A ínsua de Gres- Río Ulla
Estas fotografías son a miña dedicatoria a un home que se chamaba Adolfo Villar Donato, morreu en marzo de 2004, e que tiven o gusto de coñecelo en setembro do ano 2000, daquela ensinoume cousas curiosas desta marabillosa ínsua en Gres... O monolito da fotografía, que está na Carballeira da ínsua en Gres, lembra a Adolfo como "Home de moitos oficios, home de ben, amante da natureza, coidador voluntario de estas ínsuas, e veciño exemplar". Onde estés amigo Adolfo, unha aperta e grazas de Secundino Lorenzo Fdez.
Fixo a web Secundino Lorenzo.
Volver
a ríos gal.
|