Tipos de troita según a súa librea.
![]()
O que sigue é unha serie de fotografías da librea dun peixe o que lle teño moítisimo cariño.
En Galicia hai (a parte da troita arco iris que non é galega) a troita Salmo trutta fario (que é a troita común dos nosos ríos), e a Salmo trutta trutta ( que é o reo , a troita de mar , que tamén se atopa nos ríos pero alterna os ríos co mar). No que sigue vamos a ver a fotografía de algunhas libreas da "nosa troita común", a Salmo trutta fario.
|
Decir que a nivel científico a única maneira de distinguir as estirpes son mediante estudios xenéticos; estudios que non se utilizan neste pequeno traballo. O que sigue é a miña opinión sobre o tema, moi discutible; unha pequena aproximación non científica...
Vexamos algunhas destas estirpes:
|
|
Estirpe do Ourense Oriental.
|
As troitas poden cambiar de librea según o lugar do río onde vivan, moitas veces simplemente as diferencias son producto da alimentación e do mimetismo o que da lugar o medio no que vive.
Exemplo claro:
|
|
|
As dúas troitas das libreas anteriores son do mismo río, apenas 50 metros de distancia. A primeira nunha raseira, despois dun cachón, e a pleno sol; a segunda nun pozo de dous a tres metros de profundidade e bastante sombrio. Evidentemente as troitas son do mismo tipo pero teñen libreas distintas. Por certo as dúas troitas están fotografías neste link.
Alguén dixo: "As troitas son como os ríos, non hai dous iguais..."; dende logo, no que se refire a librea é así:
|
|
|
![]() |
|
![]() |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Como xa está dito máis arriba, dentro do mismo río hai troitas de distintas libreas, según o sombríos que sexan os pozos, si está ou non en correntes, a vexetación de ribeira, as repoboacións feitas no río ou simplemente a alimentación nese tramo, etc.
Ver estas mostras:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hai libreas especiais como a das troitas das seguintes fotografías:
|
|
|
|
|
|
As libreas anteriores, son unha mostra dos tipos de troitas da nosa Galicia.
Repito que no mismo río, nun trozo de 1 km., teñen atopado, estudiosos do tema, ata 4 tipos diferentes de librea e todas do mismo tipo de troita.
|
|
|
Tamén hai mezclas, a pesar de que a introgresión xenética non é común xa que é moi rara. (En Galicia fálase dun 5% de híbridos. Datos de febreiro do 2007)
Nos ríos galegos tamén hai outros tipos, producto de repoblacións con troitas xenéticamente diferentes a nosa e tamen algunhas, moi poucas, que son troitas arco iris.
Troita arco iris.
Librea da arco iris.
Librea da arco iris.
Librea da arco iris.
Troita arco iris.
Eu penso que a troita arco iris non se debe confundir coa nosa troita autóctona, xa que é moi distinta.
Troita autóctona.
------------------------------------------------------------------------------------------------
Convén distinguir a troita do Pinto de salmón:

Na fotografía de Martín Mayo, vese o Pinto na parte de arriba e a troita abaixo, penso que non é dificil distinguilos.
De tódolos xeitos non está demáis poñer as seguintes diferencias:
| SALMÓN | TROITA | |
| Aspecto Xeral |
Corpo máis estilizado, cabeza pequena e apuntada |
Corpo robusto, cabeza relativamente grande e redondeada. |
| Cor |
Pouco variable. De 10 a 12 marcas verticais, moi espaciadas e definidas, perpendiculares a liña lateral |
Moi variable. De 8 a 11 marcas verticáis moi espaciadas e definidas pero non tan simétricas. |
| Pintas |
Negras ou avermelladas, simétricamente repartidas polos flancos, nunca oceladas. Poucas o case ningunha por debaixo da liña ñateral. |
Vermellas e escuras, asimétricamente repartidas, con frecuencia rodeadas dun halo esbrancuxado ( ocelado) e distribuidas por riba e por baixo da liña ñateral. |
| Cabeza (1) |
De 1 a 3 pintas negras no opérculo. |
Máis de tres pintas negras no opérculo. |
| Boca(2) |
O maxilar non alcanza o extremo posterior do ollo |
O maxilar si alcanza ou excede o extremo posterior do ollo. |
| Pendúnculo caudal(3) |
Fino |
Groso. |
| Cola (4) |
Escote moi marcado |
Escote pouco marcado. |
| Aletas pectorais (5) |
Longas, esténdense cara ó comenzo da dorsal |
Relativamente curtas, non se estenden ata o comenzo da dorsal. |
| Aleta adiposa (6) |
Cores escuras |
Cores avermelladas |
| Aleta anal (7) |
Branca ou avermellada |
Borde anterior branco seguido dunha franxa escura. |
(Nota : o anterior está sacado do folleto de pesca publicado pola Xunta de Galicia)
-------------------------------------------------------------------------
Finalmente algunhos ríos de Ourense dan troitas comúns moi grandes, troitas con 10 ou máis anos, troitas que non se deben confundir coas pachangas que dan algunhos encoros, observar a troita da fotografía, troita moi estilizada.

Na fotografía o meu compañeiro de fatigas Alberto Prego, cunha troita de casi 5 kg. pescada no río Arnoia en Pontegrande. Para sacar esta troita do río necesitou unha axuda inestimable que lle deu Felix Valeiras.
![]()
AXUDA INESTIMABLE DE FELIX VALEIRAS
|
|
|
![]()