|
Nome Científico.
Anguilla anguilla ou Anguía
anguía (Lin. 1758)

Taxonomía:
Clase: Actinopterygii.
Orden: Anguiliformes.
Suborden: Anguiloideos
Familia:Anguílidos
Xénero: anguilla
Especie: Anguila anguila
A anguía en resumen é unha
especie sin pés (ápoda), migratoira, pode vivir na terra ou na
auga (anfibiótica), migra do mar o río (catádroma), parece unha serpente.
Volver.
|
|
Nome
galego:

Anguía. Anguila, Eiroa. Airoa
En Portugal chámase Enguía.
Os vascos: Ibai aingira.
A anguía, o seu nome deriva da palabra latina
anguis, quere decir pequena serpe de auga...

En Galicia a anguía recibe
diversos nomes según algunhas particularidades, así:
A cría chámase Meixón, Ameixón, meixó e Angula.
O macho chámae anguiacho.
A femia: anguila o más propiamente anguía.
Individuos adultos de pequeno porte: anguílos ou
anguíos.
Exemplares moi grandes: eiróns ou cabos.
Os que andan polas rías : eiroas ou airoas.
Estos datos están sacados do libro "A pesca
tradicional nos ríos de Galiza" de Lois Ladra.
Volver.
|
|
Nome
castelán:

Anguila.

Volver.
|
|
Dimensións:

Ata 2 metros ( a media é entre 40-90
cms) o peso ata 10 kg. inda que polo xeral non supera os 4 kg. As femias
(que son realmente as que suben os ríos) soen ser máis longas e máis pesadas que os machos.

Hoxe, nos encoros, están a collerse algunhos
exemplares grandes de anguía, como o que se ve na fotografía. Son
exemplares que quedaron nos encoros, que non puderon facer a emigración
e poden botar por riba dos cinco kg. de peso.

As femias poden vivir ata 20 anos, os machos un
máximo de 12 anos.
Volver.
|
|
Identificación:

O corpo é serpentiforme e de sección
cilíndrica.
Neste dibuxo vese perfectamente como é un anguía,
tamén a diferencia que pode ter cunha culebra de río, dende logo o
feito de atopala nun río e a aleta que cubre casi todo o lombo é
definitiva. Ten tamén as aletas propias dos peixes, ou sexa as aletas
pectorais, na parte anterior.

O aspecto é moi característico e
distínguese perfectamente dunha culebra. A aleta dorsal e caudal están
unidas nunha soa, formada polo menos por 500 radios, sendo redondeada
na parte da cola.

Na fotografía un exemplar grande de anguila.

As anguías presentan distintas libreas según
sexan xóvenes ou maduras, que oscilan entre unha franxa amarela cando
son xóvenes ata máis obscura de adultas.

As aletas pectorais teñen sobre 14-18 radios. O dorso
é pardo verdoso, tirando a gris ou casi negro, o ventre é blanco e
amarelento. Moi viscosa toda ela, xa que está cuberta dunha secreción
mucosa que a fai moi esvarante. Ou sexa, o que se dí en galego moi
escorregadiza. De rapaz non había maneira de coñelas si non era con
tenedor.
Hoxe non hai maneira de velas,
están a desaparecer.

A cabeza é alargada e coa mandibula
inferior sobresaindo un pouco con respecto a superior.

Pode apreciarse neste dibuxo.
Ten pequenos dentes, tanto nas
mandibulas como no vómer..

