Quercus
suber L.
Sobreira. Alcornoque.
A sobreira atópase tamén polo
vales fluviais, sobre todo nas zonas de Ourense, no río Miño e no río
Sil, onde sube pola súa conca ata o Bierzo. Tamén no canón do Arnoia.
En moitos lugares chámase corticeira.
O bosque de sobreiras chámanse sobreiral.
A cortiza utílízase para facer corchos
pra as botellas e tapóns
de todo tipo. Tamén se utiliza na elaboración das colmeas
tradicionais ou cortizos.
A fotografía está sacada en Ourense preto da
estación de autobuses e preto do río Miño, concretamente no paseo que
leva ata Quintela.
Características.
Saír
CARACTERÍSTICAS
DA SOBREIRA.
Nome
científico. |
Nome
científico:
Quercus suber L.
Familia:
Fagaceas
Genero:
Quercus
Especie:
Quercus suber L.
|
Subir a
características |
Nome
galego |
Nome galego:
Sobreira, corticeira.
Realmente é
un nome que ben do latin suber que quere decir corcho, é polo tanto un
nome que deriva directamente, non así o nome castelan alcornoque.
Subir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán
Alcornoque.
Subir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:
A súa altura é moi variable dependendo
moito do lugar, hai exemplares que poden chegar os 25 metros. Non ten unha
forma moi específica, quizais se poda decir que ten moitas ramas. Ver as
fotografías.
|
|
A sobreira anterior. |
As ramas son abondosas, como se pode ver na
fotografía. |
Pode vivir ata 500 anos.
Subir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
Fotografía do autor da www. Tronco da sobreira.
O tronco e groso e dereito e sirve para identificar
perfectamente a esta especie.
O tronco é bastante característico. O pelar o
tronco para sacarlle a cortiza queda dunha cor vermella laranxa, máis
tarde negruzca.
A cortiza é grisácea, o principio é lisa pero
deseguida faise grosa, gretada e suberosa (corcho).
Outra fotografía do tronco.
As gretas do corcho vense verticalmente.
A copa é irregular.
As follas tamén son características:
As follas son ovais entre 3 a 7 cms, moi ríxidas ou
coriáceas
e con pequenas espiñas na beira. De ovadas a
lanceoladas. Verdes escura na face, branquecinas no envés.
Corticeira a carón do río Miño en Outariz.
A árbore ten moitas ramas dispostas de forma moi
singular, de feito vendo de lonxe unha corticeira non é dificil de
identificar.
Subir a
características
|
Habitats: |
Habitat:
A sobreira procede de Africa e do sur
de Europa, habita nas zonas frescas. Atópase nas rías e introducíndose
cara o interior polos vales fluviais, polo río Miño, o río Sil, chega
ata o Bierzo.
Fotografía
de Susana Dominguez, sacada do sensacional libro "Árboles de
nuestros bosques".
Tamén hai moitas no canón do Arnoia, por Sande, Cartelle ata Arnoia.
Atópanse
entre 0-1000 metros. Pode vivir ata 500 anos, pero o seu crecemento é moi
lento.
Subir a
características
|
Follas,
flores e froitos: |
Follas:
Follas persistentes, simples,
alternas. Ten uns pequenos dentes espiñentos. Son verdes por diante e
blanquecinas polo envés.
Subir a
características
Flores:
Florece entre maio e xuño, pero a
floración pódese prolongar ata o outono.
Flor da sobreira.
Outra fotografía.
Subir a
características
Froitos:
O froito é unha landra ou belota de 2-5 cms. acampanada. Maduran no outono. Teñen un sabor moito máis amargo que
as landras dos carballos.
Dende logo a landra é moi distinta a típica
landra dos carballos.
Estas landras gústanlle moito os porcos, entre
outros animais.
Subir a
características
|
Interés,
uso da cortiza e da madeira: |
Interés:
A súa cortiza utilízase para
facer corchos, tapóns, colmeas tradicionais chamadas cortizos, etc.
Faise cada 8 anos, aproximadamente. Hai toda unha técnica para facer o
descorche da árbore e que este non quede tocado e siga producindo.
Tamén se utiliza para curtir o
coiro.
A madeira ten pouca utilidade en
carpintería.
A leña e o carbón son de boa
calidade.
Hoxe as sobreiras están ameazadas
polas talas incontroladas e o lume.
