Canis lupus. O Lobo. (Lobo)

Sempre tuven admiración por este mamífero que penso que debéramos conservar a toda costa. Contan moitas mentiras deste gran e noble can, que sempre respectou o home, cousa que non ocorre ao revés...

O lobo, por sorte, inda vive en Galicia. Eu nunca o vin preto dun río ou dun regato, pero sei que se achega a eles para beber.

 Cando era neno alá por Randín (Ourense), era moi frecuente velo, a noitiña, preto da Capela de San Antonio, na misma subida dende a ponte do río  Salas ata a capela; sempre cruzaba a estrada coma un señor, sempre pola noite. Sempre o viamos os que ibamos no coche de liña da empresa "Corderí", có Cholas e o Nibardo; e tamén cando ía no coche do meu tío Camilo (o cura párroco  de Randín 1939-1975), un pai para mín.  Logo polo día nunca o vin. (Actualizado o día 08/04/2008)

Ver as características. 

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O LOBO é un animal noble, que debemos conservar.

Fotografía de Antonio Vázquez. Fotógrafo da natureza Asturiana. Sensacional.

O lobo. Un mamífero que debéramos conservar.

Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións
Dimensións Identificación Alimentación e caza A súa vista
O seu olfato O seu oido. Habitats Reproducción
Clans sociais Expresións típicas. Interés Protección
Curiosidades  marcadores Vese nos meses As súas pisadas A sua mala fama
O oubear do lobo Felix R. de la Fuente Video de amor Saber  máis Links
Lei do lobo Outros plans d. lobos. Alegacións  SGHN Lobos: F. Bárcena.
Lobos Galicia 1998-2006  Noticias do lobo en G.  O lobo no Ribeiro Outros estudios.
Folclore do lobo Cazar lobos Foto de caza As batidas do lobo
Foxos Indemnizacións Retrato do lobo Outro retrato . 
Caza do lobo NON. Accidentes Zamora ¿Sabias qué? Eu amo os lobos

Saír.                                         Saír.  

 

         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

¡¡ O lobo ten que seguir existindo en Galicia !!.

Características

Canis lupus   Linnaeus, 1758

Os zoólogos falan de varias subespecies de lobo no mundo, así o noso lobo, o lobo ibérico,  sería da subespecie signatus.

Así quedaría Canis lupus signatus, como nome científico do noso lobo.

O que parece claro é que o lobo é da misma subespecie que o can. O que está claro é que o lobo pertence o reino animal, é un cordado (columna dorsal permanente), mamífero, carnívoro, trátase dun cánido e a especie é lupus.

Todos son animais terrestres que se moven rápidamente e que se esconden en cavidades naturais ou excavadas. Son animais sociais a hora de cazar. Comunícanse por xestos faciais, posturas do corpo e da cola. Son cánidos que poseen 5 dedos nas patas anteriores e 4 nas traseiras. As garras son retráctiles e teñen nada menos que 42 dentes.

Lobo ibérico, taxonomía:

Reino Animalia
Clase mammalia (mamíferos)
Orden Carnivora (carnívoros)
Familia Canidae (cánidos)
Género Canis
Especie Canis lupus.
Subespecie Canis lupus signatus.

Fotografía sensacional de Antonio Vázquez.

 

Sair.

 

 

 

 

 

Lobo, lobato, lobín, xan...

Estos son os nomes máis comúns do lobo en Galicia.

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

Lobo

Este é o nome castelán.

 

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Pode botar máis dun metro ( 125 cm.). A cola máis de 40 cms. e a altura 75 cms.

 Peso sobre 40 Kg de media.

Nos libros consultados fálase de medias de 40 Kg para os machos e 30 kg. para as femias, pero tamén se citan lobos de ata 96 kg e 2 metros de longo (Genevieve Carbone La peur du loup (1991), medidas dun lobo nos Cárpatos, abatido en 1942 (un caso fora de serie).

Sair.

 

 

 

 

 

 

Identificación:

É inconfundible. A súa cor oscila entre o pardo gris ( máis común en Galicia ) e o pardo vermello. Algunhas marcas características mouras e claras.

Outra boa imaxen do lobo.

A súa posible confusión cun can-lobo é dificil xa que o lobo ten unhas características moi propias, por exemplo, a súa cabeza é moi grande, moitos miolos.

 Os ollos son rasgados. Ten tamén unha marca blanca en torno os labios (bigoteiras). Tamén liñas negras no frontal. A mirada é penetrante...

Tamén chama a atención o pescozo, cun poderío enorme, onde ten pelos longos que inda fan que este sexa máis grande...

A melena anterior e a silla de montar (mancha grisácea típica que lembra unha silla de montar) tamén son características do lobo.

Outra boa imaxen do lobo.

Observar a silla de montar. Tamén o pescozo que é moi groso e inda mais xa que os pelos son moito mais grandes.

 As orellas son curtas e triangulares e sempre ergueitas. Ten unha poderosísima dentadura capaz de desgarrar os tendóns e os músculos máis duros.

Observar os ollos oblícuos...

O perfil do nariz é cóncavo, nos cans lobos é convexo.

Os ollos son oblicuos e o iris é amarelo leonado.

Fotografía de Antonio Vázquez.

Cando se enfurece os pelos póñense de punta e levántanse todos. Tamén cando ten medo...É tamén característica a zona máis clara que ten na cabeza, xunto a boca e que forma a parte inferior, chegando ata as arellas. Ver as fotografías.

 Ten moito peito, pero pequena rexión lumbar como bon corredor de fondo que é.  Ver fotografías dun can, pastor-alemán,  comparadas co lobo.

Outra boa imaxen do lobo.

A súa cola actua como un potente indicar do seu estado de ánimo sendo unha parte vital dentro do comportamento do lobo. A punta da cola é negra.

A parte de atrás das orellas é moi distinta a parte de adiente, é moito máis clara.

Nas patas dianteiras ten unhas liñas negras (vense moi ben na fotografía anterior), que son precisamente o que deu lugar o nome Canis lupus signatus. Precisamente por esas señais.

--------------------------------------

En canto as diferencias do noso lobo cós lobos europeos son varias que aparecen resumidas neste texto:

En efecto, no colorido dominan os tonos marróns, inda que hai exemplares máis oscuros e outros máis bermellos. Os individuos xovens presentan xeralmente tonalidades grisáceas moi apagadas durante o invierno, mentras que no verán  teñen un característico color marrón oscuro.

As características principais que diferencian a pelaxe do lobo ibérico da do lobo europeo son as seguintes:

  • Manchas blancas nos belfos, chamadas "bigoteiras",
  • Líneas verticais negras ou moi oscuras que recorren o frente das súas patas dianteiras,
  • Marca oscura o longo da súa cola,
  • Mancha oscura arredor da cruz, chamada "silla de montar".
Estas marcas son as que lle valeu á subespecie o nome de signatus, que significa "signado", é decir, con señais e  marcas.

Nesta fotografía de Antonio Vázquez tamén se ven estas siñais.

 

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

A súa vista:

A súa vista non é o mellor que ten, pero é moi boa.

Ten ollos moi grandes que brilan dunha forma especial pola noite. Polo día a súa visión é boa con un ángulo grande, casi 250º (o home ten 180º).

A súa especialidade de tódolos xeitos é no crepúsculo e pola mañanciña no alba, nestos momentos a súa vista é sensacional.

Hai moi poucos estudios sobre a vista do lobo e cando se fala dela son referencias a vista dos cans normais e por extrapolación. De tódolos xeitos ten que ser sensacional dado que na caza a medición de distancias é perfecta...

Hai unha cousa curiosa da vista dos lobos, non se debe mirar o lobo fixamente os ollos, sobre todo si é o lobo alfa macho, xa que si se mantén, o lobo pode facer calquera cousa, encadena comportamentos agresivos...