Nesta fotografía vese mellor o tema
da mandíbula inferior que efectivamente sobresae un pouco. Observar
tamén os ollos que son pequenos e redondos e que se hipertrofian cando a
anguía madura sexualmente.
Volver.
|
|
Alimentación:
Peixes de todo tipo, ras, tritóns,
incluso a propia anguía. Gústanlle moitos os ovos de peixes, incluso
poden chegar a devorar crías de aves.
Na fotografía vese devorando un peixe.
Polo demais come de todo desde rás, pequenos
peixes, caracois, insectos, etc.
A anguía é capturada poucas veces por outros
animais, xa que o seu
plasma é velenoso e os peixes carnívoros sábeno. Para o home unha vez
cociñada é exquisita.
Ter coidado coa sangue si se teñen feridas nas
máns. En realidade a sangue da anguía contén unha proteína chamada
hemoitiotoxina que é hemolítica.
Volver.
|
|
Habitats:

Os individuos adultos viven nos tramos baixo e
medio dos ríos. Tamén nas marismas.
Os pequenos así como a reproducción e as fases
larvaria e xuvenil é mariña.
Remontaba os ríos ata máis de 1000
metros de altitude. Frecuentaba os regatos de todo tipo, os grandes
ríos e o litoral. A anguía esixe unha saída o mar, polo demáis
chega ata calquera lugar. Hoxe teno terriblemente dificil cos encoros e
minicentrais que rematan cos ríos e con todo o que rodea a estos.
Realmente a anguía está a desaparecer dos nosos
ríos galegos, os encoros rematan con esta especie en outro tempo
abundante nos nosos ríos.
Unha auténtica desgracia...
As anguías que quedan aisladas nos encoros perdén
totalmente a capacidade de reproducirse, e permanecen ata que morren
(sobre 20 anos).

Estos individuos chegan a alcanzar ata 1.5
metros e pesos superiores os 10 kg.
Ver un video da BBC:
Volver.
|
|
O DESOVE DA ANGUÍA:

Foi o biólogo danés Johannes Schmidt a principios
do século XX o que estudiou a fondo o desove das anguías.
A cousa non era tan facil toda vez que este desove
prodúcese no Mar dos Sargazos, nada menos.
Dende alí e máis ou menos en tres anos chegan os
leptócefalos que así se chaman as pequenas larvas que se deixan
arrastrar polas correntes, ata España e por suposto o resto de Europa e
Africa.
Este peixe é un migrador incríble,
entre o otoño e o inverno as anguias adultas abandonan o río " si
poden e non morren nas hélices das turbinas dos encoros" e cunha
velocidade aproximada de 30 Km o día chegan o mar e dentro do mar
finalmente o mar dos Sargazos ( no océano Atlántico
centrooccidental) zona onde se reproducen. Creese que cada femia
pon, en augas relativamente quentes e ata 1000 metros de profundidade,
de
1 a 5 millóns de ovos de 1 a 3 mm de diametro. Despois os adultos
morren e as larvas de 4- 5 mm comenzan a migrar gradualmente cara
oriente, axudadas pola corriente do golfo primeiro, e logo pola
corriente nor-atlántica, para chegar as costas africanas e europeas 2 o 3 anos
despois.

Fotografía da pesca do meixón (angula) no
río Miño. Foto sacada da TVG.
Nesto momento son as "angulas", chamadas
meixóns en galego, delgadas de unhos 50
mm de lonxitude. As angulas desplázanse sobre todo de moite e
agrúpanse nas desembocaduras dos ríos e logo en novembro-decembro
inician o remonte, máis tarde xa nun segundo inverno as angulas
transformanse en anguilas, sempre que logren pasar os encoros,
minicentrais, etc. que dende logo nono consiguen.
Aspecto que teñen as angulas.
Na primeira etapa adquieren unha coloración
amarela, recibindo o nome de anguías amarelas.
Os 4-10 anos transfórmanse en anguías adultas e
volta a empezar o ciclo da vida.
As femias alcanzan a madurez sexual entre os 0-13
anos e os machos entre os 4-8 anos. Chegado a este estadio vólvense
máis oscuras. Neste estadio aliméntanse moito e baixan os ríos (hoxe
xa non poden...na maioría) ata chegar o mar, onde xa non se
alimentarán ata que cheguen a zona de desove no Mar dos Sargazos. Nesta
etapa reciben o nome de anguías prateadas.

