.

  LENDAS   do    RÍO   MIÑO

(Leyendas sobre el río Miño)

Moura troita. Caesg ou ceasg. A Isabel de algúns pozos.  

Hai moitas lendas sobre o río Miño,

(Hay muchas leyendas sobe el río Miño)

  de momento  poño as que siguen...

(de momento pongo las siguen)

 

 Recopila Secundino Lorenzo. Email

 

Lenda dos ríos Miño e Sil .

Versión en video da lenda anterior. (10:28 m.)

O sexo dos ríos galegos. Antonio Fraguas.

A lenda da Virxen e o Neno en Portomarin. Xexús Mato.

A lenda dos sete santos do Miño.  (Eliseo Alonso)

Lenda do Pedregal de Irimia (Nacemento do Miño).

Se o río Miño queda sen auga.

Feiticeiras de Arbo e Melgaço.

Cada remadela, sete leguas. Lenda do Miño

As misteriosas voces do río Miño.

O túnel entre Tui e Valença

A lenda da lamprea rubia.

A lenda do barco fantasma no río Miño

A lenda da ponte romana de Ourense.

Leyenda del cántaro.

 

galicia.gif (2685 bytes) Volver ó río Miño                        En español.

        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chao Rego: A lenda dos tres ríos.

Río Cerves. Ourense. Foto de S. Lorenzo.

 

  UN PAÍS DE RÍOS

   Naceron tres fontes e puxéronse a camiñar, e o mar prometeulles que lles entregaría unha persoa ó ano en sacrificio á primeira delas que chegase onda el. Eran as fontes do río Eume, do Sor e do Landro, segundo lenda que Bouza Brey nos conta coma recollida da comarca ferrolá. Botáronse a camiñar. Con rivalidade, que rival vén da palabra latina rivus, que significa río, como xa dixemos. Pero, cansas, adormeceron, non sen antes establecer un pacto de que a primeira que acordase había de avisar ás outras dúas. Pero venceu a rivalidade.

      A primeira que espertou traizoou ás outras dúas, e púxose a camiñar, silandeira, por mor de que non se desatasen as competidoras. Axiña acordou a segunda que, furiosa porque non a chamaran, púxose a correr, pero coidadosa de non espertar a terceira. Esta, cando se ergueu do sono e se atopou soa, alporizouse e deu en correr, brincando por riba dos montes e penedos, acadando o mar antes cás outras. É o río Eume, que pasa polas Pontes de García Rodríguez e desemboca en Pontedeume; disque tódolos anos cobra o prezo dunha persoa, que o mar lle paga. Un río que mete medo e resulta falso.

     Se principiamos por unha lenda é porque o réxime fluvial galego é literalmente lendario. Álvaro Cunqueiro afirmou, en fase enfática, que Galicia e o país dos dez mil ríos. Non constitúe unha afirmación matemática, senón contundentemente simbólica. O profesor Augusto Pérez Alberti dío de xeito máis científico, que non prosaico: «Galicia é unha terra de ríos». Pero a lenda pode dar xogo, porque os ríos galegos son atípicos, como de contado imos dicir: primeiro dormen e logo teñen que bulir por chegaren.

    Se alguén olla o mapa fluvial galego percibirá axiña, coma imaxe húmida e gratificante, un mesto urdido de raias sobre a tea de fondo da nosa xeografía que delata que estamos perante un país de ríos. Díaz-Fierros, xunto con Núñez Delgado e López Periago dínnolo: «Se a paisaxe de Galicia ten algo propio e ben diferenciado é, sen ningunha dúbida, este  urdido de vales fluviais que, dentro dunha aparente anarquía, agachan un claro ordenamento e xerarquización, determinados polo artello da rede hidrográfica».

   ¿Por que sucede así na nosa xeografía? O ceo e maila terra xúntanse para fornecérenno-la explicación. Os dous grandes factores que determinan a nosa condición fluvial son, por unha parte, o clima, en particular o réxime de chuvias. Isto en canto ó ceo, que na terra son responsables as características tectónicas e morfolóxicas; é dicir, a forma dos solos, a orografía.

   O profesor Río Barja coa colaboración de Rodríguez Lestegás, nun minucioso estudio sobre os ríos galegos, advírtennos: «A disposición das unidades orográficas, cunha orla montañosa setentrional e occidental discorrendo próxima ó litoral dende a Serra do Xistral ata a do Faro de Avión, e un máis destacado conxunto oriental e sudoriental, dende a Serra de Meira ata a do Xurés, facilita a configuración de abundantes centros dispersores de augas, que envían en tódalas direccións multitude de cursos fluviais, aínda que de curto percorrido, coa coñecida excepción do pai Miño».

flecha.jpg (1051 bytes) Subir
   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A lenda da Virxen e o neno en Portomarín.

