OS FOXOS DO LOBO

(A caza do lobo na cultura popular). Dávid Pérez López.

 

Sensacional libro de Dávid Pérez López que foi presentado en Castro Leboreiro (marabilloso  lugar da Raia) o día 5 de marzo do 2011.

Na fotografía están Pablo Quintana, Dávid Pérez, o autor do libro,  e Celso H. Barba.

Sobre o libro decir unhas cantas cousas, en primeiro lugar que chama moito a atención pola calidade do libro en si, excelente papel, excelente fotografías, pero é que,  profundizando un pouco convírtese nunha auténtica xoia para os que amamos todo o relacionado co lobo. Tanta xoia que, a pesares do precio, que non o vou a decir pero que me fixo pensar moito a compra, o libro figura na miña estantería, e non para mirar para el, dende o mes de febreiro que o merquei en Ourense na librería Torga.

O traballo de campo é marabilloso e penso que me quedo corto.

No libro faixe unha introdución ó lobo, as súas características, e as causas da súa regresión, pasando por un capítulo dedicado  o lobo e as súas relacións coas comunidades rurais para llegar as batidas e o estudios dos foxos. Aparecen estudiados non so foxos de Galicia si non tamén de León e do Norte de Portugal, así como Cantabria, Asturias, Burgos e o País Vasco. Os foxos son estudiados dende todos os puntos de vista,  os datos físicos así como o que  suposo para os pobos a súa construcción. Unha marabilla....

Todo o libro resalta a admiración que o autor sinte polo lobos, admiración que comparto.

No que sigue porei simplemente algúns datos deste marabilloso libro, na seguridade de que con eles a miña ficha sobre o lobo vai gañar moitos puntos.

Ver un pequeno resumen dalgúns temas do libro, copiados para ampliar a miña ficha do lobo.

(Son consciente da copia de fotografías e dibuxos que estou a facer, que claramente teñen dono. Si hai algún inconvinte este é o meu email e non teñen máis que avisarme e retiro o que queiran. De tódolos xeitos creo que non me pasei moito na copia de documentación...)

 

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS FOXOS DO LOBO

(Buracos no chan, realizados polo home como trampa para a caza de lobos)

No debuxo de paco Boluda vese unha escenificación do punto final dunha corrida de lobos...

No dibuxo vese un foxo de converxencia.

 

As batidas do lobo aparecen documentadas na historia (no medievo, mosteiros, igrexas, casas mobiliares e realengos teñen documentación dabondo), como batidas, corridas ou monterías. No libro faixe distinción entre as de recreo ou deporte e as comunais, que eran obligatorias e moitas delas perfectamente documentadas. O libro fai un repaso de moitas delas, incluso da figura do monteiro maior. O feito de que algún pobo se negase a participar era motivo de sanción.

Para entender estas batidas é simplemente porse na pel daquela xente que tiña unha dependenza  o cen por cento do campo e o gando; o feito de que o "Xan" lles levara unha ovella era un golpe duro...Por outra banda a igrexa, sempre lle deu o lobo a imaxen do demo o que explica que este odio chegue inda ata hoxe.

Nas batidas todos os pobos, traballando conxuntamente facían que o lobo fuxira cara o foxo situado a varios kms. o final o lobo  precipitábase no recinto que se ve no dibuxo onde era axusticiado ben  coas bisarmas ou chuzos e a pedradas. As veces entraban no lugar, por medio dunha porta, os máis valentes dos pobos e loitaban con el. Tamén botaban os cans mastíns o lobo.

Hoxe as batidas son unha cousa parecida pero nos pasos dos sitios hai xente apostada con escopetas que rematan co lobo de varios tiros.

A maior parte das veces os lobos neste paseo morrían de infarto. Non me estrana...

 

As veces remataba o conto co lobo ou loba apresado e recorrendo os pobos da bisbarra, coma neste caso en Lubián, paseando, neste caso a loba.

Seica ese mismo día esta loba que estaba viva, foi baixada do burro e malpariu seis lobeznos, sin dúbida a consecuencia da paliza que levou.

Pasado o incidente seguiu a exhibición.

Esto está documentado e escrito. Lubian 1949.

Moitas veces o lobo/a era xuzgada, os castigos eran: coserlle a boca con fío e agulla de zapateiro. Lanzalo a furia dos cans, despois de romperlle unha pata ou outras barbaridades...

Tamén fai o libro unha referencia os pagos como trofeos a todos os que mataban lobos. Esta práctica fíxose ata non hai moito. Na época de Franco había Xunta para instinción de animais dañinos, entre os que se atopaba o lobo. O lobo estuvo a punto da extinción.

Menuda incultura...

Dibuxo dun foxo simple.

Hai varios en Ourense como o "Curro do lobo" en Manzaneda.

 

Hai moitos tipos de foxos, algúns según os autores do libro moi difíciles de localizar.

Foxos simples. Difíciles de localizar hoxe. Están tapados e ademais con moita vexetación algúns.

Foxos de converxencia. Hai moitos sobre todo no Xurés-Gerés.

Foxos de doble converxencia ou dobre pozo.

Foxos en cruz.

Foxos de cabrita.

Foxo de Converxencia. Dibuxo de Paco Baluda.

Mapa do "Foxo do lobo de Santa Cruz", no mapa está dibuxado o foxo cun trazo  en V con puntos...

"Foxo do lobo de Santa Cruz".

Arriba unha fotografía dunha das paredes e abaixo como se ve en Google Earth dende o aire.

Foxo de Doble Converxencia. Dibuxo de Paco Baluda.

Foxo de Cruz . Dibuxo de Paco Baluda.

Foxo de Cabrita. Dibuxo de Paco Baluda.

Interior do Foxo de cabrita, ver as lousas, chamadas capeas,  que van facer imposible saír.

Os foxos de cabrita que tiñan a forma circular e que se chaman así xa que dentro puñan o reclamo , por exemplo unha cabrita.

Estos foxos tiñan un fácil acceso para o lobo e unha imposible saída. De feito rematan coas capeas,  losas planas que entran no interior, co cal é imposible saltar do interior para fora.  O lobo a maior parte das veces nin tocaba a cabritiña xa que o darse conta de que non podía saír arrimábase a parede e non facía máis que esperar a súa morte.

Abonda este tipo de construcións, pero máis en Asturias e castela-León.

Por suposto tamén en Ourense e Portugal.

Na Serra do Xurés ainas en Lovios e Muíños.

Volver