Patrón racial do burro fariñeiro galego:
Nota: o que sigue é unha aproximación as características máis coñecidas do burro fariñeiro.
Patrón racial do Burro Fariñeiro
Os burros fariñeiros galegos son, en xeral, pequenos, as súas medidas van entre 60 cms. a 110 cms. no medio do corpo e sobre un metro de media na cruz do burro. O seu peso oscila bastante: entre 150 kg. e 200 kg.
As femias son un pouco máis pequenas.
Teñen a cabeza grande (máis grande que a dos cabalos), pero non tan grande como o burro catalán. As orellas son longas e moi móviles.
As órbitas tiran a cadradas, máis que a rasgadas.
Os membros son delgados con cascos pequenos altos e comprimidos lateralmente. O peito é estreito, a espalda moi afilada e o ventre grande.
A cola é larga e delgada. Normalmente ten un mechón de pelo no extremo da cola.
A pelaxe soe ser de cor mezclado entre negro e blanco o que se chama capa torda.
Soe ter blanco o fuciño, o contorno dos ollos, por debaixo do cuello e a parte de abaixo do ventre. Tamén nas axilas e bragadas.
O pelo no corpo é corto e suave.
Ten máis pelo na cabeza, pero sin chegar a dar a impresión de peludo como o burro zamorano-leonés.
Nota: as fotografías anteriores están sacadas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o día 08/10/2006. Nelas vese a burra fariñeira "Cuca" que naceu o 01/01/1998; a súa capa é torda.
As fotografías e o texto son de Secundino Lorenzo, autor da web.
Para más datos sobre el burro fariñeiro, ponerse en contacto con: