A troita común é un "manxar
dos deuses", soio ten na miña opinión que cumplir dúas
condicións que sexa dun regato ou río non moi grande e que este
esté limpo e non contaminado.
O valor enérxético é moi alto
xa que a súa proteina ten un alto valor biolóxico, é baixa en
grasas e ten entre outras as vitaminas B1, B2, Niacina, vitamina
C. Seica tamén que ten pouco colesterol y moi pouco ácido úrico.
A verdade é que o seu sabor,
unhas troitas de montaña, freídas en aceite de oliva con
trociños de xamón ou unto simplemente, unhas patacas cocidas e
unha ensalada de leituga é dificilmente superable por
calquera outro plato. Eu dende logo non esquecerei nunca o
sabor dese plato na miña vida...
En canto a troita de
piscifactoría, decir que o seu sabor non ten nada que ver
co dito anteriormente. O valor enerxético seica é similar.