10 anos no río Najerilla na Rioxa: botou 97 cms. de longa e 10,2 kg.
peso. Foi pescada no ano 1972.
Nota: O parecer está censada
outra troita de 17,5 kg no
río White River en Arkansas que o record actual.
O que máis ou menos sabíamos que as troitas
crecen menos en ríos de alta ou media montaña. Cunha troita de 17
cms. por exemplo na Serra de Queixa equivale en anos a unha do Miño
pero esta con 23 cms.
Esto é así sin dúbida por o tipo de nutrentes
que leva o río. No río Miño é máis doado comer que nun río da Serra,
é evidente...
Por eso a hora da pesca está correcto o das
tallas.
Decir que hai pescadores e entendidos que
sosteñen todas as teorías dende a pesca como está, ou sexa pescar as
grandes, incluso hai quen demostra (?) que pescando as grandes nos
mismos lugares hai máis pequenas, o cal é certo xa que nas posturas
vanse sustituindo, si nunha postura hai unha grande a seguinte será
menos grande e polo tanto a postura será menor en dimensión, e na
zona de río permitirá vivir preto delas outras máis semellantes que
antes non se permitía. En definitiva dedúcese que por km2 de río hai
máis troitas si collemos as grandes. Certo con moitos reparos.
As troitas máis grandes o desovar si son
femias traen o mundo moitas máis troitas, polo tanto o ideal según
outros pescadores é pescar as pequenas xa que estas non desovan ata
pasados unos anos. Outra teoría.
Eu penso que as cousas están ben desta forma
actual, coas tallas actuais, tendendo a pesca sen morte xa que
cada vez hai menos troitas.
A nosa troita autóctona e un peixe
con librea de
pintas vermellas, negras ou mezcla das dúas, dependendo
do lugar onde viva. Os ocelos da librea teñen un halo blanco
ó redor.
Nos flancos presenta unha cor olivácea
amarela;
por riba no lombo é negruzca e por baixo tira a blanca
amarelada.
A cabeza é grande e ten
dentes, ademais de nas mandíbulas,
no ceo da boca (vómer) e na
lingua (palatinos). A boca rebasa a vertical do ollo. O corpo soe ser como catro o cinco veces a
cabeza.
Por riba do lombo ten dous
aletas unha delas
pequena e adiposa situada preto da aleta caudal e soe ter
una pinta vermella. Por certo na aleta caudal non soe ter pintas. O
resto de aletas (ata sete) son as típicas (que fan de
estabilizadoras, de timóns e de frenos, unha auténtica
marabilla).
Nesta fotografía vese moi ben a aleta adiposa. Ver que na
aleta caudal non hai pintas.
Na aleta dorsal si que pode ter pintas, ver este caso. A
troita é do río Lor.
Outros datos básicos para a identificación:
A troita ten dentes nas mandíbulas ou
maxilares, dentes nos premaxilares (no superior),
dentes na lingua e dentes no paladar nun oso que se chama vómer,
según moitos naturalistas este oso é o que distingue
perfectamente os salmónidos. Todos os dentes están curbados
hacia atrás de tal maneira que como amarren unha presa e casi
imposible que a solten.
Neste dibuxo vese unha cabeza de troita,
nela está situado o vómer que na troita común é como o dibuxo
que aparece abaixo a esquerda ou sexa unha fila de tres dentes
trasversais seguidos de dúas filas de dentes lonxitudinais. No
dibuxo da dereita abaixo aparece o maxilar superior dunha troita
onde se ven os dentes do maxilar, logo os dentes interiores do
paladar da boca ou premaxilares e os dentes do vómer.
No libro
"Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en
materia de Pesca Fluvial", editado por
AGAIA (Asociaicón galega de investigadores da auga),
Estación hidrobiolóxica "Encoro do Con". Escrito por
F. Cobo e R. Vieira-Lanero,
como coordinadores, aparece unha clasificación dos peixes
existentes en Galicia de onde está sacado o dibuxo do
vómer que aparece na figura anterior.
Nesa clave considérase básicos
para identificar a troita: o vómer e o feito de que teña
pintas que poden ser negras ou vermellas e que moitas
delas presenten unha area esbrancuxada o redor.
As pintas negras e vermellas
coa área esbrancuxada de moitas delas sirve xunto co
vómer e a súa forma para identificalas.
Posteriormente o día 26/04/2011 saco estas
fotografías do vomer dunha troita.
Troita do río Arnoia (Ourense). Coto de medos
(Vide) 26/04/2011 observar o vómer perfectamente no velo
superior da boca.
O vomer con máis detalle., nesta caso ten por
riba de dez dentes no vómer.
Outra fotografía.
A boca pasa da vertical do ollo...
Aquí vese con máis detalle. A troita é do río
Lor.
Máis detalles da troita:
Dibuxo dos órganos da troita e máis o
esqueleto, onde se ven as aletas e sobre todo a adiposa
que
distingue os salmónidos. O dibuxo é de Roule.
Unha cousa curiosa da troita é que as
vértebras, así como os mamíferos teñen 35 a troita ten 29, o ser
menos vai a permitir a troita curvarse a tope. De feito a
axilidade da troita é incrible...
Vexamos con detalle datos da librea
das troitas:
Ollo a librea das troitas comúns,
pode ser moi dispar.
A troita indoeuropea ten menos pintas
que a troita nosa. En Galicia, actualmente febreiro do 2007, un 5% das
troitas son híbridas.
A miña experiencia na provincia de Ourense e a
seguinte:
Ríos de Montaña:
Pintas vermellas no lombo.
Aleta adiposa por riba do lombo cerca da aleta caudal. Mancha negra
xunto do ollo, bastante característica.
Hoxe en Galicia hai moitos tipos de librea nas
troitas. A auténtica (para mín) ten manchas avermelladas no lombo,
manchas rodeadas dun halo blanco, non ten
pintas na aleta caudal pero si nas dorsais, ten mais ben manchas obscuras polo lombo. Unha
mancha negra máis grande xunto o ollo. ( Na fotografía vese
perfectamente estas cousas).
