Salmo salar. Salmón. (Salmón Atlántico).

 Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).  

Salmón do Miño. 80 cms.

(O Salmón pode ter unha lonxitude superior o metro e pesar por riba dos 20 kg.)

O Salmón foi, sin dúbida,  o rei dos ríos galegos, xunto có sábel e as troitas. Hoxe é un rei sin coroa.  Unha auténtica desfeita estase a producir en Galicia con este peixe que, nace e vive no río, logo vive no mar e ven a desovar e morrer onde naceu.

    Algunhos voltan o mar por segunda vez, pero son os menos. Os encoros, que ningún cumple a lei dende fai 50 anos, están rematando co salmón en Galicia, xunto a contaminación dos ríos. Por exemplo o  río Tambre en Galicia soio deixa o salmón un 10% do río; pero é un entre moitos; o río Miño, quizais o mellor río salmoeiro do mundo en tempos, soio deixa 75 kms. de río para o salmón e están perdidos 3.000 kms. da súa conca, menos do 10%,  que era toda salmoeira...  Penoso, de vergoña e para chorar...

Alerta bermella para o salmón en Cantabria.09/2012.

Alerta bermella para o salmón atlántico. 10/2014

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SALMÓN DO ATLÁNTICO.

As fotografías son de W.U.V.

El salmón atlántico casi ya no llega a Galicia.

Ver tamén artículo interesante.

Dibuxo dun salmón do atlántico:

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características do salmón atlántico (Salmo salar).

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

 

Características Básicas:    
Nome científico Nome galego Nome castelán   
     
Nomes por etapas de vida. Identificación do salmón Pinto-troita diferencias
     
Identificación. Video BBC Dimensións Habitat: os encoros e a auga.
     
Inimigos do salmón. Alimentación Valor enerxético
     
Vese nos meses Interés           Reproducción. Video. BBC
     
A subida do salmón As concas de España Curiosidades sobre o salmón.     
     
Protección Un pouco de historia   O salmón e F. Franco
     
Distribución en Galicia Conca galega do salmón O salmón no Miño
     
Atlas do salmón. Datos básicos O salmón na mesa. A. Cunqueiro Salmón el rey del río Voz 15/05/11
     
Importancia do salmón. Estadísticas Galicia dende 1949. Unha boa páxina web. 
  Serie histórica 1975-2018  
O salmón hoxe:    
Estadísticas 2006/2007/2008  Estadística 2009. Moi mal.     Estadística 2010/11   
     
Estadísticas 2012  Evolución da súa pesca. Problemas do salmón.
     
Furtivismo e salmón. A investigación sobre o salmón en Galicia. Repoboacións e estudios
     
A punto de desaparecer na Coruña  Así teríamos máis salmóns.Video Salmóns de amigos.
     
Alerta en  Galicia (22/07/2012) Alerta Salmón en Asturias                Alerta bermella Cantabria 09/2012
     
Estadística de  Asturias

Datos científicos s. Asturias. (04/2013)

Fidelidade do salmón.

     
Que ten a pesca do salmón? 05/2013

Salmóns pescados 2013-Galicia 24/06

Salmóns no Tea     

     
Salmóns pescados 2014-Galicia

Salvar o Salmón atlántico. Pesca S.M.

Ver estadísticas de Galicia a 2019

     
O salmón e as electricas. Modificado 15/04/2020  

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Salmón del Narcea.

Salmo salar ( Linnaeus 1758)

Taxonomía:

Clase Actinopterygii
Orden Salmoniformes
Familia Salmonidae
Xénero Salmo
Especie Salmo salar

Os Actinopterygii son peixes con aletas radiadas.

 

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Salmón pescado no río Miño en Forcadela. Peso 16,800 kg.

Salmón

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

Salmón atlántico.

 

 

 

O principio, o nacer, chámanse pintos e teñen manchas roxas ( ver máis abaixo).

Pinto. Fotografía de J.C. Muñoz, sacada do libro "Atlas de los ríos salmoneros de la P. Ibérica"

Nesta fotografía o pinto é o de arriba, o de abaixo é unha troita. Observar as diferencias na cola, na boca entre outras.   Pinto-troita diferencias

Cando baixan e se van o mar, teñen xa unha manchas negras e xa comenzaron a pratear, neste caso chámanse esguíns.

 

Esguín de salmón.

 

Cando volven do mar, xa maduros, chámanse salmóns.

El salmón atlántico casi ya no llega a Galicia.

 

Cando despois de desovar volven o mar arrastrados pola corrente neste caso chámanse zancados. Soio un 2% volve en Galicia.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Salmóns do río Miño. Un dos ríos máis salmoneiros do mundo fai poucos anos (sobre 30 anos).

Dende 1975 a 1985 pescáronse no Miño 11.584 de forma oficial. Ou sexa con guía. Nesta relación non figuran os pescados por Portugal (sempre pola zona de caminha os pescadores portugueses pescaron salmóns, por suposto con rede), nin os non censados.

Pode medir máis dun metro e pesar máis de 15 kg. De feito colléronso salmóns no río Miño de 26 kg.

En canto a súa vida, atopáronse salmóns de 13 anos. Polo tanto seguro que podían vivir máis. o normal é que un salmón reproductor teña entre 4 a 6 anos.

Mario en Ribadavia no ano 1968 con tres salmóns novos...

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

É plateado con pintas negras polo lombo, a mandibula é especial e nos machos está moi curbada. Precisamente os machos distínguense das femias por ese detalle, aparte de ter a cabeza máis afiada e ser mais grandes.

Salmón macho. Observar a mandíbula inferior.

 

O salmón ten dentes nas mandíbulas, dentes na lingua e dentes no paladar nun oso que se chama vómer, según moitos naturalistas este oso é o que distingue perfectamente os salmónidos. Todos os dentes están curbados hacia atrás de tal maneira que como amarren unha presa e casi imposible que a solten.

Neste dibuxo vese unha cabeza de salmón, nela está situado o vómer que no salmón é como o dibuxo que aparece abaixo a esquerda ou sexa dous dentes dispostos trasversalmente  e sete o longo dun eixo lonxitudinal.

Observar nesta fotografía, dun salmón pescado polo meu amigo Hilario no río Cares o 11/07/2011, a disposición dos dentes que lle quedan no vomer, faltan algúns; a loita foi moi grande e non me estrana.

No libro "Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en materia de Pesca Fluvial", editado  por AGAIA (Asociación galega de investigadores da auga), Estación hidrobiolóxica "Encoro do Con". Escrito por F. Cobo e R. Vieira-Lanero como coordinadores,  aparece unha clasificación dos peixes existentes en Galicia de onde está sacado o dibuxo do vómer que aparece na figura anterior.

Nesa clave considérase básicos para identificar o salmón: o vómer e o feito de que as manchas operculares sexan moi escasas, normalmente menos de tres, e o maxilar superior non alcanza a liña  vertical imaxinaria  trazada por detrás do ollo (liña postocular).

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

É inconfundible, é precioso. O malo é que en Galicia xa casi non existe.

O da fotografía que é un salmón do río Miño, medía 80 cms.

O salmón ten a cabeza máis pequena que a troita. Realmente non supera nunca a sexta parte do corpo.

As escamas son moi pequenas, a liña lateral ten entre 120 a 130 escamas.

Este é un salmón macho, observar as mandíbulas.

Observar nesta imaxen real de salmón a mandíbula inferior.

 

O dorso é gris con irisacións verdeazuladas. A barriga é blanca. As pintas son negras, o que pasa que no desove algunhas convirtense en bermellas.

O pescador convén que distinga o pinto (salmón o nacer) da troita, tamén o esguín de salmón (xa máis grande e tranformado para emigrar o mar) da troita e do reo e finalmente o salmón da troita e do reo que é máis doado.

Penso que o máis dificil é distinguir o pinto da troita, polo menos eso foi o que me pasou a mín nos primeiros anos.

Pinto-troita diferencias

Ver un video da BBC:

Videos sensacionais, neste caso os salmóns remontando unha presa e subindo polo río para desovar. Espero que a BBC non cambie o link o detectar a súa copia. Esta copia está feita con motivos simplemente de aprendizaxe non con fines lucrativos.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

A súa población vai en picado, un declive total.

En Galicia moito peor que no resto do estado, peor que en Asturias e peor que en Cantabria.

A nivel do estado pasamos dos 6.000 salmóns na década dos 60 ( 1960-1970) os 1.900 da década dos 90 ( 1990-2000).

As repoboacións que se fan non foron moi efectivas.

Estamos falando dunha ESPECIE EN PELIGRO DE EXTINCIÓN EN ESPAÑA, en GALICIA ESTÁ NA UVI.

Ata aquí datos dende 1997 ó 2005.

Parece ser que están cambiando as cousas. Xa regresan, nun 85% en algúns ríos femias reproductoras que remontan os dous anos a maioría, e nos meses de marzo e abril. Son sin duda os exemplares máis grandes.

