2.-
Galicia en Mapas.
Deste libro saquei algunha
información sobre os ríos galegos. En particular o mapa de ríos
importantes. Está publicado pola Escola Aberta e ten varios autores.

Un libro imprescindible sobre Galicia. Un pouco
desfasado xa que é do ano 1980, pero os mapas son perfectamente válidos.
Galicia sigue no mismo lugar, soio que cada día a súa natureza non
é a mesma, é peor desgraciadamente...
3.-
Dicionario Xeográfico de Galicia.

Editado por Xeogal baixo a dirección
de Fco. Javier Río Barja. 2009. O
dicionario ten 28 tomos.
Deste dicionario tomei moitos datos e fotografías.
4.- Notas etno-lingüisticas en
torno a la pesca de río en Galicia (río Mandeo).
J.L.Couceiro.
Publicado en internet nun pdf.
Destas notas collín moitas delas.
5.-
Pescadores del río Miño (Tramo
gallego-portugués). Eliseo Alonso. 1989. Excma. Diputación provincial de
Pontevedra.

Libro básico con moitas palabras
referidas os ríos, neste caso ao río Miño.
6.-
O mar
e os ríos. Xaquín Lorenzo. Galaxia 1982

Fundamental
este libro escrito por Xocas, o Gran Xaquín
Lorenzo Fernandez. Moitas das palabras referidas
a pesca de río figuran no meu dicionario, unha labor
importantísima deste home...
7.-
A fala do
Incio (Lugo). Tesis de
Manuel Glez. Glez.
Non publicada. Deste libro
tomei media ducia de palabras relativas os ríos.
8.-
Dicionario visual da construción.
Autores COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Publicado en
Internet nun pdf. Tomei palabras relativas a
construción de elementos que hai nos ríos, coma
pontes, pontellas, encoros, etc.
9.-
Gran Dicionario xerais da lingua.
Edicións xerais de Galicia. Varios autores. Dous tomos. 2009.

Dous tomos A-G e de H-Z
Este gran dicionario permitiume
poñer algunhas definicións de forma máis precisa.
Tamén consultar e incluir moitos sinónimos...
10.-Vocabulario
do mundo físico. Xunta de
Galicia 1988. Artes gráficas Portela.

Permitiume incorporar algunhas
palabras novas.
11.-Nomenclatura
vernácula da flora vascular galega.
Un libro básico para coñecer os nomes
das plantas en galego. No apartado de plantas, que
figura na web miña sobre Os ríos galegos,
convirtiuse nun libro básico. No dicionario sirviume
para completar con sinónimos algunhas
palabras.
O libro ten varios autores: E.
Losada Cortiñas, J. Castro González e E. Niño Ricoi.

Está publicado pola Xunta de
Galicia no ano 1992.
12.-Cousas
da mosca. Dicionario do mosqueiro.
Ediciones Trueiro. 2012. Alberto Torres. Miguel Piñeiro y Julio
Seijas.
2012 Trueiro
ediccións.

Do dicionario tomei varias
palabras relativas a pesca nos ríos galegos.
13.-Cultura
e fala popular de San Ciprián de Hermisende. José Rodríguez Cruz. 2007
Pdf de
internet.
14.-Vocabulário
ilustrado da terra de Cotobade. Ramiro Barros
Justo.
Ediciones Terra de Cotobade 1.

Un libro entrañable e moi traballado.
15.-Chandrexa
de Queixa. Patrimonio natural. Luis José Míguez
Rguez. Deputación provincial de Ourense. 2010

Libro de moita axuda. Moi ben publicado.
Chandrexa de Queixa é xunto con
Randín unha das miñas fontes básicas tanto neste
dicionario como na web "Os ríos galegos". Pesquei os
ríos desta zona dende 1970. Concretamente o río
Salas en Randín e o río Navea ou Queixa en Chandrexa.
16.-Así falan
na Gudiña. Xosé Rguez. Cruz. Deputación de Ourense
2000

Trae o final do libro un
dicionario de palabras da Gudiña e algunhas
relativas os ríos da zona.
17.-Camba, un pobo, unha xente,
unha historia. Elias Domínguez Prieto.
Auria. Ano 2000.

18.-Léxico de la comarca de
Verín. Boletin Auriense. Anexo 14. Ourense 1988.

19.-Olelas na lembranza.
Alberto Pérez Adán. Caixanova 2008.

Un libro entrañable. tamén trae
palabras adicadas os ríos da zona, concretamente o
río Olelas e tamén o río Tibo, que baixa de Portugal
e desemboca no Olelas.
20.-O
país dos mil ríos Xosé Lois Ripalda..
Editorial Galaxia 2009.

21.-As
troitas, miñas señoras. Juan José Moralejo
Álvarez. Editorial Galaxia. 2ª edición 2005.

Un libro fantástico do amigo
Moralejo, toda unha enciclopedia adicada os ríos de
Galicia, en particular o seu río, o Pai Miño.
22.-Ríos
de Galicia e augas interiores. Aulas Naúticas
Medioambientais. AMagán. Ir Indo. Ano 2008.

23.-A luz da
chuvia. Delfin Caseiro e Antón Jardón. Ed.
Toxosoutos 2019

Este libro é outra xoia do que
tomei varias palabras para o meu dicionario.
24.- Escritos
en do menor. Víctor Campio Pereira.
Follas Novas 2001.

Víctor Campio é un dos grandes
poetas galegos, neste libro son escritos en prosa
publicados no Diario La Región, eu diría "prosa
poética", do libro collín varias palabras i en
particular un texto que ten adicado a fervenza do
Barbantiño.
Tamén outras palabras.
25.- As
lavandeiras -lendas e imaxes das donas do río- Mari
Vega Cerqueiro. Follas Novas. A nosa Terra 2002.

Libro marabilloso adicado as
Lavandeiras, un oficio que se merecía esta
publicación. Collín algunhas palabras.
26.- A pesca
tradicional nos ríos de Galiza. Caneiros, pescos e
pesqueiras. Lois Ladra . Editorial
Sotelo Blanco. 2008

Libro marabilloso adicado a
explicar os caneiros, pescos e pesqueiras. Un libro
básico que me foi de moitísima axuda. Eu diría
imprescindible no tema.
27.-
Libros que relaciono na páxina web,
tamén miña, sobre o río Miño,
ver este link.



Estos son os libros que
usei na recollida de palaras, entre outros.
28.-
Recollida de palabras, polo autor da web, o
longo dos ríos de Galicia nos últimos setenta e dous anos, empecei de neno, sin sabelo, en Randín (Calvos
de Randín-Ourense), a pé do río Salas, un afluente
do río Limia, ano 1953 e do río que baixa do pueblo de Vilariño,
un afluente do Salas, un río troiteiro marabilloso, cando apenas tiña
8
anos. A pe de río, recorrendo as súas ribeiras e pescando troitas e
peixes e preguntando sempre moitas cousas...
O dicionario
fluvial comencei a facelo no ano 2000.

O autor da web, que dende fai
moitos anos, polo 1953 ata hoxe leva camiñando polos
ríos de Galicia.
A
caricatura, que foi un regalo duns compañeiros moi
queridos da Empresa Edisa de Ourense, está moi
ben feita pero o que a fixo non sabía moito de pesca
da troita. Con corcho pesquei peixe pero con cana
máis longa, con esa cana e carrete nunca puxen
corcho. O do cogumelo, si que son afecionado e
quixeron poñer una Amanita faloides, non está mal.