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

O seu olfato:

Outra boa imaxen do lobo.

O olfato e primordial nos lobos, cada lobo ten o seu olor, que vai indicar a súa identidade. A marcaxe dos territorios faise precisamente cós excrementos e a orina, ademáis o olfato e primordial para cazar.

O lobo ten como mínimo 22 veces máis células olfativas que o home.

O lobo, está a vista, ten un nariz moi grande e polo tanto moitísimas células olfativas, comparando co home ten 200 cm2 de superficie mentras que o home ten 10 cm2, esto leva a un promedio de 225 millóns de células contra soio 10 millóns no home. Seica as neuronas receptoras teñen mecanismos de mucosa especiais que permiten concentrar os olores. En fin, toda unha marabilla. Faille falta con tanto depredador que anda solto.

Que razón ten Jean -Marc Landry, un especialista no tema, cando dice "O lobo non é un anxel nin é o demo: é un depredador que intenta (sobre)vivir e esto, por desgracia".

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

O seu oído:

Fotografía de Antonio Vázquez. Fotógrafo da natureza Asturiana. Sensacional.

A verdade é que tamén se sabe pouco do seu oído. Faise por extrapolación cós cans.

O que está claro é que o seu oído ten que ser potente e ten que ser un medio de localización de presas e peligros varios.

O feito de que o lobo ouvee é unha proba da súa agudeza de oido. De tódolos xeitos o que está claro é que poden recibir frecuencias que o home non percibe.

Un lobo pode recibir o ouvear de otro a unha distancia entre 6 km. e 10 km.

Incluso en boas condicións, un lobo, decía un guardia forestal experto, pode oír o chasquido de rodilla a unha distancia de 70 metros, cando se fai un acecho...

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Fotografía de Antonio Vázquez. Fotógrafo da natureza Asturiana. Sensacional.

O lobo sempre cazou en comunidade, hoxe xa o fai en solitario. Preferentemente corzos ( o 90% no invernadeiro) , gando doméstico (ovellas e vacas),  cabalos, xavaríns , coellos, lebres, etc... Come moitos cans, sobre un 14% da súa dieta. Pero últimamente é carroñero, non pode ser outra cousa. Unha mágoa. 

De tódolos xeitos a súa dieta depende moito da zona onde esté.

Desplázase nunha noite ata 60 kms. Gústanlle os terrenos enmarañados e agrestes.

A súas tácticas de caza son incríbles e moi pensadas, utíliza preferentemente dúas: según sexa pequena a presa o non, neste caso unha simple dentellada no pescozo e xa queda lista a peza, ou si a presa é  grande, que entonces primeiro trata de cansala e logo actua nos cartos traseiros e no ventre.

Nunha película vín como catro lobos atacaban a un xabarín macho, primeiro cansarono, logo un atacoulle o fuciño, os outros dous as orellas e o cuarto a zona do ventre. En poucos minutos remataron co xabarín, que pesaba uns 100 kg.

O tema de cansar as pezas que caza é básico e así se explican como pode cansar pezas moitísimos máis rápidas que o lobo (tense constatado que as veces corren durante 200 km. detrás dunha presa, dende logo esto cansa a calquera). Por outra banda saben escoller moi ben da manada as pezas que están enfermas ou son vellas ou teñen problemas.

A súa dentadura é especial e está preparada para matar, para descuartizar e por suposto para comer:

Ver si non os colmillos, dous arriba e dous abaixo que sirven para matar a presa.

As moas que se ven no medio, o que se chaman moas carniceiras sirven para exercer a máxima presión, incluso, vese na fotografía, ten un sobre-oso de reforzo nesa zona. Terrible. Con estas moas e capaz de triturar calquera óso por duro que sexa.

Cos colmillos desplaza a presa por pesada que sexa.

En definitiva está moi ben armado, de feito ten millores moas e por suposto máis cerebro que calquera can da súa categoría, como pode ser un San Bernardo ou un mastín.

Non é de extrañar, polo tanto o tipo de alimentación que ten.

O lobo ten polo tanto un papel ecolóxico, fora de toda dúbida, o de controlar as poblacións das especies herbívoras.

------------------------------

Hai unha cousa curiosa sobre lobo e a súa caza: non caza nos terrenos onde cria. Respeta uns cantos kms.

Este feito lino no libro "Tras la senda del lobo" de Ramón Grande del Brío, un dato moi curioso e contrastado.

"O lobo onde pare e ten as crías non ataca os animais domésticos, por aqueles alrededores. Según Ramón Grande e Manolín, dous expertos en lobos, o lobo con esta actitude quere enganar e desorientar os pastores e ganadeiros, polo menos e o que intenta. O lobo é moi intelixente."

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Presente en terreos ásperos e de matogueira. Últimamente hai individuos aislados con tendencia a visitar basureiros incluso de grandes cidades, penoso.

Relamente o seu habitats en España é para chorar:

Pouca cousa : Galicia , Asturias , Cantabria, Pais Vasco, algo na Rioxa, e nucleos de grave risco en Extremadura e Serra Morena en Ciudad Real e Jaén.

Esta é máis ou menos a porcentaxe de lobos en cada lugar:

1.-Castela-León cun 60% dos lobos. Sobre 2.000 lobos.

2.-Galicia cun 30% dos lobos. Sobre 1.000. Hoxe hai menos (no chega a 600).

3.-Asturias, Cantabria, Pais Vasco e o resto cun 10%, outros 300 lobos aproximadamente.

Pouco moi pouco.

En Europa o lobo está casi desaparecido, este é o mapa actual:

Fai tempo o lobo estaba en toda Europa, hoxe, no 2004 coa desforestación masiva e a disminución dos ungulados, dos que se alimentaba, soio quedan en poucas zonas. Ademais foi sempre perseguido, moito mais que calquera outro animal...

Defeito o lobo desapareceu dalgúns paises fai séculos, así Irlanda (1770), Norte Inglaterra  (1680), Sur (1500), Alemania (1890) e suma e sigue. O lobo o gran perseguido.

Xa decía Félix Rguez. fai moitos anos que o gran problema do lobo ibérico era "o aislado que estaba e que quedou en Europa" (ver o mapa); así é imposible o intercambio.

Hoxe habita o sur de Europa. Paises do norte como Escandinavia non teñen máis de 70 lobos, e Finlandia un centenar...

A población máis numerosa figura en Rumanía con 2.500 exemplares.

Parece ser que se cambiou de mentalidade, e o lobo vai en aumento...

En España hai un censo do ano 1988 que cifra o número entre 1.500 e 2.000.

En Galicia:

O lobo habita as catro provincias galegas, así:

Na Coruña: no Barbanza e no macizo do noroeste colindando con Lugo. (Falta curiosamente en todo o centro da provincia da Coruña)

En Lugo: nos Ancares e comarcas próximas así como en zonas altas de Muras, Viveiro, O Vicedo e Coba da Serpe.

En Pontevedra: no Deza. Tamén nas Serras do Suido e Leboreiro na fronteira coa provincia de Ourense.

En Ourense: en paraxes de Valdeorras e nos macizos que lindan con Zamora e Portugal. Pero onde máis hai son pola serras do Suido, Faro e Laboreiro.

Neste gráfico de Luís Llaneza os puntos negros son grupos seguros e os grises probables. Os datos corresponden a un estudio exhaustivo feito no 2004.

Sair

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

Reproducción:

Fotografía de lobos aparecida na revista natura do mes de novembre do 2000. Sensacional.

Os lobos son monógamos e únense a parella de por vida, o celo dase nos meses de inverno ( xaneiro e febreiro) e a xestación dura sobre dous meses ( sesenta e catro días).