Os machos suben en xullo.

Sobre o inverno ten lugar a posta de ovos e a fecundación que fai nun 60% o macho que sigue a femia e no resto machos xóvens.

Seica a variabilidade  xenética é moi satisfactoria en Galicia según estudios realizados recentemente e publicados na Voz de Galicia. En Galicia os estudios son de Paloma Morán.

Por certo indica Paloma Morán que non se debera pescar salmón nestes meses de marzo e abril para permitir as femias o remonte e logo a cría.

Enhoraboa e a seguir así.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación: 

O salmón aliméntase pouco, xa que nos ríos cando ven a desovar, apenas come nada, de tódolos xeitos pode comer de todo: insectos, miocas, peixes, ras, troitas, etc.

Pero, repito, máis ben mata, cando sube a desovar.

Por suposto no mar aliméntase a fondo concretamente de krill: crustáceos, pequenos peixes, gambiñas, etc.

Os que suben no mes de abril chámanse abrileños.

O salmón ten distintos nomes según a súa etapa da vida.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

O salmón é moi esixente co habitat e moi esixente coa auga do río.

Vive nos grandes ríos ata os encoros. Dende logo, si poden, suben ata os regatos onde naceron. É curioso que en tempos collíanse salmóns en Villablino,  no río Sil,  na zona de Ponferrada. Hoxe Fenosa primeiro, e logo Iberdrola e Endesa, non deixan subir o salmón, que cada día hai menos e que se queda no río Miño en Frieira, onde, últimamente xa non se ven.

El salmón atlántico casi ya no llega a Galicia.

Eu vin salmóns no río Maquiáns (afluente do Avia en Ribadavia) no ano 1968. Tempos aqueles.

O progreso (o que se entende en Galicia por progreso)  escoña todo, sobre todo si as cousas se fan mirando soio o bolsillo... Non hai dereito a que empresas que facturan millóns de euros, a conta dos ríos galegos, non fagan o imposible por manter as especies que habitaban neles ...¡¡¡ realmente resulta ata inmoral...e dende logo non cumplen as leis nin as cumpliron cando fixeron os encoros, que xa existían.!!.  De vergoña.

En canto o estado actual ou habitat do salmón en Galicia, ou sexa o estado das concas actuais, hai un traballo que aparece no Atlas de los ríos salmoneros de la Península  Ibérica que nos dice como están actualmente estas concas seguindo o criterio IBMWP que está comentado nesta misma páxina web e é o que se utiliza actualmente:

Observar que a conca do Miño está sin determinar, o resto está en boas condicións salvo o tramo do Umia.

O salmón esixe unha calidade da auga bastante grande dende o PH ata a conductividade, así en Galicia os PH son máis baixos que no norte, ou sexa máis ácidos que nas concas orientais.

A conductividade da auga que está en relación as sales disoltas que contén a auga, sempre en función da natureza ácida ou básica do sustrato xeolóxico da conca. Esto condiciona de forma seria a productividade do río.

Así,  ver os gráficos,  en Galicia os ríos teñen baixa conductividade e polo tanto son menos productivos, aparte son máis fácilmente contaminables. Tamén o PH é menor, máis ácidos como xa está dito.

Variacións neses parámetros anteriores poden facer que o río non sexa apto para o salmón.

Outro factor a ter en conta na calidade da auga sempre son as augas residuais urbanas. Normalmente mídese  pola densidade de población por Km2, observar no outro gráfico que as concas máis pobladas son as nosas con máis de 120 habitantes/km2.

Outro factor é a actividade gandeira que se mide en cantidade de esterco por hm3 de aportación da conca. Aquí tamén nos ganan no norte. Esta carga é maior en Asturias e Cantabria que en Galicia e a communidade vasca.  Estos dous factores levan a unha maior contaminación da auga.

É aceptable no ion amonio valores inferiores 1 mg/l  e no DBO5 o valor límite é de 3,5 mg/l.

 

Outro punto a medir  son as concentración de ion amonio na auga e a demanda de osixeno DBO5

Nota: son consciente de que os datos anteriores presupoñen uns coñecementos que non teñen moitos rapaces que utilizan estas fichas pero os gráficos son interesantísimos para determinadas edades dos rapaces onde si é posible analizalos partindo simplemente da normalidade. Os demais o realmente importante é:

Saber que a auga do río debe cumplir unhas normas e que  os salmóns son moi esixentes. Cuidemos polo tanto esas augas.

Tamén é básica a temperatura da auga.

Outro parámetro importante é a temperatura. Pode ser determinante, por eso non se entende esas talas indiscriminadas de moitos Concellos. A verdade é que os conñecementos en xeral son nulos. O talar a temperatura aumenta e pode ser mortal de vecesidade. Hoxe as  temperaturas nas concas salmoeiras mídense en tempo real polo menos nas confederación Miño-sil e na Cantábrica. O umbral crítico está nos 25ª en algunhas as veces superase.En Galicia  a conca do Miño supera as veces os 21,5º. Nos días da reproducción a temperatura é básica (ver reproducción) e a temperatura idónea está sobre os 11º.

Outro factor a ter en conta é a IBMWP xa comentado.

 

 

Inimigos do salmón.

O maior inimigo do salmón é o home, esto non hai dúbida ningunha. Logo según sexa adulto ou non ten inimigos varios.

O ovo, o pinto e o esguín teñen todo tipo de depredadores dende o mismo salmón pasando por todo tipo de peixes que habitan o río, algúnhas aves como o picapeixa o merlo rieiro, os cormoráns, as garzas e dende logo moitos mamíferos como a lontra, o auganeiro os visóns, etc. De adulto ten poucos inimigos salvo o xa dito o home.

Escada de peixes.

 

O decir que o home é o inimigo nº un dos salmón non é por que sí. A historia está para vela e sacar conclusión, o salmón tiña no século XIX unha gran porcentaxe dos ríos libres para frezar e reproducirse, hoxe en España nas concas todas soio dispón dun 32% como totalmente utilizables.

Os datos son que nun total das 32 concas salmoneiras con 28.000 km de río, soio o 32% ou sexa 9000 km están ceibes para o salmón. o resto ou sexa o 68% son trampas insalvables para o salmón en forma de presas, muiños, azudes e grandes presas moitas... En moitos ríos hai escadas salmoeiras e outros artiluxios que sirven para que suba o salmón, pero nas presas e minicentrais os esguín de salmóns morren a maioría:  entre 5 e un 20% en turbinas tipo Kaplan, entre 30 e 70% tipo Francis e un 100% nas tipo Pelton. Un desastre.

Algunas aclaraciones:

Embalse e esquema tipico de xeneración. No punto 4 en onde están as turbinas. O salmón que subiu polas escadas como baixa?. Lóxicamente polas turbinas e ahí é onde morren.

Estas sopn as turbinas Kaplan, nesta a mortandad dos esquín está entre o 5 e o 20% Neste tipo de turbinas, turbinas Francis,  morre entre un 30 a un 70% da fauna. Neste tipo de turbinas, as turbinas Pelton,  nos encoros e minicentrais morre o 100% da fauna.

Sigue sendo o home outro inimigo claro na contaminación dos ríos. o salmón é moi esixente e si o río non reune unhas condicións básicas o salmón non entrará na conca. Así de fácil. Quen contamina os ríos? o home. Está claro...

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Veses nos meses:

Abril a Agosto. Os de abril chámanse abrileños.

Hoxe sábese que primeiro suben as femias sobre marzo, abril. Que por certo son as maiores. Logo no mes de xullo suben os machos.

A Galicia hoxe están chegando, maioritariamente, as femias nun 70%, que regresan prácticamente o mismo río.

Ver de tódolos xeitos este apartado cos datos exacto do que se pode ver según os meses.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

El salmón atlántico casi ya no llega a Galicia.

Especial. Debera estar protexido e deberan tomarse medidas "serias" para recuperar o salmón como se está a facer en Alemania ou Francia. Este último ano en Asturias ( 3.000 millóns para sanear o Nalón e o río Caudal que pasa xa a proba do mirlo...en Galicia os ríos pasan a proba das minicentrais e encoros...unha aquí e outra alí e así tódolos días do ano. Unha auténtica desfeita dos nosos ríos que a Xunta de Galicia e Medio Ambiente permite...

Hai que ter en conta que o salmón é unha especie clave para medir o cumplimento dos obxetivos medioambientais da Directiva Marco del Agua (Directiva 2000/60/CE), que é a máxima disposición europea. A recuperación e  conservación das súas poblacións será o indicador do bon estado ecolóxico dos ríos propugnados na directiva.

Valor enerxético:

O salmón é un alimento de primeiro orden: aparte de vitaminas A e D, ten un altísimo contenido en ácido omega 3. As súas proteinas son especiais.

