Equus asinus. Burro fariñeiro. (Asno)
O BURRO FARIÑEIRO NA CULTURA.

 

Cadro no que aparece o pastor, as ovellas e o burro. Autor Christian Mali.

Está claro que o burro foi unha figura importante nos textos literarios clásicos e modernos, así aparece na Biblia como animal de caravana e de traballo, como símbolo de riqueza e de protección divina en moitos casos,  e por suposto tamén utilizado por Xesús na súa entrada en Xerusalén. Tamén nas fábulas de Esopo onde o burro fai de todo.

Na literatura moderna o burro fai de todo e por suposto aparece en obras inmortais como D. Quijote de la Mancha onde os asnos aparecen moitas veces citados e para ben.

O burro máis famoso da literatura foi Platero, o protagonista da obra Platero y yo de Juan Ramón Jiménez.

Tamén foi famoso na obra El asno de oro de Apuleyo.

O burro aparece reflexado, en moitas obras,  como o símbolo da ignorancia; por exemplo na obra  Sueños de una noche de verano de Shakespeare e tamén en numerosas fábulas.

O que queira profundizar nestos temas vouno remitir o seguinte libro de Manuel Mandianes, O Burro,  publicado recentemente:

      O libro trata o burro dende distintos puntos de vista: o burro protagonista nas fábulas, na literatura, etc. O burro perdido: nas festas, na noite de San Xoán, etc. O reencontro do burro. As conclusións e amplios anexos, nos que trata sobre refráns (trae unha chea deles), asociacións en defensa do burro e bibliografía do traballo.

     Tamén trae un conxunto de fotografías sobre o burro nas súas distintas faenas: de traballo, de festa ou lúdico, etc.

A obra está publicada pola editorial IR INDO no 2006.

 

O burro foi o símbolo en Egipto do Deus Ra. Tamén en Grecia do Deus grego Dionisio.

O burro na cultura galega:

      O burro ten moitísimo que ver na nosa cultura de sempre; arredor dos muíños galegos hai moitas cousas que escribir e moitas cousas que recordar, todo un rico e variado  folclore: muíñadas, contos, lendas, adiviñas,   cantigas. As muiñadas, que así se chamaban estas xuntanzas, acudían homes e mulleres, sendo os mozos os que máis participaban. O burro era fundamental para chegar a estos muíños e levar e traer a carga, neste caso levar o cereal e traer os salvados e a fariña.

Montaxe do autor da www. O burro non estaba nese lugar, pero evidetemente estuvo moitos días...

Burro fariñeiro no Muíño do Medio na ruta dos muíños de Vilameá en Lobios. Ourense

 

     Convén decir que en Galicia tódolos burros teñen nome: dende Jaimito, Sinforosa, Ladral, Quirós, Juanita, Gitana, Luceiro, Pimpolla, Felipe, Cuca,  ata un longo etc.

O burro fariñeiro tamén é usado polo humorista sensacional Xose Lois "Carrabouxo", neste caso ten razón, como casi sempre...Na década dos 90 púsoxe de moda o turismo rural...Por suposto o "Carrabouxo" xa estaba de volta...

     Conta Manuel Mandianes no libro citado o que pasaba  A noite das trastadas en Loureses, onde antiguamente se abrían, en plan de coña, na noitevella as portas dos patios das cortes e dos cortellos, pero o parecer especialmente a corte do burro. Evidentemente o burro salía e aparecía o día seguinte en calquera lado, na palleira do veciño ou a comer en calquera leira.

    Tamén na Noite de San Xoán, en moitos lugares de Galicia se fai a misma trastada de Loureses, os veciños sacan os animais das cortes para que collan o orballo da mañá de san Xoán. O lío que armaban o verse os burros fora xa vos podemos imaxinar.

    No aspecto da cultura popular seica a cola de burro foi utilizada para sanar a tos ferina e as picaduras de escorpión. Casi nada.

No libro citado trae tamén unha lista moi interesante  de refráns e ditos sobre os burros.

Algúns  refráns galegos que trae son os seguintes:

"A muller bailar e o burro a ornear"

"Home casado, burro escarallado"

"A muller a bailar e o burro a ornear, o diaño debeullo ensinar"

-------------------------------------

O burro tamén é unha peza clave en moitas festas de Galicia:

As carreiras de burros por exemplo fanse en moitos lugares, dende fai moito tempo e con distintas modalidades.

Fotografía de Xose Varela  Vilariño

¡Un ano destos teño que ir as carreiras de burros de Escairón!,  en Monforte, Lugo, seica son unha pasada... Seica son "unha burrada de burros"...Celébrase os días oito de agosto.

