Anguilla anguilla.

Anguía. (Anguila).

(Había moita anguía en Galicia...pero xa fai anos. Collíanse anguias de entre 5 a 10 kg. de peso,  pero non é o normal; sobre 4 kg. xa había moitas... A cría da anguía (anguilón)  é o meixón (angula), tan buscada hoxe en Galicia, a 350 € vai este ano 2012 o kg....) .A anguía hoxe, está en peligro crítico (IUC 2010). Moi crítico en Galicia eno mundo enteiro.

Habitaba tódolos ríos de Ourense non fai moito. Hoxe non pasa do encoro de Freira, no río Miño,  xa que é un peixe que nacendo no mar entra nos ríos para alimentarse e logo (ao cabo de 4 a 7 anos) regresa o mar e vai ata o mar dos Sargazos para reproducirse. É unha mágoa que hoxe non poda facer o seu ciclo.  Estana recollendo é botando en algúns regatos;  o anguieiro é famoso en Ourense,  pero non se fai ben, pola contra ¿como regresa o mar?. O momento que hai actualmente no río Miño , ano 2020, trata de facer volver a anguía os derradeiros 75 km. e tódolos os regatos da conca. Ver este link de Migra Miño-Minho. Unha boa e fundamental medida.

Hoxe teñen problemas, aparte dos comentados seica apareceu un parásito exótico o Anguillicoides crassus que se lle mete na vexiga natatoria e compromete moitísimo a su reproducción. E non é o único.

A anguía foi un manxar exquisito, hoxe estamos a rematar coa anguía, todo ó ten en contra...

Características.

Revisada a ficha o 08/04/2024

salir.jpg (922 bytes) Saír.        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANGUIA.

La anguila otro pez dificilmente localizable en Ourense.

 

Ver un dibuxo:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

ANGUÍA

Foi moi abondosa en Galicia fai uns anos, hoxe está desaparecendo.

Atópase , por suposto na desembocadura de tódolos ríos que dan a costa, logo no interior xa non pasan con tanta presa e minicentral.

No Miño ata a Presa de Frieira inda soben algunhas. Logo a partir de ahí o feito que se pesque algunha é anecdótico.

Outra desgracia...para a fauna galega.

A xente inda sigue a decir que hai anguías en toda Galicia, xa que collen anguías nos encoros, por exemplo nos Peares e en Belesar no río Miño, no río Arnoia, etc.. Estas anguías son as que bota medio ambiente e recollen en Frieira e noutros lugares. As anguías teñen unha vida de 20 anos máximas e neses encoros non queda ningunha anguías das subidas dos anos 60 (1950-1970).

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características

 da Anguía

Subir.            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome  Científico.

Anguilla anguilla ou Anguía anguía (Lin. 1758)

Taxonomía:

Clase: Actinopterygii.

Orden: Anguiliformes.

Suborden: Anguiloideos

Familia:Anguílidos

Xénero: anguilla

Especie: Anguila anguila

 

A anguía en resumen  é unha especie sin pés (ápoda),  migratoira, pode vivir na terra ou na auga (anfibiótica), migra do mar o río (catádroma), parece unha serpente.

 

Hai especies no mundo parecidas:

Anguila de Nueva Zelanda Anguilla dieffenbachii
(Eng) New Zealand longfin eel (Fr) Anguille de Nouvelle-Zélande
Distribúese polas rexións  sudoccidentales do océano Pacífico. Alcanza unha lonxitude de 120 cm e pesa 2,5 kg.

Anguila japonesa Anguilla japonica
(Eng) Japanese eel (Fr) Anguille du Japon
Vive nal Asia oriental, en Xapón, Taiwan, Corea e na rexión  septentrional de Filipinas. Alcanza unha lonxitude de 150-160 cm e pesa ata 8 kg.