O salmón de río,  o seu sabor non o esquecerei na miña vida. Transcurría o ano 1970 e probeino en Crecente, en Pontevedra preto de Arbo, aquel día había ido de pesca da troita cuns compañeiros do IES de Ribadavia. A hora de comer tiñamos as troitas que pescamos e un cabrito que habíamos encargado ó dono do bar. Aquel día o cociñeiro recibira un salmón do Miño e o dono preguntou si alguén quería unha roda,  por exemplo a romana... Naturalmente probeino. O seu sabor inda me lembro hoxe: era peixe pero sabía a marisco, sensacional. Despois de esta experiencia soio decir que o salmón de piscifactoría,  inda recoñecendo o seu valor enerxético,  non ten nada que ver có anterior.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Importancia:

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

Dende o  punto de vista comercial o salmón é o peixe máis importante de Europa e un dos máis codiciados a nivel mundial. A súa carne é exquisita xa que se alimenta de gambas, camaróns, etc.

Podo certificar que o seu sabor é fora de serie, probeino no ano 1969 en Crecente (o salmón era do río Miño) , simplemente unha roda de salmón á romana. Nono esquecería na miña vida. Por certo non volvín a probar o salmón. O de piscifactoría non ten nada que ver...

Salmóns do río Miño, Ribadavia 1968. Mario

O salmón comercial non me gusta...non ten nada que ver có auténtico. É como a troita de río e a de piscifactoría ( ou como o galo comercial e o criado libre na casa con millo e berzas, non ten nada que ver, creo que nos entendemos...)

En Galicia os nosos gobernantes deberan mirar máis por este peixe e cuidar os nosos ríos e recuperar o salmón, pero con políticas científicas e non chapuzadas como están a facerse actualmente (1990-2005).

É inconcebible que a Consellería de Medio Ambiente esté a recuperar o salmón no Lerez e permita a Fenosa cubrir de Minicentrais o mismo río...non ten nin pés nin cabeza a súa política.

Hai que ter en conta que o salmón é unha especie clave para medir o cumplimento dos obxetivos medioambientais da Directiva Marco del Agua (Directiva 2000/60/CE), que é a máxima disposición europea. A recuperación e  conservación das súas poblacións será o indicador do bon estado ecolóxico dos ríos propugnados na directiva.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

 

De forma esquemática o salmón nace no río (a femia pon ovos que fecundan os machos e o que se chama freza do salmón), os ovos dan lugar os alevíns vesiculados (que se alimentan dunha bolsa de alimentos propia), logo convírtense en pintos (entre 6 e 12 cms.), que son como troitas pequenas  e finalmente en esquín (que son máis blancos e maiores ata 18 cms.) e  que van o mar (aquí prodúcese unha transformación tamén moi grande na súa vida para adaptarse a un medio completamente distinto de agua salada)  e viven varios anos para regresar o río onde naceron e volver a comenzar o ciclo de reproducción coa posta dos ovos e a incubación...

Neste esquema de Manuel Sosa, sacado do libro "Atlas de los ríos salmoneros de la Península Ibérica", vese perfectamente o ciclo vital do salmón, dende que se produce a freza no río onde esta o macho (o da mandíbula sainte e grande ) e a femia, pasando polos ovos embrionados, os alevíns vesiculados, o pinto, o esguín e volta o mar, de onde no seu momento volverán o río a frezar.

Os exemplares de maior tamaño (que veñen do mar),  comenzan a remontar os ríos no inverno, os máis pequenos en primaveira. Durante o ascenso e antes da freza o salmón non se alimenta e consume a grasa acumulada no mar. A freza ten lugar en Otoño, inverno.

Nesta imaxen vemos unha cabeza de salmón macho nos momentos do desove, nese momento son moi expresivos as tonalidades da súa librea e o cambio, que se llama dimorfismo, da mandíbula inferior.

Hoxe, no ano 2007, sábese que as femias regresan os dous anos e suben no mes de marzo, abril. Os machos fano en xullo e a posta fana no inverno, polo menos en Galicia.

Salmóns desovando. Sempre buscan leitos de coios e pouca corrente. O ideal regatos que cumplan esas condicións.

Hoxe non teñen onde facer esta freza, no río Miño o salmón non pasa de Frieira. Penoso. É probable que algún remonte regatos do baixo Miño, como o Tea, o Deva, e poida facer a freza, teño as miñas dúbidas.

Algúns desovan no propio Miño que está continuamente a baixar e subir, os ovos quedan o descuberto e póñense as botas os paxaros e outros animais...

Penoso.

El salmón atlántico casi ya no llega a Galicia.

 

A golpes de cola e en fondos pedregosos e arenosos con augas moi limpas a femia escava unha depresión de 3 metros de longo por 10-15 cms de profundidade na que deposita de 5.000 a 22.000 ovos entre 5-7 cms que recubre logo a macho coa fecundación.  As veces que fecunda non é o macho que ven do mar, o forte, as veces os son chamados "vironeiros" os que cando se descuida o macho forte, fecundan os ovos.

Impresionante imaxen de Paul Nicklen/National Geographic Colleccion. Nela vense na freza dous machos e unha femia. Observar o primeiro macho a súa mandíbula e os cores da súa librea. 1Impresionantes!.

Ver este video de yotube, desove do salmón.

Os salmóns a pesares de poñer moitos ovos, que son grandes e en lugares escollidos a fecundidade é baixa, de feito calcúlase que fan falla entre 3.000 a 5.000 ovos para que un salmón retorne adulto o río. Hai algúns datos, por exemplo en Galicia no Ulla a supervivencia de ovo embrionado a esguín oscila entre o 0,5 a 3,5%, e a tasa de esguin que saindo o mar volven oscila entre o 1% e o 2%.

Ovos de salmón perdidos. O salmón femia pon varias tandas de ovos que o macho vai fecundando. Miles deles pérdense, como os da fotografía.

Ovos embrionados e algún alevín vesiculado. Fotografía de Ordoño sacada do Atlas  de los ríos salmoneros de la península Ibérica.

As larvas eclosionan o cabo de 70-200 días, dependendo da temperatura da auga xa que teñen que acumular unhos grados día determinados (días multiplicados pola temperatura da auga).

O nacer os pequenos salmóns traen consigo un saco vitelino do que se alimentan durante 45 días. Unha vez que perden este saco saen os esguín que xa se alimentas de pequenos insectos, etc.

Video da BBC:

Videos sensacionais, neste caso os pequenos salmóns vense cos seus sacos vitelinos en pleno río. Espero que a BBC non cambie o link o detectar a súa copia. Esta copia está feita con motivos simplemente de aprendizaxe non con fines lucrativos.

 

Os xovenes (pintos) permanecen entre 1-5 anos en augas doces e na primavera descenden cara a mar (esguín), quédanse na zona do litoral un pouco de tempo e logo vanse hacia augas peláxinas onde viven entre 1 e 6 anos, para volver finalmente o río onde naceron.

Pequeno esguín.

Pinto. Pequeno salmón.

 

O lector deste trozo deduzca a odisea que pode ter hoxe un salmón en Galicia, prácticamente chegará a conclusión de que é unha especie en extinción, non pode remontar, non pode desovar, si o ciclo é de 10 anos, xa non veñen salmóns a Galicia ¿por qué? xa desapareceron...o encoro de Frieira leva moitos anos construido e de ahí non pasan... Outros ríos pásalle o mesmo...hai intentos de cria e solta, pero non é o mesmo...a política ten que ser outra...mentras tanto os cartos que veñen de Europa, moitos deles , gástanse en chorradas (ascensor de Frieira)...

Unha magoa...

Hoxe hai medios para evitar esta desfeita...o que non hai é vontade para facelo...

------------------------------------------

Ampliación sobre as rutas migratorias do salmón.

Fonte do dibuxo "Atlas de los ríos salmoneros e la Peninsula Ibérica", o que lle engadín unha flecha dos salmóns a Galicia, xa que parece que únicamente van os ríos asturianos e cántabros.

 

Os salmóns nacen nos ríos e viven no mar durante un tempo para regresar o mismo río onde nacen. O mecanismo que permite os salmóns orientarse no mar e retornar exactamente o río onde naceu inda hoxe non son de todo coñecidos. Este fenómeno que se chama en inglés homing seica se debe a unha aprendizaxe que fan os salmóns nos primeiros anos de vida, outros autores falan dun código xenético especial que teñen os salmóns e que vai guiar os mesmos as veces máis de 10.000 kms nunha viaxe que os leva ata Islandia, groenlandia e Labrador en busca de augas con moita comida.

Aquí está unha tabla de salmóns que entran nos ríos da Peninsula Ibérica en cada unha das concas tendo en conta tres parámetros, os kg. o peso e o que se chama o winter-inverno no mar, ou sexa o tempo que pasou no mar.

