O libro "Lobos, lobas e lobishomes" de Xosé Ramón Mariño Ferro é un libro que trata sobre contos na literatura popular galega sobre o lobo, non é un libro sobre o lobo, é un libro sobre o que dí a sociedade galega sobre o lobo.

Os seus capítulos non deixan lugar a dúbidas : O lobo como animal feroz, os contos da Lupa ou Loba, relatos sobre persoas que se transforman en lobos, contos sobre os que o lobo é inocentón e estúpido. Un libro que merece a pena leer, un libro precioso.

Poño a continuación un conto, dos moitos que trae o libro.

-------------------------------------------------------------------

O gaiteiro.

Un gaiteiro volvía da foliada. Era noite pecha e o home ía cargado de medo. O sono vencíao e deitouse a dormir munha morea de folla. Mentras durmía veu un lobo e tapouno moi tapadiño, como adoita facer coas presas que garda para mellor ocasión. E logo subiuse a unhas penas a chamar polos seus compañeiros. Niso o gaiteiro acordou e, consciente do perigro, agatuñou a un carballo. Pouco despois chegaron os lobos e empezaron a escaravellar na folla. Ó non encontraren o banquete que esperaban, empezaron a rifar con aquel que os chamara.

-¡Ai, Demo, e non no meu lombo!- escapóuselle ó home na cima do carballo.

Os lobos ollaron para riba e, ó descubriren o gaiteiro, puxéronse a cava-las raices da árbore coa intención de derribala. Cando xa estaban a pique de conseguilo, o gaiteiro logrou pasar, de póla en póla, a outro carballo. Carballo que tamén intentaron facer caer-los lobos escarvando a toda présa. Cando xa lles faltaba pouco, o home, véndose perdido, pois non había cerca máis árbores nas que refuxiarse, pensou en despedirse da gaita. E velaquí que non ben comenzou a tocala, as feras fuxiron como centellas. Entón o gaiteiro baixou do carballo e foi tocando ata chegar a casa.

-------------------------------

 

 

Saír.