Salmo trutta Fario. Troita común. (Trucha).

Troita común auténtica galega. Fotografía do autor da www.

Troita pescada polo autor da www (28-04-2001), troita  común, 20 cms., son as menos neste río casi de alta montaña. Trátase dunha troita nativa, moi estilizada, moi longa, ver a cabeza en proporción o corpo; e tremendamente loitadora.  Neste río unha troita de 20 cms. pode ter ata 5 anos, crecen moito menos que noutros ríos.

O río que se ve detrás é o río Navea en Chandrexa de Queixa (Ourense), xusto por riba dos pasais de Taboazas; dos poucos que quedan decentes na Provincia ( para mín un río decente é o que inda ten troita autóctona e cando se levanta unha pedra do río inda se atopan os insectos típicos como a gusarapa ou o besbello) ; soio 15 km. dende o nacemento ata o encoro de Chandrexa, a partir dese punto, xa non é río é unha magoa. 

Outra troita do mismo río. Un pouco máis grande que a anterior. 13/06/2007.

Por certo ese día, non moi lonxe dese pozo (200 metros máis arriba), entroume unha troita moi grande e completamente oscura, casi negra, a típica troita de pozo; as libreas poden cambiar según os tramos do río e a vexetación. Non teño a fotografía xa que despois de 15 minutos de loita fíxome a xogada e quedou no río...Quedei fastidiado pero contento pola troita...

A librea é extraordinaria, observar as pintas vermellas xunto a aleta caudal...

Cupo de troitas. Todas entre 20 e 25 cms

Para rematar porei unha troita deste mismo río, de 25 cms, femia e collida nun pozo dunhos 2 metros de profundidade. Entrou a unha pluma color violeta  de pluma parda. Maio do 2008.

Volver á páxina da troita.