Anguila americana Anguilla rostrata
(Eng) American eel (Fr) Anguille d'Amérique
Abonda na parte noroeste do océano Atlántico, dende as augas costeiras de Canadá e Estados Unidos ata Panamá. Alcanza unha lonxitude de 150 cm e pesa ata 7,5 kg.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

 

 

Anguía. Anguila, Eiroa. Airoa

En Portugal chámase Enguía. E meixòes

Os vascos: Ibai aingira.

 

A anguía, o seu nome deriva da palabra latina anguis,  quere decir pequena serpe de auga...

En Galicia a anguía recibe diversos nomes según algunhas particularidades, así:

A cría chámase Meixón, Ameixón, meixó e angula. En Portugal meixòes.

O macho chámase anguiacho.

A femia: anguila ou más propiamente anguía.

Individuos adultos de pequeno porte: anguílos, angulones ou anguíos.

Exemplares moi grandes: eiróns ou cabos.

Os que andan polas rías : eiroas ou airoas.

 

Estos datos están sacados do libro "A pesca tradicional nos ríos de Galiza" de Lois Ladra.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Anguila.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Ata 2 metros ( a media é entre 40-90 cms) o peso ata 10 kg. inda que polo xeral non supera os 4 kg. As femias (que son realmente as que suben os ríos)  soen ser máis longas e máis pesadas que os machos.

 

Hoxe, nos encoros, están a collerse algunhos exemplares grandes de anguía, como o que se ve na fotografía. Son exemplares que quedaron nos encoros, que non puderon facer a emigración e poden botar por riba dos cinco kg. de peso.

As femias poden vivir ata 20 anos, os machos un máximo de 12 anos.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

O corpo é serpentiforme e de sección cilíndrica.

Neste dibuxo vese perfectamente como é un anguía, tamén a diferencia que pode ter cunha culebra de río, dende logo o feito de atopala nun río e a aleta que cubre casi todo o lombo é definitiva. Ten tamén as aletas propias dos peixes, ou sexa as aletas pectorais,  na parte anterior.

 

A fotografía é de Martín Mayo e as anguias sobre unhos 25 a 30 cms. son do río Eo en Lugo.

O aspecto é moi característico e distínguese perfectamente dunha culebra. A aleta dorsal e caudal están unidas nunha soa, formada polo menos por 500 radios, sendo redondeada na parte da cola.

Na fotografía un exemplar grande de anguila.

 

Fotografía de E. Svensen.

As anguías presentan distintas libreas según sexan xóvenes ou maduras, que oscilan entre unha franxa amarela cando son xóvenes ata máis obscura de adultas.

As aletas pectorais teñen sobre 14-18 radios. O dorso é pardo verdoso, tirando a gris ou casi negro, o ventre é blanco e amarelento.  Moi viscosa toda ela, xa que está cuberta dunha secreción mucosa que a fai moi esvarante. Ou sexa, o que se dí en galego moi escorregadiza. De rapaz non había maneira de coñelas si non era con tenedor.

Hoxe non hai maneira de velas, están a desaparecer.

A cabeza é alargada e coa mandibula inferior sobresaindo un pouco con respecto a superior.

Pode apreciarse neste dibuxo.

Ten pequenos dentes, tanto nas mandibulas como no vómer..

Nesta fotografía vese mellor o tema da mandíbula inferior que efectivamente sobresae un pouco. Observar tamén os ollos que son pequenos e redondos e que se hipertrofian cando a anguía madura sexualmente.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

 

Peixes de todo tipo, ras, tritóns, incluso a propia anguía. Gústanlle moitos os ovos de peixes, incluso poden chegar a devorar crías de aves.

Na fotografía vese devorando un peixe.

Polo demais come de todo desde rás, pequenos peixes, caracois, insectos, etc.

A anguía é capturada poucas veces por outros animais, xa que o seu plasma é velenoso e os peixes carnívoros sábeno. Para o home unha vez cociñada é exquisita. 

Ter coidado coa sangue si se teñen feridas nas máns. En realidade a sangue da anguía contén unha proteína chamada hemoitiotoxina que é hemolítica.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

 

Os individuos adultos viven nos tramos baixo e medio dos ríos. Tamén nas marismas.

