
A troita foi pescada en
Pontegrande no río Arnoia cunha culleriña. Estuvo casi unha hora para
sacala do río.
|
Troita común de río.
Botou 3,00 kg. e foi collida,
a culleriña, en
Pontegrande no río Arnoia, polo meu amigo e compañeiro de pesca Alberto
Prego, por certo con axuda doutro amigo Felix Valeiras.
Dimensións:
65 cms.
Observar
a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre
4:1 ou 5:1).
Unha troita moi estilizada e vese fácilmente que
non é unha "pachanga"... En Galicia teño visto troitas de 8,5 kg. por exemplo
no río Avia, na zona de Bieite (Ribadavia - Ourense). Non teño fotografías.
Por suposto no río Miño inda quedan troitas de
moito peso.
|
|
......
Saír
...........
|

.......... |
|

|
Troita común de río.
Botou 2,200 kg. e foi collida a pluma,
no río Miño en Ourense, polo meu amigo e compañeiro de pesca
Felix Valeiras. Trátase
dunha femia.
Dimensións: 58 cms.
Observar
a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre
4:1 ).
Por suposto no río Miño inda quedan troitas de
moito peso, esta é unha delas.
|
|
...... |
|
|

|
Esta troita non debera figurar nesta
relación, pero figura. E figura xa
que foi a maior troita que collín na miña vida, e eu, soio eu, son o
dono da web, así que ahí van os datos: 1,600 kg
de peso 58 cms. e
collida con fio do 16 mm. e unha plumiña pequena, moi pequena.
Río Limia en Aceredo (1972), hoxe debaixo dun encoro. Saqueina rápido do
río, en 45 minutos máis ou menos...disfrutei a tope,
marabilloso...
Sin dúbida a troita máis bonita da miña vida,
por certo era de carne rosada...
Soio pasaron 34 anos. "Non descarto coller unha maior...pero
autóctona e de río, as "pachangas" escapo delas...danme
noxo...".
As cousas cambiaron moito...
|
|
...... |
|
|
 |
Santiago Lemos de Ourense, un
seguidor da miña páxina e que aparece na fotografía, dime que hoxe ten
35 anos, pero que cando tiña quince, que corresponde a fotografía,
foi pescada esa gran troita que casi pesaba 6 kg. A troita é do río Miño
por Nogueira en Chantada.
A troita foi pescada por unhos
curmans do seu pai.
Dime que o seu pai conta que o seu
abó pescou no río Miño, "cando era río", unha troita de 18 kg.
Darlle as gracias a Santiago que
tamén me mandou outras fotografías.
|
|
|
|
|

|
"Pachanga" collida no encoro do Vao,
no río Bibei, botou 11,250 kg e foi collida o 20-03-2002.
Observar a proporción 3:1.
Chámolle "pachanga" xa que non pasa de
70 cms
e ten un peso descomunal, non proporcional o corpo.
Son troitas que están
nun lugar do encoro onde hai sobre - alimentación, do tipo que sexa.
Lémbranme as troitas que se collían fai anos na desembocadura do
Barbantiño e que comían tripas de polos...eran así...
Son troitas de encoros deformadas.
|
|
......
|
|
|

|
Troita collida no mismo encoro do Vao,
o mesmo que a troita anterior, tamén no río Bibei o ano 2001 botou
85 cms e soio pesou 6,5 kg. Moito menos
peso e moito máis longa (inda que a fotografía non é boa, e non se ve.
Esta troita é moito mais estilizada que a
anterior. É sin lugar a dúbidas, máis normal.
Troita máis normal que a anterior.
|
|
......
|
|
|

|
Troita collida por Fraga (o noso
Presidente da Xunta de Galicia ata o 2005, que tamén é pescador de toda a vida e,
por certo, favorable das minicentrais, cousa que non entendo nin
entenderei nunca) no río MIño no salto de Belesar o
29-03-1998.
Seica botou
5,5 kg. As dimensións non parecen
grandes. Sobre 55 cms.
Observar que soio ten corpo, a cabeza é
pequena. Eso sí, moítisima barriga. Nona vexo normal, inda que
"xa me gustaría pescala, pura envexa.....".
O que está claro é que nos encoros as troitas
están deformadas por norma xeral.
|
| |
|
|
TROITAS NON
GALEGAS.
|
TROITAS NON GALEGAS. |
|

|
Troita de
8 kg.
collida no Barco de
Avila no ano 1970. Observar que a troita guarda proporción entre a cabeza
e o longo do corpo. Sobre 80 cms.
Destes exemplares quedan poucos.
Por certo nese río o Tormes, pesqueino durante
quince días na súa cabeceira (en Hoyos del Espino, prácticamente o nacemento deste río,
na Serra de Gredos) , aló polo 1971, fora de
serie, as troitas eran longas e moi estilizadas, normalmente entre 20 a 25
cms. Sensacional. Non baixaba de 15 troitas cada vez que
pescaba. Lémbrome das augas frías, moi frías e as
troitas longas, moi longas. Tamén eran tempos...
|
|
|
|
|

|
Na fotografía, sacada do libro
"Memorias
de un pescador leonés de truchas" de Jesús Pariente Diez
vese unha troita capturada o día 30 de xunio de 1983 por Aldredo Casasola
Falagán, no coto de La Omañuela, río Orbigo (León). A troita
pesou 6,300 kg. e tiña unha lonxitude de 87 cms.
É unha troita totalmente proporcionada no seu peso e na súa
lonxitude. A troita foi collida cunha pluma, unha Cascudo Bergara,
modificada por Alfredo, pondo un pardo flor de escoba bermello en lugar
dun indio rubión. Moito máis mérito.
|
|
|
|
|

|
Na fotografía Emilia Martinez Garrido,
chamada polos pescadores arxentinos "a galega de ouro", debido
as troitas grandísimas que colleu.
Na fotografía con un troitón de máis de
8
kg e preto 80 cms. de lonxitude,
capturada no Lago Kimi, en Tierra del Fuego (Arxentina).
Esta fotografía e a seguinte están sacadas do libro
"La pesca de truchas y salmones" de Jesús Angel Cecilia Gómez.
Si algún día lee esta páxina www, gustaríame
facerlle un apartado ou un anaco na miña páxina.
Unha galega pescadora de troitas non é nada
común... ¡enhoraboa!. Ponte en contacto Emilia.
|
|
|
|
|

|
O record do Mundo I.G.F.A. (The
International Game Fish Association) teno unha troita pescada o
16-12-1952 no Lago Nahuel Huapi en San Carlos de Bariloche na Arxentina
por Eugenio Cavaglia e deu un peso de 16 kg, con
unha lonxitude de 99 cms.
O exemplar esta exposto na Asociación de Pesca e
Caza Nahuel Huapi, que é a fotografía da troita disecada a esquerda.
Observar, unha vez máis as proporcións. A verdade é que non está moi
ben conservada, parece de plástico... pero casi un metro é moita
troita de Dios...
|