A distinción entre a femia e o
macho non é fácil:
A de arriba é femia a de abaixo macho.
A femia ten dous orificios anais, mentras que o
macho soio ten un. Tamén a femia ten a mandíbula máis pequena que o
macho e por suposto a femia ten máis barriga que o macho. Cando son troitas grandes distínguense perfectamente. Outra cousa
para distinguir o macho da femia é polos ocelos que son máis rechamantes
no macho. Tamén cando se pesca, dependendo do tempo, pode ter
interiormente ovos, por suposto a femia; e tamén o macho pode botar un
líquido leitoso, vai por épocas.
As repoboacións:
As repoboacións
estuveron realizadas (ata o ano 2005) sin seguir pautas
científicas e así nun río poden atoparse distintos tipos de troitas
que inducen a error sobre todo si non se coñece como son as
autóctonas. Últimamente, por lei, as repoboacións fanse con troita
común, pero siguen a facerse con pouca cabeza, polo menos na Provincia
de Ourense. As repoboacións, por exemplo, no río Mao no 2002, foron un
auténtico desastre, troitas impresentables de 17 cms, a centos, troitas
que o collelas xa morren, e por riba o 30 de maio do 2002, troitas de 50
cms. realmente a Consellería de Medio Ambiente Galega (anos ata o 2005,
este ano cambia o goberno e está por ver o que pasa), perdeu o norte,
polo menos en Ourense. O río Mao, en Montederramo, non se merecía
esto...
As cousas cambiaron no 2006 e as
repoboacións estanse a facer con troita autóctona das nosas estirpes.
Ríos grandes, como o Arnoia ( en
Ourense):
Nesta fotografía vese unha troita
común, que pode non presentar manchas vermellas, por exemplo é típico
no río Arnoia ( Ourense) atopar unha troita con pintas todas negras.
Ver unha troita deste estilo.
Trátase dunha troita común.
------------------------------------
En calquera caso a troita é
inconfundible, a súa aleta adiposa, unha mancha negra xusto sobre o
ollo, o atoparse nos ríos galegos, as súas pintas sexan bermellas ou
negras, non deixan lugar a dúbidas. A aleta caudal, normalmente, non
está moteada de pintas, polo menos en Galicia.
As veces aparecen troitas
autóctonas con libreas marabillosas:
Troita pescada no río Cenza (2002).
"Deus
pudo, sin dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero,
tamén sen dúbida, nono fixo" Botteler.
-------------------------------------
En Ourense están a ocurrir cousas
raras (1997-2006), tanto coas repoboacións como coas vedas, moi necesarias si se fixeran
ben. Védanse algúns ríos para logo meter unha
minicentral, esto é un insulto a intelixencia dos humáns, e xa conozco
varios casos: Barbantiño, Deva, Regato de Puga, etc.
-------------------------------------
De tódolos xeitos coas libreas das
troita hai que andar con moito ollo, inda quedan algunhas arco iris que
teñen unha librea completamente distinta:
Troita arco iris.
Librea da arco iris.
e
Outra librea da arco iris.
As pintas son moitas, pequenas e negras.
Hai tamén que ter en conta que
actualmente en Galicia hai ata sete estirpes de troita autóctona.
O estudio da Universidade de Santiago revela
que hai en Galicia sete estirpes de troita autóctona: Área cantábrica,
Rías Baixas, Miño alto (Lugo), Miño baixo (Ourense, A Guardia), Limia,
Zona Oriental de Ourense e Costa da Morte. A súa vez estas sete
divisións reúnense en tres: Atlántico, Miño Alto e Sil. A idea hoxe,
febreiro do 2007 é recoller troitas destas estirpes e criar exemplares
para repoboar con estas troitas.
Xa se está a facer actualmente por parte da
Consellería de Medio Ambiente. ¡Xa era hora!. ¡Enhoraboa!.
A troita ten moi boa vista; ollo, pode
distinguir perfectamente as cores que circundan o río, todas as probas
falan deste feito. E dende logo distingue perfectamente os mosquitos que
lle apetecen. Teño visto troitas saltar a máis de medio metro sobre a
superficie da auga, soio a un tipo de mosquito, nada máis...
Pode, tamén, percibir o movemento dunha
persoa a 20 metros.
Localmente a súa visión é en cono
(hacia arriba) de
aproximadamente 90º de sector visual, e tamén hacia os lados cun ángulo
de 180º. (Ver dibuxo D)
A súa visión bifocal é moi
pequena xa que dicen non pasa dos 30 cms.
Dende o punto de vista da curiosidade decir que a troita
no seu medio ten ángulos cegos por detrás, ver a figura D;
esto sábeno moi ben as nutrias, as culebras de río, etc.
Ve
perfectamente en visión bifocal ata 30 cms.
Controla con
cada ollo un ángulo aproximado de 180º, pero por riba dela;
non por baixo.
Hacia arriba ve
con ángulo de 90º una visión en cono. Polo tanto, figura E, dependendo da profundidade controla un circulo determinado.
Así a 1 m. de profundidade controla un circulo de 2 metros
de diámetro.
Fai anos
que fixen o estudio, da posición aproximada do pescador para que a
troita nono vira; ou sexa para incidir ou estar situado no ángulo oculto da
troita; na figura sería onde está a cesta da pesca. Por suposto tendo en conta a profundidade ou
altura do río o que está a troita e a distancia a orilla do río.
Realmente o que facía era multiplicar a tg x (supoñía que x era
constante xa que tomaba un ángulo que se deducía do ángulo límite, ou sexa, aquel a
partir do cal xa hai reflexión non refracción) pola distancia do pescador o punto A, restándolle AB. Era
curioso e os alumnos, as veces, pasábano ben xa que as matemáticas se
aplicaban a cousas que pasan na vida real.¡Tempos aqueles no que realmente
había troitas e alumnos dispostos a pensar un pouco e aguantar o
profesor...! (Instituto de Ribadavia
1968-1977)
Nota para moi curiosos: según a lei de Snell (os senos dos
ángulos inversamente proporcionais os índices de refracción) o pasar o
raio da vista da auga o aire según sexa a incidencia vai cambiar o
angulo de refracción ou de reflexión, por eso supuña que en B estaba o
ángulo límite (48º son os cálculos para os medios auga-aire) e logo
facía os cálculos. O final conseguíamos un nº (penso que era tg 10º=
0,17) que debíamos multiplicar pola distancia da orilla o punto B, e así
tiñamos a altura do ángulo cego, facendo as correcións de altura de
troita e pescador...moi complicado...pero curioso.