Os pequenos así como a reproducción e as fases larvaria e xuvenil é mariña.

Remontaba os ríos ata máis de 1000 metros de altitude. Frecuentaba os regatos de todo tipo, os grandes ríos e o  litoral. A anguía esixe unha saída o mar, polo demáis chega ata calquera lugar. Hoxe teno terriblemente dificil cos encoros e minicentrais que rematan cos ríos e con todo o que rodea a estos.

Realmente a anguía está a desaparecer dos nosos ríos galegos, os encoros rematan con esta especie en outro tempo abundante nos nosos ríos.

Unha auténtica desgracia...

As anguías que quedan aisladas nos encoros perdén totalmente a capacidade de reproducirse, e permanecen ata que morren (sobre 20 anos).

Estos individuos chegan a alcanzar ata 1.5 metros e pesos superiores os 10 kg.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O DESOVE DA ANGUÍA:

Foi o biólogo danés Johannes Schmidt a principios do século XX o que estudiou a fondo o desove das anguías.

A cousa non era tan facil toda vez que este desove prodúcese no Mar dos Sargazos, nada menos.

Dende alí e máis ou menos en tres anos chegan os leptócefalos que así se chaman as pequenas larvas que se deixan arrastrar polas correntes, ata España e por suposto o resto de Europa e Africa.

 

Este peixe é un migrador incríble, entre o otoño e o inverno as anguias adultas abandonan o río " si poden e non morren nas hélices das turbinas dos encoros" e cunha velocidade aproximada de 30 Km o día chegan o mar e dentro do mar finalmente  o mar dos Sargazos ( no océano Atlántico centrooccidental) zona onde se reproducen.  O baixar para desovar non se alimentan pois atrófiase o aparato dixestivo.

Creese que cada femia pon, en augas relativamente quentes e ata 1000 metros de profundidade,  de 1 a 5 millóns de ovos de 1 a 3 mm de diametro. Despois os adultos morren e as larvas de 4- 5 mm comenzan a migrar gradualmente cara oriente, axudadas pola corriente do golfo primeiro, e logo pola corriente nor-atlántica,  para chegar as costas africanas e europeas 2 o 3 anos despois. 

Fotografía da pesca do meixón (angula) no río Miño. Foto sacada da TVG.

Nesto momento son as "angulas", chamadas meixóns en galego,  delgadas de unhos 50 mm de lonxitude. As angulas desplázanse sobre todo de moite e agrúpanse nas desembocaduras dos ríos e logo en novembro-decembro inician o remonte, máis tarde xa nun segundo inverno as angulas transformanse en anguilas, sempre que logren pasar os encoros, minicentrais, etc. que dende logo nono consiguen.

Aspecto que teñen as angulas.

Na primeira etapa adquieren unha coloración amarela, recibindo o nome de anguías amarelas.

Os 4-10 anos transfórmanse en anguías adultas e volta a empezar o ciclo da vida.

As femias alcanzan a madurez sexual entre os 0-13 anos e os machos entre os 4-8 anos. Chegado a este estadio vólvense máis oscuras. Neste estadio aliméntanse moito, mentras están nos ríos , menos o baixar a desovar que non se alimentan  (hoxe xa non poden...na maioría) ata chegar o mar, onde xa non se alimentarán ata que cheguen a zona de desove no Mar dos Sargazos. Nesta etapa reciben o nome de anguías prateadas.

Este é un pequeno resumo do crecemento da anguía en función dos meses. O dibuxo está sacado dun caderno de campo de Félix R. de la Fuente.

Este mapa é un esquema tamén sacado do libro anterior onde se ve que nacen no Mar dos Sargazos, non moi lonxe do Caribe e en 36 meses chegan a Galicia. Desgraciadamente non somos capaces de deixarlle facer este ciclo. A anguía dentro duns anos estárá únicamente nos libros.