Na tabla anterior que é unha das moitas que trae o sensacional libro "Atlas de los ríos salmoneros de la península Ibérica" ten moitas curiosidades e misterior; en primeiro lugar observar a talla e o peso dos salmón despois dun ano no mar, pensar en que saen con esquín cunha lonxitude de  15 cms e uns 40 g. de peso e xa entran por término medio, en Galicia por exemplo, con 61 ,7 cms e un peso de 2,32 kg..

O que motiva o regreso é dende logo o impulso sexual uns son añais (1 sw) e os outros son multiinverno, os que pasan 3 ou 4 invernos no mar poden botar  tallas superiores o metros e pesos de 14 ou máis kg. Nótase que no mar hai comidad dabondo e aparte de nadar, o que fan e encherse a comer.

Os primeiros en chegar son os máis poderosos e xeralmente aqueles que pasaron xa tres ou máis anos no mar, xeralmente femias. A súa vida no río vela neste apartado.

Video de Documental azul:

Videos sensacionais, neste caso os salmóns remontando unha presa e logo desovando de forma incrible.  Esta copia está feita con motivos simplemente de aprendizaxe non con fines lucrativos.

Este é o video pulsar este link.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este é o ciclo do salmón o remontar os ríos:

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

O salmón entra normalmente nos ríos galegos e asturianos dende finais de xaneiro ata os primeiros días de agosto, inda que tamén en octubro e novembro pódese ver algún. En marzo ou abril, e inda en maio, os salmóns dos nosos ríos tenden a permanecer en pozos de augas profundas onde a corrente apenas se nota, neste tempo non lle gustan os rápidos. En canto a temperatura sube apreciablemente, móvense en busca de augas osixenadas. Os machos remontantes que estuveron solamente un ano no mar non miden máis de 50-65 cm. e o seu peso oscila de 1.5 a 3 kg. As femias botan unha talla mínima de 70-80 cm. e un peso de 4 a 6 kg., sempre por suposto con máis edade que os machos.

Os de maior tamaño, que son os menos, soben polos  ríos dende febreiro ata abril. Dende este mes ata xunio chegan os salmóns mais pequenos, e ata  agosto a última entrada masiva de salmóns, os máis pequenos, xa que algúns soio pasaron no mar un ano. A entrada en Galicia é primeiro no río Miño e logo nos restantes. En Asturias a entrada de salmóns vai primeiro no río Eo, sendo o río Cares e o Sella os máis tardíos. Hacia finais do outono xa se ven subir os primeros salmóns grandes no río Eo e no río Narcea.

No mes de abril prodúcese unha das maiores entradas con salmóns pequenos chamados  abrileños. Tras os abrileños, chegan os mayucos (nome en Asturias). Dentro dos ríos o salmón leva unha velocidade constante na subida, saltando ben os ostáculos, sobre todo salmones grandes que saen fora da agua en saltos prodixiosos que poden superar 2 m. É ben coñecida a habilidade que poseen para salvar as escadas e as fervenzas naturais durante o seu ascenso. Si a profundidade  da auga é grande ó pé das fervenzas e o caudal é moi abundante, os salmóns superan desniveis incríbles, nadando contra corriente polo interior do forte chorro de auga.

Os primeiros suben despacio, pero os de verán son máis rápidos. Dícese que un salmón pode alcanzar velocidades de 30 km/h. Xeralmente  véselles  reposar en lugares onde a auga ten escasa corrente ou existe un pozo con auga profunda. Tamén se deteñen sobre unha rocha, apoiándose nela coas súas aletas ventrais. Durante o ascenso, gran parte das grasas de reserva son transformadas en enerxía e o resto vainas utilizar, chegado o outono, para a formación dos productos sexuais. Ademais a súa carne vólvese bermella e a súa piel máis áspera. É curioso que os mismos lugares sirven ano tras ano  como parada ós salmóns que suben río arriba. A pleamar é casi sempre aproveitada para a entrada no río e tamén parece que a choiva incita a que os salmóns suban. O desove prodúcese dende decembro ata mediados de xaneiro e precisamente cada salmón volve a reproducirse ó mismo río onde naceu. A vida do salmón pode reconstruirse estudiando os anelos de crecimiento marcados sobre as escamas. Os anos de crecemento lento nos ríos, o desenrolo no mar e a freza, deixan sobre elas unha huella que pode ser interpretada sin grande  dificultade.

(Ata aquí unha copia traducida o galego de expertos falando do salmón nos ríos. Está sacada deste link)

Video de Documental azul:

Videos sensacionais, neste caso os salmóns remontando unha presa e logo desovando de forma incrible.  Esta copia está feita con motivos simplemente de aprendizaxe non con fines lucrativos.

Este é o video pulsar este link.

 

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

Tende a desaparecer dos ríos. En Galicia non había ningunha política para conservar este peixe, as poucas iniciativas que había eran folklóricas ( a semán do salmón na Estrada ou no Eo , comilonas de políticos)  e de cara a galería e nada efectivas.  (Esta ficha comenzouse no ano 1997)

En Galicia o salmón está a desaparecer, non se fai nada por el,  ou o pouco que se fai é de cara as eleccións ou pura demagoxia, así no río Lérez, fanse experimentos para conseguir máis salmóns e non se dí nada contra as catro minicentrais que Fenosa ten previstas e que invalidan ese traballo.

En Frieira fai anos que non sube o salmón e agora no 2001 fálase de meter un ascensor. Parece un chiste. Realmente foi un chiste auténtico. Un engaña bobos "ex-cátedra" dixeron, dende logo hai que ter cara...

Unha auténtica política descabellada e protexendo únicamente as empresas eléctricas en contra de esta e de outras especies.

Demencial.

---------------------------------------------------------

ATLAS Y  LIBRO ROJO  DE LOS PECES CONTINENTALES DE ESPAÑA. ( Doadrio I. Ministerio de Medio ambiente y CSIC. Madrid 2001)

 

Categoria mundial UICN : No catalogada.

Categoría para España : EN A1bd . En peligro de extinción nos  últimos anos.

 

Xustificación dos criterios: básanse no índice de capturas nos ríos que descenderon de moi brusca,  2.600 anuais  entre 1991-1998 a 1000 anuais entre 1997 e 1998.

No mar pasaron de pescar 10.000 toneladas a 2.000. Un desastre.

 

Figura como vulnerable no  "libro rojo de los Vertebrados de España 1992".

--------------------------------------------------------------------------------------------

As cousas levan cambiando uns anos e parece que xa van por bon camiño. Esperemos que siga...

Hai que ter en conta que o salmón é unha especie clave para medir o cumplimento dos obxetivos medioambientais da Directiva Marco del Agua (Directiva 2000/60/CE), que é a máxima disposición europea. A recuperación e  conservación das súas poblacións será o indicador do bon estado ecolóxico dos ríos propugnados na directiva.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

O salmón é o rei dos ríos galegos, un curioso rei:

.- É un peixe emblemático, loitador, astuto. Era o rei dos peixes de río e digo era...por algo. Non é fácil de pescar. Os grandes encoros e a contaminación  están a rematar con esta especie en Galicia. Mentras en Francia e Alemania tiran presas si fai falta para manteñer o salmón, en Galicia cada día facemos unha minicentral e unha presa máis. Ríos vírxes de encoros como o Umia, nos que se podría recuperar o salmón, pois veña unha gran central, dicen que para paliar as enchentas,  mentira tras mentira, o encoro é para producir electricidade, as enchentas Deus colla confesados os compañeiros galegos de Caldas de Reis, serán moito peores...si non arreglan doutro xeito o tema.

A verdade é que os nosos gobernantes, polo menos dende 1997-2005 non teñen perdón, pasarán a historia como os "Depredadores do medio ambiente", si a cousa non cambia radicalmente...

O malo é que a xente esquece estas cousas ou non está enterada ou dalle igual... Non loita pola natureza...unha magoa.

.-O salmón nace no río,  vive no mar e volve o río a desovar. É o que se chama  un ser anádromo.

.-Pode salvar alturas superiores os tres metros e lonxitudes de 5m.

.-A súa carne é rosada xa que no mar come moitisimo crustáceo, gambas, etc.

.-A existencia de salmón nun río denota que as augas están limpas e en condicións.

.-É un bocado exquisito e non ten nada que ver co salmón de piscifactoría. (Certificado polo que escribe que o tomou no pobo de crecente, o salmón era do Miño. Xa choveu)

.-A súa pesca con cana dicen que é incrible, Hai compañeiros que o certifican.

.-Pode alcanzar distancias no desove incribles, máis de douscentos kms. si o deixaran. Nos libros está que desovaban algún por riba de Ponferrada no Sil, entrando por suposto por Camiña.

.-En Galicia fálase dun salmón pescado no río Miño de 26 kg.

.-Analizando unha escama de salmón pode saberse toda a súa vida dende os anos que botou no río o nacer, os anos que botou no mar, etc. Todo.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O salmón e Francisco Franco:

Efectivamente é unha curiosidade para os que temos unha edade determinada.

