Quercus robur.

Carballo. (Roble).

O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi, e inda é, sustituido polo piñeiro e o eucalipto, de máis rápido crecemento. As beiras dalgúns ríos inda quedan algunhas carballeiras fermosas. Estas árbores xa están nunha terceira liña do río.

O carballo é unha árbore de valor mitolóxico en Galicia.

En Galicia hai moitos tipos de carballos ou Quercos: Ilex, faginea, lusitánica, palustris, petraea, pyrenaica, robur, rubra, occidentalis, suber (sobreira). De todos eles o máis común e coñecido é o descrito nesta ficha.

Na fotografía do autor da www, un carballo con historia a beira do río Navea en Chandrexa de Queixa. Por certo moi fermoso...a pesar dos anos....

Hai ríos onde os carballos son moi comúns: o Ulla en Grés, o Arnego en Ponte Cabalos, o Lérez en Cerdedo, o Deva por riba de Arbo, etc. Actualmente, 2010. os carballos galegos están a ter unha plaga que non sabemos como rematará, a chamada "pulga do carballo".

Completo a ficha con datos do concurso "Tree of the year" de febreiro de 2022, que está de moda e xa participan 16 países. Tamén poño un carballo monumental que hai  no pueblo de Calvos en Vilasouto (O Incio-Lugo). Xuño 2023.

Características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO CARBALLO.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Flores e froito Bugallos ou carrabouxos O tronco e a madeira
     
Interés Quercus en Galicia   Curiosidades
     
As carballeiras Carballeira de Grés     Carballos monumentais
     
Árbore máxica. Fotos no inverno Links interesantes.        
     
O carballo e o viño.     A pulga do carballo. Bibliografía.  
Concurso Tree of the Year

Actualizado a xuño de 2023

O Carballo de Calvos-Vilasouto.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOME CIENTÍFICO

A fotografía está sacada baixando a Ponte Ermida no río Arnoia, preto de Cobas de Río.

Quercus robur L.

Clase: Anxiospermas

Orde: Fagales

Familia: Fagáceas.

 

Volver a características

 

 

 

 

Nome galego

Quercus robur en Chandrexa de Queixa, Ourense.

A este carballo vou a chamarlle "meu carballo" e así será referenciado nas fotografías que siguen...

Carballo. Roble. Alvariño, carballo branco, carballo verino, carvallo, rebolo alvar

 

Nota: cando o carballo é vello, grande e groso chámase "carballa", por exemplo en Rairíz de veiga chamase "Carballa da Rocha" o da fotografía que sigue:

Carballa.

Fotografía de Carlos  G. Hervella sacada dunha postal publicada polo "O Sil" prensa do Barco de Valdeorras do que son socio.

Esta carballa ten máis de 500 anos, 33 metros de altura e un grosos de máis de 8 metros.(820 cm.)

 

Volver a características

 

 

 

 

Nome castelán

Roble albar.

Foto do "meu carballo", en Chandrexa de Queixa, a carón dun río único e moi mal tratado últimamente, o río Navea ou Queixa.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

A súa altura é moi variable dependendo moito do lugar, hai exemplares baixos como o da fotografía anterior e moi altos como o da fotografía seguinte. Pode pasar de 40 metros. Pode vivir por riba dos 500 anos, podendo chegar ata os 1000 anos.

Realmente nesta fotografía figura un trocillo de carballo, botaba por riba dos 15 metros. A fotografía está sacada baixando a Ponte Ermida no río Arnoia, preto de Cobas de Río.

Hai exemplares de ata 2 m. de diámetro (ou sexa 6,28 metros de perímetro), como é o caso do de Antas de Ulla ( que por certo nono coñezo, é unha cita que fan Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell no libro Guia das árbores de Galicia).

Máis abaixo, no apartado de carballos monumentais,  cítase un carballo de 12 metros de perímetro no Pazo de Cartelos en Carballedo.

