PROBLEMAS GRAVES COAS ANGUÍAS EN GALICIA

Artigo da Asoc. Coto do Frade de Ribadavia.

Anguilas do Miño

03/02/2012
 
 

Como xa sabedes, este pasado ano Coto do Frade non levou a cabo o tradicional remonte de anguías no encoro de Frieria. O motivo é que esta especie, en serio perigo de extinción, está a ser víctima dun parásito A. crassus (verme microscópico). A decisión tomouse aconsellados pola Estación Hidrobiolóxica Encoro do Con, dependente da Universidade de Santiago, para non espallar a zona de influencia do parásito.

 Por este motivo decidimos pedir información á delegación territorial de Medio Rural, sobre ás actuación que se estaban levando a cabo coa anguila do Miño. Logo de varios meses esperando de valde, tivemos que ameazar con emprender accións legais para obter esa información á que temos dereito, según a lei. Desta vez, e moi dilixentemente, accedeuse a nosa petición e fomos recibidos polo Servizo de Conservación da Natureza, con quen mantivemos unha reunión este pasado mércores día 1 de febreiro, quen amablemente nos facilitou toda a información requerida.

 Puidemos saber que a Xunta leva varios anos collendo anguías nas comportas do encoro de Frieira.A meirande parte destas capturas lévanse augas abaixo do encoro, a ríos como o Tea, que non presenten ningún tipo de barreira natural ou artificial para que as anguías poidan completar o seu ciclo.

 Despois, unha pequena parte lévanse a Lugo, a Belesar, a unha asociación de pescadores, para manter manter un sistema tradicional de pesca por caneiros. A cambio, estes pescadores comprométense a facilitarlle á Xunta exemplares adultos para que poidan ser transportadas ata o mar, e así poidan completar o seu ciclo. Tedes mais información sobre esta actividade no seguinte enlace.

 Chegamos á conclusión de que os cartos tirados e pagados por todos, subvencións europeas incluidas, no encoro de Frieria para constuir escalas para peixes de diseños varios, foron en valde. E que non hai escalas realmente efectivas, todo o máis que se pode por son parches. A única solución real é a demolición dos encoros, unha idea que a nós non nos disgusta en absoluto. As empresas que xestionan os encoros son as propietarias dos ríos e están amparadas pola lei. Punto.

 Facilitaronnos datos das anguilas recollidas e o lugar de destino. Soubemos que a Estación Hidrobiolóxica do Encoro do Con está a realizar un estudio en profundidade sobre a anguila onde poderemos coñecer mellor o futuro desta especie, en caso de que teña futuro.

 Por último, puxemos en coñecemento deste servizo unha actuación no nacemento do río Avia dunha “ponte” de cemento, do que vos mostramos unha foto, e que coñecemos a través dun simpatizante da asociación.

Volver.