TROITAS ENORMES DOS RÍOS GALEGOS. (A vella)

 

En Galicia, hai en moitos ríos troitas de moito peso. Troitóns...

Probablemente sexa o río Miño e os seus afluentes os que dan as troitas máis grandes. Pola miña banda a troita maior que vin na miña vida, troita autóctona por suposto non pachangas ni troitas arco iris, foi de 8,5 kg e pasaba dos  90 cms, foi pescada no río Avia en Bieite (Ourense). Fai uns días que atopei a fotografía desa troita, sacada en Ribadavia por Foto Chao. Vela máis abaixo. 

Documentada está unha troita de once kg. pescada no río Avia en Leiro, creo que entre 1976 e 1980,  teño a referencia do corresponsal de La Región de Ribadavia Pepe Puga, un amigo xa fallecido. Ver o link da noticia.

 Fálase de troitas de 18 kg,  concretamente no río Miño a altura de Chantada pero non hai datos reais deste feito. No libro "Un verán en Galicia" escrito en 1911 por unha inglesa que veu a pescar a Galicia co seu marido, C. Gasquoine Hartley,  cítase no río Sil unha troita de 15 kg.

No que sigue hai algunhas troitas grandes pescadas nos ríos de Galicia.  Normalmente en términos de pesca fálase da vella, para referirse a estas troitas grandes.

Ver algunhas troitas vellas       Ver este relato dun troitón en Portavía.

salir.jpg (922 bytes) Saír                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A troita foi pescada en Pontegrande no río Arnoia cunha culleriña. Estuvo casi unha hora para sacala do río.

Troita común de río.

Botou 3,00 kg. e foi collida, a culleriña,  en Pontegrande no río Arnoia, polo meu amigo e compañeiro de pesca Alberto Prego, por certo con axuda doutro amigo Felix Valeiras.

Dimensións: 65 cms.

Observar a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre 4:1 ou 5:1). Unha troita moi estilizada e vese fácilmente que non é unha "pachanga"...

En Galicia teño visto troitas de 8,5 kg. por exemplo no río Avia, na zona de Bieite (Ribadavia - Ourense). Non teño fotografías.

Por suposto no río Miño inda quedan troitas de moito peso.

 

....

Troita común de río. Botou 2,200 kg. e foi collida  a pluma,  no río Miño en Ourense,  polo meu amigo e compañeiro de pesca Felix Valeiras.

Trátase dunha femia.

Dimensións: 58 cms.

Observar a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre 4:1 ).

Por suposto no río Miño inda quedan troitas de moito peso, esta é unha delas.

......

Esta troita non debera figurar nesta relación, pero figura. E figura xa que foi a maior troita que collín na miña vida, e eu, soio eu, son o dono da web, así que ahí van os datos:  1,600 kg de peso 58 cms. e collida con fio do 16 mm. e unha plumiña  pequena, moi pequena. Río  Limia en Aceredo (1972), hoxe debaixo dun encoro. Saqueina rápido do río, é coña, en 45 minutos máis ou menos...disfrutei a tope, marabilloso...

Sin dúbida a troita máis bonita da miña vida, por certo era de carne rosada... Soio pasaron 37 anos. "Non descarto coller unha maior...pero autóctona e de río,  as "pachangas" escapo delas...danme noxo...".

As cousas cambiaron moito...

......

Santiago Lemos de Ourense, un seguidor da miña páxina e quen aparece na fotografía, dime que hoxe ten 35 anos, pero que cando tiña quince, que corresponde a fotografía,  foi pescada esa gran troita que casi pesaba 6 kg. A troita é do río Miño por Nogueira en Chantada.

A troita foi pescada por unhos curmans do seu pai.

Dime que o seu pai conta que o seu abó pescou no río Miño, "cando era río", unha troita de 18 kg.

Darlle as gracias a Santiago que tamén me mandou outras fotografías.

 

   

"Pachanga"  collida no encoro do Vao, no río Bibei,  botou 11,250 kg e foi collida o 20-03-2002.

Observar a proporción 3:1.

