A troita común é un "manxar 
				dos deuses", soio ten na miña opinión que cumplir dúas 
				condicións que sexa dun regato ou río non moi grande e que este 
				esté limpo e non contaminado.
				O valor enérxético é moi alto 
				xa que a súa proteina ten un alto valor biolóxico, é baixa en 
				grasas e ten entre outras as vitaminas B1, B2, Niacina, vitamina 
				C. Seica tamén que ten pouco colesterol y moi pouco ácido úrico.
				A verdade é que o seu sabor, 
				unhas troitas de montaña, fritas en aceite de oliva con trociños de xamón ou unto simplemente, unhas patacas cocidas e 
				unha ensalada de leituga  é dificilmente superable por 
				calquera outro plato. Eu dende logo non esquecerei nunca  o 
				sabor dese plato na miña vida...
				Tamén están esquisitas en 
				escabeche.
				Vexamos o que dí Álvaro 
				Cunqueiro,  sobre este "manxar dos deuses", todo un 
				experto:
				
					
						
							
								
									
										
											Coma o océano 
											é fértil en peixe, os ríos galegos 
											sóno en troitas. A máis corrente é a 
											"salmo fario", que vive sempre nos 
											ríos e nunca baixa ao mar, (...) As 
											millores troitas son as de abril 
											deica se veda a pesca. As máis 
											grandes non son as máis sabrosas. 
											Unha troita de dez centímetros de 
											longo está moi ben. O millor é 
											fritilas, e no país deuse cunha 
											grande invención, que é botar no 
											aceite en que se friten uns cachiños 
											de unto. A troita fritida mesmo pide 
											unha ensalada de leituga. Si non hai 
											unto á man, pódense botar no aceite, 
											na tixela, unhas lonchiñas de xamón, 
											co blanco, e si está algo rancio, 
											millor. Aínda que nalgúns lugares 
											empanan a troita, a verdade é que 
											non lle dá gosto ao pan, e coido que 
											seña a peor das empanadas.
 
									 
									
										
											
												
													
														
														Cunqueiro, Á. A 
														cociña galega, p. 
														94.
													
												
											
										
									 
								
							 
						 
					 
				 
				Por suposto que estou 
				totalmente de acordo e como pode ver o lector coincidimos 
				plenamente.
				En canto a troita de 
				piscifactoría, decir que o seu sabor  non ten nada que ver 
				co dito anteriormente. O valor enerxético seica é similar.