Son simples, alternas entre 8-16 cms., casi coriáceas.
Os
lóbulos son moi profundos e moitos máis por banda (entre 5 e 8).
A folla é máis longa que a do robur. A cor é tirando a verde-gris.
Bastante peludas. O chegar o outono mantéñense secas na árbore.
As follas sécanse pero non se desprenden (marcescentes), sobre todo
en exemplares novos.
A landra (belota) non ten pedúnculo, ou sexa descansa directamente na rama,
ver fotografía. Entre 1,5 e 4 cm. Madurn en outubro-novembro.
Os lóbulos das follas son longos e estreitos esto é o máis
significativo. Tamén teñen ambas superficies unha fina peluxe que as fai
inconfundibles.
O tronco é dereito coa tona
gris gretada e grosa.
Chámase en Galicia cerquiño, cerqueiro, rebolo.
En castelán melojo ou carballo
negral.
Pode aparece como árbore, de ata
25 m ou como arbusto.
Da unhas flores de maio a xuño, as
masculinas amarelo-verdosas e as femininas de cor parda.
Hai moitos polo Barco e o Caurel. Tamén en Chandrexa onde é a
árbore máis común do concello (Luis José Miguez, Chandrexa
de Queixa, patrimonio natural).
Moitos tamén no Parque Natural do Invernadeiro en
Ourense.
Foi utilizado en
tempos para facer as travesas do tren, hoxe xa non por sorte. O seu
uso noemal é para ferramentas, construción, leña... As ponlas tamén
se utilizan para facer cestas.
Os porcos gústanlle moito as landras.
Os bosques de cerquiños chámanse reboleiras.
Nos cerquiños atópanse moitas veces os bugallos ou
carrabouxos ou cocos, mazás de cuco...
Ver este
pps de Adela Leiro e Mon Daporta.