Exemplo: para una distancia a troita dende a orela de 3
metros, coa troita a unha profundidade de 0,50 m. e supoñendo que
estamos a altura da auga, facíamos un redondeo de (3-0,50) x 0,17=
0,42 cms. polo tanto non debéramos, na orilla, medir máis deses metros
0,42 m. (supoñendo estamos a altura da auga, si estuvéramos a 0,20 m.
p.e. teríamos que restar e o resultado final sería 0,22 m.; a agacharse
tocan...
A verdade é que os resultados no eran moi
operativos, pero a enseñanza era moi positiva e sempre sacabas
conclusións; neste caso chegabas a conclusión de que para que non te virá a troita tiñas que entrar a beira do río o máis agachado posible. Por outra banda, debíamos facer os
menores movementos bruscos posibles...
Na fotografía vese perfectamente a liña
lateral da troita. Xusto no centro do seu corpo e de adiante atrás.
Todos os
experimentos demostran que a troita pode oir perfectamente e a moitísima
distancia, sempre por suposto que o chapoteo sexa no río.
A súa capacidade
auditiva ven dada por dous métodos:
mediante a vexiga natatoria e mediante a liña lateral.
Na fotografía desta troita
vese perfectamente a liña lateral que vai dende o medio da aleta
caudal, neste caso ata a altura do ollo da troita. As células desta
liña lateral son as responsables de casi todo o que percibe de
sonido a troita.
Tamén se ve perfectamente
nesta troita, pescada por Oscar López, no río Arnoia e que pesou
1,800 Kg. Observar a liña lateral.
Estas cualidades
da troita deben ser usadas para ben, inda que moitos desalmados que se
dín pescadores de troitas, para mín "asasinos de troitas"
utilízanas para collelas a centos; por exemplo con dinamita, explosión
que a troita asume coa vexiga natatoria que lle reventa e sae a
superficie.
O sonido na auga
trasmítese a cinco veces a velocidade fora da auga e tamén a cinco veces
a súa intensidade. Esto ten consecuencias extraordinarias a hora de
pescar ou vadear un río. Realmente hai moitos pescadores que descoñecen
estos datos e así lles vai as troitas, o río e os demais compañeiros.
Fora do río podes bailar unha
muiñeira si queres coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense,
tamén tirar unhas cantas bombas de palenque; a troita non se enterará.
Agora ben, como chegue o río unha cana de fogueteiro, si que se
enterarán as troitas...seguro.
Por
suposto que a troita dispón dos sentidos do gusto e do olfato, esto
sabémolo de sobra os que durante moitos anos nos dedicamos a pesca. Non
é o mismo presentar un saltón de verdade que un de plástico, inda que
con pouca luz pode a troita confundilo, pero enseguida o escupe...
Está claro para a xente que domina o tema que a troita pode detectar o
que lle gusta polos orificios que ten e que lles vamos a chamar olfativos,
están situados diante dos ollos e preto da boca; tamén na lingua da
troita hai papilas do gusto e hoxe tense claro que pode detectar os
sabores e distinguir os dulces, os ácidos, os salados e os amargos.
O que non se sabe ben, o parecer, e
como funciona o sistema, pero tampoco e tema desta páxina www.
A troita é un peixe moi robusto, cun
esqueleto forte, sobre todo a súa cabeza e a columna vertebral. Dos
peixes de río é sin dúbida o máis dotado.
Sabemos que respira por branquias,
a troita está continuamente metendo auga pola boca ata as branquias e
tomando o osixeno.
O aparato de sustentación é a
vexiga natatoria, esto sábeno ben algúns bárbaros que pescan con
dinamita (que fai reventar a vexiga natatoria e produce a morte da
troita).
É moi esixente en canto a non
contaminación das augas, gosta moito das corrente e polo tanto a cantidade de osixeno
que leva o río é fundamental, e por suposto tamén a temperatura.
Importante: a
troita debido as súas características come tanto de día como de noite.
De noite come perfectamente xa que utiliza a súa linea lateral para
detectar o alimento así como o gusto, o olfato e finalmente os dentes.
É importante
tamén resaltar que a troita, a diferencia de outros peixes esixe aguas
frescas, limpas e osixenadas (os
datos son que ten necesidade do doble de outras especies, como por exemplo a
carpa). ¡É fundamental!.
A
troita gústanlle todo tipo de invertebrados, entre eles os insectos e moluscos de todo tipo ( efémeras, tricópteros
como o casullo, besbello,
gusarapa ou bechoco, tamén o que lle ven de fora coma os: saltóns,
grilos, todo tipo de moscas, bichos, etc.).
Cando son máis
grandes consumen peixes, rás, a propia troita máis
pequena e un longo etc.
Teño atopado dentro do estómago da troita de
todo, dende troitas máis pequenas, babosas, rás, casullo có bicho e o
envoltorio, en fin, de todo...
Zapateiro.
Realmente penso que as troitas o único que non comen, non lle deben
gustar, son os zapateiros. Nunca atopei un zapateiro no estómago dunha
troita...
Concretando un pouco máis:
Decir
xeneralizando que a troita come o que hai no río nese momento e
prácticamente come todo o que se move e que lle cabe pola boca,
en términos máis científicos é oportunista e xeneralista. En Galicia
nos estudios que hai feitos a comida preferida da troita é por
este orden: tricópteros (casulos, etc.
ver este link),
efémeras (de todos tipo dende os efemeridae ata os baétidos,
ver este link), dípteros (dentro destos os simúlidos,
ver este link).
