|
A cor da
súa capa : |
Cor da capa do burro
fariñeiro:

Cor : O burro fariñeiro
galego típico ten a capa torda (pelo mesturado de branco e negro) ; de
feito o máis normal e a cor tirando a negra en todo o corpo agás no ventre, fuciño
e boca e contorno dos ollos.

Este é o burro fariñeiro.
Por suposto a capa do burro pode variar moito, sirvan
como mostra estas fotografías, sacadas de www de internet:

Fotografía sacada dunha
www francesa.
Esto é o producto das mezclas de raza.

Foto curiosa sacada de
internet, descoñezo o autor.
Entendo que o burro fariñeiro auténtico, os poucos que
quedan en Galicia teñen a capa negra, pero haberá de todo.
En castelán chámanse rucios os burros de cor parda
clara ou abrancazada. Así, é un
rucio o burro da dereita da fotografía.
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
| Habitats: |
Habitat
do burro fariñeiro:

A burra fariñeira "Cuca" de 8 anos.
En Galicia o envellecemento da
poboación rural , xunto coa progresiva mecanización da sociedade, hoxe
hai moitos tractores e moitos pascualines, fixo
que a poboación de burros sufrise un descenso incrible nos últimos anos.
De feito pasou de 26.000 burros nos anos oitenta a 7.000 actualmente.
Fai dez anos non había pobo de
Galicia no que non se viran burros, hoxe hai moitos que non dispoñen de
ningún.

O meu compañeiro e
amigo Xosé Antonio Mourín, facendo un alumiño
a un burro en Vilariño frio. O burro parece da raza zamorana-leonesa.
Realmente o burro pode vivir en
calquera lugar; gústalle moito a calor; nas zonas frías de Galicia
vólvese perezoso e lento.

A burra fariñeira "Cuca".
O seu habitats polo tanto estaba
claro, calquera pobo, en calquera casa tiñan un burro.
O burro non era nada esixente e cun
cortello sencillo podía vivir perfectamente. Un pouco de herba, sacalo
de vez en cando a tomar o aire e listo.
Eso si, o burro non é de estar na
corte todo o día, quere libertade. Aire libre e calquera lugar para
pastar. Si preto do lugar pasa unha burra será o animal máis feliz do
mundo e orneará, moito, moitísimo.
O burro non é moi esixente a hora
de comer, calquera vexetal lle vale, incluso plantas espiñosas sobre todo
os cardos. Tamén pode comer ortigas. Pero o que máis lle gusta é a herba
e a palla.

É moi esixente coa bebida, xa que
quere augas limpas e sin contaminar. A verdade é que de burro ten moi
pouco...
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
O burro en Galicia, setembro de 2006: |
O burro fariñeiro na
Galicia actual:

Actualmente hai
7.000 burros fariñeiros
(setembro do 2006) en Galicia. Hai
20 anos había 26.000. O estudio feito que aportan estos datos débese á Universidade de Córdoba. Fontes galegas falan que a finais dos anos
90 había sobre 12.000 burros en Galicia. Quizás estos últimos datos
sexan os máis correctos.
Os burros concéntranse
especialmente en Galicia en comarcas como Ferrolterra, en Corón (entre
Vilagarcia e Cambados) e en Tui (Baixo Miño). A proporción con respeto ó
ganado cabalar sería de 4:1, tendo en conta que en Galicia había
denantes dos incendios de agosto sobre 24.000 cabalos.

Dicen que somos a comunidade con máis
burros de toda España, e non estou de coña. É certo.
En España seica hai actualmente 60.000
exemplares cando hai 10 anos había 1.500.000. Moitos burros pasaron
polos matadeiros, polos zoos, ou se venderon ou abandonaron. Unha magoa...
Está claro que o burro é un animal
que foi a menos en Galicia e por suposto no resto do Estado, pero a razón é que foi
sustituido polos tractores e as "pascualines". O burro xa non se precisa e molesta na casa.
A xente foinos vendendo ou incluso abandonando. Esa é a triste realidade.
O
contrario ocorreu noutros países como Francia, dende 1989, onde os
burros están de moda, incluso como mascotas, así os burros véndense a
bon precio. Hai tódolos anos un salón internacional do burro en París e
un encontro internacional en Normandía. Casi nada.
Tamén
en Inglaterra están de moda.
En
España, de tódolos xeitos hoxe, no
mes de xullo do ano 2006, hai un
movemento grande a favor do burro. Xa hai moitos grupos de reivindican o
burro e que non desaparezan as razas actuais que sempre houbo en España.
Esta páxina súmase a eses movementos.
Así en Galicia xa temos varias
Asociacións en favor do burro e máis que teremos no futuro:
Por exemplo ABUFA:

Abufa está a traballar
dende 1998 polo recoñecemento do burro autóctono galego. Sei que
fixeron moitas actividades e que están a traballar polo
recoñecemento do noso burro fariñeiro. En breve poreime en contacto
con eles para recabar información.
Por certo xa o fixen pero non teño datos.
Este é o meu email por si
queren engadir algunha cousa.
Outra é a ASOCIACIÓN ANDREA, "Centro de Acogida para burros ancianos,
abandonados y/o maltratados"
:
Este é o link de
Andrea.
Recentemente creouse en Pontevedra, no concello de Barro, o "Centro de
acogida y recuperación de burros de Andrea", neste centro xa existe o
apadriñamento e adopción de burros. Neste centro que tamén ten en
Silleda unha sucursal hai un lugar para deixar os burros a todos os que
queiran.
|
En
Andrea
detectaron que en Galicia existía «un comercio ilegal e
pouco amistoso de burros de idade avanzada para a venda
para circos, zoos ou comida para cans, onde logo dunha
vida enteira de traballo dedicado ao home, eran tristemente
utilizados para fins ilegais e pouco dignos». Tamén atoparon
numerosos casos de abandonos ou malos tratos. Por estas
razóns puxéronse ao choio para crear un asilo para burros.
Sería o primeiro destas características que funciona en
Galicia.
«Cremos que o
que nos debe ocupar todo o tempo agora é buscar os medios
necesarios para que o centro de acollida para burros vellos,
abandonados e/ou maltratados e o seu mantemento sexa unha
realidade», sinalou
David Lema.
O colectivo ten aberta a conta 0182 2774 71 0201518593 do
BBV. «Con só cinco euros mensuais poderemos comprar cinco
quilos de palla ao ano; con 10, unha tonelada de heno ao
ano; e con 15, poderemos vacinar a 10 burritos ou comprar
postes para cercar terreos», destacou David Lema. |
Con Andrea temos unha noticia do mes de decembro:
A Consellería de Medio Ambiente subvencionará a
mellora do centro de acollida de burros da
asociación A.N.D.R.E.A.