Levamo, o autor da fotografía, chama "O gran national"  a Carreira de Burros de Escairón; realmente é un nome apropiado...

Este ano a burra Pimpolla, que seica non ten rival, foi outra vez a gañadora.  O burro Felipe fixo o que poido, pero non houbo maneira...Repito, hai que ir a Escairón, preto de Monforte de Lemos en Lugo, pola carreira e como non, a enchenta de polbo que hai a continuación...

Foto de Alberto López. Ano 2006. Festas de Escairón.

Tamén é famosa en Galicia a  tradicional carreira de burras de San Roque do Monte, en San Miguel de Deiro en Vilanova, onde este ano gañou  Juanita que guiada por Juan Mariño foi a gañadora. Seica foi moi espectacular.

Na fotografía vese Juanita un pouca máis retrasada, pero logo ganaría a carreira. A fotografía é de Martina Miser.

    Nos entroidos tamén se utiliza o burro, unhas veces como enxebrismo, outras como mascarada,  etc. O burro no entroido da moito xogo...

Fotografía de Xose Varela  Vilariño

   Unha personaxe do entroido de Laza é precisamente a Morena que é  un home que suxeita por medio dun pau unha cabeza de vaca feita de madeira, tapado por unha manta. Sae o Luns de carnaval do Barrio de Cimadevila, cun séquito de formigas, toxos, un burro e ata unha máquina trilladora...A morena vai dereita a plaza do pobo para levantar a saia a toda muller que por alí pase...todo un espectáculo...   

A Morena en Laza. 1989. Fotografía de Pili Prol.

       O burro forma parte do séquito do entroido neste caso. Tamén en Laza hai un lugar no entroido para facer o testamento do burro, onde en verso se vai criticando o que aconteceu durante todo o ano...É obligatorio estar presente tódolos veciños, non lles queda máis remedio.

Así por exemplo dedicado o carteiro do pobo:

O burro heillo de dar

sen discusión ó carteiro,

que agora déronlle un pito

para reparti-lo correo

e trae ós veciños tolos

co demo do pitorreo.

Para que nos deixe durmir,

eu xa che teño dito:

chama á xente polo nome

e non lle tóque-lo pito.

Na fotografía de Pili Prol do ano 1989, vese a xente o día do Testamento do Burro en Laza.

Nota: as fotografías de Pili Prol e o texto coa poesía están sacada do libro "O Carnaval en Galicia" de Federico Cocho, editado por Xerais en 1990.

-------------------------------------------------------------------------

O burro tamén é usado polo humorista sensacional Xose Lois "Carrabouxo". Na década dos 90 estaban de moda os eixos en Galicia. O Carrabouxo tamén reivindicaba o seu. Está claro no dibuxo, que esa reivindicación era xusta. Engadir  que o burro que aparece é claramente un burro fariñeiro.

Lembranzas de rapaz:

Quen non se lembra destas cancións, cando éramos nenos e tocaba cantar nás excursións?:

El Burro Del Vinagre

Ya se murió el burro
de la tía "Vinagre",
ya se lo llevó Dios
de esta vida miserable.
Que tururururú,
que tururururú,
que tururururú,
que tururururú.

Él era valiente,
él era mohíno,
él era el alivio
de todos los vecinos.


Ya estiró la pata,
ya cerró el hocico
y con el rabo dijo:
"adiós, adiós. Perico".

Todos los vecinos
fueron al entierro
y la tía María
tocaba el cencerro.

--------0--------

A outra canción pasáronma os meus amigos Samuel e Isabel, que saben moitas destas cancións galegas,  e que as veces cantamos nas nosas festas; na última,  a do bautizo de Martín, o neto do Celsiño de Barbantes un amigo de sempre:

A miña burriña

cando vai pro muíño

vai enfarelada

Cheíña de frío...

Cheíña de frío

e máis de xiada

¡ai!, a miña burriña

sempre vai cargada...

Eu non sei que me fixeches

que non te podo olvidare

de día no pensamento

e de noito nos xoñares.

A miña burriña (bis)

............

Meu pai pensa que me ten

debaixo do pe dereito

fago a cama no xogullo

non sabe con que me deito.

A miña burriña (bis)

-----------

--------0--------

Para rematar lembrar o famoso xogo do burro do que hai moitas versións, esta é unha delas:

Sacado do Diccionario enciclopédico de D. Eladio Rguez Gzlez.:

 

 

Volver o burro fariñeiro.