CONCA GALEGA DO SALMÓN ATLÁNTICO.

No que sigue presento un resumen sacado do "Atlas  de los ríos salmoneros de la península ibérica" sobre cada un dos ríos da conca de salmóns de Galicia. (As fotografías non son as que trae o libro, están tomadas de internet, cito o fotógrafo si o coñezo)

Evidentemente é un resumen simplemente e en ningún caso porei os mapa elaborados polos grupos de traballo e nos que figura os obstáculos clasificados en infranqueables, franqueables e sin determinar así como a accesibilidade (accesible, potencial accesible ou inaccesible), estación de capturas, estación de aforo, etc. Penso que o interesado debe acceder o libro que é sensacional.

Pulsando nos números dos ríos da conca tendes o resumen de como está ese tramo.

Volver a ficha do salmón.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Datos sobre a conca galega do salmón.

Miño:

Embalse de Frieira. Primeiro embalse do Miño dende a desembocadura (a 77 kms.) Fenosa. Sin escadas nin nada que permita subir o salmón. 1972. No 2009 fíxose un ascensor de salmóns que foi un desastre .

Sin dúbida o río maior da conca (307 km.), o de maior capacidade,  potencialmente falando. O desenrolo dos encoros que ten, tanto no Miño como no río Sil, afluente principal do Miño,  afectan terriblemente a súa conca.

Actualmente a área que pode valer para acceder o salmón para desovar e desenrolo de alevíns redúcese a un 6% do seu potencial. (Un desastre, comentario meu).

A pesar do anterior o río Miño sigue tendo salmóns.

As capturas, debido ó tramo internacional,  siguen a producirse con redes, por eso  as capturas son estimadas e pouco rigurosas.

Por suposto que se pesca tamén con cana e persoalmente sei que tódolos anos se obteñen salmóns que non figuran nas estadísticas.

Estase a traballar no río Tea con bons resultados en canto a repoboación de salmóns.

Río Miño na desembocadura. Xurxo Lobato.

Entre as dúas fotografías hai 77 km que é o tramo que teñen hoxe os salmóns.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Verdugo:

O río Verdugo (antiguamente verduxo polo seu cor verde, 40 km.) é un río que discurre integramente por Pontevedra, tiene entre otros como afluente o río Oitavén (32 km.), preto xa da desembocadura.  É o río que forma a Ría de Vigo.

A súa capacidade potencial de salmón nunca debeu ser moi grande xa que a súa accesibilidade natural é mala agrabada por diversos aproveitamentos hidroeléctricos que xa dende antigo non permitian gran cousa. Realmente que tiña certas posibilidades era o Oitavén, pero hoxe está definitivamente mermado polo  o encoro de Eiras.

Antiguamente pudo ter salmóns hoxe non, inda que parece se viron algúns xuvenis últimamente, quizais asociados a algúns intentos de repoboación efectuados a finais do 90. Poden ser tamén dos ríos que están a redor.

Río Verdugo. A fotografía de Masmar dice que as claras por que se chamaba río verduxo.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lérez:

Río Lérez. Presa de Bora. Fotografía de Juan Mejuto.

Río de tamaño medio (57 km), trancurre integramente de Pontevedra, e desemboca formando a ría do mismo nome.

O Lérez está tocado totalmente xa que os dous aproveitamentos  que tiña (Dorna e Cercedo)  se lle suman outros cinco aprobados recentemente.

Ten unha población estable e relativamente abondosa de salmóns cunha media anual de cerca de 100 salmóns no ano 70. Logo descende drásticamente ata chegar a desaparecer en 1993, cando se veda a especie. Pénsase que o adiantarse este declive e que ten unhas causa e esa no foi outra que a presa de Bora que abastece a unha papeleira de Pontevedra. puxéronlle unha escada pero sempre funcionou mal.

O que se fixo no Lérez últimamente é o acondicionamente tanto da presa de Bora como a de Monteporreiro, casi no límite das mareas. Así pasouse de 3 kms a 20 Kms e ademais repobouse a zona con salmóns autóctonos.