Santiago, 6 de
decembro de 2006.-
A Consellería
de Medio Ambiente e
Desenvolvemento Sostible
colaborará coa
Asociación para a
Defensa, Recuperación e
Estudo Terapéutico da
Raza Asnal (A.N.D.R.E.A)
na mellora do centro de
acollida de burros co
que conta na provincia
de Pontevedra. Así se
recolle no convenio
asinado entre o
responsable autonómico,
Manuel Vázquez, e o
presidente do colectivo,
David Lema.
A
axuda permitirá a este
colectivo continuar coa
labor social e o
traballo terapéutico que
presta na actualidade,
axudando, a través do
seu centro, entre outras,
a persoas con
discapacidade.
O
convenio de colaboración
persegue a mellora das
instalacións actuais, o
que posibilitará que a
asociación poida dar
resposta ao elevado
número de burros
abandoados, enfermos e
de avanzada idade que
recolle e mantén
A.N.D.R.E.A en ditas
instalacións. Con tal
fin, a Consellería de
Medio Ambiente concederá
á asociación unha axuda
de 64.200 euros.
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
| Interés
dos burros, usos: |
Usos e utilidades de burro
fariñeiro:

Usos tradicionais do burro:
-
Tamén
era utilizado para transportar mercancias lixeiras por zonas
acantiladas como Ortigueira, San Andrés de Teixido, e tamén
escalonadas como moitas da Ribeira Sacra. Polo canón do Sil inda se
utilizan hoxe. Todo elo en Galicia.

Fotografía de Xosé
Varela Vilariño, na que se mostra un burro carretando a fariña.
A fotografía aparece no libro "O burro" de Manuel Mandianes.
Editorial Ir Indo. 2006.

Burro fariñeiro no muíño de Sela no río
de Vilameá en Lobios, Ourense. Fotografía do autor da
www.
Visitando os muíños de Vilameá, por certo marabillosos,
enténdese a importancia do burro fariñeiro en Galicia. Son
carreiros preto do río polos que un burro como o noso non
tiña problema ningún para carrexar o gran...
Usos actuais
do burro:
-
Labores agrícolas sinxelas: arado de
viñedos, sembrado de patacas, recolleitas na vendima, traer a herba,
a leña, etc.
-
Como
aporte de calidade no turismo rural: paseos ecolóxicos, rutas os muíños,
rutas de montaña, etc.

Os burros poden ser
actualmente un incentivo a ofertar para facer rutas de montaña e
outras.
|
 |
 |
Fincas
de viño da Ribeira Sacra, onde se da un dos mellores blancos
do mundo "O godello" e varios tintos, tamén fora de serie,
como "o mencía".
|
Para
facer a vendima nestas fincas da Ribeira Sacra, tanto en
Ourense como en Lugo é de moita utilidade o burro. Neste
caso é o Canón do Sil un lugar único no mundo. As
fotografías son desta
páxina www.
|

O burro é moi útil
na vendimia en zonas como na Ribeira Sacra, onde as cepas están
situadas en lugares de difícil acceso pero de sensacional viño.

O burro para cargalo utilízase a
albarda que é un aparello como unha especie de almofada chea de palla
que se coloca no lombo do animal. A albarda tamén se utiliza para
sentarse no burro. Hai diversos tipos de albarda según sexa de carga, de
monta ou outras.

Albarda para montar.
Esta albarda está
sacada (no seu día) deste link galego.
|
Os
albardeiros manufacturan o
coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para fabricaren
albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de cousas
para os burros, mulos e cabalos. |

Albarda de carga. Outro tipo de albarda.
Os burros foron usados antiguamente no
Camiño da Seda que dende o Pacífico traía a seda ata o Mediterraneo.
Consta na historia que o burro era un dos animais de carga. Lóxicamente o ir
pasando polos distintos territorios houbo cruces entre eles.
O burro foi
domesticado no mundo, moito antes que os cabalos, por algo sería...
A mecanización da agricultura e a
modernización dos medios de transporte provocaron a disminución do
número de burros, pero en España inda é posible en algunhas zonas ver ós
pastores coas súas ovellas, o seu can e o seu burro cargando todo o
necesario para pasar o día.
O temperamento deste animal é
tranquilo e apacible, e dispón de unha notable enerxía e gran
resistencia. Está moi aclimatado á calor e a falta de auga. É un fora de
serie para moitas cousas. Eu diría que é un 4 x 4 pura sangue...
-------------------------------------
Para rematar nada mellor que o humor e a retranca
de Quesada:

Non necesita explicación...e menos hoxe, en abril do 2008 en que o
precio da gasolina subiu de forma incrible...
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
Especial:
o burro como Enxeñeiro de Camiños: |
O burro como
Enxeneiro de
Camiños:

O burro como Enxeñeiro de Camiños.
Estaba claro que o burro era todo un
doctor (licenciado coa tesis feita...) a hora de facer camiños moi difíciles. Todo un enxeñeiro de
camiños.
Vexamos o
seu uso básico no trazado de camiños difíciles que se facían fai anos
nas nosas aldeas de Galicia.
Cando entre dous pobos
queríase facer un camiño e o trazado non era fácil, o uso do burro era un sistema sensacional.
Bastaba coller un burro de un dos
pobos, levalo ó outro pobo e soltalo
para que volvera a casa do seu dono.
Seguro que o burro collía o mellor
camiño e o máis corto. Bastaba con tomar nota e porse a traballar; o
trazado estaba indicado seguro que polo mellor lugar.
Penso que o título é xusto.
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
O burro como traballador autómata: |
O burro como traballador
autómata:

O burro como traballador
autómata.
Efectivamente o burro podría
transportar a fariña dende o muíño ata a casa do dono e volver a cargar sin estar
presente o dono para nada. Este miragre era doado para o burro fariñeiro
galego...