Este é un pequeno resumo do crecemento da
anguía en función dos meses. O dibuxo está sacado dun caderno de
campo de Félix R. de la Fuente.

Este mapa é un esquema tamén sacado do libro
anterior onde se ve que nacen no Mar dos Sargazos, non moi lonxe do
Caribe e en 36 meses chegan a Galicia. Desgraciadamente non somos
capaces de deixarlle facer este ciclo. A anguía dentro duns anos
estárá únicamente nos libros.
Toda unha historia.
Volver.
|
|
EN QUE MESES SE
VE:
Mais ben víanse todo o ano sobre de
todo na primavera e no verán. De rapaz en Ourense, no verán, cando baixaba o río ibamos cara a praia actual da Antena cun tenedor e
collíamos moitísimas anguías.
Hoxe xa non existen prácticamente. Os encoros do
Miño non deixan subir a esta especie. Un auténtico "crimen"
ecolóxico que se produce un ano sí e outro tamén.
Medio ambiente intenta paliar
"folklóricamente" a subida no encoro de Frieira e digo
folklóricamente xa que non son capaces de arbitrar ningún medio para
evitar este desastre.

Fotografía de I. Doadrio.
Para que o lector se faga unha idea, en 1999 están
repoboando de anguías recollídas con medios artesanais así dos 412
kg que colleron no tramo de Friera, botaron: 180 Kg no de Castrelo, 70kg no de Velle, 60
Kg en San Esteban, 39Kg no Limia, cantidades repito
"folklóricas" con respeto os miles de kg. que suben polo
Miño en non poden pasar.
Unha magoa.
No ano 2004 xa soio se colleron 26.000 anguias que
representa aproximadamente 26 kg. de anguias, moi lonxe dos 1000 kg. que
se colleron no 1995.
A verdade é que a anguia está a punto de
desaparecer do río Miño.
Coto do Frade, unha Asociación
Ecoloxista do Ribeiro en Ourense, da que son socio, leva 15 anos
protestando pola desfeita que se fai no río Miño con esta especie.
Denunciando a Fenosa, que se ríe de tódolos galegos, xa que non tuvo nin
ten un medio ou sistema efectivo para evitar a morte de miles de anguías
no encoro de Frieira.
A Xunta anterior non fixo nunca
nada polo tema. Era lóxico sabendo quen gobernaba, a convivencia era
total. O Medio Ambiente galego nunca lles importou en absoluto...
Os que están hoxe en octubro do
2006 parece que prometían moito, de xeito hai xente moi comprometida co
Medio Ambiente galego, pero de momento neste tema non fixeron nada. Si
criticar o teleesférico que puso Fenosa, que é inutil, pero nada máis.

Ascensor que puso Fenosa para franquear a Presa...unha
tomadura de pelo auténtica...Unha risa.
Coto do Frade sigue a denunciar que
non se fai nada e que morren miles de anguías tanto na subida como na
baixada. É urxente a necesidade de dotar a Frieira con sistemas de
franqueo e así evitar a desaparición de esta e outras especies no río
Miño.

Outro artiluxio no 2010. Inservible.
Ante o fracaso absoluto para
Fenosa do ascensor anterior no 2010 pon en marcha outro artiluxio
que leva o mismo camiño de fracaso. Pero o caso para esta empresa
que agora é Fenosa Gas Natural e que vaian pasando os anos e que a
xente vexa que fan algo pola fauna. Todo mentira non fan nada en
absoluto. Ver este
link.
Volver.
|
|
Interés da Anguía:

Especial. Está desaparecendo dos nosos
ríos.
A anguía era, non fai moitos anos, o peixe máis abondoso
no río Miño, subían polo Miño a toneladas.
De rapaz, en Barra de Miño collíanse a centos no
verán, xusto onde desemboca o arroio de Barra.
Hoxe no encoro de Velle, prácticamente xa non
quedan anguías, a non ser das que botan de cando en vez.
As anguías non se conseguió reproducilas en
cautividade e inda que existen piscifactorías, estas funcionan en base
a angula capturadas.

