O que sigue non está publicado nada máis que no libro das miñas lembrazas, no libro das miñas andainas polos ríos de Galicia, pescando as troitas, un peixe o que lle teño o máximo cariño e o máximo respeto, un peixe a punto de desaparecer do noso mapa, un peixe que debemos cuidar. ( A fotografía sensacional de Carlos Sanz, é a perfecta para miña historia).

-------------------------------------------------------------------

O lobo do Barbantiño. ¡¡¡ Que mal o pasei...!

Un lobo no río Barbantiño.

   Aquel día volvía dunha xornada de pesca da troita no río Barbantiño, preto de Barbantes (Ourense), o auténtico, o de Ourantes, non Barbantes Estación. Era media tarde dun día calquera do verán de 1974, casi a noitiña, nun camiño na marxen esquerda do río Barbantiño. Moi preto da casa do Celsiño e da Pepita, dous bons amigos que viven na zona. 

       Facía cinco minutos  que sonara un tiro, un tiro de escopeta, non moi lonxe. Polos meus miolos pasou a imaxen do lobo; aquelos días a prensa non facía máis que falar dos lobos, atacaran a un meniño en San Ciprián ( Ourense), a xente vía lobos por tódolos sitios, falabase de si serían cans salvaxes, os cans que soltara a famosa Pide, despois da revolución dos Claveis en Portugal, cans que pasaran a Provincia de Ourense, toda unha serie de historias que estaban nos periódicos e na cabeza da xente. Eu non era menos...Deixara de pescar o río Arnoia en Pontegrande ( preto de San Ciprián, onde ocurriron os feitos cós lobos) por precaución, non era que lle tuvera medo os lobos, pero si precaución e respeto...

      De súpeto, ó pasar unha volta no camiño, quedei petrificado, a sete  metros de mín apareceu un lobo enorme, eu había visto lobos de mozo alá por Randín, na Veiga de Calvos, xunto a capela de San Antonio, o pasar pola noitiña no coche de liña da empresa "Corderí", pero este era moito máis grande, e estaba moi preto de mín. O lobo quedou parado, mirando fixamente para mín, sorprendido, pareceume temeroso, pero logo vino  disposto a todo, non deu marcha atrás, desafiante, prepotente, seguro de si mesmo e das súas forzas... Pola contra, eu púxenme a temblar, notaba que o corazón latía moito, moitísimo máis forte que de costume, as pernas non eran as mesmas de facía un anaco,  e tomei precaucións, sempre levaba un gran coitelo conmigo, saqueino, deixei a cana de pescar a un lado e púxenme no medio do camiño, disposto a todo, eu dende logo sabía que ó iba pasar mal, pero o lobo tamén, estaba disposto a todo.

     Foron dous, tres ou catro minutos, non sei,  os que estuvemos estudiando a situación, dende logo non sei as ideas que pasaron pola mente do lobo, sei as ideas que pasaron pola miña cabeza, os cálculos que fixen para facer frente e sair airoso da situación, era a miña vida contra a vida do lobo, e dende logo eu tiña claro quen iba perder...o lobo por suposto.

    O lobo recuou un pouco hacía atrás e nese  intre apareceu o seu dono, era un can, un gran can, un pastor alemán ou algo similar...

    Paseino mal.

    Sei que o can tamén...

O lobo do río Barbantiño en Ourense.

Can moi parecido o que me atopei no río Barbantiño.

Saír.