Canis lupus. O Lobo. (Lobo)           

 

Lobo ouveando.

O lobo ouvea por distintos motivos: ausencia ou separación da manada, reagrupación, búsqueda de compañeros, quedarse rezagados, cando están moi inquietos, en defensa da madrigueira, o despertar, marcaxe de territorio, defensa dunha presa, etc.

As veces tamén producen ladridos de aviso, ollo a esto. Normalmente fanno cando se senten sorprendidos.

Eso de que os lobos ouvean a lúa é un conto. A xente inventa moito. As últimas investigacións poñen de manifesto o dito no primeiro punto, como moito chegan á conclusión de que si un lobo deixa a manada é probable que ouvean máis uns días. Revista Current Biology, artigo do Centro de Ciencias do Lobo en Austria.

Fotografía José María Fernández Díaz- Formenti.

Este ouveo foi considerado en Galicia anuncio da morte, asociado á bruxería e o demo. Realmente non é nada desto, o lobo ouvea, a maior parte das veces, porque lle peta...O normal é que o home se lle poñan os pelos de punta cando o escoita... De tódolos xeitos non ten nada que temer deste gran mamífero, intelixente, moito máis que algúns cazadores que lle dan morte...

Está de moda oir ouvear o lobo e a verdade que debe resultar impresionante o tema, en plena noite e sin máis cousas...impresionante.

Os interesados poñerse en contacto con:

 

O grupo ecoloxista CICONIA Tlfno: 980 620 473 e - mail : ciconia@eims.net organiza salidas pola Serra da Culebra, en Zamora, para ver o lobo e coñecer o seu habitat, estas excursións están complementadas con cursiños sobre a especie. Chama, merece a pena...non se aprecia o que non se coñece. Faite amigo do lobo...merece a pena.

 

Saír.