Para esa xente, na que estou,  eu recollín, recentemente, da Voz de Galicia unha artigo moi curioso sobre os salmóns que pescaba Franco.

Por certo dicen que non era una gran pescador, pero dende logo pescaba. O único amaño era que vedaban o río ( Ulla, Eume ou Mandeo) quince días antes. Ademáis iba pescar cun experto que lle decía onde estaban os salmóns. A verdade é que tiña moita información, demasiada...

Algún dirá..así calquera...efectivamente, dicen que así tamén llos puñan a Felipe II e pescaba...pero bueno... Curiosa historia.

Neste link tendes un resumen moi interesante sobre as súas xornadas de pesca do salmón.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Problemas do salmón en Galicia:

Reproduzco exactamente un artículo sobre este tema de WWWF/Adena, interesantísimo:

"Cuando en los ríos españoles vivimos la temporada con el mayor número de capturas de los últimos años, un informe presentado en Madrid por WWF/Adena nos recuerda que el salmón ha desaparecido de 309 ríos en este siglo, y que el 90% de las poblaciones en buen estado se concentra en tan solo cuatro países.

El informe titulado "Estado del salmón atlántico silvestre, una evaluación por ríos", explica que de los 2.005 ríos que históricamente acogían a la especie en ambas orillas del Atlántico, los peces silvestres han desaparecido en Alemania, Suiza, Holanda, Bélgica, la Republica Checa y Eslovaquia.

La especie se encuentra al borde de la extinción en Estonia, Portugal, Polonia, Estados Unidos y algunas zonas de Canadá. Cerca del 90% de las poblaciones sanas conocidas se concentran en tan solo cuatro países: Noruega, Irlanda, Islandia y Escocia. En el resto del área de distribución, el 85% de las poblaciones se encuentra en las categorías de vulnerable, amenazada o critica.

De acuerdo con el equipo redactor del informe, dirigido por Henning Roed de WWF/Noruega, las cinco amenazas principales para estas poblaciones son: sobrepesca, que reduce las poblaciones por debajo del nivel crítico; presas y otros obstáculos
construidos por el hombre que impiden las migraciones de los salmones; proyectos de ingeniería fluvial que degradan el biotopo y alteran los procesos ecológicos naturales; contaminación de la industria y la agricultura; y acuicultura de salmón, que tiene como efecto la erosión del patrimonio genético de la especie por cruzamiento con los especimenes escapados de las piscifactorías que
diseminan también enfermedades.

La captura comercial en el mar y el impacto de los salmones procedente de la cría industrial en las poblaciones silvestres son  algunos de los asuntos que se discutirán por los países miembros de NASCO. Bill Taylor, Presidente de ASF, dijo: "El problema de las pesquerías marítimas es la imposibilidad de gestionarlas, ya que las redes no discriminan y, por tanto, matan tanto a salmones de los ríos con poblaciones amenazadas como aquellos otros procedentes de poblaciones florecientes. Resulta
imprescindible terminar con la pesca marítima del salmón atlántico".

El estudio advierte que si no se aplican medidas preventivas fuertes, continuará la ya catastrófica disminución de las capturas de salmones silvestres. Los investigadores hallaron que las capturas de salmón en todo el Atlántico Norte cayeron mas del 80% entre 1970 y el fin del siglo XX, y se encuentran actualmente en el nivel mas bajo conocido en la historia. Los salmones silvestres han resultado completamente eliminados de la mayor parte de su área de distribución original y se encuentran pendientes de un hilo en otras muchas zonas.

César Rodríguez Ruiz, de AEMS-Ríos con Vida y asesor científico de WWF/Adena, resumió la situación en nuestro país en cuatro ideas fundamentales: "El retroceso del salmón en España durante los últimos 30 años resulta alarmante y viene despertando una creciente preocupación social; no será posible salvar nuestras poblaciones si siguen gestionándose exclusivamente para su captura, ha de ponerse en practica una gestión para su conservación".

Basándose en este informe WWF/Adena y la Atlantic Salmon Federation (ASF) instarán a los países participantes en la Conferencia de la NASCO, que tendrá lugar en Galicia entre los días 4 y 8 de junio, a que den pasos vitales para asegurar la supervivencia del salmón, incluyendo una moratoria de ciertos tipos de pesquerías y mejor gestión de cuencas."

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O salmón no río Miño:

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

Ver máis abaixo as estadísticas dos últimos anos de pesca do salmón en Galicia. ( De 10.000 salmóns en 1920 pasouse a 20 en 1998 e hoxe no 2000 non se levan pescado nin 5 salmóns. No 2001, 161 salmóns se pescaron en todo o ano. Penoso. 

Para chorar...E para pedir responsabilidades...¿ Quen son os culpables ?. Eu dende logo teño moi claro quen non fixo nada por eles.

Estas fotografías eran habituais en todo o río Miño. Neste caso son de Ribadavia do ano 1968 e na fotografía está Mario con tres salmóns delgados pero grandes e típicos. Estos salmóns nese ano 1968 subian polo río Avia. Eu persoalmente cheguei a ver un salmón no río Maquiás, un regatiño que desemboca no Avia na Veronza en Ribadavia. Ho xe rematouse con esta riqueza dunha forma lamentable.

O encoro de Frieira no río Miño, que nunca se debeu facer, rematou con esta riqueza, tamén coa anguía e está a rematar coas lampreas.

Ver unha fotografía do Salmón do Miño.

Ver outras fotografías xa históricas dos salmóns do río Miño.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver a estadística dos últimos anos en Galicia:

Datos de Salmóns guiados:

Río 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85
EO 610 612 308 750 502 1215 180 187 489 343 286
MASMA 122 127 44 44 54 70 27 19 12 35 41
ORO 5 5 14 16 7 20 9 9 3 4 1
LANDRO 6 5 14 12 10 32 7 2 10 15 12
SOR 0 6 3 3 0 0 0 0 0 6 2
MANDEO 0 2 0 0 0 1 0 0 0 0 0
TAMBRE 2 0 1 0 1 2 10 0 0 0 0
ULLA 105 263 88 296 24 543 256 104 104 180 175
UMIA 1 1 0 1 0 1 1 0 0 0 3
LEREZ 78 81 23 52 3 39 16 3 0 11 3
VERDUGO 5 5 0 0 0 2 0 0 0 3 0
MIÑO 301 296 74 329 30 142 113 43 36 106 57
OTROS 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
TOTALES 1235 1403 569 1503 638 2067 619 367 654 703 580

 Continuación: 

Río 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98
EO 702 300 183 24 8 94 40 27 16 20 26 16 12
MASMA 105 48 40 28 25 84 32 24 22 5 14 3 2
ORO 8 14 1 0 0 0 3 0 2 0 0 0 0
LANDRO 18 22 1 0 0 0 3 12 7 0 1 0 2
SOR 0 1 1 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0
MANDEO 33 14 15 0 15 11 9 2 12 0 3 3 4.
TAMBRE 11 5 4 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0
ULLA 256 56 62 13 13 33 21 1 4 1 2 1 0
UMIA 2 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
LEREZ 6 2 6 2 0 0 0 0 0 0 0 0 0
VERDUGO 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
MIÑO 105 22 62 20 57 29 38 3 17 12 19 8 0
OTROS 0 0 0 0 0 3 1 4 0 0 0 0 0
TOTALES 1246 485 375 87 121 254 147 73 80 38 65 31 20
Salmóns guiados:
Años nº Salmóns Río Miño
1998 20 0
1999 61 1
2000 58 1
2001 161 1
2002  77 0
2003 164 2
2004 171 5
2005 302 3
2006 343 17
2007 283 15

 

Datos oficiais de Salmóns dende 1949:

------------------------------------

Dos anos gloriosos da pesca do salmón que reflexan as tablas e a fotografía (Ximonde 1955)  pasamos a un auténtico desastre.

 

De 2067 salmóns guiados no ano 1980 , pasamos a 164 no 2003 por poñer un exemplo.

1º salmón do Eo na tempoada 2005. 4,8 kg de peso e foi pescado a miñoca.

¿Qué pasa en Galicia que o salmón está de capa caida e cada vez peor?.

Salmón collido no río Masma, botou 9 kg.

Destos salmóns collíanse moitos nos ríos galegos.

Hoxe están a pasar a historia da pesca en Galicia.

 

Moitas son as causas de que o salmón en Galicia vaia totalmente para baixo, pero para mín en particular coincido cun artigo da revista Danica (ano 1999) no seu análisis. Cada vez hai menos tramos de ríos para subir o salmón a desovar, faltan escadas salmoeiras nas presas principais: Miño, Ulla, Tambre, etc.

As empresas hidroeléctricas, sobre todo Fenosa, foron e siguen sendo un auténtico desastre para o salmón en Galicia.