Nesta lista falta sin dúbida
as gusarapas e os besbellos que son o marisco da troita.
Ver este link
Levantando unha pedra un
pouco grande do río e dándolle a volta podemos ver moito do que come
a troita dese río, xeralmente son invertebrados.
Nesta pedra había caracois e unha larva de
efémera. Pedra levantada nun río galego...
--------------------------------
Hai moitos estudios feitos, a
nivel científico, sobre a alimentación da troita, tendo en conta o
río e o peso ou edade da troita.
Neste link tendes un deles,
que ven a confirmar o que se conta nesta ficha da troita, ou sexa a
troita come de todo o que hai no río.
--------------------------------------
Ver este video onde se ve
como ataca a troita a súa comida:
Sensacional Video da BBC, onde se ve unha
troita en postura e observando todo o que lle ven pola
corrente. Por suposto sempre contra a corrente do río, que é
a postura onde a troita lle chega o máximo de comida co
mínimo esforzo. Maravilloso. Espero que a BBC non me cambie
o link, como fai normalmente, seguramente para que non se
copie o sensacional traballo. Pola miña banda está claro que
a copia non leva ánimo de lucro, é simplmente con ánimo
didáctico.
O que máis lle gusta son os regatos de montaña e ríos en xeral
que sexan limpos, frescos e con moito osixeno.
Río ideal para a troita común.
A troita para vivir require ríos moi limpos e con
correntes de tal forma que as concentracións de osíxeno sexan altas. A
eutrofización ( putrefación de algas nos encoros) remata coas troitas.
Estos ríos son ideais para a
troita común, inda que non teñan moita comida, salvo a natural do
río.
Os encoros non son o lugar natural das troitas,
prácticamente non teñen comida, todo está podrido. A troita pode sin
embargo deambular polo encoro onde se vai alimentar de pequenos peixes e
outros seres vivos, pero non é o seu lugar. A proba é que o remate de
sete a dez anos os encoros non teñen troitas ningunha agás na súa
cola sempre que teñan un río troiteiro onde desovar.
Os encoros son nefastos para as
troitas.
A verdade, para rematar, é que a troita quere
augas correntes e limpas, o demáis é mentirlle a xente.
Por certo, a troita é territorial, especialmente
de adulta, xa que non consinte a presencia de outras troitas nas súas
inmediacións. Con outras palabras defende o seu posto de caza a tope,
dito técnicamente defende a súa postura.
Canto máis
grande máis soia vivirá, o cal é bastante lóxico, pensar que a troita é
carnívora e come outras troitas si se poñen a tiro. Soio no momento do
desove permíte, sin atacar, que se lle acerquen outras colegas...
O seu inimigo non natural é o home, que está
a producir unha contaminación galopante, non hai máis que
ver en marzo do 2001, coas riadas, tódolos lugares cubertos de
plásticos, realmente unha vergoña.
Contaminación mortal no
río Umia, setembro do 2006. Por suposto morreu en moitos
quilómetros prácticamente toda a fauna. Os vertidos foron
químicos. Un escape de productos dunha empresa de Caldas de Reis.
¡Pobre río Umia, o que lle faltaba!.
O home tamén é culpable por facer encoros sin
cumplir ninguna norma, que teñan en conta a súa reproducción e a súa
vida e por suposto as minicentrais (encoros teóricamente máis
pequenos, pero auténticos monstruos para ríos de alta montaña e
regatos) que se están a instalar en tódolos ríos galegos que
son un auténtico atentado a súa vida.
Minicentral do río Deva, por
debaixo dela, en moitos kilómetros é a morte. Por riba, as troitas non
poden subir a desovar. Unha desfeita.
O anterior non é unha opinión gratuita,
simplemente facer unha visita a calquera minicentral galega e pensai un
pouco. Son auténticas máquinas de rematar coas troitas dos nosos
ríos, demostrado incluso por científicos da Universidade de Santiago.
A Xunta (ata o ano 2005, veremos que pasa có novo goberno...) non fai caso, ten a verdade absoluta ... penoso.
O
home é o seu inimigo natural o facer repoboacións sin pes nin cabeza;
está demostrado que non serviron para nada, e máis entre un 5 a un 10%
houbo de introgresión, que non é moito pero suficiente para estropear
tramos enteiros de ríos.
O home tamén é o seu
inimigo non natural como
pescador; a pesca deportiva en moitos lugares foi e sigue a ser unha
ameaza para a troita. Na fotografía que sigue unha troita pescada con
"pluma".
Inimigos naturais ten moitos : nutrias, aguías
pescadoras, mirlos acuáticos (cando é pequena), etc.
A troita figura actualmente como "Vulnerable" no
libro vermello de España 1992.
Neste video vese como un lucio chapa unha
troita pequena:
Sensacional Video da BBC,
onde se ve un alevín devorado por un lucio, é visto e non
visto. Maravilloso. Espero que a BBC non me cambie o link,
como fai normalmente, seguramente para que non se copie o
sensacional traballo. Pola miña banda está claro que a copia
non leva ánimo de lucro, é simplmente con ánimo didáctico.
De momento non temos o lucio nos nosos ríos,
sería unha desgraza. pero si temos o bass que fai o mismo. O bass
botárono en moitos lugares. As carpas tamén comen de todo, o ovo
vesiculado e o alevín moi pequeno contra o que cree a xente de que
non.
Os que botaron o bas e as
carpas os nosos ríos habería que obligarlles de por vida a limpalos
destes peixes que rematan con todo. A xente non entende máis, e pasa
o que pasa...
Fai o desove según crece o río ou non
entre os meses de octubro e marzo, en Galicia a cousa ocurre no mes de
decembro ou xaneiro dependendo das crecidas e da temperatura da auga,
entre 5º e 10º. Para elo remonta río
arriba ata buscar un lugar idóneo (moitas veces non pode xa que se
atopa coas minicentrais ou presas que non pode vadear, non teñen
escadas, ou estas están de adorno).
Na fotografía de Tomás
Pérez Hernández de Ourense, vese unha troita tratando de remontar
unha fervenza, nun río do Invernadeiro en Ourense.
