Salmo trutta fario. Troita común. (Trucha).

 

Tipos de troita según a súa librea.

 

Estirpe oriental de Galicia. Montañas altas de Ourense. Librea da troita da dereita.Estirpe oriental de Galicia. Montañas altas de Ourense.    

 

 

 

 

Volver a ficha da troita.            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O que sigue é unha serie de fotografías da librea dun peixe o que lle teño moítisimo cariño.

En Galicia hai (a parte da troita arco iris que non é galega) a troita  Salmo trutta fario (que é a troita común dos nosos ríos), e a Salmo trutta trutta ( que é o reo , a troita de mar , que tamén se atopa nos ríos pero alterna os ríos co mar). No que sigue vamos a ver a fotografía de  algunhas libreas da "nosa troita común", a Salmo trutta fario.

Un estudio da Universidade de Santiago revela que hai en Galicia sete estirpes de troita autóctona: área cantábrica, Rías Baixas, Miño alto (Lugo), Miño baixo (Ourense, A Guardia), Limia, Zona Oriental de Ourense e Costa da Morte. A súa vez estas sete divisións reúnense en tres: Atlántico, Miño Alto e Sil. A idea hoxe, febreiro do 2007 é recoller troitas destas estirpes e criar exemplares para repoboar con estas troitas.

Decir que a nivel científico a única maneira de distinguir as estirpes son mediante estudios xenéticos; estudios que non se utilizan neste pequeno traballo. O que sigue é a miña opinión sobre o tema, moi discutible;  unha pequena aproximación non científica...

Vexamos algunhas destas estirpes:

Esta troita (a fotografía é do autor da www e foi pescada en Chandrexa de Queixa, no río Navea) podía ser a troita típica dos regatos de Galicia.

Estirpe do Ourense Oriental.

Observar detalles que a diferencian de outras troitas, incluso as comúns de piscifactoría. En particular, o estilizadas que son, o corpo moi alargado, é como  catro ou cinco veces a cabeza, este tipo de troitas son típicas de  ríos de augas moi batidas e ríos de montaña. Realmente cada día quedan menos.

 Lémbrome de coller troitas moi parecidas en augas moi batidas por debaixo de Leboreiro, no río Mao en Ourense. Troitas moi longas, musculosas, super-rápidas, incribles. Por certo un bon día a empresa Fenosa secou o río e morreron todas, había desviado o río completo por unha canaleta, para producir electricidade.

As troitas poden cambiar de librea según o lugar do río onde vivan, moitas veces simplemente as diferencias son producto da alimentación e do mimetismo o que da lugar o medio no que vive.

Exemplo claro:

Estirpe oriental de Galicia. Montañas altas de Ourense. Librea da troita da dereita.

As dúas troitas das libreas anteriores son do mismo río, apenas 50 metros de distancia. A primeira nunha raseira, despois dun cachón,  e a pleno sol; a segunda nun pozo de dous a tres metros de profundidade e bastante sombrio. Evidentemente as troitas son do mismo tipo pero teñen libreas distintas. Por certo as dúas troitas están fotografías neste link.

Alguén dixo: "As troitas son como os ríos,  non hai dous iguais...";  dende logo,  no que se refire a librea é así:

Troita de estirpe Ourense Oriental, ríos de Chandrexa, Xares, Vilavella, A Gudiña, etc.

En algúns pozos pode ser máis oscura.

A librea é sensacional, e a troita é forte e moi loitadora.

Estirpe Ourense Oriental.

Troita común.

Esta troita tamén a teño visto, incluso moitísimo máis oscura. Depende moito do sombrío que sexa o río e dos pozos que teña.

Teño collido este tipo no río Viñao, polo Carballiño ( Ourense).

Troita común.

Este tipo teño visto en ríos da zona de Cercedo, como o río  Lérez,  no Tea, etc.

Estirpe rías baixas.

Esta troita, con pintas negras todas elas, tamén é unha troita común en Ourense, sobre todo no río Miño. Atópanse bastantes no río Arnoia e noutros ríos.

Estirpe Miño Baixo ou similar.

Esta troita, con pintas vermellas e negras e de aspecto claro é unha troita tamén bastante común en ríos de Pontevedra como o Oitavén ou o Verdugo. A fotografía está sacada do blog nosolomosca.

Estirpe Atlántico ou similar.

 

Esta troita, con pintas vermellas e negras e de aspecto claro é con manchas oscuras foi pescada no río de Val de Veiga en Ledoño Culleredo. A fotografía é de Álvaro Martínez.

Estirpe Atlántico ou similar.

 

Como xa está dito máis arriba,  dentro do mismo río hai troitas de distintas libreas, según o sombríos que sexan os pozos, si está ou non en correntes, a vexetación de ribeira, as repoboacións feitas no río ou simplemente a alimentación nese tramo,  etc.

Ver estas mostras:

Estas troitas que foron pescadas por Oscar López son todas dun tramo do río Arenteiro en Ourense. Observar que todas son troitas comúns e de distintas libreas.

Algunhas son autóctonas e outras de repoboación con troita común.

Estas troitas foron pescadas por Pedro Luaña e todas nun tramo do río Avia en abril do 2008 (daban todas a medida, inda que pode parecer que non). Observar a variedade das libreas. A troita da esquerda e a de abaixo son totalmente distintas as demais que son comúns pero que parecen de repoboación.

Estas troitas son todas do río Eo, concretamente foron pescadas no lugar de Chao de Posadoiro. A fotografía está sacada deste blog amigo.

Conxunto de troita pescadas nun tramo do río Grande de Baio.

A verdade é que as troitas son moi similares as outras deste artigo.

A fotografía é de Pedro Luaña.