Non houbo vou política cós ríos galegos nestos últimos anos, moitas cousas para a galería e poucos resultados.

Ver o artigo citado.

 

Estadísticas 2006.

Capturas de Salmón en Galicia.

Estadísticas 2007.

Río Nº de capturas
Eo 194
Masma 17
Mandeo 5
Ulla 40
Lérez 12
Miño 15
Total 283

Datos sacados de este link. Vadeando.com,

ALGUNAS ESTADÍSTICAS DEL SALMÓN EN GALICIA

PRESENCIA DEL SALMÓN ACTUAL EN GALICIA. AÑO 2011

EVOLUCIÓN DE CAPTURAS EN GALICIA 1980-2011

 

A pesca de Salmón en Asturias desde 1998 a 2006.

Salmóns guiados:

RÍO 1.998 1.999 2.000 2.001 2.002 2.003 2.004 2.005 2.006 2007
NARCEA 360 394 642 1.144 604 219 441 823  704

634

SELLA 259 447 440 753 563 628 803 1100  455

610

CARES 174 183 413 549 320 331 366 410  393

345

ESVA 66 63 102 197 115 31 51 75  172

115

EO 12 54 43 135 129 62 65 236  234

194

NALÓN - - - - - 54 20 78  122

23

NAVIA 1 - 1 1 5 1 1 7  11

15

PORCÍA 4 1 18 VEDADO VEDADO VEDADO 4 10   --
TOTAL 867 1.142 1.659 2.788 1.736 1.326 1.786 2.748 2.695 1.936

Observar o crecemento desta pesca, nos últimos anos. Parece que a política seguida en Asturias deu resultado.

Na fotografía salmón collido

no Narcea no 2002, botou 13,4 kg.

O aumento de capturas en Asturias está sendo espectacular dende 1998.

É certo que Asturias ten menos ríos salmoneiros e menos presas eléctricas que Galicia.

O primeiro argumento é unha tontería, pero a menos ríos salmoneiros pódese centrar máis o traballo recuperación, e o das presas é básico.

De tódolos xeitos enhoraboa Asturias. ¡Envexa sana!

--o--

Estadísticas do ata o 2018 téndelas neste pdf.

Estadísticas do ano pasado 2019 neste outro pdf.

--o--

Salmón pescado polo meu amigo Hilario nos ríos asturianos no ano 2006. ¡Enhoraboa!.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

A investigación sobre o Salmón en Galicia

Salmón macho.

Dende fai uns anos (seis anos últimos)  están a facerse en Galicia investigacións  sobre a xenética do salmóns e ademais repoboando os ríos sempre de acordo a estas investigacións.

Seica si se evita que os salmóns sexan da misma familia ó  cruzalos mellórase moitísimo  a calidade do salmón en canto a resistencia as enfermedades e outras cousas. Ver este link.

Recentemente vín un programa adicado  o centro de Lourizán onde a Xunta ten un grupo de investigación dedicado a conseguir salmóns en determinadas condicións para repoboar distintos ríos de Galicia como o Lerez, Ulla, Tambre, etc.

Na reportaxe que vín na TVGA vín moitísima profesionalidade e penso que as cousas estanse a facer con bons resultados.

Ver tamén este link

Resultan básicas varias investigacións sobre o salmón polo que hai que aunar esforzos e estudios sobre os mismos: fixar de forma científica os salmóns que se poden autorizar a pesca en cada conca o chamado TAC sin poñer en peligro a población. Fixar tamén o obxetivo de reproducción por cada conca e finalmente a mellora xeral do habitat do salmón.

O reto é enorme e xente en Galicia hai preparada para elo, pero a Administración estará interesada no tema?, Chegaremos a tempo de salvar o salmón atlántico?

Dende logo nestos anos estanse facendo moitas cousas.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

Recentemente físoxe esta investigación:

EQUIPO DE INVESTIGACIóN:

Coordinador/a: Dr. Isabel Pardo Gamundi

Equipo investigador: Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán, Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia: Fernando Rodríguez Brea.
Universidad de Vigo, Departamento de Ecología y Biología Animal. Facultad de Biología: Dr. Isabel Pardo Gamundi, Dr. Castor Guisande González, Dra. Ana Ruth Vergara Castaño

DESCRICIóN DO PROXECTO:


OBXETIVOS DO PROXECTO:

O desenvolvemento de bases ecolóxicas que reflictan a supervivencia e adaptación do salmón atlántico nas súas distintas fases de desenvolvemento nos ríos galegos, é esencial para o éxito da xestión desta especie. Neste proxecto proponse a realización de experiencias prácticas para avaliar a cantidade e calidade do hábitat requirido polo salmón atlántico nas súas distintas fases de desenvolvemento, así como a súa interacción con outras especies con requirimentos similares (e.g., troita). Con estes datos xerarase o coñecemento necesario, e aínda non integrado nos plans de xestión actual, sobre os factores ambientais que afectan ás fluctuacións poboacionais así como as diferenzas espaciais nas taxas de supervivencia dos stocks de salmón salvaxe e repoboado. A aplicación do proxecto enfocase a mellorar e rendibilizar as técnicas de repoboación utilizadas actualmente, aforrando tanto custos como esforzo, e axudando así á conservación desta especie nos ríos de orixe.

O salmón atlántico (Salmo salar) encóntrase catalogado nos anexos II e V da directiva Hábitat (92/43/CEE), como especie de importancia europea. Porén, malia que esta especie debeu de ser moi abundante nos ríos españois, as estatísticas oficiais de captura dos últimos 50 anos viñeron reflectindo unha redución moi patente no número de capturas (Hervella, 2000). Esta diminución progresiva no número de salmóns salvaxes nos ríos españois levou a que o Fondo Mundial de la Naturaleza o considere unha especie en perigo de extinción (WWF-Adena, 2001).

A mediados do século pasado, eran 17 os ríos nos que existía algún grao de colonización do salmón en Galicia. Na actualidade, o salmón só se encontra en 8 ríos galegos (Hervella e Caballero, 1999 ). O Ulla e o Miño albergan na actualidade as poboacións de salmón que se atopan nas mellores condicións dos cinco ríos ibéricos que verten ao Atlántico e que aínda posúen salmó; a extinción do salmón nun 60% dos ríos ibéricos-atlánticos e a situación actual do resto, fai que a conservación do salmón nestes ríos deba considerarse como prioritaria para tratar de preservar a metapoboación máis meridional de Europa (Caballero e García, 2004 ). Tendo como exemplo os ríos da provincia de Pontevedra, na zona sur de Galicia, a repoboación do salmón atlántico pola Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia iniciouse en 1997, repoboándose arredor de 300.000 ovos embrionados e máis dun millón xuvenís en distintas fases entre 1998-2004. Porén, o traballo de seguemento das repoboacións non inclúe o estudo dos factores ecolóxicos que afectan á supervivencia trala repoboación, que poderían ter repercusión en diferenzas das taxas de mortalidade atopadas, tanto espaciais como temporais.

Se ben existen diversos factores que afectan a supervivencia mariña do salmón, os factores fluviais son tamén importantes, ao poder afectar posteriormente á súa supervivencia no mar, e o retorno de adultos (Hawkins, 2000). Entre os factores de influencia ao salmón na súa fase fluvial atópanse a calidade e cantidade da auga, o grao de conservación do hábitat (e.g., existencia de zonas de substratos finos para os desoves, existencia de refuxos, presenza de vexetación de ribeira arbórea), a dispoñibilidade de alimento (Cattaneo et al. 2002 ) e a existencia de estruturas transversais artificiais (présas e azudes) actúan como barreira ao ascenso dos salmóns nos ríos. Tamén hai que contemplar as outras comunidades integrantes do sistema acuático, intimamente ligadas coas poboacións piscícolas. Pola súa dieta do salmón é carnívoro, pero maila que os macroinvertebrados conforman a súa base alimenticia, estes dous niveis tróficos vénse estudando de forma separada (Gislason & Steingrimsson, 2004).


 

-------------------------------------------------------------------------------------------------

Teño constancia dos seguintes traballos nestos ríos da conca salmoeira galega nestos anos:

 

Río Tea:

Con bos resultados estase a repoboar. Estes traballos están axudando o río Miño augas arriba da desembocadura do río Tea.

 

Río Verdugo:

Estudios de poblacións de xuvenís de salmóns.

 

Río Lérez:

O que se fixo no Lérez últimamente é o acondicionamente tanto da presa de Bora como a de Monteporreiro, casi no límite das mareas. Así pasouse de 3 kms a 20 Kms e ademais repobouse a zona con salmóns autóctonos.

En Bora púsoxe unha estación de captura e estase a comprobar que dende 1997 a tendencia é crecente, con máis de 100 salmóns controlados nestes anos. A proporción de salmóns repoboados é de 60%, e as súas características foron o principio unha sobreabundancia de añales, para pasar actualmente a salmóns de dous invernos no mar.