Neste pequeno video do meu
compañeiro Julio Taboada Páxaro, sacado en novembro do 2008 vese
perfectamente como intentan subir as troitas e moitas veces é
imposible debido a que as presas naturais do río son un obstáculo.
Conviña analizar os leitos cambiados de moitos ríos de Galicia e
facilitar esta labor. No é moito pedir. Ver este link.
A troita sube o río e
busca lugares de desove típicos do río (lugares de freza), onde poida
remover un pouco o leito e
poñer os ovos, normalmente lugares de pouca corrente, cós leitos cheos
de collos pequenos e area,
Onde lle sexa doado facer un pequeno pozo onde
restregarse e presionando a parte de abaixo da barriga para poñer os ovos ,
enseguida o macho fecunda os ovos, e logo a femia tapa estos con graba.
Realmente a femia pon os ovos cunhas convulsións bastante grandes,
torcendo o corpo de forma espectacular.
Nesta fotografía da BBC vese como a femia está a
facer o burato, o macho detrás observa como traballa a femia. Logo
no momento do desove porase a súa beira e fecundará os ovos.
Normalmente o desovar hai dous ou tres machos para fecundar.
Na fotografía unha troita ( a máis grande)
desovando, mentras que o macho dominante está esperando que poña os
ovos para fecundalos. Observar o leito de pedriñas pequenas onde a
troita lle sea doado remover un pequeno oco para poñer a tira de ovos.
Sensacional Video da BBC, onde se
ve o desove dunha troita femia fecundado polo macho. Maravilloso.
Espero que a BBC non me cambie o link, como fai normalmente,
seguramente para que non se copie o sensacional traballo. Pola miña
banda está claro que a copia non leva ánimo de lucro, é simplmente
con ánimo didáctico.
Video de
Julio Taboada Pájaro sacado no Irixo xusto dende
a Ponte sobre o río Viñao. Xaneiro do ano 2012.
Vese unha troita femia e un macho. A femia xusto
o final é cando fai o desove que o macho
fecunda.
Curiosamente a carón deste río vai a instalarse
a Incineradora de Lixo de Galicia-Sur. Observar
o leito onde fai o desove. Este río está cheo de
area que desgraciadamente botaron o río as obras
que houbo pola zona. A troita quere coios para
desovar. Na película vese perfectamente este
feito.
Hoxe mal que pese as minicentrais non lle deixan buscar o
lugar, non lle deixan desovar. As continuas subidas e baixadas fan
imposible este labor, por contra non poden subir a buscar os frexadeiros, lugares onde a troita desova, non hai escadas e as que hai
son de adorno, para subir o político de turno que as inaugura. Os minicentraleiros o
desove das troitas tenlles sin cuidado.. realmente o que lles importa
son os cartos que produce o río.
Eso
sí, trátase dunha enerxía limpa e renovable... para o bolsillo. Chámase "Desarrollo sostenible".
Esperemos que queden algúns ríos en
pé...
A troita pón entre 1.000-2.000 ovos por kilo de
peso.
A incubación dura máis de 40 días a 10ºC.
Según esté a temperatura do río será máis ou menos xa que o alevín
precisa unhas horas de temperatura mínimas, sobre 400 grados de
acumulación.
Sensacional Video da BBC, onde se ve como do ovo maduro
sae o alevín vesiculado, ou sexa cun saco vitelino que lle servirá de
comida mentras el non aprenda a comer... Maravilloso. Espero que a BBC
non me cambie o link, como fai normalmente, seguramente para que non se
copie o sensacional traballo. Pola miña banda está claro que a copia non
leva ánimo de lucro, é simplmente con ánimo didáctico.
O alevín nace como alevín vesiculado, ou sexa cun saco
de alimento que lle servirá para sobrevivir.
As troitas os dous ou tres anos de vida alcanzan a
madurez sexual.
As zonas de
freza son lugares de
augas limpas, baixas, frías (5 a 10ºC) , ben osixenadas (7-8 ml/l),
fondos limpos de pequenos coios, sin vexetación.
Normalmente soen ser zonas
altas dos ríos ou regatos.
Este ano 2008 vín desovar
a troitas bastante grandes no río Miño en Ourense xunto a pasarela
do centro Comercial, a dereita do río. Aproveitaban unha pequena
corrente e que o fondo era de graba e a pouca altura sobre 30 cms.
Todo un espectáculo.
O dibuxo fai honor o momento, observar a fotografía da
BBC.
Nesta fotografía da BBC vese como a femia está a facer
o burato, o macho detrás observa como traballa a femia. Logo no momento
do desove porase a súa beira e fecundará os ovos.
Nestas zonas
a femia fai un buraco coa súa cola. Neste buraco (que fai coa aleta
caudal e que lle pode levar entre 1-8 horas) pon os ovos que
son fecundados inmediatamente polo macho.
Este dibuxo tamén é exacto, a
femia é a de cor vermello. Ver máis abaixo un video
deste momento incrible.
No dibuxo,
está a femia pondo os ovos, previamente o macho estimulou o
pedúnculo anal co seu fuciño.
O buraco é tapado logo pola
femia.
Nota: os dibuxos están
sacados do libro "Peces de agua dulce de Europa" de Silvio
Bruno y Stefano Maugeri.
Tamén ver estos videos:
Ver este video da BBC Natural history Unit.
Sensacional:
Incrible...
Sensacional Video da BBC, onde se
ve o desove dunha troita femia fecundado polo macho. Maravilloso.
Espero que a BBC non me cambie o link, como fai normalmente,
seguramente para que non se copie o sensacional traballo. Pola miña
banda está claro que a copia non leva ánimo de lucro, é simplmente
con ánimo didáctico.
Ver tamén este outro onde se ve o ovo da troita e como sae a troita
pequeniña, ou sexa o alevín vesiculado:
Sensacional Video da BBC, onde se ve como do ovo
maduro sae o alevín vesiculado, ou sexa cun saco vitelino que lle
servirá de comida mentras el non aprenda a comer... Maravilloso.