Toda unha historia.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EN QUE MESES SE VE:

A súa tempoada de pesca era, e sigue sendo onde se pode pescar,  dende a lúa nova de outubro ata a última lúa nova de marzo.

Pero a anguía víanse todo o ano sobre de todo na primavera e o final do  verán. De rapaz en Ourense, no verán, cando baixaba o río ibamos cara a praia actual da Antena cun tenedor e collíamos moitísimas anguías.

A anguía caza preferentemente de noite. Non é gregaria salvo na entrada dos ríos, pero non por efectos gregarios si non por coincidencias de condicións idoneas para o remonte.

Hoxe xa non existen prácticamente. Os encoros do Miño non deixan subir a esta especie. Un auténtico "crimen" ecolóxico que se produce un ano sí e outro tamén.

Medio ambiente intenta paliar "folklóricamente" a subida no encoro de Frieira e digo folklóricamente xa que non son capaces de arbitrar ningún medio para evitar este desastre.

Fotografía de I. Doadrio.

Para que o lector se faga unha idea, en 1999 están repoboando de anguías recollídas con medios artesanais así  dos 412 kg que colleron no tramo de Friera, botaron: 180 Kg no de Castrelo, 70kg  no de Velle, 60 Kg  en  San Esteban, 39Kg  no Limia, cantidades repito "folklóricas" con respeto os miles de kg. que suben polo Miño en non poden pasar.

Unha magoa.

No ano 2004 xa soio se colleron 26.000 anguias que representa aproximadamente 26 kg. de anguias, moi lonxe dos 1000 kg. que se colleron no 1995.

A verdade é que a anguia está a punto de desaparecer do río Miño. 

Coto do Frade, unha Asociación Ecoloxista do Ribeiro en Ourense, da que son socio, leva 15 anos protestando pola desfeita que se fai no río Miño con esta especie. Denunciando a Fenosa, que se ríe de tódolos galegos, xa que non tuvo nin ten un medio ou sistema efectivo para evitar a morte de miles de anguías no encoro de Frieira.

A Xunta anterior non fixo nunca nada polo tema. Era lóxico sabendo quen gobernaba, a convivencia era total. O Medio Ambiente galego nunca lles importou en absoluto...

Os que están hoxe en octubro do 2006 parece que prometían moito, de xeito hai xente moi comprometida co Medio Ambiente galego, pero de momento neste tema non fixeron nada. Si criticar o teleesférico que puso Fenosa, que é inutil, pero nada máis.

Ascensor que puso Fenosa para franquear a Presa...unha tomadura de pelo auténtica...Unha risa.

Coto do Frade sigue a denunciar que non se fai nada e que morren miles de anguías tanto na subida como na baixada. É urxente a necesidade de dotar a Frieira con sistemas de franqueo e así evitar a desaparición de esta e outras especies no río Miño.

Outro artiluxio no 2010. Inservible.

Ante o fracaso absoluto para Fenosa do ascensor anterior no 2010 pon en marcha outro artiluxio que leva o mismo camiño de fracaso. Pero o caso para esta empresa que agora é Fenosa Gas Natural e hoxe Naturgy  e que vaian pasando os anos e que a xente vexa que fan algo pola fauna. Todo mentira non fan nada en absoluto. Ver este link.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés da Anguía:

La anguila otro pez dificilmente localizable en Ourense.

Especial. Está desaparecendo dos nosos ríos.

A anguía era, non fai moitos anos,  o peixe máis abondoso no río Miño, subían polo Miño a toneladas.

De rapaz, en Barra de Miño collíanse a centos no verán, xusto onde desemboca o arroio de Barra.

Por certo "as anguías baixan en Outono e as lampreas suben en inverno", esto decíase cando había pesca, hoxe cada vez menos.

Hoxe no encoro de Velle, prácticamente xa non quedan anguías, a non ser das que botan de cando en vez.

As anguías non se conseguió reproducilas en cautividade e inda que existen piscifactorías, estas funcionan en base a angula capturadas. 