Fotografía de Xosé
Varela Vilariño, na que se mostra un burro carretando a fariña.
A fotografía aparece no libro "O burro" de Manuel Mandianes.
Editorial Ir Indo. 2006
Para
ter lugar este traballo, totalmente autónomo, do burro, únicamente
se precisaba unha persoa para cargar o burro no muíño, ou sexa o dono do burro, e outra na casa para descargar. E
veña para arriba e abaixo en plan traballo autómata. O tema sempre
funcionou, o burro convértese nun reloxo de precisión; é máis, incluso
avisa si ten algún problema no camiño...
Incrible
pero certo...
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
O burro como "burro" |
O burro como burro:

Non se entende como se pode insultar a alguén
dicindolle “eres un burro”, cando estos animais son increíblemente
“nobles, intelixentes, traballadores e dóciles”.
O burro non necesita que se lle
enseñe dúas veces un sendeiro, basta con unha, inda que sexa moi dificil.
De burro non ten un pelo.
As
veces pensamos que o burro é tal, cando realmente non é así. Por exemplo
¿que pensar desta fotografía sacada de internet?:

O lector
avispado teno claro... as veces o burro non é quen parece...
Queda dito.
-----------------------------------------------------------------------
Texto que aparece na Voz de Galicia do 17 de
xullo do 2006, indicando que non teñen nada de "burros" como se afirma
na www:

De burros, nada
Los burros, según los expertos, no tienen un
pelo de tontos. «Son más inteligentes de lo
que pensamos, incluso más que los caballos»,
recordó Pascual Rovira. Este experto,
en nombre de la asociación que preside,
llegó a solicitar a la Real Academia de la
Lengua que cambiara la definición que
aparece en el diccionario sobre el burro.
Refiere que es «rudo o de poco
entendimiento» y la asociación Adebo pidió
que figurase inicialmente algo así
como:«animal noble y milenario, amigo de la
humanidad». Los académicos no les hicieron
ni caso.
«Además de ser inteligente, es un animal
independiente y lo demuestra con su tozudez.
Es un ejemplar ácrata», explicó Rovira.
También recordó que los pollinos eran
auténticos melómanos. De hecho, su
asociación organiza periódicamente
conciertos de música clásica para burros.
Llevan una orquesta sinfónica a un prado de
Rute y allí los asnos disfrutan. «Se puede
comprobar como cambian la posición de las
orejas, dependiendo del tipo de sonido. Les
entusiasma la música. Además, rebuznan en 20
tonos distintos y pueden llegar a escuchar
un rebuzno a 11 kilómetros de distancia»,
contó el presidente de la Asociación para la
Defensa del Borrico, una de las más
veteranas de España. En Galicia estamos
lejos de que podamos ver conciertos o
romerías para burros pero parece que vamos
por buen camino porque en Santa María de
Curro, en Pontevedra, en unas instalaciones
bautizadas con el nombre de El Parador de Ti
Mismo, tiene su sede la Asociación Nacional
para la Defensa, Recuperación y Estudio
Terapéutico de la Raza Asnal (Andrea), cuyo
presidente es el terapeuta David Lema
Costas.
En este colectivo llevan a cabo diferentes
estudios relacionados con la asinoterapia
(trabajo terapéutico con burros) y, en el
mes de octubre, esperan celebrar las
primeras sesiones, supervisadas por un
equipo de psicólogos y terapeutas
psicocorporales. «La asinoterapia es una
alternativa terapéutica que se desarrolla en
diferentes países desde los años 50. Los
estudios demuestran que es beneficiosa en el
cuidado y tratamiento de personas con
problemas físicos y mentales. Concretamente
revelan que el contacto repetitivo con
burros mejora el equilibrio, contribuye al
desarrollo de los músculos finos y, gracias
a la interación con el animal, se estimula
el vocabulario, se reduce la hiperactividad
en los niños, la falta de atención...»,
explicó David Lema.
Este terapeuta no duda en asegurar que el
burro, con su pachorra, «nos puede ayudar a
vivir despacio en un mundo lleno de prisas y
estrés; la tranquilidad que nos transmite,
sus movimientos lentos, nos pueden ayudar a
parar».
Centro de acogida
En Andrea detectaron que en Galicia existía
«un comercio ilegal y poco amistoso de
jumentos de edad avanzada para la venta para
circos, zoológicos o comida para perros,
donde después de una vida entera de trabajo
dedicado al hombre, eran tristemente
utilizados para fines ilegales y poco
dignos». También encontraron numerosos casos
de abandonos o malos tratos. Por estas
razones se pusieron manos a la obra para
crear un asilo para jumentos. Sería el
primero de estas características que
funciona en Galicia.
«Creemos que lo que nos debe ocupar todo el
tiempo ahora es buscar los medios necesarios
para que el centro de acogida para burros
viejos, abandonados y/o maltratados y su
mantenimiento sea una realidad», señaló
David Lema. El colectivo tiene abierta la
cuenta 0182 2774 71 0201518593 del BBV. «Con
sólo cinco euros mensuales podremos comprar
cinco kilos de paja al año; con 10, una
tonelada de heno al año; y con 15, podremos
vacunar a 10 burritos o comprar postes para
cercar terrenos», destacó David Lema.
|
|
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
Os burros - farmacia e
outras curiosidades dos burros: |
Os burro-farmacia e
outras cousas:
|