A loba elixe a lobeira sempre preto dun río ou regato. É curioso saber que quen manda na camada é un lobo, pero quen manda no lugar para parir sempre é unha loba, por eso Manolín (Manuel Gallego Rguez, un garda, xa morto,  experto conocedor da Serra da Culebra e dos seus lobos) un entendido en lobos, falaba do lugar das lobas.

Normalmente a lobeira da o sur e está excabada nun chan drenado, e casi sempre en pendente. Tamén pode usar unha gruta ou unha cavidade natural. Normalmente teñen varias.

A formación de parella, coas tensións xerárquicas que existen é todo un espectáculo. A cópula unha vez que se produce da lugar a un longo período no que a parella viven xuntos, axudándose e compartindo todo.

Os partos teñen lugar por regra xeral polo mes de maio, parindo entre 3-7 cachorros de lobo ou lobeznos. (Hoxe en Galicia casi sempre non pasa de dous lobeznos...)

Tanto o macho como a femia alimentan os lobeznos. A familia tamén colabora.

A menor señal de alarma a femia cambia os lobeznos de lugar.

Os tres meses os lobeznos son xa lobatos e comenzan coas primeiras correrías, cambian tamén o seu pelo.

En 20 semáns pasan de 2 kg a 25 kg. O mesmo ocurre cós dentes de leite que de 28 pezas (do lobezno) pasan a 42 (do lobo).

Os 3 anos considéranse maduros, sexualmente falando, e as femias os dous anos.

Un lobo pode vivir sobre 13-14 anos ( a media son 7 anos), inda que hoxe é dificil creer que poda durar tanto, con tantas escopetas soltas, e tanto "matarife de lobos"...

Última hora en Galicia (2005):

As camadas non pasan de dous lobeznos, según Felipe Bárcena, un experto no tema en Galicia: hoxe as camadas non pasan de dous lobeznos. Efectivamente o normal fai anos era que unha femia parira tres ou catro lobeznos. Hoxe os partos son de dúas crias".

Por algo será, a natureza é sabia.

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

Clan Sociais:

Lobo alfa. Fotografía de Manuel González. "Jara y Sedal".

Os lobos viven en manada, dunhos sete ou oito individuos como máximo, tendo un escalofón social perfectamente definido.

A manada está gobernada polo macho máis forte (os xefes da manada son o macho alfa e a femia alfa). O título otórgase en loitas entre eles que xeralmente nunca traen a morte, xa que o vencido ofrece tumbado o seu pescozo ó triunfador, o cal fai que automáticamente perda o triunfador a súa agresividade e nono mate.

Logo tamén hai un macho beta. Logo xa veñen os xóvens de anos anteriores.

As veces tamén merodea a manada un macho omega, este macho  anda máis ben por libre e vive en solitario normalmente.

A caza fana totalmente organizada, sendo un par de individuos os que atacan, mentras os outros acorralan a presa. A hora de comer empeza o xefe. A colocación do rabo é básica.

Antonio Vázquez. Fauna salvaxe de Asturias. Sensacional libro.

Na fotografía de Antonio Vázquez vese perfectamente este feito o xefe ten o rabo levantado e rematará por comer primeiro pese a mala cara do outro lobo.

AS SÚAS EXPRESIÓNS.

As súas expresións foron estudiadas durante centenares de horas por Felix Rodriguez de la Fuente e por suposto por máis xente. Chegouse a establecer as correspondencias entre o estado da cola a posición da cabeza, as orellas e os belfos, para determinar a súa amenaza e a intensidade desta.

No cuaderno de campo dedicado o lobo presenta estos estadios que aquí resumo:

a) Orellas levantadas e belfos fruncidos indicaban unha gran ameaza.

b) Orellas replegadas e belfos moi fruncidos. Ameaza de intensidade media.

c) Orellas plegadas , belfos normais. Ameaza de baixa intensidade.

d) Orellas lixeiramente plegadas e belfos normais. Ansiedade.

e) Orellas plegadas , reclinada a cabeza e belfos normais: sumisión.

etc.

  Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Outra boa imaxen do lobo.

Dificilísimo de ver.  O lobo é moi esquivo. Aparte que hai poucos.

A súa actividade é preferentemente nocturna e vive en manadas xerarquizadas, membros que permanecen xuntos, sobre todo no inverno.

Vese preferentemente no verán, inda que eu teño visto tamén no inverno, lémbrome dun gran lobo que cruzou a estrada preto da Gudiña, pola estrada vella de Villacastín,  era no inverno e de noite, viña de traballar de Viana, ¡menudo susto!.

De tódolos xeitos nas miñas xornadas de pesca nunca vín un lobo, é prácticamente imposible velo, salvo que polas razóns que sexa quera deixarse ver. O lobo é moi intelixente e, por norma xeral,  non se deixa ver.

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Fotografía de Antonio Vázquez. Fotógrafo da natureza Asturiana. Sensacional.

Super-especial. Está totalmente en peligro, en Galicia hoxe non pasan de 600 lobos.

O día que o lobo non exista en Galicia, a natureza perderá o seu máis xenuino representante. Eu penso que a natureza xa non poderá chamarse así... non será o mesmo.

De seguir esto así ten os días contados en Galicia. Quedará reducido en pouco tempo a un par de exemplares no Invernadoiro e logo a morte definitiva, non temos política de conservación en Galicia. Unha mágoa.

En xulio do 2006 aparece a lei do lobo que pon unha primeira pedra para conservar esta especie.

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

O lobo. Un mamífero que debéramos conservar.

Deberan estar estrictamente protexidos, de feito goza de protección total en Noruega, Suecia e Italia. Pero en España nono está lamentablemente.

O lobo é inocente e ten dereito a vivir. ¿ Culpable de qué ? ¿ De comer para sobrevivir?.

Calquer acusación contra o lobo, contra dos derradeiros lobos que, acosados, tiroteados, envelenados, vagan como alma en pena, calquera acusación vólvese contra quen a realiza ... ( dice  Xurxo de Vivero no seu libro...e ten tódala razón).

Resúltame incomprensible, que en pleno siglo XXI o lobo sexa considerado un trofeo de caza maior. O home non ten remedio...é un depredador nato...o lobo ten dereito a vivir onde naceu.

O lobo debera estar protexido en Galicia, prohibindo a súa caza xa. A protección debera ser local e temporal, con controis efectivos da especie e un seguimento da súa poboación, con compensacións económicas dos danos ocasionados (pero compensacións rápidas e efectivas) , grandes sancións á persecución ilegal nos seus aspectos de caza furtiva, envelenamentos e destrucción de camadas.

En novembro do 2005 xa se fala destos puntos.

Parece que comenza haber xente que sabe na Xunta.

No ano 2004 matáronse entre 30 a 50 lobos en Galicia.

Esto non pode seguir así.

Está demostrado que os ataques o ganado, a maioría, son de cans cimarróns.

De seguir esto así en pouco tempo podemos estar a falar dunha especie desaparecida.

Son moitos os inimigos: o home, a caza ilegal e ademáis eu diría a legal, os cebos envelenados (esta é unha das causas máis comúns de morte de lobos), a pérdida de habitat, a fragmentación do seu territorio, as autovías, as estradas locais, os incendios, os vallados cinexéticos, o cambio de explotacións campesiñas sobre todo en reximen libre, o que se chama deixar o gando no monte, e un longo etc... Pobre lobo...

A nivel estatal:

Categoría de amenaza
Libro rojo: Vulnerable
UICN: Riesgo menor: dependiendo de su conservación

Así é como está catalogado actualmente.

Cadro de indemnizacións destos últimos anos, otorgados pola Xunta de Galicia ante o ataque por lobos:

 

Ano Ataques € indemnizacións
2003 137 31.286
2004 162 40.000
2005 178 28.178
2006 243 50.104
2007 302 79.104
2008 ? 100.000 ?