A anguilicultura ten polo tanto o grave problema de que as angulas cada vez van a menos.

Valor enerxético:

É sin lugar a dúbidas dos peixes de río o que posee o máis alto valor enerxético 205 cal./100 grs. comparable no mar có atún; a razón é o pouco contido en auga da anguía. Aparte ten moitísimas vitaminas e minerais. En fin unha marabilla que abondaba moitísimo, pero que cada día hai menos...

Cando era rapaz en Ourense abondaba moitísimo na plaza de abastos. A anguía tamén era un "manxar de deuses", é máis,  eu penso que a empanada de anguía pequena do Miño non será nunca superada. Era o plato típico de tódalas as romerías da ciudade de Ourense. ¡Tempos aqueles en que as anguías subían polo Miño e nos coiñais de Ourense había anguías a dar e tomar!. Hoxe non pasan do encoro de Frieira. Un auténtico suicidio...

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

 

A anguía está considerada como "Especie vulnerable" no Libro Bermello dos Vertebrados de España (1992).

Categoría para España VU 2cd (Vulnerable). Os encoros e a contaminación ou mala calidade das aguas fan reducir esta especie alarmantemente.

Hoxe, xaneiro de 2012 está considerada en "peligro crítico", ver nota o final.

Tende a desaparecer dos ríos. Non se fan as cousas ven en Galicia, polo tanto a anguía únicamente se verá en algúns tramos dos ríos.

Nos encoros morre xa que non soporta a eutrofización.

Por outra banda si non pode regresar o mar tampouco pode reproducirse.

Un progreso mal entendido remata con esta especie.

Persoalmente penso que cos adiantos tecnolóxicos actuais poderíase poñer freno a esta desfeita.

Pero non se fai nada...

Dende estas liñas quero agradecer os intentos da asociación Coto do Frade de Ribadavia, que ano sí e ano tamén intentan subir unhos cantos miles de anguias no encoro de Frieira, para eles a miña máxima consideración. Boten un vistazo ó link anterior e verán o impacto do encoro nos "anguieiros". Unha desfeita. Esta asociación leva dende 1995 nunha loita sin igual para que FENOSA,  a dona do encoro de Frieira, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, arbitren algún xeito para paliar esta desfeita. De momento pouca cousa...

 

Inimigos da anguía:

En primeiro lugar os encoros que non deixan que a anguía faga o seu ciclo vital así como a contaminación dos ríos. Fálase dun 99% de desaparición da anguía nos ríos de Europa (Franco 2003).

Logo os inimigos típicos: o home, as londras, moitas aves como as garzas ou os cormoráns entre outros.

A anguía é atacada por moitísimos parásitos, cada día máis debido a contaminación galopante dos ríos.

Os interesados podedes consultalo neste link onde se poñen moitos dos parásitos que atacan á anguía.

 

-------------------------------------------------

Atención hoxe 2012 a anguía está considerada en estado "Peligro crítico":

Categoría global IUCN (2010): En Peligro Crítico CR.

Categoría España IUCN (2001): Vulnerable VU.

Especie amenazada por las presas que impiden su migración, la degradación de estuarios, la acumulación de contaminantes y la sobrepesca.  

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

 

A anguía está considerada como "Especie vulnerable" no Libro Bermello dos Vertebrados de España (1992).

Categoría para España VU 2cd (Vulnerable). Os encoros e a contaminación ou mala calidade das aguas fan reducir esta especie alarmantemente.

Hoxe, xaneiro de 2012 está considerada en "peligro crítico", ver nota o final.

Tende a desaparecer dos ríos. Non se fan as cousas ven en Galicia, polo tanto a anguía únicamente se verá en algúns tramos dos ríos.

Nos encoros morre xa que non soporta a eutrofización.

Por outra banda si non pode regresar o mar tampouco pode reproducirse.

Un progreso mal entendido remata con esta especie.

Persoalmente penso que cos adiantos tecnolóxicos actuais poderíase poñer freno a esta desfeita.