El burro-farmacia.
Dice un viejo libro, de autor
desconocido (“Apología del asno”, 1826), que entre las
bondades del milenario pollino está la de sanar. “Cada
borrico es para ti un galeno”. “Para todo en el asno hallas
remedio. Es un almacén de drogas”, escribe el anónimo autor
en la página 23. Astringente. El zumo del estiércol de asno
negro era usado por Hipócrates para mejorar, sobre todo en
las mujeres, los desarreglos intestinales. Gota. La leche de
burra, ligera y dulce, era utilizada para combatir el dolor
de las articulaciones y aplacar la tos envejecida, o el mal
de tisis. O para regular el ciclo de la menstruación.
También Plinio la recomendaba para contrarrestar los nocivos
efectos de los venenos. Locura. Su sangre sana la mente,
decía el sabio médico griego, y contribuye a fortalecer las
defensas naturales del organismo. |

Este texto e o
seguinte están sacados
deste link.
Son curiosos.
|

Clinton vs. Castro.
Cuando Bill Clinton aterrizó en
España en julio del 97 con motivo de la cumbre de la
OTAN, no podría imaginar que regresaría a la Casa Blanca
con un asno cordobés. Al menos esa era la intención que
rondaba la cabeza de Pascual Rovira. La burra Miguelita
estaba ya lista para cruzar el charco, mientras
correteaba en Rute junto a sus congéneres. Entre otros,
Revolución, el semental que Fidel Castro había
solicitado a la Junta de Andalucía, por mediación de
Felipe González. Quería repoblar de pollinos la isla.
Pero nadie, empezando por el propio Pascual, cayó en la
cuenta de que el instinto puede más que las caricias del
hombre más poderoso del planeta. Cuando llegó la hora de
partir, Miguelita estaba preñada: el burro de Castro
había montado a la burra de Clinton. Finalmente, la
desconsolada Miguelita se quedó en tierra y abortó de
forma natural. Mejor le fue al macho Revolución, que
desde que llegó a Cuba, en 1998, ha dejado preñadas a
ocho burras, convirtiéndose en el “latin lover” de la
isla caribeña. |
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
| Medidas
tomadas para que non desapareza : |
Medidas para que non
desapareza o burro en Galicia:

Nivel oficial:
En Galicia
a nivel oficial da Xunta de Galicia, de momento poucas, moi poucas
por non decir ningunha. Esta fecha foi feita no 2006. Hoxe no 2008 hai
algúns contactos da Consellería de Medio Ambiente e as Asociacións que
existen actualmente.
Nivel privado:
Actualmente
existe unha asociación ABUFA (Asociación de Burros Fariñeiros) que dende
1998 esta constituida por amantes deste animais, e está a loitar na defensa
do burro autóctono de Galicia.
Os seus obxetivos pasan por conseguir o
recoñecemento da raza fariñeira como autóctona da Comunidade Galega.
Están por crear unha comisión Asociación-Xunta que defina as
características específicas da raza, e a partir, dese punto buscar un
recoñecemento a nivel de Europa.
Os interesados esta é a dirección de A.BU.FA.

A Asociación conta con varias fincas en Rubianes (Vilagarcía
de Arousa) e Brión (A Coruña), doadas desinteresadamente polos socios,
na que se recollen burros que por unha ou outra causa están abandonados
ou atopados en malas condicións.
Enhoraboa dende esta páxina.
Todo o meu apoio a esta iniciativa.
En breve poreime en
contacto con eles para recabar información.
--------------------------------------------------------------
Medidas a nivel do
Estado:
A nivel do estado tamén hai unha Asociación Amigos del
burro de link
http://www.geocities.com/amiburro/bienvenido.htm que traballan en
pro da recuperación das diferentes razas de burros que existen en
España.
A asociación ten a
súa sede en Madrid é afirma que durante séculos o burro foi o mellor
amigo do home. Tamén que o burro é patrimonio da humanidade.
Merece a pena visitar a súa www.
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
Os burros da miña vida: |
Os burros fariñeiros na miña vida:

Cando era rapaz pasaba os
veráns co meu tio Camilo, un pai para mín, ala en
Randín (Ourense). O meu tío foi o cura párroco do pobo (dende 1939 ata 1975). Aqueles anos de 1950 a 1965 foron marabillosos para mín e sin dúbida
foron a pedra angular do meu amor a natureza e outras moitas cousas.
O tío Camilo non tiña
burro, nos primeiros anos usaba un cabalo e polos anos 55-56 xa tiña
mercado un automovil, un Peugeot de dúas plazas, daqueles de manivela e
de frenos de barilla. Polos 60 xa foi a Francia a buscar un "dous
cabalos" de Citroen que foi o primeiro que vín na miña vida. Pero o que
vamos, en Randín había algúns burros que eran usados como fariñeiros,
levaban o gran ó muíño da Lama, o muíño do Cota, o da Barxela, o de
Rebumba e do de Barxa, entre outros, todos eles situados no regato
de Barxa que ven de Vilar e Vilariño e que por certo tiña as mellores
troitas, seguramente, de Galicia. Podo certificalo si fai falta...
Pero os burros, sobre
todo os que eran caladiños, tamén eran usados para o contrabando con Portugal, según me contaban os mozos do
pobo. Por aquel tempo o contrabando facíase entre Randín e o veciño pobo portugués de
Tourém (daquelas decíamos Torey) . Cargaban moito cafe "Sical" e outros productos, e
usaban o burro xa que así podíanse meter por carreiros onde fora dificil atopar
a Garda civil. Algúns amigos do pobo facían, as veces, a noite no monte
para sacar uns pesos e tamén estar de troula e aventura.
O meu tío nunca me deixou
ir cós mozos pola noite a Torey a buscar o café, cousa lóxica, pero... houbérame gustado...

