Estamos diante dun concurso no que
previamente seleccionáronse un conxunto de árbores que efectivamente todos
teñen a súa historia e son moi interesantes.
...O concurso da
Árbore europea do ano creouse no ano 2011 en resposta á
unha enquisa popular "Árbore do ano" organizada na República
checa durante moito tempo pola Fundación Alianza (
Nadace
Partnerství). Ao terminar o concurso a nivel nacional
en cada país, os gañadores participaban no concurso europeo.
Cada ano, a votación en liña da Árbore do Ano Europeo é
organizada pola
Environmental
Partnership
Association (EPA), da cal é membro a
Czech
Environmental
Partnership
Foundation. A primeira votación europea organizouse
en 2011. Desde entón, o número de países involucrados no
concurso aumentou de 5 a 16. Agora estamos a axudar a
establecer o concurso en países fóra de Europa...
Nesta páxina web que poño a continuación, que é oficial, tendes
todo tipo de explicacións, quén organiza, os premios anteriores, e moitas mais
cousas, evidentemente nela tamén podedes votar, está en varios idiomas (de
momento non en galego) e
merece a pena vela:
Tamén podedes usala para votar: entrades
neste link,
colledes dúas árbores, poñedes o voso email cando ó pida, e finalmente
a esperar
recibir un email e confirmar.
A votación é do 1 ao 28 de febreiro.
¡Ollo!
No concurso seica hai que escoller dous deles,
pero xa ó indica a web.
O ganador leva un premio moi interesante: vai a permitir plantar nese ano, nese país, tantos árbores como votos levou.
Que son 100.000 votos, pois plantaranse 100.000 árbores. Unha marabilla.
Éxito por todos os lados: concienciación da xente, plantar árbores co que
supón para o medio ambiente e un longo etc. Xa están participando 16
paises e esto vai a máis...¡Todo son beneficios lóxicos!. Xa o chaman
"Eurovisión das árbores"...
--o--
Árbores presentados no 2022 que máis me
gustan. Ollo que eu soio poño os carballos, xa que estou pondo
esto na miña ficha de árbores e dentro dela o noso carballo, a nosa árbore
máis importante en Galicia. Na web xa indicada tendes outras árbores a maiores.
Ó final
fago un resume.
O Carballo do bosque do banquete de
Conxo
Chámanlle: a árbore da libertade.
Presentouno o Concello de Santiago de
Compostela.
É un Quercus robur L. (por eso ó poño na miña
ficha do carballo) e ten actualmente 250 anos. É un carballo de
30 m. de altura, cun perímetro de 3,75 m. En Galicia hai algúns que son
superiores en tamaño e anos pero non con tanta historia, que é o que se
vota.
A súa historia é a seguinte:
Este histórico carballo naceu coa
ilustración. Foi testemuña en 1856 do Banquete Democrático de Conxo,
acto revolucionario que reivindicou os ideais da nova Europa: Libertade,
igualdade e Fraternidade.
Foi defendido por Rosalía de Castro
nunha denuncia ecolóxica pioneira en España.
E o bosque que ó acolle, ao pé do
Camiño Portugués de peregrinación, é hoxe todo un cofre botánico, aberto
ao público en 2018 (cunha gran festa popular) tras permanecer
inaccesible durante máis dun século.
Este é o video de promoción desta árbore,
unha auténtica marabilla:
É certo que tamén recibín un video, polo menos eu, hoxe aparece en La Región, eu penso que pouco
estudiado...; outro video sensacional de Luís Z. presentando este concurso...pero sinto moito non poder poñer ese video, por razóns lóxicas
e evidentes; e de verdade que ó sinto...¡Fantástica interpretación de L.Z.!.
O contido xa non tanto...
No momento de escribir este texto,
mércores 16 de febreiro levaba
71.358 votos.
Chámanlle: O guardian do bosque primixenio
de Bialowieza.
Presentao Polonia
É un Quercus robur L. (por eso ó poño na miña
ficha do carballo) e ten actualmente 450 anos. É moi
espectacular non hai dúbida.
A súa historia é a seguinte:
Este carballo
está a crecer ao bordo do Bosque Primigenio de Bialowieza, un dos
bosques de terras baixas máis coñecidos, non só en Polonia senón tamén
en Europa. Foi particularme respectado e admirado pola poboación local,
así como polos turistas que visitan esta zona de Polonia, chamada a
Rexión Europea de Wisent. É unha inspiración para moitos artistas.
Sorprende en todas as estacións durante a primavera, pero tamén cando
mostra as súas ramas sen follas, misteriosamente curvadas.
Este é o video de promoción desta árbore:
Ollo: este video leva a día de hoxe
88.558
votos.
--o--
Finalizando o concurso en 2022
Estuven vendo todas as árbores, pensei que
soio se presentaban carballos pero hai de todo: tilos, secoias, pinos,
castaños, alcornoques (as nosas sobreiras), acacias, un salgueiro chorón e
pouco máis.
Robles hai dous máis: O Roble de
Turguenev que levaba 33.000 votos, non é nada do outro mundo, ten
199 anos pero é moi inferior en historia os dous anteriores. E tamén o
Roble Lonxevo de Letonia de 250 anos, levaba 14.918 e non é gran cousa
poño a continuación as fotografías dos dous e a súa historia.
O roble de Turguenev
Roble de Turguenev
Esta é a sua historia:
O famoso carballo do xardín
Spasskoye-
Lutovinovo, que está
indisolublemente ligado ao nome de Ivan
Turgenev, desafortunadamente perdeuse durante a tormenta, pero
permaneceu na memoria da xente como un símbolo natural e histórico, unha
árbore lendaria que mantivo a calor do as mans do gran escritor ruso. O
carballo de
Turgenev, plantado segundo a lenda polo propio Ivan
Sergeevich, foi testemuña de notables acontecementos históricos e
da vida de personalidades famosas. Aínda segue sendo unha encarnación da
forza, a beleza e a lonxevidade, un vínculo de conexión entre as
xeracións pasadas e futuras, un símbolo de amor polo país!
--o--
O Roble Lonxevo de Letonia
Roble de Letonia
Esta é a sua historia:
Despois da ocupación soviética,
a nosa familia recuperou as terras do cultivo do avó. Atopamos un
poderoso carballo firme na beira do río Age. Limpámolo de arbustos e
chamámolo O Gran Carballo Lonxevo. Inspiroume darme conta de que
Letonia ten a segunda maior densidade de grandes árbores de Europa.
Agora o carballo é o punto de partida da camiñada Poweroak e
inspirou para plantar unha nova arboleda Powerak. Converteuse nunha
árbore popular na rexión de Limbazi. Co espertar da nación letona,
este carballo abriuse ao mundo para aledarse, educar e inspirar!
--o--
Xa veremos quen gana.
Penso que ó importante é participar, a
idea é moi boa.