Canis lupus. O Lobo. (Lobo)

REFRÁNS  SOBRE O LOBO

Fotografía de Gerard Lecomte e Bernard Dumort. Sacada do libro Lobos. mitos e lendas.

Son  algúns, a fonte é internet e outros están sacados  do libro "Lobos mitos y leyendas. El lobo en la actualidad"  de los autores Gérard Lecomte y Bernard Dumort:

"Na terra de lobos ouvear como todos", este refrán indica que hai que adaptarse como un poida o que se ve tódolos días.

 

"Si o lobo che da medo, non vaias o bosque" , este seica é un refrán ruso que fala de que debemos ter prudencia sempre.

 

"O lobo ten a forza de un home e a astucia de doce", este refrán indica o que xa sabemos sobre o lobo, é moi forte e dende logo coñece o terreo onde se move moito mellor que moitos  homes xuntos.

 

"Xuntanza de lobos, ovella morta", os pastores saben moi ben deste refrán, si hai ovellas polo medio e unha manada de lobos preto do lugar hai que tomar moitas precaucións, o rebaño pode ser qatacado...

 

"Toda carne come o lobo, menos a súa que a lambe", este refrán indica o que xa sabemos sobre o lobo, come de todo si o deixan...

 

"Lobos dunha misma camada non se traban", está claro traducido as persoas os amigos ou a familia en xeral non van loitar entre eles. Ou sexa si hai intereses por medio os amigos non pleitean ou defendénse uns os outros.

 

"Cando o lobo vai roubar, lonxe da súa casa vai cazar", pois is que é certo o lobo nunca caza onde nacen os seus fillos. Cousa curiosa.

 

"O que o lobo fai, a loba non o desfai", outro tema de xerarquías, o que pasa que tamén se podería decir e viceversa entre os lobos alfa.

 

"En febreiro sete lobos o carreiro", eu penso, non estou seguro, que a partir do mes de febreiro os lobos intensifican a súa caza en grupo.

 

"Mal lle vai á ovella que co lobo se aconsella", este é o típico refrán catalogado como de abogados, non se vai un aconsellar co abogado do inimigo. Poden ampliarse a xente que non sexa abogado.

 

"O lobo irmán con lanza na man", refírese os antiguos foxos de lobos os que se acudía coa lanza na man para darlle morte o lobo.

 

"A mal pastor, lobo cebado", efectivamente pastor de ovellas  que non cuida  o seu  rebaño perderá, por lóxica moitas ovellas. (refrán francés)

 

"O lobo irmán con lanza na man", refírese os antiguos foxos de lobos os que se acudía coa lanza na man para darlle morte o lobo.

 

"O lobo non teme o can do pastor, sinon o colar de clavos", efectivamente os lobos non temen o mastín de por sí pero si o mastín con colar. Hai en definitiva que ser precavidos.

 

"A cabra chamou o lobo, e soio conservou a barba e os cornos",  refrán ruso sabio. Si chamas o teu inimigo para que che bote unha man, da por perdida a causa...

Saír.