Pero non se fai nada...

Dende estas liñas quero agradecer os intentos da asociación Coto do Frade de Ribadavia, que ano sí e ano tamén intentan subir unhos cantos miles de anguias no encoro de Frieira, para eles a miña máxima consideración. Boten un vistazo ó link anterior e verán o impacto do encoro nos "anguieiros". Unha desfeita. Esta asociación leva dende 1995 nunha loita sin igual para que FENOSA,  a dona do encoro de Frieira, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, arbitren algún xeito para paliar esta desfeita. De momento pouca cousa...

 

Inimigos da anguía:

En primeiro lugar os encoros que non deixan que a anguía faga o seu ciclo vital así como a contaminación dos ríos. Fálase dun 99% de desaparición da anguía nos ríos de Europa (Franco 2003).

Logo os inimigos típicos: o home, as londras, moitas aves como as garzas ou os cormoráns entre outros.

A anguía é atacada por moitísimos parásitos, cada día máis debido a contaminación galopante dos ríos.

Os interesados podedes consultalo neste link onde se poñen moitos dos parásitos que atacan á anguía.

 

-------------------------------------------------

Atención hoxe 2012 a anguía está considerada en estado "Peligro crítico":

Categoría global IUCN (2010): En Peligro Crítico CR.

Categoría España IUCN (2001): Vulnerable VU.

Especie amenazada por las presas que impiden su migración, la degradación de estuarios, la acumulación de contaminantes y la sobrepesca.  

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A anguía na historia.

Históricamente a anguía sempre foi un misterio ata que o danés Johannes Schmidt, despois de 22 anos de estudio, alá polo 1922 descubriu realmente este misterio.

No esquema o paso dende o punto 1 (mar dos Sargazos nacemento) ata o 5 de regreso.

Johannes Schmidt descubriu que as anguías cando maduran sexualmente buscan dende os ríos o mar. Nas noites sin lúa baixan os ríos en emprenden oa gran viaxe de 4000 km. ata o mar do Sargazos no Caribe. Alí a casi 500 metros de profundidade cada femia pon 9 millóns de ovos dos que naceran as larvas, sobre 5 mm en forma de folla. Un par de meses máis e xa con 2,5 cms. emprenden a viaxe de volta, subindo a superficie e a misma corrente do Golfo as trae a Europa e os nbosos ríos. Chegan os tres anos xa con 7 cms. de lonxitude. Neste estadio fan unha pequena metamorfosis xa que perden os dentes o corpo faixe cilíndrico e cambian qa sangue a bermella. Son as anguas. Estas anguas empezaran a subir os ríos para convertirse finalmente en anguías e volver a comenzar o ciclo. É curioso que as anguías que suben os ríos son maioritariamente femias mentras que os machos queden na desembocadura.

 

Na antiguedade hai datos do interese deste proceso, por exemplo os exipcios, fai 5000 anos  xa se interesaron por el, así nun baixorreleve na Mastaba de Aktihelep aparecen anguías.

O mesmo Aristóteles xa pensaba que viñan do mar, e Plinio decía que viña do mar os ríos e que se reproducía no mar.

Pero pouco máis ata o século XX con Johannes Schmidt.

Importante:

Esta historia podedes completala co libro que recomendo "El evangelio de las anguilas" de Patrik Svensson" e que podedes ver referenciados nesta misma páxina web.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anguieiro.

Anguías mortas a centos nas comportas do encoro de Frieira. Río Miño. Propiedade de Fenosa.

Encoro de Frieira no río Miño. A partir deste encoro as anguías non pasan. Nestas comportas morren miles de anguías. Responsables a Consellería de Medio Ambiente por non esixir que se cumpla a lei e Fenosa por incumplila. Unha auténtica vergoña.

Nestas comportas morren miles de anguías. Membros de Coto do Frade unha asociación ecoloxista de Ribadavia recollendo miles de anguías e demostrando de 1995 tódolos anos como morren nestas comportas.