En Bora púsoxe unha estación de captura e estase a comprobar que dende 1997 a tendencia é crecente, con máis de 100 salmóns controlados nestes anos. A proporción de salmóns repoboados é de 60%, e as súas características foron o principio unha sobreabundancia de añais, para pasar actualmente a salmóns de dous invernos no mar.

Presa de Monteporreiro. Escada no río Lérez.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Umia:

Fervenza de Segada. Río Umia. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Río de tamaño pequeño (70 km), trancurre integramente en Pontevedra, e desemboca na ría de Arousa.

  No seu perfil hai dous tramos separados por un abrupto desnivel (8% de pendente media) e que salva a fervenza de Segade onde houbo a primeira minicentral de Galicia no ano 1874. Agora fíxose o encoro do Umia un pouco máis arriba, que está sendo unha desfeita impresentable actualmente (este comentario é integramente meu, precisamente a historia dese encoro e o roubo que supuso téndelo nesta páxina web da que eu son o webmaster).

O rexistro de capturas é anecdótico, sumando 20 salmóns dende 1949. Parece ser que os salmóns non lles gusta a zona, a pesares de que en diversas ocasións constatouse o desove del algúns exemplares. A proximidade do Ulla fai que algúns exemplares entren periodicamente de forma esporádica.

Encoro do Umia. Augas eutrofizadas con microcistina. 2010. Fotografía Jesús Rguez.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ulla:

Embalse de portodemouros. Ulla.Un desastre para este río.

Río de tamaño grande (131 km), trancurre polas provincias de Lugo, Pontevedra e a Coruña. Desemboca na Ría de Arousa. Ten afluentes tan importantes como o Deza e o Arnego pola esquerda. Pola dereita o Pambre, Furelos, Iso, Santa Lucia e o Sar que é o maior desa vertente.

Seica é o río de maior indice de sinuosidade (1,75). Aparte ten unha marcada disimetría a favor da vertente esquerda (lóxico xa que o Deza e o Arnego son ríos de moita auga). No curso hai moita ganadería (e polo tanto moitos puríns) e as minas de Touro, hoxe abandonadas,  provocaron moita mortandade de peixes polos anos 80.

O encoro de Portodemouros situado a 80 km de desembocadura e feita nos anos 60 afectuo moitísimo o río, aparte de estar continuamente subindo e baixando o caudal, impidiu os salmóns acceder os mellores lugares de freza do río, que están xusto por riba da presa.

O Ulla hoxe é o segundo río en importancia salmoeira despois do río Eo.

Claro declive en 1980, co mínimo absoluto nos 90. Nos últimos anos estase a recuperar fundamentalmente pola solta de embrións propios do Ulla. De feito actualmente a proporción é do 50% (entendese que dos que entran o 50% foron os da repoboacións).

A posta en funcionamento da estación ictiolóxica de Ximonde no ano 1993 permite coñecer a evolución da población nos últimos anos. Coa entrada en funcionamente dunha nova escada en Couso, augas abaixo de Ximonde, triplicáronse o numero de salmóns capturados na estación. Dedúcese que si ben a presa de Couso non representaba un obstáculo insalvable, si impedía o retraso de moitos salmóns.

Seica esta mellora da accesibilidade non foi ben acollida polos pescadores, xa que parece afectou drásticamente as capturas do que ata entón era o mellor couto de salmón do Ulla. Pero a medio e longo  plazo a medida, creen os entendidos, será positiva.

Río Ulla en Ximonde.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tambre:

Encoro Barrie de la Maza, a 7 Kms. da desembocadura. Foto Pablo Silva.

Río de tamaño grande (124,5 km), trancurre integramente na provincia da Coruña, e desemboca na ría de Noya e Muros.

É un río de pouca pendente inda que o final encaixase un pouco e entra en augas salobre cun 1,7% de pendente. Esto esta aproveitado por unha central eléctrica xa dende principio do século pasado.

O río está moi afectado polo aproveitamente hidroeléctrico xa mencionado, aparte dúas minicentrais,  e ademais a 7 kms. a presa Barrie de la Maza,  e xa marcara a distribucións dos peixes no tambre dende 1927 que se instalara a presa Tambre I, que ademais en 1959 empeza o funcionamente da central Tambre II.  Os caudais ecolóxicos deixan moito que desexar.