O outro burro da miña vida entrei en contacto con el nun pobo do
concello de San Xoan de Río, en Seoane onde viven uns grandes amigos
meus e da miña familia: o Pepe, a Maruja, e os seus fillos o Nestor e o
Manoliño, que hoxe
forma parte entrañable da miña familia. De feito Manoliño é o meu
afillado e Nestor é como si fora un irmán. Grandes persoas e excelentes
amigos. Debía ser polo ano 1956-57.
Pois ben, eu era un cativo seguramente sobre dez ou once
anos. Fun pasar uns días de festa e troula a casa destes amigos e tuven
ocasión de coñecer moitos lugares sensacionais e xentes marabillosas, Sas de Penelas,
Freixo, Medos, Seoane de Argas,
San Silvestre, Acebido, San Xoán de Río, e un longo etc. Lembro perfectamente todas
as atencións que tiñan conmigo a familia, estiven a corpo de rei, as festas e enchentas que se
facían, os
partidos de fútbol, nun campo por baixo de Seoane a carón do
río...tempos aqueles. Tamén a feira en Xan Xoán de Río e un día que levamos a porca
o porco, que me sorprendeu moito como rapaz...
Pero ó que vamos, o caso é que o burro formaba parte da familia, tanto que
todos os días orneaba sobre as sete da mañán, na corte xusto por baixo a
onde eu dormía. O sonido quedou grabado na
miña testa moitos meses.
O volver a Ourense, todos os días o levantarme
intentaba imitar o orneo do burro. Gustábame facelo.
Ata que os meus país dixéronme que aquelo non era normal...
Nota: en marzo do 2008 fago una lectura deste
texto e noto que se me poñen os ollos mollados cunha bágoa de
tristeza. Pepe e Maruja xa non existen, non fai moito asistín ao seu
enterro en Seoane de Argas, primeiro Maruja e poucos meses despois o
Pepe.
Onde estean, dende esta páxina web, mándolles unha aperta e
un bico moi grande. Xamais esquecerei as súas atencións e a súa
amabilidade e agarimo cara á miña persoa. Sempre terán un lugar no meu
corazón...

Máis
tarde en Calvos, na parroquia de San Mamede de Vilasouto,
en Lugo, polo ano 1973-74 lembro con moito cariño o burro
do Tío Antonio e a tía Mercedes, un burro dócil, intelixente e moi camiñante. Con ese
burro fun un día a pescar troitas, dende Calvos, pasando pola Serra, ata Goo, no
río Mao. Marabilloso recordo do burro e das troitas dese río que foi en
tempos espectacular. Hoxe é unha magoa de río, cun encoro que soio sirviu
para estropear a zona.
O burro, que se chamaba Quirós, non foi a gusto pola
serra, xa que vía que nos separábamos da súa casa, a casa do Crego, que era a casa dos tíos Antonio e
Mercedes. Logo o chegar a Goo, mentras eu pescaba algunhas troitas, estuvo atado a
un amieiro e pastou a gusto. Por certo ó pasar polo pobo de Goo o burro
era bastante máis coñecido que eu. Pero non me pareceu mal.
Para volver non fixo falta decirlle
moitas cousas,
simplemente "vámonos" e o burro volveu aprisa e sen perderse dende Goo a
Calvos; e dende logo, con moita, moitísima ledicia.
Condenado do burro que listo era...

Aclaracións sobre o burro do Antonio, o Quirós.
No ano 2009
publica a filla do Antonio, Carme Aira, un libro titulado
Primavera de outono, No país de chove, non chove, chove. Neste
libro que tuvo o detalle de regalar a súa prima Pili, a miña muller,
fala, como non podía ser menos de Quirós.
Aclarar, pola miña banda, que Quirós era o nome do
mismo burro que levei eu ata Goo, o burro do Antonio e da Mercedes
que son os pais de Carme.
Antonio Aira Blanco, o Antonio, xa morreu fai
uns anos, é o protagonista de cada folla do libro de Carme, a súa filla.

Libro publicado por Carme Aira. 2009.
Esto é o que escribe Carme do burro Quirós:
" 103. O Burro.
Cando morreu o burro levaba
na casa alomenos trinta anos, naceu canda o fillo do noso veciño.
Era un burro listo, aforraba o corpo e escapaba moitas veces das
fincas pre irse fartar do millo dos veciños. De novo era valente
como calquera cabalo.
159. O Burro 2.
Eu solo sei montar o burro,
no noso burro. Combáballe o lombo pola Serra Dabaixo ca miña nai
dacabalo. Unha vez, bebeu xuntos dous baldes de leite, púxose a
morte. Toda a tarde estuvemos dándolle bicarbonato, sudaba tanto
como cando viñeron capalo. Aínda no seu sitio a albarda, a manta, a
cincha, as angarillas, as alforxas e a cabezada."
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
O burro en peligro: |
O burro
fariñeiro en peligro:

É moi importante inculcar a xente en xeral o respeto pola vida de
outras especies, para que tomen conciencia de que é necesario preservar
o planeta. O burro é un dos animais en peligro de extinción ó que hai
que coidar e protexer.