Carballo en Carballedo (Lugo) de 35 metros e 12 metros de perímetro.

A fotografía está sacada baixando a Ponte Ermida no río Arnoia, preto de Cobas de Río. Este era un carballo normal sobre 2 metros de perímetro.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

A ficha está sacada do libro Guía das árbores de Galicia de Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar de Editorial Bahía. Un libro imprescindible si se quere recoñer as árbores en Galicia.

O carballo seguramente é a arbore máis coñecida en Galicia. Pódese atopar por tódolos lugares, o seu tronco dereito, a cortiza grisácea, as follas caedizas, simples alternas e membranosas; as flores o fruto que é un aquenio ovoide - oblongo (chamadas landras ou belotas que tanto gustan os porcos do país)) . Sin duda é unha das árbores máis coñecidas.

O tronco é bastante característico. Grisáceo liso ata os 20 anos e despois gretado, groso e parduzco, como o da fotografía.

Fotografía do autor da www.

Este é o tronco do "meu carballo", por certo sobre 5 metros aproximadamente.

O carballo pode vivir mil anos.

Follas do "meu carballo".

Follas simples, ovais e lobuladas (entre tres a cinco lóbulos por banda) entre 10 a 12 cms. e 8 cm. de anchura. Rematan por riba de forma redondeada.

Na base rematan acorazonadas formando dous pequenos troziños; o que se chama ou di base do limbo auriculada.

As landras ou belotas están unidas as ramas por un pedúnculo longo, cousa que non pasa no rebolo (Quercus pyrenaica) e  na carba (Quercus petraea)  que se poden confundir có carballo. Nestes as landras non teñen apenas pedúnculo. O sea van directamente nas puntas das ponlas.

Tamén o rebolo ou cerquiño ten as follas, o envés,  pilosas o que lle da un aspecto áspero o tacto.

De tódolos xeitos non é fácil distinguir os quercus. Ver este link desta misma páxina www.

Formas de distinguir os quercus.

Os quercus en Galicia.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat

Roble ou carballo.

En Galicia o Quercus robur prefire os terreos frescos sen grandes secas e por debaixo dos 1000 metros. de altitude. Hai carballos por toda Galicia sobre todo pola parte das provincias da Coruña, Lugo na súa parte occidental e todo Pontevedra. En Ourense tamén na súa parte occidental. De tódolos xeitos cada día á súa distribución faixe máis irregular debido as talas e os incendios.

O conxunto de carballos en Galicia chámase Carballeira, dito dotro xeito un lugar poboado de carballos chámase carballeira, tamén carballal ou touza.

As carballeiras e os soutos ( que é un lugar poboado de castañeiros) son do máis típico en Galicia. 

Este carballo, Quercus robur  atópase en Galicia ata os 1000 metros. É bastante común en toda ela pero menos na zona alta da Provincia de Ourense e Lugo, onde é máis común a variedade Quercus pyrenaica.

En Galicia hai moitos tipos de Quercos: ilex ( chámase tamén aciñeira, atópase pola zona do Barco de Valdeorras en Ourense e nas montañas de Ourense e Lugo xunto as de Zamora e León) ,faginea ( atópase algún exemplar por Triacastela e Samos e en Ourense en Verín e Xinzo de Limia; chámase caxigo) , lusitanica ( no monte Pindo , preto de Carnota, tamén se chama carballo enano),  palustris ( carballo dos pantanos que se atopa preto de Ourense ciudade) , petraea ( de follas máis grandes, vive no Caurel ( Lugo), tamén se chama carba ou carballo albariño) , pyrenaica ( árbore autóctono, de follas case perennes e vive en altitudes de ata 1700 m. por exemplo , atópase no invernadeiro en Ourense, pola zona de Camba chámanlle cerquiño, rebolo ou carballo negral) , rubra ( que é o carballo americano, que se está a usar nas repoboacións xa que medra moito) ,  occidentalis ( atópase sobre as zonas das rías galegas. Polo río Sil chega ata o Bierzo, vese moito polo tanto nos vales fluvais. En galego fálase da sobreira ou corticeira e tamén do alcornoque, que non é máis que o Quercus suber L. ou Quercus occidentalis Gay.). 