Chámolle "pachanga" xa que non pasa de 70 cms e ten un peso descomunal, non proporcional o corpo.

Son troitas que están nun lugar do encoro onde hai sobre - alimentación, do tipo que sexa. Lémbranme as troitas que se collían fai anos na desembocadura do Barbantiño e que comían tripas de polos...eran así...

Son troitas de encoros deformadas.

......

 

Troita collida no mismo encoro do Vao, o mesmo que a troita anterior, tamén no río Bibei o ano 2001 botou 85 cms e soio pesou 6,5 kg. Moito menos peso e moito máis longa (inda que a fotografía non é boa, e non se ve.

Esta troita é moito mais estilizada que a anterior. É sin lugar a dúbidas, máis normal.

Troita máis normal que a anterior.

......

 

Troita bastante boa conseguida polo meu amigo Quico, que foi Presidente da Asociación de Pescadores de Ribadavia, cando eu estaba traballando precisamente nesa vila e collín a gran aficción que teño a pesca actualmente...

Non sei os kgs. que botou,  pero polo tamaño e o aspecto andaría polos seis kgs.

Troitas deste tamaño había moitas no río Avia e por suposto no río Miño.

Non era doado collelas, pero especialistas había. Daquelas pescábase moito con peixe vivo. Hoxe está prohibido...

A fotografía é da súa filla Mª José e está sacada do seu blog.

Tamén a seguinte...

   

Troita sensacional, observar que está moi delgada pero que pasa do metro de lonxitude. Foi conseguida polo meu amigo e compañeiro de traballo Braulio; que fai pouco nos deixou.

Non sei os kgs. que botou,  pero polo tamaño e o aspecto andaría polos cinco kgs.

Troitas deste tamaño había moitas no río Avia e por suposto no río Miño.

A fotografía está sacada do blog "Cajón de los recuerdos". Na foto aparecen Javier Miguez e Braulio Soto, Xavier ten a cesta chea de troitas.

Tamén a seguinte é do río Avia en Ourense...

Braulio falleceu recentemente.

Onde estés amigo unha aperta.

 

 

   

Esta fotografía está collida, o que se dice pescaba e ben pescada por un rapaz entrañable para mín. Un alumno da miña época inesquecible en Ribadavia como profesor de matemáticas  no ITEM de Ribadavia, e  un amigo actualmente.

Trátase de Amando Canitrot que me remite este texto: "Bos días, Secundino!. Mándoche unha foto miña, con unha troita que pesquei cando tiña 15 anos (fai 39 anos), en 1.970. Lugar de pesca: presa do muiño do Raiña, na Foz (Ribadavia). Pesou 3,5 Kg. pero non me lembro da medida, ainda que tendo en conta que eu xa medía 1,70-1,75 m., a troita podería ter entre 50 e 60 cm"

A troita foi pescada no río Avia. 1970.

¡Que grandes ríos o Avia e o Miño naqueles tempos, dos mellores do mundo...!.

Hoxe defenestrados...

   

Esta penso que pode ser a famosa troita dos 8,5 kgs. collida no río Avia preto de Bieite, ou ben a de 11 kg. e 1,04 m. collida en Leiro.

 

Si é a de Bieite botou  90 cms de longa, mentras que si é a de Leiro seica tiña 1,04 m.

 

O problema da fotografía é que se ve que se trata dunha montaxe típica, polo tanto é imposible trazar referencias.

 

Non vexo como o pescador colle a troita, eu penso que troita e pescador son fotografías distintas.

   

Troita coñida polo meu alumno Manel (alumno de matemáticas,  non de pesca) de Ribadavia- Ourense, seguramente no río Avia.

A troita bota por riba dos tres kilos.

Manel sempre foi un pescador experimentado e de feito inda hoxe en día participa en campeonatos e con moi boas clasificacións.

A fotografía mándame Luis Lerox dende o país vasco.