A anguilicultura ten polo tanto o grave problema de
que as angulas cada vez van a menos.
Valor enerxético:
É sin lugar a dúbidas dos
peixes de río o que posee o máis alto valor enerxético 205 cal./100
grs. comparable no mar có atún; a razón é o pouco contido en auga da
anguía. Aparte ten moitísimas vitaminas e minerais. En fin unha
marabilla que abondaba moitísimo, pero que cada día hai menos...
Cando era rapaz en Ourense
abondaba moitísimo na plaza de abastos. A anguía tamén era un "manxar
de deuses", é máis, eu penso que a empanada de anguía
pequena do Miño non será nunca superada. Era o plato típico de
tódalas as romerías da ciudade de Ourense. ¡Tempos aqueles en que as
anguías subían polo Miño e nos coiñais de Ourense había anguías a
dar e tomar!. Hoxe non pasan do encoro de Frieira. Un auténtico
suicidio...
Volver.
|
|
Protección:
A anguía está considerada como "Especie
vulnerable" no Libro Bermello dos Vertebrados de España (1992).
Categoría para España VU 2cd (Vulnerable). Os
encoros e a contaminación ou mala calidade das aguas fan reducir esta
especie alarmantemente.
Tende a desaparecer dos ríos. Non se fan as cousas ven en
Galicia, polo tanto a anguía únicamente se verá en algúns tramos dos
ríos.
Nos encoros morre xa que non soporta a
eutrofización.
Por outra banda si non pode regresar o mar tampouco
pode reproducirse.
Un progreso mal entendido remata con esta especie.
Persoalmente penso que cos adiantos tecnolóxicos
actuais poderíase poñer freno a esta desfeita.
Pero non se fai nada...
Dende estas liñas quero agradecer os intentos da
asociación Coto do Frade de
Ribadavia, que ano sí e ano tamén intentan subir unhos cantos
miles de anguias no encoro de Frieira, para eles a miña máxima
consideración. Boten un vistazo ó link anterior e verán o impacto do
encoro nos "anguieiros". Unha desfeita. Esta asociación leva
dende 1995 nunha loita sin igual para que FENOSA, a dona do encoro
de Frieira, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, arbitren algún
xeito para paliar esta desfeita. De momento pouca cousa...
Inimigos da anguía:
En primeiro lugar os encoros
que non deixan que a anguía faga o seu ciclo vital así como a
contaminación dos ríos. Fálase dun 99% de desaparición da anguía nos
ríos de Europa (Franco 2003).
Logo os inimigos típicos: o
home, as londras, moitas aves como as garzas ou os cormoráns
entre outros.
Neste video unha lontra colle
unha anguía que a mín me parece está morta:
O video é da BBC.
Volver.
|
|
Curiosidades:

A súa carne sempre foi exquisita.
A empanada de anguias foi polos anos 1900-1960 o
plato típico do verán en Ourense.
A súa pesca doada, cando había abundancia delas.
Lémbrome na primaveira cun bon libro, unha cana, unha miñoca e unha
campaniña na punta. Non se podía leer nin un capítulo, as anguias
entraban unha e outra vez a mioca. En calquera río, eu persoalmente
no río Barbantiño, preto da desembocadura, collía moítisimas anguías
exquisitas. Non daba feito. Unha
ledicia.
Tempos aqueles.
Hoxe si se quere ver unha anguía hai que ir a Arbo
ou Crecente e armarlle o quieto , con un poco de sorte pódese coller
unha dúcia delas...que pena.
Hoxe a "especie humana" é unha
auténtica depredadora do medio ambiente .
Esperemos que a xuventude do futuro o sexa menos (
sempre que non imiten os pais)...e sexan capaz de conservar esta emblemática especie.
Nos, non somos capaces de momento...
A contaminación e as grandes presas rematan coas
anguías...
Volver.
|
|
A
anguía na historia.