O rexistro oficial de capturas antes de 1960 supera os 130 salmóns anuais, mentras que despois de 1960 o descenso foi notable.

A partires do 70 as capturas son anecdóticas ata que en 1996 védase a especie manténdose tal medida ata hoxe.

Gracias a poñer en funcionamento un capturadero o pé da presa Barrie de la Maza, sabemos que no Tambre suben os salmóns por exemplo máis de 60 no 2005.. Do análisis xenético destes salmóns sábese que proceden do río Ulla, feito confirmado pola lectura das micromarcas.

Río Tambre por debaixo do encoro Barrie de la Maza.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Grande do Porto:

Fotografía do río Grande do Porto, antiga escada de salmón. Fot. libro Atlas dos ríos salmoneiros da península Ibérica.

Río de tamaño pequeno (42 km), trancurre integramente na provincia da Coruña, e desemboca na ría de Camariñas.

O río Gande do Porto figura como un bon río salmoeiro nos tratados pesqueiros antiguos. No verán queda sin auga prácticamente. Algúns dos exemplares rexistrados tuveron que ser retirados do rexistro dado que eran reos, eso sí moi grandes. Nas prospección tampouco se poideron detectar xuvenís polo que hai que dar por extinguido o salmóns neste río. As causas: os moitos obstáculos que hai no canle sin dispositivos de franqueos adecuados.

Desembocadura do río, na ría de Camariñas. Descoñezo o autor da fotografía

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mandeo:

Escadas de salmóns e reos en Chelo. Río Mandeo. Fotografía Secundino Lorenzo.

Río de tamaño medio (58 km), trancurre integramente pola provincia da Coruña,  e desemboca formando a ría de Betanzos.

O Mandeo é un río salmoeiro de tamaño medio e caudal escaso, cuia capacidade salmoneira nunca debeu ser moi alta en razón a súa accesibilidade  moi alta. De feito existen obstáculos importantes, inda que se fixeron voladuras.

Os rexistros deste río son modestos. 58 salmóns en 1955 é o máximo oficial.

A construcción dunha minicentral e os seus caudais fan insalvable para os salmóns o lugar onde está. Porvenir moi negro por esta razón.

De tódolos xeitos a sú importancia non debera ser minimizada toda vez que é o único río salmoeiro que hai na zona, no chamado Arco Ártabro tras a extinción do salmón no Eume, Mero e Xubia.

Río Mandeo, por debaixo de Chelo. Fotografía Secundino Lorenzo

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mera:

Río Mera. Autor da fotografía Pendallo.

Río de tamaño pequeno (33 km), trancurre integramente na Coruña, e desemboca xa no Cantábrico pola ría de Ortigueira.

Trátase dun pequeno río salmoeiro de canle estreito e caudal escaso. No rexistro histórico nunca pasou de cinco capturas. No período estudiado non hai capturas inda que se sabe dalgunha ilegal.

O salmón está vedado neste río dende 1996.

En calquera caso o Mera tuvo durante estos anos unha población pequena de xuvenís.

Río Mera. Descoñezo o autor da fotografía. Tomada de Flickr.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sor:

Río Sor. Fotografía de Ricardo Ares.

Río de tamaño medio (57 km), trancurre integramente na fronteira das provincias de A Coruña e Lugo,   e desemboca na ría do Barqueiro.

No principio vai de forma tortuosa e por vales encaixados.

Figura como río salmoeiro en tratados e manuais antigos pero a verdade é que debido o pequeno que é,  a sua capacidade potencial é moi pequena.

O máximo oficial anotado foron 69 salmóns no ano 1963.

Non hai poblacións que virtan a este río e parece ben conservado sin embargo ten episodios nos que o PH baixa moito, xa o río ten un PH baixo de por sí,  e seica esto está asociado as deposicións da central Térmica de As Pontes.

As capturas que facían tres ou catro ribeireños da zona empezaron a decrecer coa montaxe da Central das Pontes.

Hai unha captura en 1990, mentras que os estudios feitos neste río a partires de 1996 non deron como resultado que houbera xuvenís.