Espero que a BBC non me cambie o link, como fai normalmente,
seguramente para que non se copie o sensacional traballo. Pola miña
banda está claro que a copia non leva ánimo de lucro, é simplmente
con ánimo didáctico.
O beirón é en algúns lugares de Galicia o toco, por decir así, onde
dorme ou se esconde a troita cando se asusta.
No dibuxo vese unha troita nun beirón.
Moitos pescadores a man (hoxe está
prohibido) o entrar no río miran onde se esconde a troita , logo é
doado collela sempre e cando no se lle tema as cóbregas. De feito a
troita deixase acariciar cando está na súa cama ou beirón.
Esta palabra de beirón aprendina
sendo rapaz pola zona de Randín; tiña compañeiros de xogos e amigos que
eran auténticos especialistas en meter as mans nos beiróns e sacar
troitas a barrer. Boas e grandes...
A troita vese todo
o ano,
eso sí é máis bonita despois de desovar,
xa que no desove a súa librea ponse fea e descolorida, ten manchas por
todo o corpo. É normal.
É
curioso que as troitas teñen o seu lugar no río por xerarquías, que son
nin máis nin menos as máis grandes as que ocupan os mellores lugares.
A tódolos pescadores de anos lles
ten pasado de coller unha troita nunha postura determinada e os días
seguintes volver a coller unha troita máis ou menos do mismo estilo no
mismo lugar.
Son cousas que pasan.
A troita na primaveira
normalmente elixe un burato, un remuíño ou ben o borde dun matorral e
ponse alí esperando o acecho, movendose pouco para coller o seu
alimento. Si fai sol gústalle a sombra pero sempre estará mirando
corrente arriba.
A posición da
troita no verán cambia bastante, pola mañán estará en augas
tranquilas, en pequenos recodos preto das beiras do río. Sempre pendente das
eclosións das moscas, que si se produce, faina cambiar de posición. A
mediodía cando o sol pega forte vai cara a beira a sombra das árbores e
das raíces. Polo lusco fusco vai a porse en plena corrente nas augas
rápidas, tamén en pequenas fervenzas, e coincidindo coas eclosións de
media tarde.
Nota: cando falo de eclosións
refírome a saída a superficie das efímeras e demais insectos na súa
metamorfosis particular. Neses momentos as troitas póñense as botas
literalmente...O que este interesado pode ver nesta misma páxina www, no
apartado de insectos, que ocurre realmente.
En calquera dos casos o pescador ou
o observador das troitas debe ter cautela, moverse pouco e usar cores
oscuros o máis parecido o contorno. Si ten paciencia non terá problemas
en ver as troitas...Ollo xa que a simple sombra fará que a troita se
encame e non se volva ver en algún tempo.
¡Si nun río
galego, non hai troitas para mín non é un río!.
En Galicia empeza haber ríos onde non hai troitas...moitos...mal chollo.
Por certo o lector non debera confundir a troita
común, típica dos nosos regatos, que é a que se describe nesta ficha,
da troita de piscifactoría. Non teñen nada que ver, a de
piscifactoría, a que se vende nos mercados é unha troita completamente
distinta a esta. Dicen, está moi boa, as asalmonadas son marabillosas,
saben moi ben o forno, en fin... Non saben máis... a troita
asalmonada de río, xa non quedan salvo algunha no río Miño, polo
menos en Ourense, era outra cousa. Hoxe todo vai en base a piensos, a
cor lógrase artificialmente... Nos meus tempos en Aceredo,
tódalas troitas eran asalmonadas, xa que a súa alimentación era
especial nese río.
Antiguamente, fai vinte anos ou así a troita dos
regatos víase nos escaparates dos restaurantes, hoxe está prohibida a
súa venta, non así a súa pesca. (Esto esta escrito
no ano 2002).
Tende a desaparecer dos ríos, polo
menos a troita nativa. Cada día hai menos. As repoboacións fanse sin
pés ni cabeza e con coñecimentos nulos. Fai anos facíase coa troita
arco iris que non iba arriba, nun ano desaparecía o 99,9%. Logo fíxose
con troita do país, pero moi mal, moitas veces xa moi grande e noutras
nunhas condicións nefastas. Ahora trátase de facer con alevíns de 2
cms. Non se fan as cousas ven en Galicia cos ríos.
Sei de boa tinta que os técnicos da Consellería de medio
Ambiente dominan o tema e saben de sobra que as repoboacións deben
facerse con alevíns chamados do tipo 0 e moi estudiados os lugares.
Pero o malo é que logo a maior parte das repoboacións non están na
súa man...Moitas veces as repoboacións veñen marcadas polo político
de turno.
Esperemos que as cousas cambien un día destos en
Galicia.
Na miña opinión, sempre o dixen, hai que facer
viveiros nas cabeceiras dos regatos e ríos que merezca a pena. Logo
pouco a pouco soltar as troitas no seu medio, no seu río (que se supón
limpo e cuidado). O demáis é
unha auténtica loucura e un descoñecemento total, das troitas e do
medio. Si hai que vedar, débese vedar e vixiar a tope o río, pero non
vedar para meter unha minicentral, como se fai hoxe, para que a xente
non proteste. Lamentable.(Ourense 2002)
As minicentrais desfán o ríos, sobre todo onde a
xente pensa que non lle afecta que é por debaixo da minicentral. As
subidas e baixadas continuas non deixan vivir a troita.
Non é fácil
de pescar. As minicentrais, os envelenamentos, as repoboacións mal
feitas, os malos pescadores, a sobrepesca o descoñecemento da xente, a mala
información e formación dalgúns dirixentes, rematan con esta especie.
A súa carne é exquisita, pero vai por gustos.
Para mín, inda hoxe, despois de 40 anos de pesca-la troita de alta
montaña, sigue sendo un manxar exquisito é único. A xente cree que as
troitas de piscifactoría parécense en algo...nada de nada.
Pero son consciente, e dende logo estouno
plantexando seriamente a nivel individual, de non volver a pescar a
troita con morte. Son cuarenta anos pescando, pero coido que non
queda outra alternativa.