Históricamente a anguía sempre foi un
misterio ata que o danés Johannes Schmidt, despois de 22 anos de
estudio, alá polo 1922 descubriu realmente este misterio.

No esquema o paso dende o punto 1 (mar dos Sargazos
nacemento) ata o 5 de regreso.
Johannes Schmidt descubriu que as
anguías cando maduran sexualmente buscan dende os ríos o mar. Nas noites
sin lúa baixan os ríos en emprenden oa gran viaxe de 4000 km. ata o mar
do Sargazos no Caribe. Alí a casi 500 metros de profundidade cada femia
pon 9 millóns de ovos dos que naceran as larvas, sobre 5 mm en forma de
folla. Un par de meses máis e xa con 2,5 cms. emprenden a viaxe de
volta, subindo a superficie e a misma corrente do Golfo as trae a Europa
e os nbosos ríos. Chegan os tres anos xa con 7 cms. de lonxitude. Neste
estadio fan unha pequena metamorfosis xa que perden os dentes o corpo
faixe cilíndrico e cambian qa sangue a bermella. Son as anguas. Estas
anguas empezaran a subir os ríos para convertirse finalmente en anguías
e volver a comenzar o ciclo. É curioso que as anguías que suben os ríos
son maioritariamente femias mentras que os machos queden na
desembocadura.

Na antiguedade hai datos do interese
deste proceso, por exemplo os exipcios, fai 5000 anos xa se
interesaron por el, así nun baixorreleve na Mastaba de Aktihelep
aparecen anguías.
O mesmo Aristóteles xa pensaba que
viñan do mar, e Plinio decía que viña do mar os ríos e que se reproducía
no mar.
Pero pouco máis ata o século XX con
Johannes Schmidt.
Volver.
|
|
Anguieiro.

Anguías mortas a centos nas comportas do encoro
de Frieira. Río Miño. Propiedade de Fenosa.

Encoro de Frieira no río Miño. A partir deste
encoro as anguías non pasan. Nestas comportas morren miles de
anguías. Responsables a Consellería de Medio Ambiente por non esixir
que se cumpla a lei e Fenosa por incumplila. Unha auténtica vergoña.

Nestas comportas morren miles de anguías.
Membros de Coto do Frade unha asociación ecoloxista de Ribadavia
recollendo miles de anguías e demostrando de 1995 tódolos anos como
morren nestas comportas.
Medio Ambiente Galego e Fenosa nin caso...
Dende estas liñas quero denunciar o feito de que Fenosa
e a Consellería de medio Ambiente galega non permitan subir a anguía no
encoro de Frieira. Na miña opinión trátase dunha auténtica vergoña e
dunha desfeita do noso medio natural, dunha especie emblemática.