Ver un resumen gráfico dos tipos de quercos.

As sobreiras e aciñeiras son típicas de Ourense, no cañón do Sil e chegan ata altura de Castro Caldelas. Hai moitísimas na zona baixa do río Arnoia (están a cortarse moitas por mor dunhas minicentrais que se están facendo na zona...)

Todos eles están perfectamente descritos e documentados no libro  Guia das árbores de Galicia de  Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar. 

De todos eles o máis común é o descrito nesta ficha.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

As flores e o froito:

As flores son moi pouco aparentes. As masculinas, amarelas e as femininas de cor parda. Na fotografía (da que descoñezo o autor) vense as dúas flores. Por certo que no carballo conviven as flores masculinas e femininas o mesmo tempo.

As flores femininas están mismo no nacemento da folla. Nas axilas das follas.

Florece nos meses de febreiro a marzo.

Na fotografía vense as flores masculinas (parecen pompós) , moitas,  e algunha feminina de cor marrón.

Mellor neste dibuxo de Calros Silvar, do seu libro sensacional "El roble"

Aquí vense moi ben as diferencias.

O fruto que é un aquenio ovoide - oblongo. Chámase landra ou belota, tamén mazá de cuco,  e mide entre  3-4 cms de longas e 1,5 a 2 cms. de ancho. Preséntase sobre un pedúnculo máis ou menos longo (4-8 cm) e cunha cúpula escamosa.

A cúpula cubre menos da mitade. As landras aparecen en grupiños de dúas ou tres. Moitas veces teñen landras que non creceron de todo, como as que se ven na fotografía.

Florece en abril e  maio e da froito no outono , son as famosas landras ou belotas, que leva unha cúpula que cubre menos da mitade.

Algo especial dos carballos son os bugallos, tamén chamados carrabouxos (en Ourense), cocas, bullacas, mazacucas e outros nomes.

Observar os bugallos (bolas que se forman o redor dos ovos e larvas dun insecto parásito do carballo, tamén se chaman carrabouxos entre outros nomes) do meu carballo. Esta fotografía está sacada no 2005 en maio.

Bugallos, carrabouxo, cocas, bullacas, mazacucas...

Descoñezo o autor da fotografía.

Os bugallos son pois reaccións da árbore os parásitos, ou bacterias, esta reacción ben en función do parásito, normalmente é unha avispilla ou un insecto que pon os ovos. A árbore reacciona, según moita xente inducido polo propio parásito que prepara a súa cama por decir dalgún xeito; outros dicen que a árbore así aisla o parásito para que non medre noutros lugares da árbore. Como sexa o fenómeno é extraordinario e o final temos os bugallos. Estos poden ser de distintos tipos.

Outro tipo de bugallos. Descoñezo o autor da fotografía.

Outro tipo de bugallos. Descoñezo o autor da fotografía.

A cada insecto o carballo fai un bugallo, hai varios tipos.

Outro tipo de bugallo. Foto do libro "As árbores de Galiza", de Adela Leiro e outros.

O bugallo por dentro normalmente ten o ovo, ou xa naceu o bicho ou xa marchou. Descoñezo o autor da fotografía.

Nesta fotografía da Xunta de Galicia vense diversos estadios dun bugallo.

Descoñezo o autor da fotografía e do dibuxo.

Ampliar cousa sobre os bugallos neste link.

--o--

 

É famosa esta estrofa de Antonio Fraguas, ó que se lle dedica O día das Letras Galegas de 2019.

 

Non che hai como o carballo

dá catro clases de fruto:

dá cocas e bugalliños,

landras e mazás de cuco.

