Dicionario de fraseoloxía galega

Xerais.

(Esta  información está sacada directamente do Dicionario de fraseoloxía galega editado por Xerais no 2008 e firmado por  Carme López Taboada e  Mª Rosario Soto Arias, as que dou as gracias e as miñas felicitacións pola escolma sensacional.

Non están postos os exemplos que aparecen no libro, exemplos no incluidos simplemente para que non fora unha copia total.)

 

¡ Alá  vai o burro coas noces!

Expresión de forte contrariedade cando  algo é  desbaratado.

 

 Baixar da burra      Caer da burra         Caer do burro

Decatarse do erro en que estaba; caer na conta, por fin, de algo que non se daba entendido.

 

¡ Boa burra mercamos!

Dise cando se fai un mal negocio ou non síu algo como se esperaba.

 

 Burro de carga.

Persoa que traballa moito e moi duramente.

 

Cargar/traballar como una burra    Traballar como un burro.

Moito e moi duramente.

 

Chámalle burro o cabalo.

Dise irónicamente para se referir a alguén que aparenta ser máis parvo do que é.

 

Darse como a burra os peidos.

Darse algo abundante e facilmente.

 

 

 

Gañar o que gañou a burra en maio.

Non gañar absolutamente nada.

 

 

Ir o burro a ferrar.

Realizar o acto sexual.

 

 

Írselle a burra (a alguén).

Dicir algo inconveniente.

 

Non se ver un burro a tres/catro pasos.

Haber moi pouca ou nula visibilidad.

 

Pensando morreu un burro.

Dise cando convén actuar e non perderse en pensamientos varios.

 

 

Picar de burro para besta.

Úsase para ponderar a ignorancia de alguén.

 

 

Soña o burro co farelo.

Dise cando alguén  soña ou pretende un imposible.

 

 

Ter o burro a porta.

Ser obxecto de burla.

(Testuda) como unha burra.

Moi testuda.

Volver a datos do burro fariñeiro.