Actualmente, o burro ten unha evolución moi positiva en canto ás
tarefas para as que, tradicionalmente, eran utilizados. Agora pode usarse
de forma distinta, así , ademáis de usalo no transporte de animais, persoas e
mercancías, estase a usar como terapias para persoas con
incapacidades físicas e mentais, paseos e rutas ecolóxicas.
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
Links e direccións de interés: |
Links sobre o burro fariñeiro e outros:

En Galicia:

-
A.BU.FA. (Asociación de Burros Fariñeiros"
con Dirección en Agro do Montouto, s/n 15865 Brión - A Coruña.
Tfno:
986 50 08 97 y
629 82 67 28
-
Andrea. Galicia.
Centro de Acogida para burros
ancianos, abandonados y/o maltratados

Concurso de fotos de burros.
Fora de Galicia:
Pascual Roviera
C/ Fresno, 9
14960 Rute (Córdoba)
Tlf. 957 53 20 32 / 957 53 81 41
La Asociación para la Defensa del Borrico se creó en 1989 para
trabajar por la conservación y el bienestar de las razas autóctonas
de burros españoles, en grave peligro de extinción.
AMIBURRO (Asociación de Amigos del Burro)
Sector Oficios, 29
Tres Cantos (Madrid)
Tlfs. 918 04 39 44 / 918 04 37 26 / 608 02 08 77

Concurso de fotos de burros.
Outros links interesantes:

Volver a datos
do burro fariñeiro. |
|
Libro sobre o burro en Galicia: |
Libros sobre o burro en
Galicia:

Seguro que hai algúns libros
escritos en galego sobre o burro, non teño nin idea, persoalmente
recomento o único que coñezo que é o libro de Manuel Mandianes "O
Burro" publicado recentemente pola editorial Ir Indo.

O libro trata o burro dende distintos puntos de
vista: o burro protagonista nas fábulas, na literatura, etc. O burro
perdido: nas festas, na noite de San Xoán, etc. O reencontro do burro. As
conclusións e amplios anexos, nos que trata sobre refráns (trae unha
chea deles); asociacións en defensa do burro e bibliografía do traballo.
Tamén trae un conxunto de fotografías sobre o
burro nas súas distintas faenas: de traballo, de festa ou lúdico, etc.
Esto é o que trae na contraportada:
|
A
mellor forma de reivindicar a figura dun animal que se está
a converter en mito é asomarse a estas páxinas escritas por
Manuel Mandianes. O burro, protagonista de tantas historias
humanas, heroe e personaxe dos cantos de cego, das coplas,
contos e lendas, e da literatura universal, aparece aquí
recreado en múltiples espacios escénicos. O autor ofrécenos
unha perspectiva distinta á habitual , dende unha visión
achegada á realidade ata unha imaxe máis simbólica,
personalizada e singular. O burro, como habitante do campo,
vai desaparecendo a medida que as innovacións tecnolóxicas
invaden as terras, pero non por iso deixa de estar presente
na memoria das xentes que, cos seus recordos, axudan a
ilustrar a narración. Precisamente,
serán as sociedades que abandeiran a civilización moderna as
primeiras en reclamar a figura deste animal, en devolverlle
a súa consideración e, asemade, mantelo vivo alén dos
tempos. Todo isto aparece reflectido nesta maxistral visión
de Manuel Mandianes, nun libro único que se converte na
contribución máis importante ós estudios etnográficos sobre
o burro. |
Na bibliografía que cita o final do libro
observo que únicamente trae dúas referencias sobre o burro en
Galicia: o libro de J.O. Regio "O principe con orellas de burro"
e outra de Avelino Rodriguez Elías "Un burro
afortunado" publicado en Uruguay en 1921.
Volver a datos do burro fariñeiro.
|
|
Un conto do burro fariñeiro moi especial:
O prodixioso salto do burro fariñeiro de San
Mamede: |
O burro fariñeiro nas
lendas galegas:

Entre as oito lendas máis coñecidas do municipio de O
Incio, que figuran no libro "O Incio paisaje historia y
patrimonio" de Luís López Pombo. Diputación
provincial de Lugo 2003; figura unha que é unha lenda popular que
resulta moi curiosa. Farei unha copia íntegra da misma.
(páxina 229 e seguinte.)
"...Nos cuenta la leyenda recibida de nuestros
abuelos que el Santo Varón Mamed saltó a lomos de su pollino desde la
famosa Pena de San Mamede, hasta la Pena de Coruxo, en el lado opuesto
del monte, salvando la notable distancia que separan las montañas que
forman el cauce de los ríos Antigua y Cabe.
Acuciados por nuestra infantil
curiosidad quisimos saber el motivo que tuvo el santo para "pegar esa
espantada" en burro y por qué el venerado Mamed huía a "uña de burro"
con tanta prisa.
Los abuelos nos decían
que escapaba de las insidiosas tentaciones de Satanás, pero no era de la
misma opinión el abuelo Florencio que sabía muchas cosas de leyendas y
milagros de los santos.
Contaba el Abuelo que el
santo era el guardián de todas las llaves de los cinturones de castidad
depositadas a su custodia por aquellos condes y señores principales que
marchaban a Tierra Santa a combatir a los infieles, mientras sus bellas
damas esperaban el regreso de tan esforzados caballeros tan castas y tan
puras..."
"Queridiños nos decía el
abuelo, lo que no puede el diablo, lo puede el dinero", y así llegó el
Santo varón al delito de corrupción y de facilitar a sus amigos
información privilegiada haciendo un pingüe negocio con el alquiler de
llaves para cinturones de castidad en connivencia con un cerrajero que
hacía magníficas copias. Regresaron los nobles al tener noticias de sus
"testas coronadas" porque tenían más cuernos que un saco de caracoles,
montaron en cólera, crucificaron al cerrajero y al "Santo Mamede" lo
salvó su pollino con ese salto tan fenomenal de montaña a montaña.
Como estas tierras de O
Incio era de Encomienda y del Abad de Samos, quedaron excluídas de la
horca y el cuchillo y en aquellos remotos tiempos no existía aún el
derecho de extraditar a los pícaros.
También fué lástima que
san Mamed desconociera la técnica del "parapente", así le hubiera
ahorrado a su pollino tan extraordinario esfuerzo"...
Ata aquí o texto
escrito por Luis López Pombo no libro citado.
--------------------------------------------------------------------------------
Nota engadida polo autor da www:
|
Está claro dos datos anteriores e do dibuxo do
libro que non se trata dun "pollino", é claramente un burro fariñeiro,
con todas as da lei, noutro caso sería imposible que saltase entre as
dúas montañas; por outra
banda, na zona non podía haber outros, xa que abondan os muíños; así eran
famosos os muíños dos ríos Antigua e
Cabe que algúns inda se conservan hoxe. Está claro que o santo non iba
coller para fuxir un burro que non existira na zona,
e que non fora de todas garantías...estaba a xogarse a vida...
Sin dúbida o burro fariñeiro salvou a San
Mamede dunha morte segura. Outro burro, doutra raza, non sería capaz.
Na próxima edicción do libro citado, gustaríame que
Luís López Pombo, a quen felicito polo libro xa que ten unha
cantidade de datos marabillosos sobre o Incio e a súa bisbarra, fixera as correccións pertinentes. Gracias anticipadas.
Por certo San
Mamede deu nome o pobo de San Mamede de Vilasouto; a esta
parroquia perteñece un pobo que se chama Calvos, moi querido
polo que escribe e no que teño parte da miña familia.
|
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
Contos de
burros: |
Contos de burros.
Neste
apartado irei poñendo contos de burros que realmente me gusten.