Medio Ambiente Galego e Fenosa nin caso...

 

Dende estas liñas quero denunciar o feito de que Fenosa e a Consellería de medio Ambiente galega non permitan subir a anguía no encoro de Frieira. Na miña opinión trátase dunha auténtica vergoña e dunha desfeita do noso medio natural, dunha especie emblemática.

Algunhas anguías recollidas nas comportas do encoro de Frieira no ano 2000.

O anguieiro promovido polo Coto do Frade de Ribadavia, un ano sí e outro tamén intenta denunciar este feito, pero cada vez os nosos políticos fan menos por estas cousas.

Fenosa é un caso aparte...Algún día seguro que se escribe a súa historia en relación coas desfeitas realizadas no río Miño e outros ríos. "Eu penso que progreso e medio ambiente deberan convivir,  e esta empresa fai moi pouco por esta labor".

NO NOME DAS ANGUÍAS DO MIÑO PIDO UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA A ESTE DESASTRE, PERO UNHA SOLUCIÓN DE VERDADE, NON CATRO PALABRAS OU CATRO MENTIRAS ELECTORAIS.

Recentemente, ano 2003, fixeron un ascensor que dicen é para facilitar a subida de salmóns e anguías. A verdade trátase de outro engano máis, o ascensor é unha auténtica vergoña que ademais está feito con diñeiro non soio de Fenosa, sinón tamén da Xunta de Galicia e  de Europa (ou sexa diñeiro noso). Realmente unha auténtica vergoña.

Na fotografía vese o ascensor que subira os salmóns e anguías por riba da presa: ¡hai que ter cara, e tirar cós cartos...!.

O feito é que si non se toman medidas a anguía desaparecerá en poucos anos, desde logo no río Miño.

Os problemas son esos: o encoro de Frieira, a desembocadura que hai que dragala, estase a formar unha especie de lago e a ángulo non sube e pro suposto a contaminación.

Ver este resumen do ano 2009 que traía a Voz de Galicia do día 05/01/2009.

Ampliación 2009.

As angulas baixaron de precio este ano a pesar de que cada vez hai menos, e cantidade de problemas que van aparecendo. Sobre 600 €.

Ver este link da Voz de Galicia que fala do precio da angula no ano 2009.

Hai grandes problemas por exemplo no río Miño, resumindo un pouco: a contaminación por suposto, pero o maior problema é o encoro de Frieira que fai anos influe sobre o caudal do Miño e non limpa como fai anos; a acumulación de lodos da desembocadura están a convertir ese tramo nun lago e polo tanto as angulas non suben como debera. Vaise cara a extinción.

Ver este link de xaneiro do 2009. Fálase do dragado da barra, un tramo do río Miño na desembocadura,  entre outras cousas.

 

Ampliación 2010: noticia do 15 de xullo do 2010, sacado de Ourense Dixital.

Este é o novo engaño de Fenosa-GasNatural e van...

Hoxe Fenosa chámase Naturgy. En fin, sin comentarios...

Unha vez máis, Gas Natural-Fenosa, antepoñendo os seus intereses, sortea a legalidade expoliando o dominio público hidráulico”, señala el colectivo Coto do Frade de O Ribeiro en relación a la “barreira infranqueable” en que se ha convertido el Embalse de Frieira, en límite de las provincias de Ourense y Pontevedra, para el tránsito de las especies piscícolas y, en especial, de la anguila.
A este respecto, el colectivo establece que “a presenza de anguías no río Miño comeza a semellar simbólica ante a imposibilidade de completar o seu ciclo vital”.