Algunhas anguías recollidas nas comportas do encoro
de Frieira no ano 2000.
O
anguieiro promovido polo Coto do Frade de Ribadavia, un ano sí e
outro tamén intenta denunciar este feito, pero cada vez os nosos
políticos fan menos por estas cousas.
Fenosa é un caso aparte...Algún
día seguro que se escribe a súa historia en relación coas desfeitas realizadas no
río Miño e outros ríos. "Eu penso que progreso e medio ambiente
deberan convivir, e esta empresa fai moi pouco por esta labor".
NO NOME DAS ANGUÍAS DO MIÑO PIDO UNHA
SOLUCIÓN DEFINITIVA A ESTE DESASTRE, PERO UNHA SOLUCIÓN DE VERDADE, NON
CATRO PALABRAS OU CATRO MENTIRAS ELECTORAIS.
Recentemente, ano 2003, fixeron un
ascensor que dicen é para facilitar a subida de salmóns e anguías. A
verdade trátase de outro engano máis, o ascensor é unha auténtica
vergoña que ademais está feito con diñeiro non soio de Fenosa, sinón
tamén da Xunta de Galicia e de Europa (ou sexa diñeiro noso). Realmente unha auténtica
vergoña.
Na fotografía vese o ascensor que
subira os salmóns e anguías por riba da presa: ¡hai que ter
cara, e tirar cós cartos...!.
O feito é que si non se toman medidas a anguía
desaparecerá en poucos anos, desde logo no río Miño.
Os problemas son esos: oencoro de Frieira, a desembocadura que hai
que dragala, estase a formar unha especie de lago e a ángulo non
sube e pro suposto a contaminación. Ver este
resumen do ano 2009 que traía a Voz de Galicia do día 05/01/2009.
Ampliación 2009.
As angulas baixaron de precio este ano a
pesar de que cada vez hai menos, e cantidade de problemas que
van aparecendo. Sobre 600 €.
Ver este link da Voz de Galicia que fala
do
precio da angula no ano 2009.
Hai grandes problemas por exemplo no río
Miño, resumindo un pouco: a contaminación por suposto, pero o
maior problema é o encoro de Frieira que fai anos influe sobre o
caudal do Miño e non limpa como fai anos; a acumulación de lodos
da desembocadura están a convertir ese tramo nun lago e polo
tanto as angulas non suben como debera. Vaise cara a extinción.
Ver este
link de xaneiro do 2009. Fálase do dragado da barra, un
tramo do río Miño na desembocadura, entre outras cousas.
Ampliación 2010: noticia do 15 de xullo do 2010, sacado de Ourense Dixital.

Este é o novo engaño de Fenosa-GasNatural e van...
Unha vez máis, Gas Natural-Fenosa,
antepoñendo os seus intereses, sortea a legalidade expoliando o
dominio público hidráulico”, señala el colectivo Coto do Frade de O
Ribeiro en relación a la “barreira infranqueable” en que se ha
convertido el Embalse de Frieira, en límite de las provincias de
Ourense y Pontevedra, para el tránsito de las especies piscícolas y,
en especial, de la anguila.
A este respecto, el colectivo establece que “a presenza de anguías
no río Miño comeza a semellar simbólica ante a imposibilidade de
completar o seu ciclo vital”.
Coto do Frade recuerda que en
2005 Unión Fenosa presentó un proyecto de aprovechamiento
hidroeléctrico en esta presa por su margen derecha, que presentaba a
su vez una escala para las anguilas que se decía que daría solución
al problema de remonte de esta especie. “O resultado, unha vez posta
en funcionamento a nova central, resulta insultante, a escala
anguieira é un capturadeiro”, dice Coto do Frade.
El colectivo denuncia la que el proyecto y la supervivencia de la
especie son incompatibles y “un engano”, ya que la escala en
cuestión finaliza, además, en un piscina donde las anguilas quedan
atrapadas. Coto do Frade define el dispositivo como “unha escala por
onde subir as especies migratorias que non teñen saída por outro
saída por outro lado da represa, e que morren dentro das
instalacións do encoro nun féretro de plástico”.
En sentido inverso, según Coto do Frade la situación no pincha mucho
mejor: “as especies que por tendencia biolóxica traten de descender
o río Miño, non teñen outra saída que non sexan as turbinas,
provocándolles a morte por estrangulamento ou embolia gaseosa”.
Coto do Frade señala que el Embalse de Frieira
incumple la normativa a este respecto, y añade a esta denuncia el estado
en que se encuentra la “escala teleférico” que fue construida en 2002 y
subvencionada con fondos de la Unión Europea. A día de hoy, “aparece
semidestruída e fora de servicio”, algo que, recuerda el colectivo
ecologista, ya denunció en su momento sin que se le haya puesto remedio.
Ni que
decir que según la empresa este nuevo proyecto es totalmente viable.
Como el anterior que "sentaba cátedra" .
Ver link
Volver.
|
|
Links sobre a anguía

Un
sensacional link.
Volver.
|