   

Couto do río Xares. S.L.F. 2019

Troita sensacional pescada por Moncho Fábrega no río Xares, en Ourense. Ano 2018

A troita seica pesou por riba dos catro kg.,  un peso pouco habitual neste río de Montaña. As proporcións da troita e a librea son marabillosas. A troita foi pescada con ninfa e nada menos que con fio do 16; dime Moncho que loitou moitísimo e que lle entrou a auga  por todo o corpo...

   

Este exemplar de troita foi pescado seguramente no río Miño en Castrelo, tratase dun exemplar que supera o metro de lonxitude e que seguramente andaría polos 8 kg.

Troitas deste calibre colléronse en tempos no río Miño.

Na fotografía vese a Lebón,  o pai de Álvaro,  un amigo para mín nos meus tempos de Ribadavia anos 1968-1977.

Lebón falleceu recentemente.

Onde estés amigo unha aperta.

   

Sensacional troita pescada no río Miño, ano 2016, no couto de Quinte. Unha troita de 1,700 kg. pescada entre oucas ou ranunculus, tipicos desta zona do río Miño, por riba do Encoro de Belesar.

A típica troita do río Miño, ben feita, proporcionada,  loitadora e que está esperando o lance marabilloso que fai o pescador entre estas oucas. Marabilloso río Miño, o mellor de Europa en tempos e hoxe ben maltratado... (Este comentario e meu).

Así mo explicou o pescador, neste caso, Manuel  Meira. Deixei o brazo para ter unha referencia. Espero que che guste.

   

Este exemplar de troita foi pescado no río Miño na zona de Chantada, polo chantadino Sindo Figueiras, logo reivindicada por dous pescadores máis...

Botou 105 cms. observar que é unha troita moi longa.

Pesou 7 1/2 kg.   hai que decir que é unha troita preciosa e proporcionada.

 

A fotografía pertence o archivo de Roi Fernández.

Foi pescada polos anos corenta, observar a fotografía. Nesa época inda non existía o encoro de Belesar e o río Miño estaba ceibe dos encoros actuais.

Foi pescada na desembocadura do río Asma no río Miño, un lugar de pesca sensacional.

   

 

Troita maior documentada en Galicia

Por suposto no Pai Miño:

 

Este exemplar de troita foi pescado no río Miño na zona da Coba, no Saviñao, é sin dúbida a troita maior documentada pescada no Pai Miño. Pesou 10 kg.

O pescador foi o gardarrios Mario Fernández e seica tuvo a axuda de Manolo Gómez.

A fotografía pertence o archivo de Roi Fernández.

Por suposto que no río Miño fálase de troitas moito máis grandes, ata de troitas de 25 kg. pero o peso non é creible. Por suposto que troitas entre 10 e 15 kg. si que se pescaron neste gran río, pero non están  documentadas.

Gustaríame saber o ano en que se pescou este exemplar... Parece unha fotografía posterior a 1970, ou sexa xa co encoro de Belesar feito.

 

   

Este exemplar de troita foi pescado no río Miño no couto de Quinte. Pesou 12 kg.

O pescador non sei como se chama.

O ano de pesca foi no 2017.

 

   

Esta troita (moi parecida a anterior de Lebón),  que apenas se distingue (a calidade da fotografía é minima, 21 kb.) bate tódolos recors das troitas anteriores xa que ten unha peculiaridade, foi pescada nun pequeno regato de Lalín en maio do 2010. A troita pesou 7,5 kg. e medía 94 cms. Unha troita moi grande máxime si se coñece,  como é o meu caso,  a tosta onde foi pescada, nun regato o río Seixas que é un afluente pola esquerda do río Deza.  Observar a proporción da troita, totalmente estilizada cunha cabeza moi grande e unha proporción aproximada 5:1.

A troita resulta incrible que pudese vivir nesa tosta de non máis de dous metros de profundidade e non moi longa.

   

Troita collida por Fraga (o noso Presidente da Xunta de Galicia ata o 2005, que tamén é pescador de toda a vida e, por certo,  favorable das minicentrais, cousa que non entendo nin entenderei nunca) no río MIño no salto de Belesar o 29-03-1998.

Seica botou 5,5 kg. As dimensións non parecen grandes. Sobre 55 cms.

