Canis lupus. O Lobo.

O lobo, por sorte, inda vive en Galicia, pero cada día teno máis dificil. De momento a lei do lobo trata de que viva na nosa terra e non perdamos este marabilloso can.

 (Actualizado o día 01/08/2006)

Pero esta lei xa ten alegacións: Ver a lei do lobo e as alegacións.     

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A lei do lobo en Galicia. 24/07/2006.

Fotografía de Antonio Vázquez. Fotógrafo da natureza Asturiana. Sensacional.

O lobo. Un mamífero que debéramos conservar.

Lei do lobo

O plan de Xestión do lobo en Galicia contará finalmente con tres zonas para regular o control desta especie que en Galicia inda non está ameazada de extinción.¡Por sorte!

No dibuxo anterior que firma C.V. aparecen as tres zonas que dende xa existirán en Galicia para regular o lobo.

A zona 1: poderán facerse batidas ou recechos, pero sempre controladas, entre octubro e febreiro. O fin é controlar o lobo como especie cinegética. Os cazadores deberán realizar un plan para controlar o lobo nas serras determinadas.

Na zona 2: soiamente se poderán facer batidas sempre e cando existan danos claros e demostrados.

Na zona 3 que é o resto: o lobo debe campar como dono e señor do territorio.

O director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, abogou por romper os tópicos e falsedades que hai sobre o lobo e dixo que se compromete a facer campañas de divulgación sobre o lobo como especie emblemática de Galicia e de gran valor patrimonial, pero controlada.

¡Enhoraboa!. Polo menos temos algo.

Nota: esta información está sacada do diario A Voz de Galicia do día 24 de xulio do 2006.

 

Alegacións do SGHN.

Resumen de alegacións do SGHN:

(13 de octubre do 2006).

1 – O proceso de exposición pública presenta defecto de forma.
2 – O documento non aporta (ou descoñece) información científica.
3 – O documento só contempla directrices de xestión referidas ó aproveitamento cinexético.
4 – Existen importantes discrepancias entre a avaliación de poboación feitas polos redactores do Plan e polo equipo de Felipe Bárcena, quen realizou os censos anteriores.
5 – Discrepancias cós “criterios de zonificación de distribución do lobo en Galicia” polos que se estableceron as categorías de densidade, baseándose nunha comparación coa densidade media en Castilla León.
6 – É un plan xestado para a caza do lobo.
7 – A realidade desminte a abondosidade de lobos.
8 – Nin a anterior Consellería de Medio Ambiente ni a actual Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible están a aplicar a recomendación feita polo Valedor do Pobo a partires dunha demanda de amparo feita pola SGHN no ano 2002.
9 – O “Plan de Xestión Caza do Lobo de Galicia” non garante que as concesións de “aproveitamento cinexético” se vaian facer con criterios científicos, obxectivos e rigurosos.

Sair.