A nova lei, datos que aparecen na Voz de Galicia do 15/01/2008 prevee máis cartos para os ataques, de feito pagarán por o seguinte:

Animal morto Euros
Ovella 103
Cabra 109
Vacuno 1.210
Potro 495
Cabalo 600

O que ocurre é que serán máis estrictos e haberá investigacións, para ver si son ou non ataques dos lobos,  xa que estos anos atrás houbo moita picaresca, de feito no 2007 soio se pagou  o 81% do denunciado e no 2006 o 40% ou sexa o resto foi picaresca e mentiras.

Penso que esta é unha boa maneira de defender os lobos. A xente tamén ten que deixar a picaresca para a súa casa, xa está ben...

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Estou co autor do libro "Eses nobres cazadores" , cando dí " Hai que confesalo de novo. Gústame, amo ós lobos. Porque son fermosos, nobres, fortes, altivos e libres"

Imaxen dun lobo, saltando nun río. Foto do libro citado.

"Porque foron dende tempo inmemorial os compañeiros-inimigos dos homes, os seus máis terribles e únicos rivais. Porque ahora están a piques de ser borrados destas terras, un dos seus derradeiros refuxios; e un animal tan mítico non merece este triste fin. Porque é un proscrito, o grande proscrito, perseguido e case exterminado pola sanguinaria xauría humana. Por iso gústanme, amo ós lobos "

Outra boa imaxen do lobo.

-----------------------------------------------------------

Marcadores dos lobos:

Os lobos marcan moi ben os seus territorios, o lobo é un animal social e forma familias, por eso a territorialidade, é dicir, os mecanismos de defensa do territorio son básicos.

Estos son os marcadores:

1.- A cola como semáforo a contraluz, esto faino o macho colocándose en lugares elevados e aproveitando a luz enarbolando a súa cola.

2.- Con señais acústicas, os ouveos típicos, e

3) Con señais olfativas. O lobo marca o territorio coas señais olfativas, que son as que máis usa; así vai votando pequenas porcións de orina en árbores e lugares apropiados. Esas señais marcaran a fronteira do seu territorio.

Esta territorialidade marca o cubil e as súas inmediacións

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A súa mala fama:

Non coñezo ningún caso de home que foxe atacado polo lobo, eso sí, contos moitísimos, pero verdades ningunha. O lobo ten un pánico incríble o home, por unha simple razón: é moi intelixente e sabe moi ben que o home é moi superior en intelixencia ( inda que algúns nono demostran...).

Os escritos sobre ataques de lobos o home son miles pero realmente ningún está documentado suficientemente.

No libro "El lobo" de Jean-Marc Landry de edicións Omega 2004 escribe sobre este punto. Básicamente fai, nos últimos capítulos,  unha historia sobre os mitos e lendas que hai sobre el lobo. A  realidade é que un lobo sano non ataca ó home, o resto é producto da imaxinación...

O lobo, históricamente, sempre foi perseguido e maltratado, tamén se fixo desaparecer de zonas enteiras, tanto de EEUU como en Europa.

Hoxe, parece que hai outra política, veremos ata onde chega... O lobo sigue ameazado en todo o mundo.

-----------------------------------------------------------------------

Opinión de Carlos Vales.

(Carlos Vales e biólogo e profesor de Cencias Naturais nun IES da Coruña, e autor do libro "O Lobo, a extinción de especies e outros ensaios sobre a conservación". Edicicións Laiovento  1993)

As cualidades sanguinarias atribuidas o lobo ou algunhas cualidades sobrenaturais como a de poñer os pelos de punta ( así o dí Anxel Fole...   aconteceume a min mesmo, unha noite chuviñosa na corga dos chandeiros, cando volvía de Cabude..vin alumar  diante de mín os ollos dos lobos, e foi como si me cravasen alambres na testa...).

Mención aparte dice Carlos Vales, merece esa pretendida cualidade, realmente cuasi máxica, dos lobos para traballar ás súas victimas, o chamado instinto que revelaría unha intelixencia á que só sería axeitado  o calificativo de sobrenatural. e que descrebe con convición Rodriguez Fer na súa analise da obra  do escritor de Montaña, Anxel Fole ..(os lobos) realizan un estudo sicolóxico da vítima, xa que tratan de derrubar a súa resistencia sen utilizar a violencia. Primeiro acompañan-na, despois, póñense diante, logo zorregan-lle na pernas co rabo; máis tarde conseguen que caía ou que o terror lle faga perder o sentido; nese momento atácan-na ou devoran-na...

Que estas lendas formen parte da nosa cultura viva, cando o lobo é un componente da nosa realidade, non debe de estrañar-nos...que estas lendas sexan non só narradas, senón creidas por Anxel Fole, que fala a mediados do século, que procede das terras altas, de cumios lonxanos, " a media legoa de aquí comeza a terra brava dos lobos e as aguías", di nun momento-, é máis que comprensíbel. Pero cando Rguez. Fer dí que "calquer obra que estude o comportamento dos lobos coincide coa testemuña foleana", e iso en 1985, decatámonos que no que a lobos se refire estamos na edade media.

Para botar a abaixo o anterior, basta recurrir a xente que viviu cos lobos o outros literatos que se achegaron a vivir con eles, ni siquer con especialistas. Así , conta Carlos Vales algunhas anécdotas como a de R. Grande del Brío, que acontece en Zamora, onde na ladeira dun monte de Serra da Culebra despois de ser morto a tiros un lobo macho, a súa compañeira permaneceu toda a noite no lugar oubeando queixosamente...ou a de Salamanca onde foi morta unha loba e o seu pelexo exposto no interior dun alpendre, e pola noite o macho que formaba parella coa loba entrou no recinto, fuxindo co pelexo...

Sigue decindo Carlos Vales...que non se trata de que o lobo sexa máis ou menos bon, e máis ou menos intelixente, para xustificar a súa protección. O lobo...é un ser vivo, interesa conserva-lo.

O lobo...cumple unha función básica nos ecosistemas... o lobo ten que vivir no futuro...e fundamental. Frente a prexuízos e valoracións morais, compre resaltar que o importante non é a vida do lobo, nen os seus efectos, senón repostar á pregunta de se interesa ou non conservar a especie, se interesa, haberá que tomar medidas que garanticen, incluída a compensación aos inicialmente perxudicados pola medida, que non teñen porque financiar dos seus petos unha conservación que a toda a sociedade interesa. O problema é que ao home -á sociedade humana e o seu futuro-lle interesa que nen o lobo nen outras especies se extingan. O problema é que o lobo siga formando parte non só da nosa cultura, senón da paisaxe viva que constituen os montes e serras galegas...

----------- Ata aquí un pequeno trozo do libro de Carlos Vales que suscribo plenamente ------------

---0---

Libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María Castroviejo y Alvaro Cunqueiro.

Capítulo: Gacetilla final del lobo que dice el cazador  al amor de la lumbre.

(O libro está escrito en castelán)

O libro citado, está publicado pola Voz de Galicia no ano 2000 é de lectura fácil e que engancha fácilmente sobre todo os cazadores que é do que vai o libro. Pero é un libro entrañable.

No capítulo sobre o lobo trae varias historias, contadas a carón do lume, algunhas de medo pero en xeral con final sempre feliz.

Todas transcurren  en Galicia, polo Courel, Lalín, Dozón, etc.

A primeira fala sobre o bafo do lobo e como Pepe do Quello pasouno moi mal cando o seguiron varios lobos. O final non pasou nada, salvo que có medo parece que dende aquela blanqueoulle o pelo...

Logo conta o caso dun médico de Lalín, D. Gumersindo Goyanes, que andaba pola zona e que varios lobos chegaron a familiarizarle con el, sempre iban por diante do cabalo xogando e enredando.

Tamén conta o caso dun mestre de Rodeiro, Manuel Silvela Fernández, que se desplazaba pola zona de noite e que sempre un lobo lle facía compañía incluso tornando os cans da zona e incluso nunha ocasión na que se quedou dormido, o despertar,  o lobo estaba quieto descansando non moi lonxe.

