Salmo trutta fario. Troita común. (Trucha).

Esta é unha troita común, foi pescada no río Camba (no encoro das Portas, a saida do tunel que ven da presa da Edrada) , no ano 1999. Pescouna José Antonio González de Ourense.  Unha troita común preciosa. Toda unha xoia.

Eu a esta troita chamoa "troita de Botteler", simplemente por unha frase que dixo este home un día lúcido e único, neses días que sen dín as grandes frases, as xenuinas, as mellores, as que quedan para sempre:

"Deus puido, sin dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén sen dúbida, non o fixo" Botteler.

Espero que o internauta comprenda, quizaís de forma clara, por qué a troita é algo único e sensacional...Por qué a troita é a razón de ser desta páxina www, en defensa dos ríos galegos e da vida nestes ríos...

Para mín está claro...e ¿para tí?. Pois ben, aplícate o conto e cuida e fai respetar e cuidar os nosos ríos...

Outra troita de Botteler.

Esta é outra troita común, foi pescada no río Cenza, no ano 2004. Pescouna Alfredo González de Ourense.  Unha troita común preciosa. Toda unha xoia. O río Cenza tiña moitas destas, eu pesquei ese río polos anos 80-90, tiña destas troitas únicas, hoxe quedan algunhas no encoro irracional que fixo Iberdrola (1994), era un val glaciar único en Galicia, dentro de pouco nin eso. Lamentable.

Eu a esta troita tamén a chamo "troita de Botteler".

O da música "Lela" é unha cuestión romántica persoal, son uns choros que dedico o Val Glaciar do río Cenza, un amor que morreu para mín, val que quedou estragado dunha forma penosa e sin máis explicación que os cartos dunha empresa hidroeléctrica, Iberdrola,  que presume de ecoloxista e verde; o meu repudio os políticos e responsables que permitiron esa obra sin sentido...Os meus choros por unhas troitas sensacionais e unha natureza única e irrepetible...

Aproveito para dar a grazas os irmáns Antonio e Alfredo González por enviarme estas fotografías marabillosas. Tamén a Marcos Cao por poñerme en contacto con estos pescadores. Unha aperta os tres.

Volver a páxina da troita.