 

Nota: algúns deles como as mazás de cuco, as cocas e as landras cómense en determinados estadios, o bugalliño dudo moito...pero bueno...

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

O tronco e a súa madeira:

A casca da árbore é lisa e gris nos primeiros anos. Prácticamente ate os vinte anos.

Logo empezan a sairlle fendeduras e cambia a cor a parda.

Nos troncos vellos aparecen moitas fendiduras.

A madeira é de cor crara, tirando a rosada e moi dura.

 
Densidade Moderadamente pesada.
Utilización É a madeira máis valiosa e dura para carpintería, por exemplos para portas.
Moi utilizada para facer mobles.
Tamén utilizada en construcción naval, travesas, etc.

Parqués.

Toneis

etc.

A variedade americana é máis oscura:

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

A súa madeira é dura é de moi boa calidade e de dificil putrefación, mesmo na auga, polo que foi usada para a construcción naval, doelas dos bocois, etc.

Debido a que aguanta moitísimo a humidade e os cambios de clima, foi usada esta madeira na fabricación de pipas e bocois, ademáis fai que saiba mellor os viños que se fan nos bocois ou pipas de roble.

Tamén se utiliza en carpintería e abanistería. En tempos para a fabricación das travesas do ferrocarril ( hoxe son de cemento armado). Nas casas metíanse para trabes, puntós e taboas para o piso ( inda se siguen metendo).

A leña do roble ten un alto poder calorífico ( carbón). 

A cortiza contén taninos de utilidade para curtir peles e posúe propiedades astrinxentes.

Do carballo para a mediciña popular utilízase todo: a cortiza dos troncos novos como os bugallos polo seu elevado contido de taninos, sobre todo o tanino gálico. Os bugallos, que xa está dito que son excrecencias provocadas por un insecto himenóptero e a corteza poseen accións astrinxentes, antidiarreicas e hemostáticas. As infusións úsanse para hemoraxias internas. En uso tópico vale para todo:  queimaduras, ecemas, farinxite e hemorroides.

O carballo tamén foi usado antiguamente para o curtido de peles, como xa está dito.

Casi nada...

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As carballeiras:

Carballeira nos Ancares. Fotografía de Xurxo Lobato.

Dende logo as Carballeiras están pretos dos ríos, inda que no sexan características dos mesmos. ( A Carballeira de Gres no río Ulla é famosísima e preciosa).

A Carballeira en Galicia e algo mais cun conxunto de árbores..."Ei carballeira, o que me dé un pau doulle un peso, e sí é de carballo trinta reás....."  dito típico de Graices , preto da Peroxa.

En algúns lugares os bosques de carballos tamén se chaman touzas e carballal ( por exemplo en Camba ( ourense)). Tamén Carballedo e Carballidos.

Os romanos chamánbanlle os lugares onde había carballeiras Lucus, precisamente o nome de Lugo que ven desta palabra fai referencia a lugares onde había carballos. Parece lóxico pensar que en Lugo houbese un bosque sagrado ou algo similar.

En Galicia hai carballeiras en tódolos concellos, moitas delas moi famosas, como:

Carballeira de Santa Susana en Santiago de Compostela.

Carballeira de Caldas de Reis, con máis de 200 carballos de tódalas idades.

Carballeira de Grés no río Ulla.

Outras moitas como a de San Xusto en Cotobade, a de Ponte Cabalos no río Arnego, a de Berdegaias no río Albarellos e tantas e tantas famosas...

O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi e inda é sustituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.

Nesta fotografía vese "O meu carballo" que está situado nun prado a carón do río Queixa moi preto do pobo de Taboazas. É unha auténtica marabilla. Por certo ese día había moitas abrotias no prado.

Ademais ten un fillo a carón. Moi a beira.

Nesta fotografía vese o fillo a esquerda e o pai a dereita, a perpectiva non dice como son...