Subir a
características
A súa madeira:
Densidade |
Moderadamente pesada.
|
Utilización |
Utilizada durante moitas décadas na construción naval, está
hoxe practicamente limitada a aplicacións pouco valiosas.
Eventualmente, alguns "tablóns" de sobreirais poderán ter
aplicacións para parquet ou recubrimentos de paredes.
Corchos, tapóns, tarros, etc.
Tamén para facer carbón. |
Subir a
características
|
Curiosidades da sobreira: |
Curiosidades das sobreiras:
A sobreira quere
bosques onde os invernos sexan suaves e húmedos, polo
tanto de tipo mediterraneo. Dicen que o feito de
producir cortiza (corcho) é unha evolución da sobreira para
protexerse do lume, xa que suponse que cós climas suaves
os verán son moito máis secos, e os lumes máis comúns.
Outra cousa
curiosa.
O
seu froito, as landras, non son
comestibles para o home pero si para
moitos animais, de feito seica se
utiliza para cebar os cerdos ibéricos,
de feito na mezcla que se fai para
cebalos figuran as landras da sobreira.
O xamón ibérico é sabido que é
sensacional...
Outra curiosidade da
sobreira é que o naturalista inglés R.
Hooker descubriu no ano 1667 no corcho a
estructura celular dos seres vivos.
Subir a
características
|
Fotografías:
A sobreira é fácil de identificar polo
tronco e as ramas. Na fotografía sobreira a carón do río Miño
xunto a nova pasarela de Outariz. Xuño do 2005. Esperemos que
non a corten...
Este é a sobreira que hai a carón da
pasarela de Outariz en Ourense. Esperemos que o Concello non lle
pase a serra...Novembro do 2006.
Xa lle pasou a "serra do Concello de Ourense", esta sobreira xa non
existe. 2013
O parecer molestaba...
Este Concello de Ourense, no que vivo,
ten uns especialistas en cortar árbores, sobre todo a carón do
río Miño. leváno a feito, por onde pasan caen exemplares de todo
tipo dende sobreiras, amieiros, negrillos, lamagueiros, sauces
choróns e un largo etc. Calquera día destes fago unha lista con
estos desastres, o malo é que ¿qué fago con esa lista?.
Denuncialo. Seguro que o fan peor...É incrible o grado de
descoñecemento de moita xente que nos goberna...
A misma sobreira vista dende o outro lado.
Xa non existe. Molestaba...
O Concello de Ourense e outros están a matar
as árbores...
Estas son as fotografías hoxe, maio de 2014:
Observar comparando esta fotografía e a anterior
que a sobreira desapareceu, pola contra naceron 4 pradairos que son
os que se ven e tapan a ponte, salvo na esquina esquerda.
Buscando podedes atopar o tronco, testimuño da súa
desaparición. Razóns?. Inconfesables...Unha vergoña de actuación.
Por certo antes de que as corten hai unhas cantas
sobreiras de moitos anos no camiño que leva dende as termas de
Outariz ata Untes. Abril de 2014. Ollo que a "serra do Concello de
Ourense" é impredecible....
Subir a
características
Sobreiras famosas:
Son famosas as sobreiras do río Arnego na
Agolada. Un lugar único. A fotografía é de Manuel Busto Galego un
amigo da páxina www.
Concretamente trátase do Val de Carmoega.
Un sobreiral moi importante.
..."A sobreira soberana
señorea o val e o río agáchase caladiño e escorre polo máis
fondo da fraga ata acadar o canón da Vultureira"...
Manuel Busto no seu
blog Aquam Latam sobre Agolada.
Tamén hai moitas sobreiras no canón do río
Arnoia por Sande e Arnoia, na zona baixa do río Arnoia en Ourense.
Sobreira de Balboa. (A Estrada - Pontevedra)
A Sobreira de Balboa,
na Estrada (Pontevedra) é a sobreira documentada máis antigua de
Galicia, ten máis de 500 anos. É ademais a árbore galega máis
antigua documentada. De feito xa en tempos dos reis católicos se
citaba esta árbore. Ten un perímetro de 9 metros. Na parte inferior
ten unha especia de cova.
A fotografía está copiada do sensacional video
"Corpos arbóreos" de
Andrés Victorero.
Subir a
características
Bibliografía:
A bibliografía desta ficha está sacada
preferentemente de dous libros sensacionais: " Guía das árbores de
Galicia " de Enrique Niño e Carlos Silvar e o outro "Árboles
de nuestros bosques" de Susana Dominguez e Ezequiel Martinez.
Subir a
características
|