Contos de burros.

A Burra. Río Lérez.

(Máis que conto é unha anécdota recollida en Mourente Pontevedra, falando dos muíños)

(

Sacado do libro "Muíños  de río das terras de Pontevedra" de  Ramiro Barros Justo.

 

Cando tiñamos que crusa-las de Couso para Mourente ibamos por uns pasales de río, e as burras levabámoslas de lado coas patas afundidas na aghua porque non había moita fondura. Cando nos vían aparecer os mosos do outro lado xa nos empezaban a cantar "Aí veñen as burras de Couso carghadas de ghran". Era unha copla que nos tiñan pra picar-nos. Pois nunha destas, en chegando á outra beira, a miña burra caeu deitada no ríop e detrás dela xa me boto eu tamén pra levantarlle a cabesa, que me afoghaba. Eu a berrar:

-¡Acudide! ¡acudide!

E bueno, entre varios homes desatáronlle os sacos e arrastrárona prá terra. Pero o pobre animal non era capás de poñerse de pé e orneaba como se a estuveran a matar. Eu choraba:

-¡Ai miña burriña! ¡Ai miña burriña!

Porque se me morría a ver con que ghañaba eu a vida, érache o meu sostento. Ó final o que lle pasaba á burra era que estaba preñada e malpariu alí mismo. O chiste era que eu nin o sabía porque nin llo notara nin tampouco me explicaba onde a collera o macho, así que a seghín carghando ighual cos 80 kg. O caso inda dera moito que rir, á burra quedáralle María porque disían que fora "por obra e grasia do Espíritu Santo" e, cando estaba eu do primeiro fillo, inda me desían por tirar de min:

-¿Oiches? Estás preñada, era por se non o sabías. ¡Ai miña burriña! ¡Ai miña burriña!

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.