Coto do Frade recuerda que en 2005 Unión Fenosa presentó un proyecto de aprovechamiento hidroeléctrico en esta presa por su margen derecha, que presentaba a su vez una escala para las anguilas que se decía que daría solución al problema de remonte de esta especie. “O resultado, unha vez posta en funcionamento a nova central, resulta insultante, a escala anguieira é un capturadeiro”, dice Coto do Frade.
El colectivo denuncia la que el proyecto y la supervivencia de la especie son incompatibles y “un engano”, ya que la escala en cuestión finaliza, además, en un piscina donde las anguilas quedan atrapadas. Coto do Frade define el dispositivo como “unha escala por onde subir as especies migratorias que non teñen saída por outro saída por outro lado da represa, e que morren dentro das instalacións do encoro nun féretro de plástico”.
En sentido inverso, según Coto do Frade la situación no pincha mucho mejor: “as especies que por tendencia biolóxica traten de descender o río Miño, non teñen outra saída que non sexan as turbinas, provocándolles a morte por estrangulamento ou embolia gaseosa”.

Coto do Frade señala que el Embalse de Frieira incumple la normativa a este respecto, y añade a esta denuncia el estado en que se encuentra la “escala teleférico” que fue construida en 2002 y subvencionada con fondos de la Unión Europea. A día de hoy, “aparece semidestruída e fora de servicio”, algo que, recuerda el colectivo ecologista, ya denunció en su momento sin que se le haya puesto remedio.

 

Ni que decir que según la empresa este nuevo proyecto es totalmente viable. Como el anterior que "sentaba cátedra" . Ver link

 

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links sobre a anguía

 

Un sensacional  link.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Problemas graves das anguías.

Por si fora pouco os problemas que teñen as anguías coas presas, que non deixan subir a reproducirse e as que poidan pasar (a man por exemplo) a volta quedan tronchadas nas turbinas; aparte a contaminación de todo tipo, o cambio climático o furtivismo e un longo etc. Agora resulta que hai polo menos no río Miño un parásito exótico o Anguillicoloides crassus que se mete na súa vexiga natatoria e lle causa problemas moi graves.

A noticia está collida da páxina web migramino onde ven este problema.

Tendes o estudio neste link.

Foto tomada de internet.

Foto tomada de internet.

As anguías teñen moitos máis problemas, podedes ver algunhos no libro que referencio:

Importante:

Esta historia podedes completala co libro que recomendo "El evangelio de las anguilas" de Patrik Svensson" e que podedes ver referenciados nesta misma páxina web.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un libro especial.

 

Libro "El evangelio de las anguilas".

 

Título orixinal: "Alenvageliet Berattelsen om varldens mest gatfulla fisk."

Pais: Suecia.

Autor Patrik Svenson

Traducción de Carmen Montes Cano

Editorial  Libros del Asteroide. 2020

Un libro sensacional e básico que presenta en  en trescentas páxinas un estudio da anguía fora de serie. O libro de Patrik Svenson (Sueco) desenrola ese estudio histórico e científico ao mismo tempo que paralelamente describe a súa experiencia acompañando o seu pai, un apaisonado das anguías, nos seus momentos de ocio...

Pasa revista a todos os estudios que hai sobre este peixe, dende científicos ata filósofos e escritores de altura, como ristóteles, Plinio, Freud, Linneo, ata Johannes Schmidt ou Rachel Carson por citar algunhos dos máis destacados. Pero ollo que foron moitos os que trataron de resolver os misterios deste peixe e inda hoxe quedan cousas por estudiar...

No libro nárrase, con moitísimo detalle,  a obsesión que sempre perseguiu os científicos e filósofos durante séculos, ata hoxe en día onde inda a anguía sigue a ser un enigma. Hoxe sabemos moitas cousas: coñecemos a súa metamorfosis pero inda descoñecemos moitas cousas sobre a súa reproducción, que a leva a vivir nos ríos e a morrer nos Sargazos, onde por certo inda non se atopou a anguía no seu derradeiro momento da súa vida. Todo un misterio. Decir tamén que inda no se logrou reproducila en viveiros...e que sigue o misterio...

Unha mágoa que a anguía esté actualmente en peligro de desaparición e con causas as que non se ataña a súa solución...

Un libro moi recomendable e de lectura doada.

 

Volver.