Os Quercus en Galicia

 

 

 

Quercus robur.

Follas caducas, simples, ovais e lobuladas (entre tres a cinco lóbulos por banda) entre 10 a 12 cms. e 8 cm. de anchura. Rematan por riba de forma redondeada.

Na base rematan acorazonadas formando dous pequenos troziños.

As landras ou belotas están unidas as ramas por un pedúnculo longo.

As follas caen no outono.

Cor verde escura.

Peciolo moi corto.

Chámase en Galicia carballo ou roble.

Prácticamente dase en toda Galicia, menos na parte oriental de Ourense e a sur-oriental de Lugo.

Ver esta ficha nesta web.

 

 

 

Quercus pyrenaica

Son simples, alternas entre 8-16 cms., casi coriáceas. Os lóbulos son moi profundos e moitos máis por banda (entre 5 e 8). A folla é máis longa que a do robur. A cor é tirando a verde-gris. Bastante peludas. O chegar o outono mantéñense secas na árbore.

As follas sécanse pero non se desprenden (marcescentes), sobre todo en exemplares novos.

A bellota non ten pedúnculo, ou sexa descansa directamente na rama, ver fotografía.

Os lóbulos das follas son longos e estreitos esto é o máis significativo. Tamén teñen ambas superficies unha fina peluxe que as fai inconfundibles.

Chámase en Galicia cerquiño, cerqueiro, rebolo, melojo ou carballo negral.

Hai moitos polo Barco e o Caurel.  Tamén en Chandrexa onde é a árbore máis común do concello (Luis José Miguez, Chandrexa de Queixa, patrimonio natural).

Ver este pps de Adela Leiro e Mon Daporta.

 

 

 

Quercus petraea

As follas son agudas, simples, alternas, ovaladas e lobuladas (pouco profundos)  e cun peciolo de 2 cms de lonxitude.

A folla remata en forma de cuña na base.

Verde pola face e pálidas polo envés.

As landras están unidas a rama prácticamente sin pedúnculo.

As follas novas sécanse pero non se desprenden (marcescentes). As adultas son caedizas.

En Galicia chámanlle Carba ou carballo albar.

Pouco común. Soio polos Ancares o Caurel e algunhas zonas altas de Ourense.

Ver este Powerpoint de AdelaLeiro y Mon Daporta.

 

 

 

Quercus ilex

Son follas elípticas ou case redondas, coriáceas, de ata 7,5 cms. coa beira lisa ou con dentes pequenos, os de abaixo da árbore con dentes e os de arriba menos.

Non ten lóbulos.

O envés é claro e peludo, eu diría abrancazada.

En Galicia chámase aciñeira, enciño.

Vese únicamente en lugares do Val do Sil, Limia e Tamega.

Ver este pps de Adela Leiro e Mon Daporta.

 

 

 

Quercus faginea.

As follas son simples, alternas, caducas, de forma oblonga de 6 cm. de lonxitude coa beira serrada-lobulada. Na base son arredondeadas.

Pálida polo envés con peliños e verde polo face.

As follas sécanse pero non se desprenden (marcescentes).

Chámase en Galicia Caxigo.

Poucos exemplares en Galicia por Samos, Verín, Xinzo e arredores de Ourense.

Tendes un bon link sobre esta árbore, en asturnatura.

 

 

 

 

Quercus lusitanica.

Follas simples, alternas de forma obovada ou elípticas de ata 12 cm. Case coriáceas. Beira lobulada e dentada na parte superior enteiro na inferior e peciolo corto.

As follas sécanse pero non se desprenden (marcescentes).

Chámase Carballo enano. Non pasa do un metro de altura.

En Galicia únicamente se atopa no Pindo e en sotobosques das Rías baixas.

Tendes unha ficha neste link.      Un dibuxo.     Unha foto

 

 

 

 

Quercus suber.

As follas son ovais entre 3 a 7 cms, moi ríxidas ou coriáceas e con pequenas espiñas na beira. De ovadas a lanceoladas. Verdes escura na face, branquecinas no envés.

Chámase sobreira ou corticeira.

En Galicia abonda moito en Pontevedra e Ourense nos vales do Miño, Sil e Arnoia.

Ten unha ficha nesta misma páxina web.

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.