O capítulo remata coa consideración de que destes sucesos, realmente certos, haberá que revisar moitos conceptos humans sobre o lobo, inda que hai que recoñecer, que as veces devoran as xentes...

E responde outro o anterior: "En casos de moita fame tamén os náufragos se comen uns os outros ¡E inda se sortean!. engade un vello, mirando bondadosamente cós seus montañeses ollos azuis...

Fotografía de Antonio Vázquez. Fotógrafo da natureza Asturiana. Sensacional.

O final esta é a imaxen que mellor vai o texto...

------0------

Outra cousa son os cans-cimarróns. Estos sí son peligrosos.

Lembro fai anos en San Ciprián en Ourense os problemas con estos cans, que moitos achacaban os lobos.

Seguro ( eso se dixo)  que eran cans que soltou a Policía portuguesa, na revolución dos claveis. A famosa Pide...

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

Video "Mi sueño hecho realidad"

O video, moi emotivo, mostra un sono cumplido o de integrarse nunha manada de lobos. Ese era o sono de  Alberto López, un home de 51 anos que leva en silla de rodas dende que naceu

O video está sacado do blog de Forestman.

Sair.

 

 

 

 

 

 

Os lobos en Galicia:

Evolución dos datos e estudios sobre o lobo en Galicia.

Os lobos son os amos do bosque de Galicia.

Anos 1998-2000

Diversos autores distinguen tres áreas en Galicia:

Coruña - Pontevedra: onde fai dez anos existían algúns lobos xa carroñeiros, hoxe non creo exista ningún.

O norte de Lugo: onde quedan algunhos cabalos asilvestrados, que poden axudar a vivir a algunhos lobos na zona, de tódolos xeitos nestas poblacións  quedan moi poucos debido precisamente os propietarios dos cabalos, comunícase coa área asturiana e pode quedar algún.

Por último os Ancares , Courel, Manzaneda, Queixa, o Invernadeiro, etc. Eiquí inda quedan algunhos. Descoñezo o número xa que a Xunta non facilita moitos datos. Eu penso que pasan olímpicamente do tema, o seu son outras cousas que dan máis cartos e máis votos. (2002).

En Ourense hai un índice alto de lobos, na zona de Manzaneda, Chandrexa, Vilariño, Laza e Vilar de Barrio. Logo hai un índice de tipo medio nas zonas de Avión, Beariz e toda a parte oriental da provincia de Ourense.

Calcúlase sobre 100 parellas actualmente en Galicia. ( Penso que son moitas...).

 

Ano 2000

Según datos do día 13-10-2000 en Galicia hai actualmente 700 lobos. Neste dato coinciden os grupos ecoloxistas como Erva de Vigo e Adega.

Eu teño as miñas dúbidas.

Ano 2005

Última hora: 01/01/2005

En Galicia hai entre 420-620 lobos. Ver como baixou esto...

En total sobre 68 manadas.

En fin, sexamos optimistas...

Datos do 2005:

Fálase efectivamente dunha población de 500 exemplares.

O lobo habita as catro provincias galegas, así:

Na Coruña: no Barbanza e no macizo do noroeste colindando con Lugo.

En Lugo: nos Ancares e comarcas próximas así como en zonas altas de Muras, Viveiro, O Vicedo e Coba da Serpe.

En Pontevedra: no Deza.

En Ourense: en paraxes de Valdeorras e nos macizos que lindan con Zamora e Portugal.

-----------------------------------------------------------------

Outro dato interesante, sobre os destrozos do lobo:

A Xunta pagou 39.000 € no ano 2004 polos destrozos causados polos lobos. Estes pagos fixéronse a 166 campesiños.

Esta é a estadística:

Lugo: 59 casos.

A Coruña: 50

Pontevedra: 37

Ourense: 20

No ano 2005, que inda non rematou, xa que estos son datos de novembro do 2005:

Resolveronse 30 expedientes por un importe de 5.940 € e quedan 60 casos.

DATOS DO 2004.

(Luís Llaneza. Revista Quercus. Artigo sobre o Lobo en Galicia. Maio 2006)

Os puntos negros son manadas localizadas en Galicia. Grupos seguros.

Os puntos de gris son grupos probables.

Estase a falar de 66 grupos ou manadas distribuidos A Coruña (12), Lugo (21), Ourense (20) e Pontevedra (13).

Ano 2007-2008

Fálase do mismo sobre 400-600 lobos en Galicia repartidos en 60-80 manadas.

A idea xeral hoxe da Consellería de medio ambiente é batidas si é posible non. Indemnizacións sí xenerosas e rápidas. Sempre que sexa posible.

 

Ano Ataques € indemnizacións
2003 137 31.286
2004 162 40.000
2005 178 28.178
2006 243 50.104
2007 302 79.104
2008 ? 100.000 ?

A nova lei, datos que aparecen na Voz de Galicia do 15/01/2008 prevee máis cartos para os ataques, de feito pagarán por o seguinte:

Animal morto Euros
Ovella 103
Cabra 109
Vacuno 1.210
Potro 495
Cabalo 600

O que ocurre é que serán máis estrictos e haberá investigacións, para ver si son ou non ataques dos lobos,  xa que estos anos atrás houbo moita picaresca, de feito no 2007 soio se pagou  o 81% do denunciado e no 2006 o 40% ou sexa o resto foi picaresca e mentiras.

 

 

Salir.

 

 

 

 

 

 

 

 

Indemnizacións:

Antonio Vázquez. Fauna salvaxe de Asturias. Sensacional libro.

Outro dato interesante, sobre os destrozos do lobo:

A Xunta pagou 40.000 € no ano 2004 polos destrozos causados polos lobos. Estes pagos fixéronse a 166 campesiños.

Esta é a estadística:

Lugo: 59 casos.

A Coruña: 50

Pontevedra: 37

Ourense: 20

No ano 2005, 178 casos con pagos por valor de 28.178 €.

No 2007 déronse 79.104 € de indemnizacións.

Este é o resume publicado pola Xunta o día 15/01/2008:

 

Ano Ataques € indemnizacións
2003 137 31.286
2004 166 40.000
2005 178 28.178
2006 243 50.104
2007 302 79.104
2008 ? 100.000 ?

A nova lei, datos que aparecen na Voz de Galicia do 15/01/2008 prevee máis cartos para os ataques, de feito pagarán por o seguinte:

Animal morto Euros
Ovella 103
Cabra 109
Vacuno 1.210
Potro 495
Cabalo 600

O que ocurre é que serán máis estrictos e haberá investigacións, para ver si son ou non ataques dos lobos,  xa que estos anos atrás houbo moita picaresca, de feito no 2007 soio se pagou  o 81% do denunciado e no 2006 o 40% ou sexa o resto foi picaresca e mentiras.

 

Salir.

 

 

 

 

 

 

 

 

Folclore do lobo:

Sobre o lobo hai moito escrito e hai auténticos coñecedores de esta especie. O lector desta páxina www remite a bibliografía, hai moito escrito sobre este mamífero único.

Soio decir , copiado do libro Atlas dos vertebrados de Galicia " que a figura do lobo está intimamente ligada o folclore galego e á vida dos paisanos, cos que coexistiu, xunguido moi estreitamente o longo de séculos, dándose unha aversión ancestral cara ó cánido. Todo esto ven motivado por un poboamento moi disperso do home en Galicia, o que fixo que interrelacionara multitude de veces co lobo, xérandose unha incompatibilidade ecolóxica".

Hai moito, moitísimo escrito sobre o lobo, desde Risco a Anxel Fole, pasando por Cela e outros.