|
| Frases famosos cós
burros: |
Frases famosas cós burros.

Das moitas frases que hai coa palabra burro escollo as
seguintes: Nota: a selección está
feita da ficha do burro que aparece en bikipedia, da que
quitei as que non me gustaban...
- Andar cargado coma un burro (dise do que
traballa moito soportando cargas excesivas).
- Burro coma un arado.
- Caer de burro (pecar de crédulo, torpe,
ser enganado).
- Caer da burra (darse de conta de algo que
era evidente).
- Carrexar como un burro.
- Falso como unha burra (ser traidor).
- Levar un burro (levar un chasco).
- Máis besta ca un burro (indica a máxima
ignorancia).
- Máis falso ca unha burra vella (dise da
persoa hipócrita e raposeira)
- Ser boa burra (dise da persoa que
aparenta unha cousa e resulta se-lo contrario)
- Ser un burro cargado de letras (cando un
presume de saber moito sen base ningunha).
- Ser un burro de carga (dise do home
disposto e forte para o trabajo, do que leva a parte
máis pesada, ou do que soporta sen queixa os
traballos que se lle encargan).
- Te-la boca coma un burro (falar de máis
pero sen sabe-lo que se di).
- Te-las orellas coma un burro (te-las
orellas grandes e levantadas).
- Te-lo burro pola corda (equivale ó
castelán tener la sartén por el mango).
- Traballar coma un burro (traballar moito,
sen descanso).
- Traballar máis que un burro.
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
| Refraneiro do
Burro: |
Refranes sobre o burro:

Nota: a selección está feita da
ficha do burro que aparece en bikipedia, da que quitei
as que non me gustaban...
- A carne de burro non é transparente.
- A carne de man a calquera burro ña dan.
- Á muller beilar e ao burro ornear, o diaño
debeillo ensiñar.
- A vergonza era verde e comeuna un burro.
- Alá vai, alá vai o burro tras de súa nai.
- Arrieiro rabudo, malla na albarda e malla no
burro.
- Asegún sea o burro ten que ser a albarda
- Bachiller en artes, burro en todas partes.
- Ben burro é quen burro ten, pero inda é máis
burro quen, podendo, non o ten.
- Ben burro é quen tendo burro viaxa a pé.
- Ben sabe o burro onde ornea, cando quer el
ornear.
- Ben sabe o burro onde ornea.
- Ben vai a vella na burra cando é súa.
- Burro de moitos, cómeno os lobos.
- Burro pexado non salta valado.
- Burro que entra na leira allea, sairá dela
carregado de leña.
- Burro sexa quen ser burro queira.
- Burro sexa quen a burro protexa.
- Burro vello tamén quer a sua cebada.
- Cando o burro pode, a burra non quer.
- Cando o burro vén ó lugar, todos o queren
montar.
- Cando todos che digan que es burro, ornea.
- Cando un burro ornea o outro baixa a orella.
- Cando un burro ornea, sempre hai outro que
escoucea.
- Canto máis burro, máis peixe.
- Chanzas con burros acaban en couces.
- Contos de probes, peidos de burras vellas.
- Cos burros viven os agudos.
- Cousas de burros acaban en couces.
- Dáme un maridiño rico, aínda que sexa un
borrico.
- De Lugo, nin boa besta nin bo burro.
- De pequeno rei, de mozo galán, de casado burro e
de vello can.
- Deixade ao mestre, ainda que sexa un burro.
- Dixo o burro ó mulo: arre alá, orelludo.
- Díxolle o burro ás coles: pax vobis.
- Díxolle o burro o mulo: tírate alá, orelludo.
- Dous Xans e un Pedro fan esta-lo burro quedo.
- Fainas o burro e págaas a albarda.
- Home casado, burro escarallado.
- Home casado, burro estropeado.
- Home casado: home pretudo, xordo coma un mudo e
orellas coma un burro.
- Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin
bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis ca home é
burro.
- Máis fácil é ó burro ornear que ó sabio
responder.
- Máis fácil é ó burro perguntar, que ó sabio
responder.
- Máis val un burro vivo que un cento mortos.
- Máis vale pequeno e agudo ca grande e burro.
- Muller casada? burra e amolada.
- Muller que do cuco fiou, ou era moi burra ou
cucar desexou.
- Nin burro orneante, nin home rallante.
- Ningún burro se quedou calvo.
- Non está feito o mel pra boca de burro.
- Non tentes dar auga ó burro se non a quere.
- Non merques burro de recoeiro, nin cases con
filla de mesoneiro.
- Non se sabe o que pode ensinar á muller a bailar
e ó burro a ornear.
- O burriño de san Sadorniño cada día máis
cativiño. (San Sadurniño, 19 de novembro)
- O burriño de Vicente ten a carga e non a sente.
- O burriño de Xosé leva rabo e non o ve.
- O burro diante, pra que a recua non se espante.
- O burro diante, pra que non se espante.
- O burro do xitano, en vendo o pan alonga o paso.
- O burro ó sol fai sombra.
- O burro pequeniño sempre é borriquiño.
- O burro que máis traballa, máis axiña cansa.
- O burro que moito carga, logo rompe o aparello.
- O burro sofre a carga, mais non a sobrecarga.
- O burro traseiro que zarre o boqueiro.
- O can oubea e o burro ornea.
- O día que me casei, un burriño aluguei. (Di a
muller)
- O home cuco vive do home burro.
- O home, cando é rapaz é rei; de mozo, capitan;
de casado, burro, e de vello can.
- O home, de meniño rei, de mozo, galán, de
casado, burro, e de vello can.
- O que burro vai á Roma, burro vén á volta.
- O que che é burro tanto é eiquí como en Lugo.
- O que é burro, tanto é aquí como en Lugo.
- O que nace burro, burro morre.
- O que ós vinte non é home e ós corenta non é
rico, ten algo de borrico.
- O que perde o burro e atopa a albarda, xa non
sofre tanta perda.
- O que se para ó lado do fuso, ou é burro ou non
ten uso.
- O que ten besta e anda a pé, ben burro é.
- O que ten burro e vai a pé, ben burro é.
- O que vive probe e morre rico, é ben borrico.
- Onde burros andan, alí escoucean.
- Onde cai o burro dánselle os paus.
- Onde canta un crego e ornea un burro, alí nunca
falta un peso duro.
- Onde canta un crego, moe un muiño e ornea un
burro, nunca faltará un duro.
- Onde os burros andan, alí escoucean.
- Onde vai o burro vai a albarda.
- Orneos de burro non chegan ó ceo.
- Polo San Pedro, o burro quedo.
- Por culpa do burro mallan na albarda.
- Por non andar, ornear.
- Posto no burro, atura-las azoutas.
- Prá boca do burro non se fixo o mel.
- Que queira que non queira, o burro ha de ir á
feira.
- Quen a burros favorece, couces merece.
- Quen perde o burro e atopa a albarda, iso gaña.
- Quen ten burro e non vai nel, máis burro é el.
- Se che dixeren dous que es burro, ornea.
- Se non fora polo rabo empreñaba a burra.
- Se os burros ornean moito, non sairás enxoito.
- Se tódolos burros trouxeran albarda, os
albardeiros moito gañaban.
- Tres Xans e un Pedro fan estar o burro quedo.
- Val máis burro ser, que con burros debater.
- Val máis pequeno agudo que grande e burro.
- Vale máis cativo agudo que grande burro.
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
| Cantigas e adiviñas
sobre o burro: |