Outra vista.

Máis cerca. O pai.

O tronco do pai.

Este carballo seguro que pasa dos 50 anos con moito...

Outra vista do "meu carballo".

 

 

Outra Carballeira famosa en Lobios

 

Fotografía da carballeira da Nosa Señora do Xurés en Lobios. Maio de 2023.

Dende este lugar, ao que se chega cunha estrada ben complicada, hai unha vista marabillosa de toda a  serra, o val do río Caldo e o encoro de Lindoso co río Limia. A vista chega ata Entrimo e Castro Leboreiro. Merece a pena subir.

Por certo na fotografía vese unha moza abrazada a un carballo enorme e moi lonxevo; seguro que a árbore lle gusta o xesto.

Decir que esta moza e a señora que aparece a dereita son dous seres moi queridos polo que escribe.

Mándolle moitos bicos as dúas...

A tradición remóntase a 1454, casi nada. Ver este link

 

 

 

Máis cousas importantes dos carballos:

Carballo do Pazo de Cartelos (Carballedo - Lugo) que ten 35 metros e chega a 12 metros de perímetro. Seica ten máis de quinientos anos.

 

Outra curiosidade: a sombra do carballo e do piñeiro dicen que é boa, a do castiñeiro seica non é boa xa que é húmida e fría, e a da nogueira dicen que é enfermiza.

O carballo considérase en Galicia unha árbore sagrada xunto coas aciñeiras e os bidueiros.

Inda hoxe as parellas comprométense debaixo dun carballo, e hai a costume de facer votos debaixo dun carballo despois da voda.

A súa presencia na toponimia en Galicia demostra a importancia do carballo, así por exemplo Carballo, Carballedo, Carballeda e Carballiño.

A súa importancia na alimentación é típica,  as landras son alimentos especiais dos porcos. Dicen que na prehistoria as landras servían de alimento as persoas, seguro que sí.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A carballeira de Grés no Ulla:

Fotografía do autor da www. Setembro 2000.

Hai moitas carballeiras en Galicia, como xa está dito, eu diría centos, todas son fermosas. A mín chamoume a atención unha que está preto dun río sensacional, o río Ulla. Unha carballeira que está formando unha ínsua , unha marabilla. Trátase da carballeira de Gres en Vila de Cruces, Pontevedra. Merece a pena visitala. A carballeira está na ínsua de San Ramón. Nese lugar o río Ulla ten varias ínsuas que están comunicadas por por pasos ou pondras. No dibuxo están as ínsuas de San Ramón, ínsua da praia, a de Pachín e a Insua dos namorados.

Dibuxo da ínsuas de Gres. Na de San Ramón, a primeira que se accede dende a parte ezquerda do río é onde está a carballeira. Ten palco, barbacoa, asientos, etc.

 

O Can de Adolfo Villar. Fotografía do autor da www. Setembro 2000.

Nesta carballeira, ensinoume Adolfo Villar Donato ( dende estas liñas, moitas gracias e un saúdo) , moitas cousas un día de setembro do 2000. Un home que se ve, leva no sangue a fermosura deste lugar paradísíaco. Entre as moitas cousas esta cabeza de can nun dos carballos centenarios que hai neste lugar. ¡¡¡ Hai que ir a Gres e ver esta carballeira e as ínsuas do Ulla !!!.   ¡¡ Incríbles!!.

Monolito dedicado a Adolfo Villar por detrás do carballo que cando eu o coñecín tiña o seu can e hoxe tamén ten as súas cinzas. D.E.P. amigo...