Hai moitos libros sobre recopilacións de historias dos lobos, cito unha da colección mitos e tradicións, un libro de Xosé Ramón Mariño Ferro "Lobos, lobas e lobishomes" un dos moitos. Leer unha das súas historias.

Eu tamén teño unha historia sobre o lobo, pero unha historia que eu vivín, un momento de apuro na miña vida na natureza, cando vou de pesca, un mal momento, ou un bon momento, depende cando se conte. Leer a miña historia cun lobo.

Moitos pueblos que fan referencia os lobos: lobelle, Lobeira, Castro de Lobo, Lobomorto, Lobezán , Loboso, e un largo etc.

Incluso lobishome como José Pirés en 1935 na bisvarra de O Bolo en Ourense, etc.

No ano 2007 estase a promover en Corbelle, en Bande (Ourense), unha festa etnográfica para reivindicar a protección dos Foxos do lobo. Para a festa seica se fixo un trítico onde se explica o que é un foxo dun lobo, que se explica nesta ficha noutro lugar.

Foxo de cabrita na provincia de Ourense. Fotografía de David Pérez, un arqueólogo que é un dos promotores desta festa en Ourense.

Parece ser que o que se vai facer é escenificar unha auténtica batida do lobo, como se facía na época medieval. Na batida irán todos. unh veciño de cada casa, o cura, homes a cabalo, cans, etc. Algúns levarán un pau largo para identificar o lugar onde van (este pau chámase taloira...); outros latas para facer ruido. En fin toda una festa...

Na fotografía de Daniel Gálvez, Voz de Galicia do 16/09/2007 vese un conxunto de veciños nesta festa que seica foi un éxito.

Personalmente a festa paréceme sensacional e felicito a xente que promove estas festas totalmente etnográficas e  que non van en contra do lobo nin pretende desfacerse do mismo. Está ben conservar estas costumes e que non se perdan. Outra cousa é tirar tiros...

--------------------------------------------------------------

No esquezamos que o lobo tuvo en tempos categoría de Deus en moitas das culturas europeas.

Así en Galicia foi venerada a Raíña Loba.

Na edade media o lobo tiña condicións máxicas.

-------------------------------------------------------------------

É curiosa a lenda da loba branca, como loba Raíña no Caurel. Vela neste link.

-------------------------------------------------------------------

A revista Lethes (Cadernos culturais do Limia) , inverno 2006-2007 trae un artigo sobre os foxos e o lobo "O home lobo. A eterna loita", que firma David Pérez López moi interesante.

Salir.

 

 

 

 

 

 

 

 

A súa pisada:

 

Ollo non é doado distinguilas das dun can normal. En principio, as dos lobos,  son moi grandes,  sobre 11 cms. ou así. A almohadilla é moito máis grande que a dun can normal. As uñas tamén aparecen máis marcadas. As do lobo son máis regulares, o can non vai tan recto, pérdese un pouco.

De tódolos xeitos depende si vai ó trote (vense casi en linea recta, hai sobre un metro de separación), ou a galope (de dúas en dúas, máis pequenas as traseiras).

A imaxen está copiada dos Cuadernos de Campo  do Dr. Félix Rodriguez de la Fuente, concretamente do Caderno dedicado O lobo.

O lobo pode andar nunha noita ata 60 Km. sin cansarse. Pode alcanzar ata 50 Km/h e dar saltos ata de 5 metros.

Repito é dificil distinguila da de un can.

Tamén os seus excrementos nos poden situar o lobo: son de coloración variable, por suposto dependendo da alimentación, pero predominan os tonos oscuros. Normalmente as cagarrutas están nos altos.

Sobre este tema da localización das cagarrutas dos lobos hai un estudio a fondo publicado por Isabel Barja, estudio que se pode ver neste link., e onde proba que os lobos non deixan as cagarrutas por azar, utilizando lugares onde preferentemente se xuntan varios camiños e zonas laterais apropiadas onde se vexa mellor. Realmente moi curioso o traballo. neste link.

 

Hai un link moi interesante Huellas del lobo. con moi boas fotografías, merece a pena.

Salir.

 

 

 

 

 

 

As batidas do lobo en Galicia:

O lobo en Galicia sempre o pasou mal. As batidas do lobo sempre foron unha festa comunitaria e veciñal que unía os pobos dos contornos. ¡¡ Pobre lobo !!.

"Un método por exemplo, que se usaba moito, era deixar un animal enfermo dentro dun foxo e o acudir o lobo caía; o verse atrapado o lobo pasáballe a fame e era frecuente ver ó rixelo e o lobo xuntos e temblando" , así contáse nun  libro como era algunha batida. Dende logo a mín paréceme lóxico que o lobo lle pasara a fame e se pusera a temblar...eu faría o mismo si caera nun foxo onde non podo saír e tuvera conmigo unha galiña...

Sigue decindo o autor que "o lobo tamén se puña estricnina metida en carne que se arrastraba por varios sitios e logo atándoa a unha pedra para que non a anduvera arrastrando ou levándoa fora de control dos que colocaban a estricnina..."

Outro método era o cepo.

En fin hoxe non estamos moi lexos destas salvaxadas, de feito o lobo sigue sendo UN TROFEO INCRÍBLE DE CAZA EN GALICIA.

No dibuxo de Elias Domínguez sacado do seu libro "Camba, un pobo, unha xente , unha historia" , vese un cercado típico da zona, para atrapar os lobos. Explica Elias Dominguez que o lobo e as artes para atrapalo deu lugar na zona de Camba e noutras algúns topónimos como  "O Foxo do lobo" en San Corme de Montederramo, subindo a Serra; "O burato do lobo" e a "Trapa do lobo" en Cascarballo, etc.

Foxo de "cabrita" na provincia de Ourense. Fotografía de David Pérez.

Na provincia de Ourense hai moitos foxos, sobre todo polas zonas da Gudiña e tamén na zona de Bande.

Os foxos poden ser de tres tipos distintos: simples, de cabrita e de converxencia. Este da figura é de cabrita, que é circular. Dentro púñase unha cabrita e o lobo pica na trampa. No de converxencia vese formado por longos murois de pedra que se van estreitando pouco a poco e ladeira abaixo ata chegar o pozo final. As paredes podían ter ata un km. Seica hai un de máis de dous kms. en Arcos de Valdevez en Portugal.

Decir que no foxo o final mátabase o lobo, inda que contan que moitas veces axusticiaban o lobo ?, e logo por suposto o mataban...

-----------------------------------------

No ano 2004 morreron entre 30/50 lobos en Galicia, cazados ou envelenados.

¡Vaia salvaxada!.

Según Luís Llaneza nun artigo publicado en Quercus, Especial Galicia, presenta esta tarta de mortalidade do lobo en Galicia:

A taboa indica que o 64% das mortes de lobos en Galicia son por atropello. (En Galicia morreron, según datos oficiais, 58 lobos por atropello nos últimos tres anos 2000-2003).

A mín chámame moito a atención o 13% de mortes por disparo ilegal...

Ano 2007-2008

A idea xeral hoxe da Consellería de medio ambiente é batidas si é posible non. Indemnizacións sí,  xenerosas e rápidas. Sempre que sexa posible.

 

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

Para saber un pouco máis:

Para saber máis ( Una www sobre o lobo), onde se explican moitos máis detalles sobre este nobre e fabuloso animal.

Gústame moito este link. Signatus.org.

Toda a información sobre o lobo: http://www.wolf.org

Na pista do lobo: http://www.loup.org

Un buen link sobre o lobo. Biología del lobo. Con bon texto  e boas fotografías.

Como esta fotografía.

Esta dirección é a que trae máis información estadística sobre o lobo de tódalas atopadas en Internet. Penso que é básica para os amantes desta especie.

Una sociedad que estudia el lobo a fondo. ASCEL

Unha dirección en Francia, moi cuidada e bonita, merece a pena visitala os que somos amantes dos lobos.

