Canis lupus. O Lobo.

O futuro do lobo.

Un comentario de Felipe Bárcena que aparece nas publicacións  de Ridimoas no 2006.: Ver o artículo.     

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 O FUTURO DO LOBO.

Fotografía de Antonio Vázquez. Fotógrafo da natureza Asturiana. Sensacional.

O lobo. Un mamífero que debéramos conservar.

 O LOBO NO RIBEIRO

      Dende tempos antigos o lobo sempre foi un habitante salientable do noso país, tanto, que moita xente o coñecía por Xan. Centos de historias, lendas, contos e refráns testimuñan a súa importancia na nosa cultura. No Ribeiro algúns topónimos lémbrannos, que non hai moito tempo, os lobos frecuentaban a bisbarra. De feito, no diccionario do Coronel Madoz, publicado en 1845, referíndose a parroquia de Abelenda das penas lemos "se encuentran muchos lobos", mencionando asi mesmo a presencia dos lobos noutras moitas localidades da comarca. "A loba" en Castrelo , "o salto do lobo" en Leiro  ou incluso "o toco do lobo"  no mesmo bosque de Ridimoas, suxírenos que aínda poderíamos atoparnos con el en calquera revolta do camiño. E así fora hai pouco tempo. Entre os anos cncuenta e aitenta os lobos frecuentaban O  Ribeiro, incluso as terras baixas, atraídos polos despoxos que xeraban as granxas de pitos. Nembargantes, a implantación de medidas sanitarias para o cntrol dos despoxos, privoullos do alimento, xa que, daquela, era a única clase de facenda na bisbarra. No inverno de 1981, no límite do Concello de Leiro có bosque de Ridimoas, foi morto, por un cazador de coellos, o último lobo ribeirán. É o mesmo que a pedra de chame A loba e o rego O Toco do lobo, están mudos. Hai tempo que non pasa O Xan.

      Neste intre, na meirande parte de Galicia, o lobo atópase nunha situación semellante á que se atopaba no Ribeiro a piques da década dos setenta. O selado de basureiros, o control das reses mortas e a paulatina desaparición do gando ceibo do monte, estanlle a privar das tadicionais fontes de alimentación na rexión. Don Eladio Rodriguez, no seu diccionario enciclopédico, recolle o refrán O lobo non come da carne que quer, senón da que houber". Toda esta problemática, agravada pola intención da Xunta de Galicia de sacar adiante o chamado "Plan de Xestión do lobo en Galicia" (D.O.G. nº 166, de 29 de agosto do 200) no que as únicas diretrices de xestión que contempla refírense a súa explotación sinexética e ó seu control de danos, supoñen un grave risco para a súa supervivencia. ¿Qué será do noso Xan?. ¿Voltará ó Ribeiro?

Felipe Bárcena.

-------------------------------------------------------------

Nota da Directiva de Ridimoas: Felipe Bárcena é un gran coñecedor do lobo na nosa comunidade autonómica e presentou alegacións contra o Plan de Xestión do Lobo en Galicia, fundamentadas no rigor científico das súas investigacións ó longo de moitos anos.

-------------------------------------------------------------

Texto sacado das publicacións da "Asociación ecolóxica cultural Ridimoas" deste link http://www.asociacion-ridimoas.org

 

Sair.