Conxunto de troita pescadas nun tramo do río Ulla.

A verdade é que as troitas son moi similares as outras deste artigo.

A fotografía é de Pedro L.

 

Conxunto de troitas pescadas nun tramo do río Neira en Lugo. As dúas de arriba, na miña opinión son claramente de repoboación, a primeira incluso lle falta un trozo da aleta caudal; a de abaixo é un caso raro, ten medio corpo  de troita común e outro medio de repoboación, tamén pode ser a luz.

A fotografía é de Pedro L. Gracias Pedro.

 

Conxunto de troitas pescadas nun tramo do río Parga en Lugo.

As libreas son moi similares as demais quizais un pouco claras, pero eso xa sabemos que dependen dos tramos dos ríos onde foron pescadas.

A fotografía é de Pedro L. Gracias Pedro.

 

Conxunto de troitas pescadas polo autor da web no río Navea.

Son todas comúns e do mismo tipo. A de librea máis clara é producto da posición da troita na cesta da pesca, estaba boca abaixo e tuvén pouco cuidado na fotografía...

A fotografía é de Secundino Lorenzo o autor da web.

 

Hai libreas especiais como a das troitas das seguintes fotografías: 

Esta troita pescada nun río do Courel ten unha librea sensacional; xunto coa que sigue presentan unhas libreas extraordinarias. A troita foi pescada polo meu amigo Hilario.

Vela a toda pantalla.

Esta troita seguramente sexa a troita coa librea máis sensacional que vín na miña vida.

Trátase dunha troita autóctona, collida no río Cenza por J. Antonio Glez.  no ano 1999. Pola miña banda recordo coller  troitas similares pero dende logo ningunha tan fermosa.

Vela a toda pantalla.

As libreas anteriores, son unha  mostra dos tipos de troitas da nosa Galicia.

Repito que no mismo río, nun trozo de 1 km., teñen atopado, estudiosos do tema,  ata 4 tipos diferentes de librea e todas do mismo tipo de troita.

Esta troita é a típica do Norte de Portugal,  ríos que baixan da Gudiña e de Vilavella e forman o Mente de Portugal ou RabaÇal e outros.

É unha troita moi parecida a nosa. Estilosa, proporcionada e cunha librea moi coloreada e típica.

Fotografía do autor da web 26/03/2007.

Ver fotografía en grande e tamén outra pescata no mismo río.

Tamén hai mezclas, a pesar de que a introgresión xenética non é común xa que é moi rara. (En Galicia fálase dun 5% de híbridos. Datos de febreiro do 2007)

 Nos ríos galegos tamén hai outros tipos, producto de repoblacións con troitas xenéticamente diferentes a nosa e tamen algunhas, moi poucas, que son troitas arco iris.

Troita arco iris.

Librea da arco iris.

Librea da arco iris.

Librea da arco iris.

Troita arco iris.

Eu penso que a troita arco iris non se debe confundir coa nosa troita autóctona, xa que é moi distinta.

Troita autóctona.

 

--------------------------------------------------------------------------------------------

 

Convén distinguir a troita do Pinto de salmón:

 

 

Na fotografía de Martín Mayo, vese o Pinto na parte de arriba e a troita abaixo, penso que non é dificil distinguilos.

De tódolos xeitos non está demáis poñer as seguintes diferencias:

  SALMÓN TROITA
Aspecto Xeral
Corpo máis estilizado, cabeza pequena e apuntada
Corpo robusto, cabeza relativamente grande e redondeada.
Cor
Pouco variable. De 10 a 12 marcas verticais, moi espaciadas e definidas, perpendiculares a liña lateral
Moi variable. De 8 a 11 marcas verticáis moi espaciadas e definidas pero non tan simétricas.
Pintas
Negras ou avermelladas, simétricamente repartidas polos flancos, nunca oceladas. Poucas o case ningunha por debaixo da liña ñateral.
Vermellas e escuras, asimétricamente repartidas, con frecuencia rodeadas dun halo esbrancuxado ( ocelado) e distribuidas por riba e por baixo da liña ñateral.
Cabeza (1)
De 1 a 3 pintas negras no opérculo.
Máis de tres pintas negras no opérculo.
Boca(2)
O maxilar non alcanza o extremo posterior do ollo
O maxilar si alcanza ou excede o extremo posterior do ollo.
Pendúnculo caudal(3)
Fino
Groso.
Cola (4)
Escote moi marcado
Escote pouco marcado.
Aletas pectorais (5)
Longas, esténdense cara ó comenzo da dorsal
Relativamente curtas, non se estenden ata o comenzo da dorsal.
Aleta adiposa (6)
Cores escuras
Cores avermelladas
Aleta anal (7)
Branca ou avermellada
Borde anterior branco seguido dunha  franxa escura.

(Nota : o anterior está sacado do folleto de pesca publicado pola Xunta de Galicia) 

-------------------------------------------------------------------------

Finalmente algunhos ríos de Ourense dan troitas comúns moi grandes, troitas con 10 ou máis anos, troitas que non se deben confundir coas pachangas que dan algunhos encoros, observar a troita da fotografía, troita moi estilizada.

Alberto Prego. Un defensor dos ríos galegos. Hoxe xa non pesca.

Na fotografía o meu compañeiro de fatigas Alberto Prego, cunha troita de casi 5 kg. pescada no río Arnoia en Pontegrande. Para sacar esta troita do río necesitou unha axuda inestimable que lle deu Felix Valeiras.

Volver a páxina da troita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AXUDA INESTIMABLE DE FELIX VALEIRAS

 

Na fotografía tres grandes amigos da miña vida ( aparte da miña familia) : Felix Valeiras, Alberto Prego e unha troita galega autóctona.

 

Volver