Aquí podes adoptar un lobiño si queres, unha forma de cocienciar a xente.

Tamén este link portugués é moi interesante:

El Grupo lobo. Portugal.

Lobos de Iberia. (moi interesante polo apartado das noticias sobre o Lobo en España) 

Huellas del lobo. Muy interesante y buenas fotografías.

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O ouvear do lobo.

Oir ouvear o lobo pulsar este link e esperar  para escoitar o lobo.

Lobo ouveando.

O lobo ouvea por distintos motivos: ausencia ou separación da manada, reagrupación, búsqueda de compañeros, quedarse rezagados, cando están moi inquietos, en defensa da madrigueira, o despertar, marcaxe de territorio, defensa dunha presa, etc.

As veces tamén producen ladridos de aviso, ollo a esto. Normalmente fanno cando se senten sorprendidos.

Este ouveo foi considerado en Galicia anuncio da morte, asociado á bruxería e o demo. Realmente non é nada desto, o lobo ouvea, a maior parte das veces, porque lle peta...O normal é que o home se lle poñan os pelos de punta cando o escoita...

Saír.

 

 

 

 

 

 

.........

Última hora Galicia.

Cousas dos lobos en Galicia recollidas dende o ano 2000 na prensa galega.

A Voz de Galicia do día 13-10-2000 dedícalle unha páxina completa. Baixo o tituo O LOBO ASOMA OS COLMILLOS.

Os feitos é que se están a declarar moitos ataques atribuidos a lobos:

  • Curtis: dous potros foron atacados.

  • Lugo : duas reses en Outeiro.

  • Fisterra: En Duio varias explotacións gandeiras.

  • Vimianzo: Cabalos de monte Faro.

O certo é que os afectados piden axudas, cousa que me parece ben e ademais que se den as axudas, en tódalas comunidades se dan excepto en Galicia, onde a Consellería de Medio Ambiente non se entera. As axudas teñen que ser rápidas e xustas, penso que é xusto que todos fagamos unha contribución a que esta especie non morra, polo tanto dende este punto de vista son claros estos pagos.

O que estou vendo é unha salvaxada é : o veneno, as trampas, os tiros ilegais, as batidas autorizadas, o feito de que sexa un trofeo de caza e outras animaladas...O lobo, sempre o direi, é un animal noble e que mata para vivir. O lobo ten dereito a vivir nos montes galegos, SEMPRE VIVIU, É A SÚA CASA, E NINGUÉN TEN DIREITO A BOTALO DELA...

O lobo. Un mamífero que debéramos conservar.

Hai que investigar. Anda moito can cimarrón solto. Os cans vanse o monte e teñen que comer... Hai que analizar as dentelladas e as pegadas...

A Xunta está disposta a pagar os posibles desperfectos que poda causar o lobo... (01-01-2005).

Unha boa medida, sempre que leve consigo a conservación deste mamífero marabilloso...

A Xunta (P.P.)  tamén está autorizando batidas, realmente que pouco lle importa a nosa natureza:

"DESPREZO NA CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE

A Xunta extermina o lobo en plena época de cría[20/06/2005 13:18] O lobo (Canis lupus signatus) é unha das últimas xoias superviventes da nosa fauna autóctona, que está sendo exterminada en plena época de cría, coa autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Exemplo disto é o lobo abatido o domingo 8 de maio de 2005 no TECOR de Muras, na Parroquia do Burgo, provincia de Lugo, durante unha batida autorizada, atendendo a uns danos puntuais que non poden servir de xustificación para vulnerar a Lei de Caza de Galicia que dí "...con carácter xeral prohíbese o exercico da caza en época de celo, reproducción ou crianza..."

Guerrilleir@s das Fragas-FEG, solicitou a través dun escrito a declaración do lobo como especie protexida, a compensación económica para os afectados por esta especie e o aumento de servicios de vixiancia antifurtismo.


O feito de que se poidan ver lobos, onde hai décadas non se notaba a súa presencia non é en absouto unha proba do aumento do número destes animais, senón síntoma da degradación dos seus territorios habituais (parques eólicos, repoboacións forestais, roturacións..) e unha clara mostra das dificultades que atopan para sobrevivir. Nos últimos anos houbo dous feitos que afectaron relevantemente á alimentación do lobo: a clausura dos vertedoiros incontrolados e a prohibición do abandono do gando morto no monte dende a crise das vacas tolas.

Non esquezamos que o lobo de ningún xeito é unha ameaza para o home, do que o afasta o temor ancestral que senten de nós os animais salvaxes. Non se coñece nos últimos 25 anos nin un só ataque comprobado a seres humanos. ¿Cántos cáns neste periodo de tempo mataron ou roeron a persoas?. ¿Cántos cabalos ou bestas déron couces? ¿Cántas avellas, avispas ou mosquitos picaron e chegaron a matar? ¿Cántos humanos asasinaron a outros humanos?

GUERRILLEIR@S DAS FRAGAS-FEG"

 

O lobo habita en Galicia, no ano 2005:

O lobo habita as catro provincias galegas, así:

Na Coruña: no Barbanza e no macizo do noroeste colindando con Lugo.

En Lugo: nos Ancares e comarcas próximas así como en zonas altas de Muras, Viveiro, O Vicedo e Coba da Serpe.

En Pontevedra: no Deza.

En Ourense: en paraxes de Valdeorras e nos macizos que lindan con Zamora e Portugal.

Noticias do día 30/11/2005

----------------------------------------------------

O lobo está sendo noticia en Galicia, todo o de medio ambiente está sendo noticia co cambio de goberno.

Polo menos fálanse das cousas e hai proxectos.

Os datos oficiais é que hai 80 camadas con 600 exemplares aproximadamente.

Vaise a unha política que manter o lobo e pagar máis si fai falta.

O ano 2003 31.286 €, o 2004 levou 70.000 €, este ano estarán presupuestados o doble 150.000 € para paliar os danos feitos por lobos.

Ata agora víñase pagando entre 60/70 € por animal morto.

O lobo de tódolos xeitos sigará a cazarse en Galicia, sobre 30/50 lobos se cazaron o ano pasado; pero a novedade é que se fará en lugares apropiados non en todo o territorio.

Os lobos o parecer habitan nos Ancares, Caurel, Trevinca, Xurés, Xistral e Barbanza.

Esperemos acontecementos.

XULIO DO 2006: A LEI DO LOBO EN GALICIA

Por último en xulio do 2006 sae a Lei do lobo en Galicia que intenta frear o declive desta especie na nosa terra. Tamén contentar a cazadores e ganadeiros. Ver un comentario sobre a lei.

 

Ano 2007-2008

Fálase do mismo sobre 400-600 lobos en Galicia repartidos en 60-80 manadas.

A idea xeral hoxe da Consellería de medio ambiente é batidas si é posible non.

 Indemnizacións sí xenerosas e rápidas. Sempre que sexa posible.

De feito están previstas no ano 2008 100.000€ para estas indemnizacións.

Esta é a estadística:

 

Ano Ataques € indemnizacións
2003 137 31.286
2004 162 40.000
2005 178 28.178
2006 243 50.104
2007 302 79.104
2008 ? 100.000 ?

A nova lei, datos que aparecen na Voz de Galicia do 15/01/2008 prevee máis cartos para os ataques, de feito pagarán por o seguinte:

Animal morto Euros
Ovella 103
Cabra 109
Vacuno 1.210
Potro 495
Cabalo 600

O que ocurre é que serán máis estrictos e haberá investigacións, para ver si son ou non ataques dos lobos,  xa que estos anos atrás houbo moita picaresca, de feito no 2007 soio se pagou  o 81% do denunciado e no 2006 o 40% ou sexa o resto foi picaresca e mentiras.

 

Sair

 

 

 

 

 

 

 

 

Outros estudios sobre o lobo.

