Troita pescada no río Tormes por Barco de Avila . Ano 1970. Kg: sobre 8 kg.

Nota: non me estrana a cor da troita e a súa lonxitude; por ese ano pesquei o río Tormes preto do seu nacemento, concretamente en Hoyos del Espino, na provincia de Ávila, en plena Serra de Gredos, e xa tiña cantidade de troitas de 20 e 25 cms., moi longas, e moi estilizadas. Por certo a pesca era moi abondosa.

Destas troitas houbo moitas en Ourense por exemplo no Avia (de ata 8.5 kg. vin unha troita en tempos, collida en Bieite), no Arnoia (seis e sete  kg. na zona baixa por Arnoia) , no Bibei (de nove kg. seica saían troitas cando se fixo o encoro do Bao o tirar os petardos de dinamita) e por suposto no río Miño (ten troitas moi grandes, de nove e dez kg. De oito hai unha neste ficha) e no río Sil (fálase dunha troita de 25 kg. a principios do século XX, libro "Un verán en Galicia, troita que subia a frezar nun regato preto dos Peares).