Engadido en agosto de 2012: fixen unha visita a esta carballeira e atopeime que Adolfo Villar Donato morrera, precisamente ten un monolito dedicado, por detrás deste carballo onde están escondidas a súas cinzas. Descanse en paz este home que tiven a sorte de coñecer un día de setembro de 2000. Adolfo morreu no ano 2004 e na ínsua hai un monolito-dedicatoria para lembrarse deste gran home "De moitos oficios, home de ben, amante da natureza, coidador voluntario da ínsua, e veciño exemplar". Ver máis abaixo a miña dedicatoria xunto coas fotografías que saquei aquel día de setembro do 2000 e noutras ocasións.

 

Mapa da zona. Carballeira de Gres en Ponte Ledesma.

Fotografía dunha parte desta Carballeira. O lugar é único.

Carballeira de Gres, na insua do río Ulla. Un ramal do Ulla vese a dereita.

As fotografías son do ano 2000-2002 e 2012.

 

Fotografías da Carballeira de Grés no río Ulla. A miña homenaxe a Adolfo Villar Donato   

 

Das ínsuas tamén teño outras fotografías dunhas poldras noutro lugar desta www.

 

Sobre estas ínsuas , os traballos de Adolfo e outras cousas interesantes hai un link que merece a pena.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Carballos monumentais:

Fotografía de Enrique Touriño

Nesta fotografía aparece o carballo de Santa Margarida de Mourente en Pontevedra.

No texto, que se debe a Francisco de Ana Magán, que acompaña a fotografía, faise referencia o que supón o carballo en Galicia: "Esta especie arbórea sempre tivo un valor mitolóxico para o pobo galego. As súas formacións ou matas chámanse carballeiras. En moitos casos estas árbores señeiras o pe das ermidas son o punto de unión entre os ancestrais cultos pagáns e a posterior cristanización dos mesmos...."

Este carballo é bastante famoso en Galicia xa que debaixo desta árbore seica se xura o amor eterno, entre outras cousas. Dende logo o carballo é curioso xa que está torto e ten unha parte seca, pero a outra é a primeira que bota follas e a última que as perde.

Este carballo xa o menciona Frai Martín Sarmiento no ano 1735, xa naqueles anos falaba da súa lonxetividade polo tanto debe ter hoxe moitos, moitísimos anos.

Nota: a fotografía e parte de texto está sacada dun calendario editado por Cementos Cosmos no ano 2004. Autor da foto Enrique Touriño. O texto é de Francisco de Ana Magán.

----------------------

En Galicia hai moitos carballos de moitos anos e moita altura como o do Pazo de Cartelos (Carballedo - Lugo) que ten 35 metros e chega a 12 metros de perímetro. É un dos máis altos de Galicia e está considerado o de maior edade, posiblemente supere os 500 anos.

Hai un dato curioso: no ano 1984 o ciclón Hortesia derribou unha póla deste carballo e seica analizada tiña sobre 800 anos. Desto pode deducirse que o carballo ten por riba dos 1.500 anos o que o podería situar como o maior do mundo. De tódolos xeitos xa se ve, que depende de onde se tome a información.

Outra fotografía sacada do video sensacional "Corpos Arbóreos" de Andrés Victorero.

Hai outro dato curioso sobre esta árbore: no ano 1932 foi vendida esta árbore e outras para facer travesas para o ferrocaril que viña de Benavente ata Galicia, o dono Luis Taboada vendeu en oito millóns de pesetas (que era moitísimo diñeiro) toda a finca. Pero o dono no momento de cerrar o trato non quiso vender e témoslle que estar agradecidos.

Este conto está sacada do video "Corpos arbóreos" de Andrés Victorero.

A fotografía está tomada do libro "Árbores de Galiza" de Adela leiro Lois, e varios e publicado no 2006 por A Nosa Terra. No libro aparecen moitos máis carballos famosos. Merece  a pena o libro.

 

------------------------------

Tamén é famoso o Carballo de San Antón en Carballo (A Coruña)

Deste carballo falan moitas milagres, tanto para buscar o gando que se perde como por medio de pedras que se tiran os ocos da árbore conseguir un bon marido.