Outros estudios sobre o lobo (03-12-2000).

 

Sair

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Accidentes en Zamora:

Na fotografía (sacada da revista Quercus do mes de Febreiro) un lobo morto na autovía Benavente-Rías Baixas. A verdade é que o tramo de Benavente a Requejo  é un auténtico desastre para as personas, xa van varios mortos e tamén varios mamíferos que perden a vida: xabaríns, corzos, lobos e incluso unha vaca. Esto demostra varias cousas, unha, que os pasos feitos para a fauna non cumplen a súa misión e dous, que o vallado é un desastre e debera correxirse. Seica o Ministerio de Fomento prometeu doble vallado na zona, pero de momento nada.

En algúns paises está medida a influencia da rede viaria na mortandaz de lobos e trátase de números moi elevados.

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

Máis cousas:

Fotografía de J.F. Mingorance. Revista Biológica Abril 2001.

¿Sabias que...?.

O lobo pode responder a ouveos simulados...pois sí.

Utiliza os excrementos para marcar o seu territorio... o normal é que os deposite en cruces de camiños e cortafogos, lugares onde sexa doado dar con eles.

Resulta moi, moi dificil observalo xa que ten moita, moitísima habilidade para pasar desapercibido en calquera medio, dou fe.

------------------------------------

Hai unha cousa curiosa sobre lobo e a súa caza: non caza nos terrenos onde cria. Respeta uns cantos kms.

Este feito aparece escrito no libro "Tras la senda del lobo" de Ramón Grande del Brío, un dato moi curioso e contrastado.

"O lobo onde pare e ten as crías non ataca os animais domésticos, por aqueles arredores. Según Ramón Grande e Manolín (Manuel Gallego), dous expertos en lobos, o lobo con esta actitude quere enganar e desorientar os pastores e ganadeiros, polo menos é o que intenta. O lobo é moi intelixente."

---------------------------------

 

O grupo ecoloxista CICONIA Tlfno: 980 620 473 e - mail : ciconia@eims.net organiza salidas pola Serra da Culebra, en Zamora, para ver o lobo e coñecer o seu habitat, estas excursións están complementadas con cursiños sobre a especie. Chama, merece a pena...non se aprecia o que non se coñece. Faite amigo do lobo...merece a pena.

 

------------------------------------------

Sabias que o conto da Caperucita e o lobo foi e sigue sendo unha barbaridade que marcou a nosa xeneración....¡vaia animalada!

Mira este link onde unha nena explica a salvaxada que representa ese conto.

O novo conto de caperucita e o lobo.

 

Gústame moito este link. Signatus.org.

Sair.

 

 

 

 

 

 

Nota1: moita información está sacada do libro "El lobo" de Jean-Marc Landry. Ediciones Omega 2004.

Nota2: outra información básica está sacada deste cuaderno que é toda unha xoia.

Cuadernos de campo:

Félix Rodríguez de la Fuente foi para miña xeneración unha persoa a que lle debemos moito. Os seus Cuadernos de campo, son unha autentica xoia,  inda hoxe. Dende esta páxina, estés onde estés, quero decirlle ¡moitas grazas Félix, en nome da natureza!.

Deste Cuaderno saquei información moi valiosa, procurando sempre respetar o autor (O Cuaderno está cheo de datos con dibuxos de todo tipo que por suposto non están reproducidos nesta ficha...)

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

Eu tamén amo os lobos.

Unha barbaridade  sobre os lobos figura na "Guía de Turismo Cinegético en la Provincia de Ourense", supoño que legal, pero non deixa de ser unha barbaridade.

No ano 2004 morreron entre 30/50 lobos en Galicia.

¡Vaia animalada!.

Estou en contra da caza do lobo, e moito menos si hai polo medio trofeos, negocios, etc. Podo admitir a caza do lobo para mellor conservación da especie (control de nº de lobos por zonas, etc.). Pero o resto é matar por matar, nin tan siquera se aproveita, soio é un trofeo, e eso non o podo admitir.

Fotografía de Manuel Gonzalez, sacada da revista "Jara y sedal" de decembro do 2006.

Reproduzco o que dice nesa revista Juan Cano, un lobeiro de pro, vamos, un entendido na caza do lobo. O artígo, xa avanzo, pode ferir os visitantes da miña páxina, a maioría nenos galegos,   pero penso que é básico para entender determinadas cousas. Por outra banda Juan Cano está totalmente a favor de que o lobo se conserve en España e viva nas nosas montañas, como explica no artigo.

Sobre la caza del lobo

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Lobo en Galicia: Felipe Bárcena.

(Un estudio a fondo sobre o Lobo en Galicia. Felipe Bárcena é un naturalista que leva, que eu sepa, moitos anos estudiando os lobos en Galicia, de feito xa polos anos 70 enviaba os seus datos a Estación Biolóxica de Doñana)

1. EL LOBO EN GALICIA Por FELIPE BARCENA

1.1. INTRODUCCION

Galicia es una región densamente poblada y tiene un medio natural severamente transformado. Con 29.434 km2 y casi 2.800.000 habitantes, su densidad media de población (94,6 habitantes/km2) es superior a la media nacional. No obstante, la densidad de población y la presión antropógena disminuyen gradualmente hacia el este de la Comunidad. Así, todos los ayuntamientos de las sierras orientales (Ancares, Caurel), surorientales (Queija, Eje) y del norte de Lugo (Gistral) tienen densidades inferiores a 20 habitantes/km2. En la mayor parte de la Galicia central, la densidad oscila entre 21 y 60 habitantes/km2, mientras que la parte occidental está mucho más densamente poblada, superándose los 300 habitantes/km2 en algunas áreas de las provincias de Pontevedra y La Coruña. Por otra parte, en toda la región la población humana se encuentra muy dispersa; de hecho, Galicia tiene, por término medio, un asentamiento de población/km2 (Torres, 1989), lo que hace difícil encontrar amplios espacios deshabitados.

Más del 46 % de la población gallega se dedica a la agricultura y la ganadería. En 1986, la cabaña ganadera estaba constituida por 1.150.000 cabezas de vacuno, 310.000 de ovino, 85.000 de caprino y 75.000 de caballar (Torres, 1989); de estos últimos, unos 44.000 ejemplares viven en estado salvaje (Bárcena, 1987).

Galicia participa de dos dominios florísticos, el atlántico de la región eurosiberiana y el carpetano-ibérico-leonés de la región mediterránea (Torres, 1989). No obstante, el paisaje está altamente transformado por la acción del hombre, que ha creado un medio heterogéneo y muy compartimentado. El corzo y el jabalí son abundantes en la parte más oriental de la región, ramificándose a medida que avanzamos hacia el oeste. Ambas especies han aumentado considerablemente en los últimos quince años; el corzo se ha incrementado en número, y el jabalí ha ampliado además su distribución. El primero se encuentra en toda Galicia exceptuando el cuadrante suroccidental y el segundo falta sólo de pequeñas áreas del cuadrante noroccidental.

La situación del lobo en Galicia ha sufrido notables variaciones a lo largo del presente siglo. El lobo aumentó en la región a partir de los años cuarenta, al menos en su parte occidental. Tras la Guerra Civil, la especie se estableció en muchas zonas de La Coruña y Pontevedra, donde antes era rara o inexistente. Antes de 1970, el lobo era objeto de sañuda persecución, hasta que la entrada en vigor de la Ley de Caza -que pasaba a considerarlo especie cinegética- supuso un alivio para el cánido, aunque de escasa duración. En 1974, tras la muerte de dos niños en Orense que fue atribuida a una loba, la persecución se recrudeció, y a finales de la década de los setenta, se pudo comprobar una disminución en los macizos orientales y, sobre todo, en el centro de la comunidad (Bárcena, 1979, 1987).

El objeto de este trabajo es dar una visión a