
Burros e libros
Texto de
Monte Reel

Chámanlles os "biblioburros". Os animais son baratos, fiables, non lles fai falta gasolina e van a tódolos lugares sin problemas. Un home leva libros por riba dos burros as aldeas de Colombia, xa que está convencido que si existiran moitos que fixeran o mesmo e se apasionaran por estos traballos poderíase rachar o ciclo de 40 anos de violencia entre os guerrilleiros e os paramilitares.
Tódolos
fín de semán, Luís Soriano e dous burros cargados
atravesan montes e vales no Norte de Colombia, onde
aldeas como El Dificil e El Tormento reciben o seu
nome precisamente por ter camiños de dificil aceso e
moi malos de andar; todo un tormento andar por eles.
A misión de Soriano é quixotesca e a carga dos
burros é incrible: caixas con 160 libros destinados
às aldeas ailladas, onde os residentes non teñen
virtualmente acceso à lectura, salvo algúns textos da
escola primária, en follas xa moi escritas,
arrugadas e
marcadas polo uso; e alguns textos da Biblia, nada
máis.
Hai cinco anos, esta biblioteca itinerante, a que
Soriano chama "biblioburros", é a única nesta pobre
e remota zona rural de Colombia.
"As persoas de aquí adoran as histórias",
dice Soriano, de 32 anos, antiguo tendeiro desa
aldea do estado da Magdalena. "E eu intento, à
miña maneira, manter vivo ese entusiasmo."
Soriano apaxionouse polos libros ós seis anos, máis
tarde licenciouse en Literatura española; todo elo,
parece ser que foi,
despois de que un profesor se desplazara a súa aldea
dúas veces o mes e lle metera o gusaniño no corpo...
Esta paisaxe agreste, onde viviu toda a súa vida,
é moi dificil para medios de transporte con rodas,
pero asequible para animais como o burro. "Os
animais son baratos, fiables, non precisan de
gasolina e poden ir prácticamente a tódolos lugares
do país", observa.
Nunha carpeta bermella, Soriano garda unha lista dos
títulos que os paisanos piden con maior frecuencia.
A súa biblioteca itinerante inclue romances,
histórias e textos de mediciña, os libros máis
populares son as histórias infantis con
acontecementos incríbles, en lugares fabulosos,
onde os animais se asemellan ós homes e son os
heroes. Tal vez sexa por eso que Soriano e os seus
burros se atopan tan ben na zona.
Recentemente, antes da súa volta semanal, à noite,
Soriano coloca os libros en bolsas de plástico
individuais, empaquetadas en capas de lona de
maneira que se vexa o libro e que se poidan colgar
dunha árbore, que será como os expoña posteriormente.
El vai colocando os libros en capas, ordenando e
colocando en caixas de madeira que coloca e ata nas
albardas dos burros. Soriano ten soio dúas
regras para quen quer ler os libros: lavar as mans e
non escribir nas páxinas. El sabe quen levou este ou
aquel libro, prácticamente non anota nada, dice que confía plenamente na
honestidade das persoas.
"Tal vez sexa unha das únicas bibliotecas do
mundo onde as persoas veñen coas súas mochilas
e non son controladas à saída", observa Soriano.
Antiguamente el levaba unha vida mais normal, pois
era dono dunha tenda de abastecemento e tiña unha
familia para criar. Leia por pracer e tiña na casa
unha biblioteca con cerca de 80 volúmenes. Despois,
comezou a emprestar os seus libros, pedindo e
emprestando para obter mais. Rematou por aumentar a
colección ata 4800 libros. A sua muller, Diana,
estaba cada vez máis desesperada coa falta de
espacio, os libros aumentaban moito, para criar os tres fillos. "Ela
acostumbraba a preguntarme : "Que vamos facer,
comer libros con arroz?"", conta Soriano.
Hai tres anos, Soriano atopou unha patrocinadora, Addis Marilyn, directora da biblioteca municipal de
Santa Marta, unha ciudade a 300 quilómetros, situada
na costa das Caraíbas, escoitou falar do que
el facía e convidouno para traballar como unha
sucursal súa. Aproveitando a idea de Soriano,
Marilyn patrocinou outros dois proxectos de "biblioburros".
Actualmente, os três participan cun presuposto que
ronda os sete mil dólares.
Soriano dice non tuvo sorte ó pedir axuda às
autoridades locais para montar unha biblioteca
decente, mais o goberno nacional interesouse mais.
Ainda hai pouco tempo, un senador propúsolle crear
unha rede de bibliotecas transportadas por burros
para todas as zonas rurais de Colombia.
Para prepararse para esta viaxe, unha xornada de
três horas ata a aldea de Las Planadas, aparte dos
libros Soriano embalou tamen 40 máscaras de
porquiños que conseguiu obter coa axuda de Marilyn.
El pretende distribuír as máscaras os nenos da aldea
antes de que estas lean "Os tres porquiños". Como
idealista que é, Soriano pensa que se houbera
bastantes persoas a apaxionarse por estas histórias,
poderíase romper o ciclo de 40 anos de violencia
entre os guerrilleiros e as forzas paramilitares.
Os soldados paramilitares, que maioritariamente usan
os lucros da venda de droga para financiar un
sistema de intimidación e ameazas de morte,
controlan gran parte das aldeas da rexión. Mais
Soriano dice que el e os seus burros mantéñense a
marxe de todo eso e, por contra, os militares
respétano moito. Moitos dos nenos non saben
ler, por eso, el aprende os nenos moi a menudo. Por
veces tamén aprende os pais.
Alberto Mendonza, de 11 anos, presume xunto os
outros nenos. A súa família, o contrario dos
restantes nenos, ten un libro na casa.
"Temos un libro", declara. "A Bíblia."
Nunha visita anterior, Soriano mostrara a Alberto un
libro ilustrado sobre un osiño que pasa unha tarde
enteira a construir castelos na area e a regar un
xardín cheo de flores có seu avó. Hoxe, ese mismo
libro atópase colgado nunha árbore. Cando Soriano
remata a história e dice os nenos que poden escoller
os libros que queiran, Alberto corre para a árbore e
agarra o libro do osiño antes que alguén consiga
chegar antes que el.
Nota:
Traducción libre de Secundino Lorenzo dun texto (en portugués) que xa traducira (do inglés) Francisca Sacadura.
Texto que aparece no blog de nome ANOMALIAS.
