Os Simúlidos

Os dípteros son os que poseen só un par de ás para voar. Son centos os tipos distintos que existen e non é este o lugar para tratar a fondo este tema. Os máis coñecidos da xente son os mosquitos, os simúlidos,  os tabánidos e os tipúlidos.

O feito de poñer algo sobre os simúlidos é que aparecen un dibuxado no esquema da esquerda e polo tanto require unha explicación.

Características dos simúlidos.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os simúlidos: características

Nome

Dípteros.

Familia: simúlidos.

Características:

 

Son dipteros pequenos e robustos que viven pegados no fondo do río.

No dibuxo figura co número 17, péganse o fondo do río. Teñen unha coroa de pelos coa que filtran as partículas en suspensión coas que se alimentan.

Os simúlidos aliméntanse de follas en descomposición, etc.

As larvas viven fixadas a todo tipo de sustratos pero particularmente sobre macrófitas. Peganse materialmente gracias a que no extremo posterior do abdomen funciona como unha ventosa.

En el estado de pupa, recordar que os dipteros teñen catro estadios ovo, larva, pupa e imago, pois ben no estado de pupa construen estuches de aspecto corneo. Neste estadio son fácilmente recoñecibles xa que sacan unha especie de cornos que son filamentos respiratorios.

Os simúlidos son entre outros os chamados fragmentadores do río.

Pense o lector a cantidade de materia que cae o río, sobre todo cantidade de follas. O final todo se descompón e a vida sigue...

No dibuxo sacado do libro  "A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia" de Victor M. López e Miguel A. Fernández vese varios simúlidos pegados o leito do río e onde se ve perfectamente a coroa coa que filtran os alimentos.

Hai tamén nunha www sobre os invertebrados outro dibuxo interesante:

Trátase polo tanto de larvas que logo darán lugar os dípteros correspondentes e que están pegadas o leito do río con diferentes formas de comer.

Simúlidos galegos:

Simúlidos en Galicia:

Temos controlados menos dunha docena deles, todos do xénero Simulium pero de catro subxéneros distintos: Simulium, Eusimulium, Nevermannia y Wihelmia que son uns poucos dos que existen realmente.

Fálase por exemplo do Simulium naturale.

Fonte do traballo: libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Ediciones.2006.

Saír.