Ten máis de catrocentos anos, un perímetro de 7 metros e 5 metros de altura.

A fotografía está sacada do video "Corpos arbóreos" de Andrés Victorero.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O carballo como árbore máxica:

"O carballo é unha árbore máxica e lexendaria.

 A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males".

Texto recollido nesta www.

 

Tamén recollo estos datos, parécenme moi interesantes,  deste link:

Aplicaciones mágicas: El Duir, como lo llamaban los antiguos celtas, regía el período comprendido entre el 17 de abril y el 14 de mayo. En el calendario y alfabeto Ogham correspondía a la letra D. Existen multitud de mitos asociados a este árbol, que se ha convertido en un símbolo de la dureza, la resistencia y la fiabilidad. Los antiguos celtas lo tenían en un lugar de honor, de hecho, la palabra "Druida", etimológicamente, significaba en gaélico "el que observa el roble", ya que estos árboles eran la fuente de inspiración de los hombres y mujeres sagrados, y en muchas ocasiones, las reuniones mágicas se celebraban alrededor de un roble. Los espíritus que habitan los robles son las "Dríadas". 
Un mito celta dice que el "rey roble" rige en la mitad luminosa del año, mientras que el "rey acebo" lo hace en la parte oscura. Forma parte de la tríada de árboles consagrada a las hadas: "Roble, Fresno y Espino" y se dice que, en los lugares en los que se pueden ver estos tres árboles juntos, con un poco de suerte, se pueden ver hadas.
Empléense sus hojas para purificar y sus bellotas para atraer la buena suerte. Se dice que, si se atrapa al vuelo una hoja de roble antes de que caiga al suelo, no se pasarán resfriados durante ese invierno. No lo hemos constatado, pero por probar...

 

Ver tamén o que aparece neste link sobre o carballo.

 

Ollo que en Galicia hai un carballo que se emborracha todos os anos. Ver este apartado.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links sobre o Carballo:

O carballo.

Roble.

Pps (PowerPoint) feito por Adela Leiro e Mon Daporta. Sensacional.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Nota: a información anterior está sacada de dous libros sensacionais, o de Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell, Guia das árbores de Galicia e o de Guía das árbores de Galicia. de  Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.

Tamén saquei cousas do libro "Guía de plantas medicinais de Galicia" de Antonio Rigueiro e varios de editorial Galaxia.

Tamén saquei cousas do libro "Árbores de Galiza" de Adela Leiro Lois e outros. de editorial A nosa Terra. 2006.

Volver a características

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O carballo no inverno: fotos

Este carballo e outros están nunha pequena carballeira que rodea a Ermida do Xurés en Lobios. Por certo na carballeira hai seis carballos moi grandes e de moitos anos, un é este da fotografía. A fotografía é do 19/01/2008.

Outra vista da ermita do Xurés. Por certo que dende a beira da ermida vese unha paisaxe única e marabillosa  coa Serra de Santa Eufemia e o Val de Río Caldo; máis o lonxe o encoro de Lindoso e a Serra de leboreiro e os montes do Quinxo. Merece a pena visitar esta ermida.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS

Carballo de Cartelos, seguramente o maior de Galicia. Ten unha altura de 35 metros e un perímetro de 12 metros. Está no Pazo lugués de Cartelos, preto da Barrela. A fotografía é de Grobas.

Carballo o pe do río Deva, por riba de arbo en Pontevedra. Neste río hai auténticos exemplares. Fotografía do autor da web. A fotografía non mostra ben o exemplar, volverei a sacala.

Carballa da Rocha. Rairiz de Veiga. Ourense. Fotografía de O Sil, Carlos G. Hervella.

Esta carballa ten máis de 500 anos, 33 metros de altura e un grosor de máis de 8 metros.(820 cm.)

  Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O carballo e o viño

Este é o carballo de Pelete. O único carballo do mundo que se emborracha tódolos anos co mellor viño do Ribeiro.