As repoboación son constantes, neste ano en novembro foron 15.000 alevíns

Os traballos de repoboación de salmón no Lérez comezaron nos anos 90 do pasado século, realizándose melloras na accesibilidade, labores de redución da mortalidade e repoboacións propiamente ditas. Entre 1997 e 2009 soltáronse un total de 850.000 xuvenís de salmón neste río. Todos marcados, para facer unha valoración do proceso e calcular a taxa de recaptura.

Transladáronse desde a estación de Bora á piscifactoría de Carballedo 160 adultos de salmón (95 femias e 65 machos), recapturándose ata o de agora algo máis de 300 exemplares. A taxa de recaptura varía entre 1 e 2 adultos recapturados por cada 1.000 xuvenís soltados.

Río Umia:

Estudios de poblacións de xuvenís de salmóns.

 

Río Ulla:

A posta en funcionamente da estación ictiolóxica de Ximonde no ano 1993 permite coñecer a evolución da población nos últimos anos. Coa entrada en funcionamente dunha nova escada en Couso, augas abaixo de Ximonde, triplicáronse o numero de salmóns capturados na estación. Dedúcese que si ben a presa de Couso non representaba un obstáculo insalvable, si impedía o retraso de moitos salmóns.

Seica esta mellora da accesibilidade non foi ben acollida polos pescadores, xa que parece afectuo drásticamente as capturas do que ata entón era o mellor couto de salmón do Ulla. Pero a medio e longo 'plaza a medida, creen os entendidos, será positiva.

 

Río Tambre:

Gracias a poñer en funcionamente un capturadero o pé da presa Barrie de la Maza, sabemos que no Tambre suben os salmóns por exemplo máis 60 no 2005.. Do análisis xenético destes salmóns sábese que proceden do río Ulla, feito confirmado pola lectura das micromarcas

 

Grande do Porto:

Estudio sobre poboacións de xuvenís.

 

Mandeo:

Estudio sobre poboación de xuvenis.

 

Mera:

Estudio sobre poboación de xuvenís.

 

Sor:

Estudio sobre poboación de xuvenís.

 

Landro:

Estudio sobre poboación de xuvenis.

É un río salmoeiro de moderada capacidade potencial. Históricamente nunca deu moitos salmóns: 32 en 1980. Seguramente como consecuencia dun obstáculo no curso baixo con máis de 8 m. de altura, o chamado Salto do Can, cuia escada de peixes nunca debeu ser operativa quedando os salmóns moi expostos na parte baixa do río. Hoxe está arranxado este paso para que poidan subir.

 

Ouro:

Estudio sobre poboación de xuvenís.

A partir do ano 2000 e a raíz de facer escadas que superaron o tramo final parece que hai indicios de xuvenís.

A especie está vedada dende 1996, a espera de que os índices de poblacións sexan de niveis aceptables.

Masma:

Estudio sobre poboación de xuvenís.

 

Eo:

Estudios sobre poboación de xuvenis.

 

 

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Convén distinguir a troita do Pinto de salmón:

 

 

Na fotografía de Martín Mayo, vese o Pinto na parte de arriba e a troita abaixo, penso que non é dificil distinguilos.

De tódolos xeitos non está demáis poñer as seguintes diferencias:

  SALMÓN TROITA
Aspecto Xeral Corpo máis estilizado, cabeza pequena e apuntada Corpo robusto, cabeza relativamente grande e redondeada.
Cor Pouco variable. De 10 a 12 marcas verticais, moi espaciadas e definidas, perpendiculares a liña lateral Moi variable. De 8 a 11 marcas verticais moi espaciadas e definidas pero non tan simétricas.
Pintas Negras ou avermelladas, simétricamente repartidas polos flancos, nunca oceladas. Poucas o case ningunha por debaixo da liña ñateral. Vermellas e escuras, asimétricamente repartidas, con frecuencia rodeadas dun halo esbrancuxado (ocelado) e distribuidas por riba e por baixo da liña ñateral.
Cabeza (1) De 1 a 3 pintas negras no opérculo. Máis de tres pintas negras no opérculo.
Boca(2) O maxilar non alcanza o extremo posterior do ollo O maxilar si alcanza ou excede o extremo posterior do ollo.
Pendúnculo caudal(3) Fino Groso.
Cola (4) Escote moi marcado Escote pouco marcado.
Aletas pectorais (5) Longas, esténdense cara ó comenzo da dorsal Relativamente curtas, non se estenden ata o comenzo da dorsal.
Aleta adiposa (6) Cores escuras Cores avermelladas
Aleta anal (7) Branca ou abermellada Borde anterior branco seguido dunha franxa escura.

(Nota : o anterior está sacado do folleto de pesca publicado pola Xunta de Galicia) 

Hai un link en internet que mediante fotografías marabillosas vese perfectamente estas diferencias.

-------------------------------------------------------------------------

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

SALMÓN

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

 

En Galicia existen actualmente no 2010,  14 concas salmoneiras. Ver máis abaixo o mapa. O salmón polo tanto está distribuido en todas elas.

Comentario:

O salmón, de tódolos xeitos,  está desaparecendo dos ríos galegos.  Según a Xunta de Galicia hai salmón nos ríos : Eo, Masma, Landro,Eume, Mandeo, Baixo Ulla, Deza, Liñares-Vea, Sar , Lerez, Deva-Termes, Tea y Miño. 

Os datos están sacados do libro "Inventariación piscícola de los ríos gallegos" feita en 1996-97.

No ano 1998 colléronse en Galicia 20 salmóns : 12 no Eo , 2 no Masma, 2 no Landro e 4 no Mandeo. Un desastre frente os 2000 que se collían en 1980.

Non teño datos da campaña de 1999 e dende logo no 2000 un auténtico desastre.

En Frieira en 1998-99-2000 non se colleu ningún salmón (2 salmóns é unha vergoña).  Según empleados de Fenosa , xa non se ven os salmóns en Frieira. Unha magoa auténtica.

No 2001 un desastre e parece que repuntan os salmóns no 2003. Eu nono creo...

Últimas estadísticas 2006.

Capturas de Salmón en Galicia.

Estadísticas 2007.

Río Nº de capturas
Eo 194
Masma 17
Mandeo 5
Ulla 40
Lérez 12
Miño 15
Total 283

Parece que repunta un pouco.

Estadísticas 2008

Río Nº de capturas
Eo 96
Masma 7
Mandeo 5
Ulla 50
Lérez 12
Miño 19    caña: 6
Total 189

Miño: caña 6 redes 13 . No incluyen las de la margen portuguesa.

Fuente: link de histórico de la Xunta.

 

------------------------------------------------------------

As concas de Salmón en Galicia están nesta mapa:

 

Concas salmoneiras ibéricas e divisións administrativas.

ALGUNAS ESTADÍSTICAS DEL SALMÓN EN GALICIA

PRESENCIA DEL SALMÓN ACTUAL EN GALICIA. AÑO 2011

EVOLUCIÓN DE CAPTURAS EN GALICIA 1980-2011

 

 

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estadísticas 2009 - Galicia

Resumen de la temporada 2009

   
 
 
 
 
 

Total:  63 salmones en toda Galicia.

Balance pobre, pobrísimo.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESTADISTICAS SALMON 2010

Desglose en Galicia, datos oficiais:

Estudio evolución de capturas.

(Datos sacados do Atlas dos ríos salmoneiros da Península ibérica. 2009)

 

Nestos diagramas vense a evolución de capturas comparando algunhas concas.

Así no primeiro están Asturias, Cantabria e Galicia dende o ano 1950 ata o ano 2006.

Nerstes datos hai que ter en conta que son a partir de 1950 e datos de pesca con caña, non con rede, a rede non estaba prohibida no Miño no tramo internacional.

Está claro que a pesca disminuiu e moito concretamente dende 1970.

Observar que hai repuntes en Asturias en non en Galicia precisamente. En Galicia está repuntando o número de Salmóns pescados dende 1998 onde tocamos fondo con 26 salmóns.

O río máis salmoneiro según estos diagramas é o Eo .

De todas formas os ríos salmoneiros por excelencia son o Eo, Miño e ulla.

No Miño hai que ter en conta que os datos oficiaciais nunca son os que aparecen, xa que non son nada rigurosos por razóns obvias.

 

Neste diagrama vense comparadas os salmóns pescados no río Eo e no Miño co resto de Galicia.O Miño estä claro que foi a menos xa que no ano 1927 había anotados 4.673 salmóns, xa a partir do 1950 as cifras oscilan entre 200 e 400 salmóns e agora non se supera o centenar.

O Eo, que é un río que se comparte con Asturias é o río de máis capturas falase de 17.000 dende 1949 cun promedio de 290.

Observar o diagrama do Eo ata pasados os 1980 e logo un descenso en picado. Seica se está a recuperar actualmente con cifras sobre 200 salmóns.