Nota: a selección
está feita da ficha do burro que aparece en bikipedia,
da que quitei as que non me gustaban...
- Canta tú, cantaréi eu, / miña cariña de troita;
/ por baixo de un burro xema / quen o meu cantar
escoita.
- Castellano de Castilla, / orellas de burro
blanco, / que non dades aos galegos / unha hora de
descanso.
- E, poidas que non poidas, / arrea, burro, pra
diante; / como trasportes a carga / nunca a cabeza
levantes.
- Eu cantar ben che cantaba / a gracia non era
moita; / ¡quen me dera un burro vello / pra botar a
quen me escoita!
- Eu, cantar, cántoche ben, / gracia non che teño
moita, / téñoche un burriño branco / pra botar a
quen me escoita.
- Guapo, que estás nesa porta, / non penses levar
cebada, / que a un burro como eres ti / bástalle
roer na palla.
- Mozo de orellas de burro, / agárrate a traballar;
/ namentras te non acostumbres / contigo non hei
casar.
- Pensaches por ser moi rica / que xa me tiñas
seguro; / tes un xenio de cadela / i eu non nacín
pra burro.
- Pensas que as túas palabras / me van a min
convencer; / se es burro, meu amigo, / non teño que
lle faguer.
- Polo mar andan as lebres / e polo monte as
anguías, / polo aire andan os burros, / mirade que
tres mentiras.
- Teño unha albarda ben feita, / ben feita ó meu
parecer, / para lle poñer ó burro / que non soupo
responder.

Adiviñas
Nota: a selección
está feita da ficha do burro que aparece en bikipedia,
da que quitei as que non me gustaban...
- Auga me chamo de nome, / ardente é o meu
corazón; / o que non o atine / é un gran borricón.
(a augardente)
- Ave teño de nome, / llana son de condición, / o
que non acerta e discorre / é un gran borricón. (a
avelá)
- Burriño de ferro, / albarda de liño, / atiza que
atiza / cun pauciño. (o candil)
- ¿Cal é, cal é? / o que non o adiviña / ben burro
é. (o cal)
- É tan grande como unha pulga / e ten orellas
maiores cás dunha burra. (a verza)
- ¿O que é, que é, / unha cousa como unha pulga, /
que dá unhas orellas / como as dunha burra?. (a
semente do nabo)
- Redondiño, redondiño, / coma o pé dun borriquiño.
(a moeda)
- Redondiño, redondiño, / como o pé dun borriquiño,
/ tantas folliñas ten / que non llas conta ninguén.
(o sombreiro dun cogomelo)
- Ten boca e non fala, / ten ollos e non ve, /
anda e mais non ten pés; / se non adiviñas / ben
burro es. (a lúa)
- Ten mans e non escribe, / anda e mais non ten
pés; / se non adiviñas, / ben burro es. (o reloxio)
- Un burro branco / bailando no campo, / coa pexa
no pé / e burro non é. (o muíño)
- Unha ave que Deus criou / con toda a natureza; /
ten o pico na barriga / e as ás na cabeza. (o burro)
- Xuntas as dúas nun burriño / e andando as dúas ó
par, / cando unha anda doce légoas / a outra unha
namais. (as agullas do reloxio)
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|
|
A camisa do burro fariñeiro a venta: |
Xa hai camiseta do
burro fariñeiro a venta:

(O autor da www non ten nada que ver
cos autores da camiseta ...)
Volver a datos
do burro fariñeiro.
|