Si cesa a desfeita da Central de As pontes este río pódese recuperar no futuro.

Río Sor. Fotografía de Ricardo Ares.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Landro:

Río Landro. Fotografía A.C. Pasión.

Río de tamaño pequeno (33 km), trancurre integramente na provincia de Lugo.  e desemboca formando a través da ría de viveiro.

Baixa dende a Serra do Xistral, con fervenzas moi bonitas. Hai poca población na zona.

É un río salmoeiro de moderada capacidade potencial. Históricamente nunca deu moitos salmóns: 32 en 1980. Seguramente como consecuencia dun obstáculo no curso baixo con máis de 8 m. de altura, o chamado Salto do Can, cuia escada de peixes nunca debeu ser operativa quedando os salmóns moi expostos na parte baixa do río. Hoxe está arranxado este paso para que poidan subir.

O salmón está vedado no Landro dende o 2003, xa que se atoparon moi poucas cantidades de xuvenís.

Van mellorando moito.

No Landro pesquei eu polos anos 70 e o río estaba cheo de esguins de salmón que entraban como tolos a culleriña. Teño que decir que os primeiros que entraron tiñan un tamaño superior os 17 cms e tomeinos como troitas. Logo decateime que non eran.

Lugar do "Salto do Can". Río Landro. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ouro:

Cachón no río Ouro. Fotografía Gonzalo Alonso Monte.

Río de tamaño pequeno (33 km), trancurre integramente pola provincia  de Lugo, e desemboca na ría de Fazouro.

Trátase dun río salmoeiro de escasa capacidade potencial e hoxe inda menos cunha piscifactoría no tramo final que destroza o río.

As capturas históricas 20 salmóns en 1980. Hoxe despareceron.

A partir do ano 2000 e a raíz de facer escadas que superaron o tramo final parece que hai indicios de xuvenís.

A especie está vedada dende 1996, a espera de que os índices de poblacións sexan de niveis aceptables.

Río Ouro. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Masma:

Desembocadura do Masma. Descoñezo o autor da fotografía.

Río de tamaño medio (52 km), trancurre integramente na provincia de lugo, e desemboca na ría de Foz.

Nace na Serra do Xistral e baixa bastante encaixado e con fervenzas, recibindo moitos afluentes. Como poblacións importantes están Mondoñedo e Lourenzá.

O Masma alberga poblacións de salmón relativamente importantes a pesares de ser pequeno e de escaso caudal. 130 salmóns hai rexistrados no ano 1976, ademais as densidades de xuvenís son en moitos casos comparables as do río Eo, o mellor río salmoeiro galego.

Resulta destacable que as capturas de añais no río Masma son realtivamente grandes. Non se dispón de información de capturadeiros que permitan coñecer a realidade.. As súas poblacións xenéticamente é a máis diferenciada ou distantes do resto das poblacións galegas.

Escada de peixes. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Eo:

Río Eo. Descoñezo o autor da fotografía. Decía "Forza e beleza"

Río de tamaño medio grande  (86 km), marca o límite entre Galicia e Asturias,  desemboca na ría de Ribadeo.

A súa conca apenas ten población de importancia salvo a Pontenova que ronda 1000 habitantes.

Representa o nexo entre os ríos salmoeiros de Asturias e os de Galicia.

Nos ano 90 pasou un momento de crisis como tódolos ríos pero aquí tamén agudizados polos problemas da baixada de esquíns a traves da Central Hidroeléctrica de Pe de Viña. Na actualidade está en mellora total.

A densidade de pintos que se atopan no Eo son francamente destacables e as capturas melloraron tamén moito, lonxe das 1226 capturas do ano 1980 que é o máximo oficial.

As capturas mostran un baixo número de añais, que tampouco abundan moito no capturadero da Presa de Pe de Viña. A población parece que son a maioría de dous invernos. Esto parece que é o máis normal o que habería que buscar unha razón: estiaxes que non favorecen os añais, prácticas de repoboación particulares, etc.

Os grandes salmóns de tres invernos desapareceron do Eo.

Escada para salmóns no río Eo. Fotografía de Alex ponte.

 

Volver.