As troitas van a menos, teñen moitos detractores.
A troita ten moi boa vista, ollo, pode
distinguir perfectamente as cores que circundan o río.
Pode perfectamente percibir o movemento dunha
persoa a 20 metros.
Escoita
perfectamente todo aquelo que toque a auga dun río.
Gusta
dos ríos limpos, con augas correntes e alegres, con non moita
temperatura, un máximo de 15º venlle o pelo.
No río é o peixe máis
rápido 4,4 m/s. por suposto inferior o salmón atlántico 6-7 m/s.
Por postura da troita enténdese onde se coloca para comer, ou sexa o lugar
onde co mínimo esforzo lle chega máis comida. Trátase dunha
curiosidade que os pescadores coñecemos moi ben.
As posturas son xerárquicas para as
troitas, as mellores posturas son para as troitas máis grandes,
lóxicamente.
Dase o caso de pescar unha troita
grande nunha postura determinada e o día seguinte haber no mismo lugar
unha troita similar. Vanse sustituindo.
A postura de comer non é a misma
que a postura de dormir (o beirón) ou de esconderse. Este é un erro que
teñen algún libros sobre a troita. Este dato está contrastado
persoalmente.
Vexamos as posturas máis comúns:
Non se trata nesta pequena ficha de agotar as
posibles posturas da troita, máis ben de que o lector coñeza o
término.
Postura número 1, típica, detrás duns
penedos.
Outra postura similar.
Postura nun remanso do río.
Son posturas excelentes: onde se xuntas dous
ríos; debaixo de tódolos cachóns, árbores afundidos, nas beiras das
revoltas, etc.
Neste dibuxo vense un resumen das posturas da
troita.
A cualidades máis importante que debe ter un
pescador, polo menos eso é o que me aprenderon os meus maestros son:
1.- Respetar o río e os
compañeros o 100%. (Cualidade que non se cumple actualmente no
99% dos pescadores; xa que non respetan o río por descoñecemento e soio
pensan na cesta e pouco nós compañeros). Os pescadores teñen moito,
moitísimo que aprender e así nos luce o pelo...
2.- Saber leer
perfectamente o río. Esto é básico para pescar troitas. Esta
cualidade dase coa experiencia e o patear continuo do río. Trátase da
cualidade que ten o pescador que sin pescar, simplemente por observación
sabe perfectamente onde se poden atopar as troitas no tramo que
visualiza.
Nota: os dibuxos están sacados
do libro "Peces de agua dulce de Europa" de Silvio Bruno
y Stefano Maugeri.
Troita en postura.
Ver un video coa troita en
postura:
Sensacional Video da BBC, onde se ve unha troita
en postura e observando todo o que lle ven pola corrente. Por
suposto sempre contra a corrente do río, que é a postura onde a
troita lle chega o máximo de comida co mínimo esforzo.
Maravilloso. Espero que a BBC non me cambie o link, como fai
normalmente, seguramente para que non se copie o sensacional
traballo. Pola miña banda está claro que a copia non leva ánimo
de lucro, é simplmente con ánimo didáctico.
A troita está en crisis, eso sábeno hoxe
tódolos científicos españois. A Xunta (dende 1990 ata 2005) non descoñece estos feitos
(ou quere descoñecelos) e
deixa que esta crisis cada día sexa máis grande. Deixa desfacer os
mellores tramos onde vive a troita, as cabeceiras dos nosos ríos.
A troita habita tódolos tramos dos ríos e regatos galegos, onde non chegou a
contaminación ou os desastres dun progreso retrógado que soio mira o
bolsillo individual, en aras dunha utilidade pública que é un roubo.
O desenrolo sostenible, tan de moda, no caso
dos ríos é unha auténtica masacre, nos ríos onde se implantan as
minicentrais quedan mortos prácticamente. O desenrolo aludido é unha
máquina de facer cartos, pero remata cós ríos hoxe e non deixa ríos
para os nosos fillos e netos, non é polo tanto desenrolo sostenible,
evidentemente.
A contaminación, os envelenamentos, os
encoros, as minicentrais, as repoboacións mal feitas, a falta de
inversión en depuradoras, e un longo etc.
están poñendo a troita galega na uvi.
Tamén os malos pescadores, que
hai moitos neste país, fan pouco por manter os nosos ríos en condicións;
hai moito descoñecemento na maioría dos 100.000 pescadores que hai
actualmente en Galicia. Moita acción individual, moito egoismo por
encher a cesta e por pescar máis có veciño e pouco máis. Os ríos cada
vez están máis sucios pola contaminación dos pobos e puríns e as orillas
dos ríos o final de temporada son estercoleros auténticos.
Non esaxero, o que crea que o
fago que de unha volta por calquera río no mes de setembro...
As frases típicas de algúns
pescos "trouxen 60 troitas...", máis común do que parece, ten que
desaparecer. No fondo é un insolidaridade cós demais pescadores; hai que
chamarlle "roubo os demais" o que realmente é un roubo...
A Xunta ten moito que gobernar
e os pescadores moito que aprender...
Moitas
cancións e moitos contos teñen como protagonista a nosa troita.
Moitas festas en Galicia tamén lle rinden tributo, como a festa da Troita
en Ponte Caldelas. A troita é a raíña dos nosos ríos, mal que algunhos
lles teña sin cuidado...
Cancións:
"Polo río abaixo vai unha troita
de pé...corre que te corre quen a puidera coller....quen a poiderá coller
quen a poidera pillar, polo río abaixo vai unha troita de pé..."
Anaquiño dunha canción típica de Ourense, típica do río Miño pola
zona dos Peares e Barra de Miño, hoxe un encoro (que nunca se debeu facer...)
Dibuxo básado nos datos
de Frost e Brown 1967. Mc Crimmon e Marschall 1968 e Mc. Crimmon,
Marsall e Gots 1970.