O río Ulla foi outro gran río salmoneiro pero caeu en picado, de feito en 1993, 1998 e 1999 non se pescou ningún, agora parece que se recupera con máis de dúas  ducias de salmóns...

Os ríos astujrianos son diferentes despois da caída na década dos 70 hai altos e baixos...

 

 

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

UN POUCO DE HISTORIA.

As referencias históricas do salmón en Galicia son moitas e van dende as grandes pescatas deste peixe en ríos como o Miño ata aqueles contratos, feitos os traballadores,  que de momento ninguén viu, pero que están escritos de que "non lles derán salmón máis de dúas veces a semán"; uns dín que esto foi facendo a vía do ferrocarril que entrou en Galicia e outros que foron simples xornaleiros os que pedían o anterior (Eliseo Alonso no Libro "Los pescadores del río Miño" , editado por la Diputación de Pontevedra  en 1989). En calqueira caso o salmón era moi abondoso nos ríos de Galicia. Algúns dun tamaño espectacular así no Miño fálase dun salmón de 25 kg.

Moitos autores dudan da veracidade de que houbese xente que protestara por comer salmón, é certo que o salmón era abondoso nesas datas, pero non tanto como para ofrecelo de rancho. O salmón nunca foi barato e sempre foi moi apreciado polas clases adiñeiradas.

No libro citado fálase de pescas moi grandes  como a de Segadaes na que colleron 6 salmóns con un lance da sacada (unha rede para pescar salmón e sábalo) en 1944. Nesa temporada chegaron a coller 100 salmóns nese lugar, cando o salmón valía a 25 escudos o kg.

En Caldelas de Tuy, Francisco O Cazador, de 85 anos, conta para o libro citado que en 1923 colleu 121 salmóns, pesando o maior 21 kg. En Valdráns, pescaron 200 o mismo ano. En 1937 dice que colleu 86 que pagaban a dúas pesetas o kg. e a tres en Portugal.

En Arnau unha vez dicen que tuveron un lance da rede e colleron tantos salmóns que non podían arrastrar a rede e escaparon todos...

En MonÇao o Dr. Carvalho Pinho, gran defensor do Miño, deuñe o autor do libro unha fotografía con salmóns con un peso algúns deles de máis de 20 kg.

Ver este link coas fotografías https://www.rios-galegos.com/histosal.htm

Outros datos:

A nivel histórico compre decir que o salmón está presente en todas as épocas históricas dende a Prehistoria ata hoxe.

Vexamos algunhas mostras sacada do libro "Atlas de los ríos salmoneros de la Península Ibérica".

Na prehistoria:

Hai incluso grabados como os das covas de Ekain en Gipuzcua onde se ve claramente un salmón.

A fotografía creo é de Jesús Aituna e nela vese, nun baixo da rocha,  perfectamente o salmón, que por certo existian na zona e lóxicamente era pescado.

Tamén hai arpóns feitos de espiñas, e recuperánrose escamas, espiñas e vértebras de salmón en excavacións de moitas covas. Investigadores cántabros conseguiron extraer DNA ancestral a partir de vértebras que apareceron na cova de Mirón, na conca do río Asón. O proxecto permitiu describir a filoxenia dos salmóns de fai 40.000 anos.

No medievo e na Edade Moderna:

Nesta época hai moitas referencias pero sempre co denominador común dos dereitos de pesca, no texto que poño escaneado penso que está ben resumido as referencias que se atopan.

 

Texto escaneado do artigo "Los sibaritas del río" escrito por José Varela para Los domingos de la Voz , o  28 de novembre de 2010

Moitos son os métodos de redes, trasmallos, sistemas de pesca tanto legais como ilegais, como o carburo, o cloruro e a coca ou cicuta.

Nestes dous grabados sacados do "Diccionario histórico de las artes de pesca nacional" de 1791 vense estos sistema, no primeiro as redes típicas de barredera, trasmallos, etc. No segundo grabado vese unha empalizada. Lóxicamente estos sistemas traían moitos problemas para a xente que pescaba río arriba por razóns obvias.

Na edade contemporanea:

Naturalmente aparece a cana de pescar na pesca do salmón, inda que hai referencias, nun documento de 1472 no Monasterio de San Pedro de Villanueva ( nas orillas do Sella) que xa relatan a pesca do salmón con cana.

Repito neste apartado o dito o principio, xa que son moitas as referencias de pesca en Galicia sobre todo.

De 1962 é a fotografía da esquerda de ribereños pontevedreses pescando no río Ulla ( a fotografía é de Casa Suarez de Sarandón (Coruña). Na fotografía da dereita está tomada no río Ulla en Ximonde no ano 1956 é tamén da misma casa. Observar nas dúas fotografías as canas bastante primitivas e sobretodo os carretes Sagarra. Era o que había.

Pero hai unha chea de referencias da pesca do salmón, por exemplo no libro "Un verán en Galicia" de C. Gasquoine Hartley editado por Galaxia, libro escrito no ano 1911 e no que a autora ben a pescar a Galicia dende Inglaterra, xunto co seu marido. En moitos dos párrafos fala da pesca do Salmón sobre todo no río Miño. Incluso nos Peares.

Seguindo coa historia foi por 1929 cando caeron ou se perde o último vestixio de feudalismo en canto os dereitos de pesca nos ríos de España. Nese ano entra en vigor unha nova lei de pesca que trae consigo os períodos de veda, as artes de pesca os cupos e as tallas.

Por esas datas e incluso antes o salmón comenza o seu declive: a sobrepesca nos estuarios dos ríos, cada vez máis efectivas, así como a contaminación dos ríos, e as primeiras construccións pondo muros infranqueables polos salmóns.... A pesca do salmón con redes foi prohibida a mediados do século XX. O salmón únicamente se podía pescar con cana.

Na primeira fotografía do goberno de Cantabria vese a guardería do río Asón por 1960. Na segunda vense dous salmóns de 9 e de 4 kg pescandos en Ximonde, no río Ulla no ano 1952. A fotografía é da Casa Suarez de Ponte de Sarandón (A Coruña).

Tamén influe dunha maneira grande as presas que se fan nos ríos e que non deixan remontar o salmón. Decir tamén que os descubrimentos da vida do salmón, das zonas de engorde entre as Islas Feroe e Terranova que puxeron en marcha unha pesca intensiva neses caladeiros e fixeron peligrar e poñer o borde do colapso as poblacións de salmón tanto en América como en Europa.

Presa de Monteporreiro no río Lérez, onde se ve unha escada para subir o salmón, escada  onde os salmóns poden remontar perfectamente o obstáculo.

 Decir que non todo foi negativo, nesta historia,  en canto a pesca do salmón: ahí están as escadas salmoneiras en moitos ríos, as repoboacións e experimentación incluso con ovos de salmón doutros paises. As depuración das augas, coa mellora de moitos canles ríos, eliminación de obstáculos, de momento moi poucos en España, pero estase a cuestionar moitos deles. Programas de cría en cautividade e outras moitas cousas.

Estamos a tempo de salvar o salmón? ... Eu non son moi optimista, pero gustaríame equivocarme...

----------------------------------------------

Nota: moitos destos datos, repito,  están tomados do libro "Atlas de los ríos salmoneros de la Península Ibérica" editado en el 2009 por varias comunidades de España.

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS CONCAS SALMONEIRAS  DE ESPAÑA.

Concas salmoneiras ibéricas e divisións administrativas.

Elaboración Ekolur SSL.

Escaneado do libro "Atlas de los ríos salmoneros de la Península Ibérica",

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALERTA  SALMÓN  EN  ASTURIAS

 E PROBABLEMENTE EN GALICIA.

Hai cousas que non se entenden...

Parecer ser que en Asturias vaise eliminar a pesca sin morte do salmón así como o cupo de salmóns pescados por pescador que eran de tres exemplares no ano. Na tempoada 2012 as cousas non van ser así, seica se poderán pescar ata 2 salmóns por semáns. Amplíase polo tanto o cupo e tamén os días de pesca, xa que seica se poderá pescar os sete días da semán.

A normativa estaba a dar os seus froitos e de golpe e porrazo este ano cambia.

Razóns pouco convincentes, de momento, do Sr Alvarez Cascos que é o que manda na comunidade. Sin dúbida a presión no río será moi superior. Por suposto biólogos, ecoloxistas e conservaduristas están en contra e creen que vai ser un error lamentable.

Ver estos links que explica estos temas:


 

 

 

 
 
Aquí podedes ver a normativa:
 

Subir a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SALMONES PESCADOS EN GALICIA EN EL 2013

Fotografía de Martín Mayo. Salmón pescado con trasmallo en Forcadela ( Pontevedra).

 

Salmones pescados en Galicia no ano 2014. (Ata final temporada)

ESTADÍSTICAS DE CAPTURAS DE SALMÓN

 

 

Subir a características.