Observar que soio ten corpo, a cabeza é pequena. Eso sí, moítisima barriga. Nona vexo normal, inda que "xa me gustaría pescala, pura envexa...".

O que está claro é que nos encoros as troitas están deformadas por norma xeral.

   

TROITAS NON GALEGAS.

TROITAS NON GALEGAS.

Troita de 9 kg. collida nun couto de troita salmántino, no río Tormes, 2019. Pasou do metro de lonxitude.

Seica foi collida con ninfa por Diego Corral que aparece na fotografía el  13 de maio de 2019. A troita foi devolta o río ..."Quiero que sirva para que se valoren nuestros ríos y la pesca sin muerte" dice Diego Corral.

O río Tormes inda ten destes exemplares que son incribles.o

Por certo nese río o Tormes, pesqueino durante quince días na súa cabeceira (en Hoyos del Espino, prácticamente o nacemento deste río, na Serra de Gredos) , aló polo 1971, fora de serie, as troitas eran longas e moi estilizadas, normalmente entre 20 a 25 cms. Sensacional. Non baixaba de 15 troitas cada vez que pescaba.  Lémbrome das augas frías, moi frías e as troitas longas, moi longas. Tamén eran tempos...

 

   

Troita de 8 kg. collida no Barco de Avila no ano 1970. Observar que a troita guarda proporción entre a cabeza e o longo do corpo. Sobre 80 cms.

Destes exemplares quedan poucos.

 

   

Na fotografía, sacada do libro "Memorias de un pescador leonés de truchas" de Jesús Pariente Diez vese unha troita capturada o día 30 de xunio de 1983 por Aldredo Casasola Falagán, no coto de La Omañuela, río Orbigo (León). A troita pesou 6,300 kg. e tiña unha lonxitude de 87 cms.

É unha troita totalmente proporcionada no seu peso e na súa lonxitude. A troita foi collida cunha pluma, unha Cascudo Bergara, modificada por Alfredo, pondo un pardo flor de escoba bermello en lugar dun indio rubión. Moito máis mérito.

Na fotografía Emilia Martinez Garrido, chamada polos pescadores arxentinos "a galega de ouro", debido as troitas grandísimas que colleu.

Na fotografía con un troitón de máis de 8 kg e preto 80 cms. de lonxitude, capturada no Lago Kimi, en Tierra del Fuego (Arxentina).

Esta fotografía e a seguinte están sacadas do libro "La pesca de truchas y salmones" de Jesús Angel Cecilia Gómez.

Si algún día lee esta páxina www, gustaríame facerlle un apartado ou un anaco na miña páxina.

Unha galega pescadora de troitas non é nada común... ¡enhoraboa!. Ponte en contacto Emilia.

   

Salo trutta de 16 kg pescada no Lago Nahuel Huapi en Arxentina en 1952

Troita de lago,  pescada por George Kenny,  de 38 kg. , xullo do 2007 en Great Bear Lage.

 

O record do Mundo  I.G.F.A. (The International Game Fish Association) teno  unha troita marrón (equivalente a nosa)  pescada o 16-12-1952 no Lago Nahuel Huapi en San Carlos de Bariloche na Arxentina por Eugenio Cavaglia e deu un peso de 16 kg, con unha lonxitude de 99 cms. 

O exemplar está exposto na Asociación de Pesca e Caza Nahuel Huapi, que é a fotografía da troita disecada a esquerda. Observar, unha vez máis as proporcións. A verdade é que non está moi ben conservada, parece de plástico... pero casi un metro é moita troita de Dios...

Non teño en conta as troitas arco iris onde o record está en 22 kg. Tampouco as troitas de Lago (Salvelinus namaycush), hai unha pescada de 32,65 kg.

Hoxe no 2011 xa hai outros recork así o de Tom Healy que capturou en Michigan unha Salmo trutta de 18,80 kg. Record que xa foi batido por 0,02 kg. ou sexa dous centésimas. E non quedará así no futuro...

salir.jpg (922 bytes) Saír