Abaixo explico de onde saquei a fotografía que non é miña.

 

Pois sí que é certo. O carballo de Pelete está na Lama en Pontevedra, seica ten uns quinientos anos e tódolos anos se emborracha na romería dos Remedios. Os romeiros van polo mellor viño posible o Ribeiro e mercan, por exemplo este ano sobre 1.500 litros de viño. O viño tense un tempo no Suído esperando o día da festa.

Despois de bendecir o viño a primeira xarra sempre é para o carballo.

Aquí se demostra, como lle dan a primeira taza. Descoñezo o autor da fotografía. Xa sabe, si quere figurar aquí que me escriba o meu email. Con moito gusto porei o nome.

Esta festa data xa no século XVIII onde os romeiros iban en mulas o Ribeiro buscar o mellor viño. Contan que polo lugar  pasaban os arrieiros transportando o viño do Ribeiro. Nunha ocasión, un cabalo propinou unha couce ao fillo dun deses arrieiros e estivo moi grave. O pai ofreceu entón á Virxe dos Remedios, que alí se venera, que se o seu fillo curábase, todos os anos regalaría unha pipa de viño en agradecemento á súa intercesión. E asi pasou...

Seguramente o arrieiro morreu pero seguiu a tradición do viño...

A festa faise no lugar nos primeiros días de setembro.

"O vermello brebaxe mollará por dentro e por fora aos que se atrevan a asomarse pola zona que deben ir vestidos con «vaqueiros vellos e cunhas camiseta da festa do Pelete que se poden mercar no recinto por sete euros», segundo unha veciña da parroquia"

Na festa dende logo non falta o viño, o pulpo e a carne. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Ver este link onde o Carballo de Pelete figura como árbore senlleira que pertence ao Patrimonio galego.

 

Outra fotografía do carballo de Pelete.

A primeira fotografía do carballo de Pelete, está sacada do video "Corpos Arbóreos" de  Andrés Victorero. Merece a pena ver o video.

 

Hai tamén un libro.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A pulga do carballo

As follas póllense así... Esta é a pulga do carballo. Este é a larva do gusano A altica comendo.

Noticia de abril do 2010

A Altica é en realidade a Altica quercetorum, a pulga do carballo, e trátase dun insecto que pega coas follas dos carballos e produce un debilitamento tal que cambia o cor das follas e pode debilitar as raíces da árbore e mesmo morrer.

A Altica está sendo moi forte, a súa incidencia nos carballos,  en Ourense e Lugo, concretamente en Ourense pola zona de Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Xinzo, Sarreaus, Trasmiras, A Merca,, Barbadas. Tamén San Cibrao das Viñas, Celanova e Ourense xunto a cartelle e a Bola. En Ourense hai máis de 5000 Ha afectadas.

En Lugo está facendo estragos no Incio, Sober, Pobla de Brollón, Bóveda, Saviñao, Ribas do Sil, Quiroga e Chantada.

Sobre o seu tratamento hai moita controversia xa que os pesticidas que se utilizan poden dañar terriblemente a fauna.

A plaga ten unha alta incidencia no Miño Medio, pero tamén no Limia e no Arnoia.

Volver a características

 

 

 

 

 

O Carballo de Calvos-Vilasouto.

O Incio-Lugo

Poño unhas fotografías deste carballo que realmente é marabilloso, está perfectamente conservado e sin lugar a dúbidas é senlleiro, como podedes ver nas fotografías.

Está nun  lugar do pueblo de Calvos,  na parroquia de Vilasouto, no concello de O Incio en Lugo. Galicia. España.

Simplemente poño unhas fotografías deste sensacional carballo:

Dende logo é impresionante.

 

O tronco tamén chama a atención.

 

Outra fotografía deste carballo que ten méritos para figurar na miña filla de árbores.

"Carballo de Calvos-Vilasouto"

 

Volver a características