Este mapa que me parece moi interesante e que se
debe a un artigo que aparece na Voz de Galicia do día 15/03/2008
firmado por José Varela e os dibuxos de A. Manzano, representa a
troita nosa, a autóctona, que é típica do hemisferio norte de Europa,
tamén
o Norte de África e o Nordeste de Asia.
No resto do mundo foi introducida e figuran os
anos nos que se fixeron as repoboacións neses países. Así por exemplo en EEUU entre 1883 e 1956. En América do Sur
entre 1904-1938. Nas islas Malvinas en 1947 en Nueva Zelanda entre
1867-1885. Etc.
A explicación de que a nosa troita se levara polo
mundo é a seguinte: a maioría está
introducida polos ingleses e sin lugar a dúbidas para practicar a
pesca deportiva.
A troita é común en tódolos ríos
galegos. Falta en
algúns ríos costeiros.
Vai moi a menos nos encoros, sobre todo os que
en algunha época do ano están eutrofizados, a troita non pode vivir
neste medio. Por outra banda nos encoros botaron especies foráneas como
a carpa que remata coa troita.
A contaminación grande nona soporta.
Hoxe en Galicia hai moitos ríos
en mal estado.
Manifesto desta
páxina www sobre a troita e os ríos
Estamos pedindo a gritos, esta
páxina xa dende 1997, un tratamento integral dos ríos galegos:
estudiando as concas fluviais básicas en todos os aspectos:
contaminación, depuración, verquidos, investigación xenética das troitas
actuais, ecoloxía de todas as poblacións, especies foráneas e a
minimización dos seus efectos ou no seu caso a desaparición;
minimización dos efectos de tódolos encoros que non favorecen a conca
onde están enclavados, e un longo etc.
En 16 anos de goberno da Xunta
de Galicia, ata o 2005, sempre se mirou para outro lado, os ríos en
ningún momento foron considerados como básicos en Galicia: catro coutos,
catro vedas mal feitas, moitas repoboacións sin sentido e anti-científicas
e catro inauguracións de aulas de natureza; algúns estudios do salmón
sin moitos resultados ou sin aplicalos e pouco máis.
Pouco moi pouco se fixo. Os
resultados están a vista...
Esperemos que o ano 2006 marque
un rumbo distinto a estas desfeitas e se entenda, dunha vez por todas:
que os ríos e a súa auga son productos básicos de
Galicia no noso futuro. Son, aparte do ouro do futuro, a auga o é sin
lugar a dúbidas, unha fonte de ingresos marabillosa dende tódolos
puntos de vista.
Evidentemente si os
ríos se cuidan, Galicia volverá a ser o
paraiso da troita,
que ninguén o dubide.
A Piscifactoría do
Carballiño cría por primeira vez a
troita autóctona para repoboar en
caso de catástrofe
A Consellería de
Medio Ambiente iniciou o proxecto no
2007 con 54 exemplares reproductores.
"La trucha
autóctona del Douro-Sil se cría por
primera vez en la Piscifactoría de
Carballiño. Comparte las instalaciones
con la centroeuropea, que es la que se
utiliza para repoblar los cotos
intensivos de pesca. La Consellería de
Medio Ambiente puso en marcha este
novedoso proyecto seleccionando 54
ejemplares genéticamente puros, que han
dado origen a un millar de crías.
Permanecen en la Piscifactoría en
previsión de un vertido o cualquier otro
tipo de catástrofe, a fin de preservar
esta especie autóctona. "
A noticia aparece na Voz de Galicia do
mércores 9 de setembro do 2009, trátase dun traballo realizado polo
investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC)
Javier Lobón- Cervia que seica leva traballando 23 anos para
desenrolar un módelo de cálculos matemáticos que van a determinar de
forma científica a dinámica das poblacións de salmónidos. Basta con
medir o caudal nun determinado momento a finais de marzo para saber
cantas troitas viviran no futuro nese tramo, tamén utiliza a
temperatura da auga.
A investigación que seica está feita no río
Chaballo, na conca do río Esva (Asturias) seica é extrapolable o
resto dos ríos cantábricos e incluso Galegos.
As fórmulas detectan o que xa sabemos de sobra
os pescadores que levamos anos no río, unhas chuvias o seu tempo, un
caudal propio do río fan a riqueza do río. Os extremos son nefastos,
unha seca ou extiase así como unhas enchentas son nefastas...
Os datos que pode aportar serían as troitas
que vai haber nos próximos seis meses, os dous anos, cantas femias
van a reproducirse, cantas se deberían pescar etc.
Sempre dixen e sostuven que as troitas
teñen moito que ver coas matemáticas, e máis nos meus tempos de
profesor no IES O Ribeiro os meus alumnos lembraran alfunha clase na
que falamos desto.
Ahora recentemente un profesor do CSIC que
a poñer en fórmulas nada menos que a población de troitas dun tramo
en función dunha serie de parámetros.
Sin dúbida esa relación é real e palpable
aparte de curiosa.
(Contado por Raúl Jácome,
e escoitado por mín e Julio (Páxaro), un día de pesca
en Rodeiro no río Arnego, e comendo no Mesón a Roda de Adelán, por certo
unha carne exquisita. 15/07/2011)
Contan que un día, nunha escola da
comarca e Lalín, preguntou a mestra que ¿cal era o animal
que crecía máis rápido neste mundo?.
Un neno levantou a man e afirmou
rotundamente: a troita.
Mire Sra. Mestra: o meu pai colleu un
día pola mañán unha troita no río Arnego en Rodeiro deste
tamaño... (Señalou máis ou menos o tamaño da troita que se ve na
fotografía).
Ese mismo día, despois de comer, foi
xogar a partida o café e dixo que a troita era máis ou menos do
tamaño... (o rapaz mostrou o tamaño coas súas mans, como a da
fotografía. Ou sexa, xa cuarterona).
Pero é que pola tarde, nunha reunión cos
amigos, a troita xa crecera máis do doble (ver a
fotografía que era máis ou menos como o neno indicaba cas mans...).
Eu penso que o crecemento desa troita,
no mismo día, fai que a troita sexa o animal que mais crece neste mundo ¿ou non, Sr. Mestra?.