Inimigos do lobo hoxe. 2014

 

O principal inimigo do lobo actualmente é o home, esto para mín non ten dúbida.

O lobo cada vez vai a menos e hai moitas causas; estas son algunhas moi claras:

  • Tiros de escopeta (72% das mortes de lobos en Galicia). Caza controlada e incontrolada. Batidas. Sigo sin entender como o lobo sigue a ser unha peza de caza. Entendo o das batidas controladas xa que as veces son imprescindibles, pero nunca entenderei a caza pola caza deste animal única en Galicia. Hai moito furtivo que dispara a calquera cousa, por suposto o lobo si se pon a tiro..

  • Cortes coas estradas e vias de comunicación o que vai producir aislamento entre as distintas familias de lobos. As estradas fanse sin ter en conta os pasos adecuados para lobos e demais especies que se moven no monte.

  • Os incendios forestais,

  • Cepos e demais ( ata un 17% é unha porcentaxe moi elevada).

  • Carne envelenada en sitios determinados (5,3% é unha porcentaxe moi alta tendo en conta a barbaridade que supón poñer carne envelenada, xa que poden morren cantidade de animais, non lobos precisamente).

  • Atropelos (4,4% dos lobos morren en Galicia popr atropelos nas estradas).

  • A falta de pezas salvaxes que vai incidir en que para comer utilice as outras co conseguinte efecto entre a poboación  da xente que teña gando e que o ve afectado; o rechazo é claro. Está claro según os estudios, por exemplo, de Isabel Barja, que o lobo prefire animais salvaxes a domésticos. (Ver o estudio nesta páxina web)

  • O mal das vacas tolas e as medidas que se tomaron coas reses mortas. A dependencia do lobo co home é un dos seus graves problemas.

  • Pelexas entre eles. Descoñezo este dato.

  • Os cans asilvestrados son tamén un problema para os lobos pola imaxen que crean de confusión.

  • A proliferación de Parques eólicos co conseguinte desbroce dos montes, pistas, etc. Estase a facer, seica, un estudio deste tema e esperemos os resultados. Dende o meu punto de vista os Parques eólicos fan que os lobos non estén nese lugar e polo tanto a acumulación onde non os hai sexa superior. Polo tanto si que influe.

  • A pouca ou nula concienciación do que supón ter o lobo hoxe en Galicia dende o punto de vista turístico.

  • A pouca ou nula colaboración da Xunta de Galicia (2014) que non actúa rápida no tema de ataques de lobos o gando. Tarda as veces ata seis meses en pagar. Así non vamos a ningún lado...

Estas son algunhos dos inimigos actuais do lobo en Galicia. Seguro que hai máis causas.

Eu penso que é perfectamente compatible en Galicia vivir con lobos no noso monte, esos si os xustos,  que non creo que sexa moi dificil de calcular. Para elo evidentemente hai que ter os animais salvaxes suficientes en disposición, tampouco creo que sexa moi dificil e por suposto no caso de que o lobo mate gando de todo tipo acudir inmediatamente a socorrer o gandeiro ou familia pagando o xusto, pero sin esperas. Xa sei que aquí hai moita picaresca, pero hoxe hai métodos dabondo para saber si a morte é por lobo ou non.

Sempre o dixen e seguirei decindo: "o día que o lobo non esté connosco, Galicia, a súa natureza,  non será a misma."

 

Saír.