 

E a carón da Capela de Santa Mariña, que segundo as crónicas xa era un pequeno mosteiro de monxas no século IX, había un pouco "río arriba" un longo treito de Río Miño -máis ou menos un quilómetro- onde as angas sempre van mainiñas, gardando un silencio sosegado. E tamén, uns grandes penedos que semellan botarse no río para gañar o retiro pacífico de tantos anos, parecen querer gardarse baixo as augas, despois de exercer de inmóbiles pedras, inspiradoras de lendas e contos de mouras e cristiáns, de "cestas de ouro", de tesouros agachados, etc.

Pois ben nese mesmo lugar había unha peneda que xa estaba entre as augas metida e que ten a súa lenda.

A metade da peneda estaba cuberta pola auga e a outra metade fóra. Nunca desaparecía da vista dos que por alí andaban anque houbera secas importantes .ou grandes enchentes. Alí estaba como mostra de .veracidade do que vos vou contar:

María, San Xosé e mais O Neno estiveron en Galicia fuxindo de Herodes. A Virxe levaba ó neno durmidiño no colo. San Xosé tiraba pola corda do burro no que ían María co Neno en brazos.

Ó chegaren a aquel sitio de Portomarín, á beira do Río Miño, os tres quixeron cruzar. As augas facían moito ruído ó pasaren entre os penedos e os cachóns, porque estes imprimíanlle aínda máis velocidade.
María, non querendo que lle espertaran O Neno, dixo:

- Río Miño, Río Miño, pasa quedo e caladiño.
Non espertes ó Neniño que xa o levo durmidiño".

-E o río voltouse calmo, pousado e silencioso naquel tramo do seu curso en contraste cos cachóns que hai catro ou cinco quilómetros máis abaixo.

Contan as xentes de Portomarín e Comarca que A Familia pasou o río sen problemas e que O Neno non espertou. Naquela peneda do río aínda está a pasada do burro cando, para facer pé, pousou alí unha pata.
Por desgracia, hoxe todo está cuberto polas augas do Encoro de Belesar que asolagaron tantas realidades vivas, tan só queda o recordo e tantas lendas e soños como esta que eu vos acabo de contar.

Mero. Reelaboración da lenda que me contou. moi ben contada, o meu amigo e coñecedor da cultura tradicional D. Xesús Mato e Mato.

 

flecha.jpg (1051 bytes) Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Leyenda del Cántaro

Nota: no tenía noticia de esta leyenda del río Miño, es más, pienso que es aplicable a cualquier río. De todas formas es una más y así la muestro.

 

 

Había una vez, un hombre humilde, que vivía en un pueblo pequeñito. Su nombre era Zacarías, y era artesano.

Un día que se encontraba en su taller, un hombre entró y le pidió que fabricase un cántaro que pudiese cargar todo el agua del mundo, la de ríos, mares, océanos, charcos…

El artesano le dijo que eso era imposible, pero el hombre le ofreció una gran suma de dinero y el artesano le prometió que lo intentaría, y decidieron verse en un puente, encima de un antiguo río, ahora seco.

Zacarías hizo lo que pudo. Fabricó un cántaro inmenso y otro más pequeño, por si aquel encargo tenía trampa, y los llenó de agua.

Fue al lugar acordado, y justo encima del puente, se le cayó el cántaro grande, que rompió y quedó vacío; al agacharse, se precipitó también el pequeño.  Este último no rompió, aguantó intacto y comenzó a echar el agua que portaba. Siguió echando agua sin parar. El artesano no daba crédito a lo que veían sus ojos.  Sin saber de donde, apareció el hombre que le había hecho el encargo, y le dijo:

-Veo que lo has conseguido, yo te he ayudado. A cambio de tu trabajo recibe esta bolsa de monedas. No es la cantidad acordada, pero te satisfará.

Zacarías aceptó. El agua del cántaro, había formado un río, que más tarde bautizaron como “río Miño” que pasa hoy por Galicia. Si te acercas al nacimiento del río Miño, encontrarás el cántaro del que surgió, que sigue echando agua, para que el río no seque. La bolsa del extraño cliente estaba llena de monedas que nunca terminaban, al igual que el agua del cántaro y que ayudó mucho a Zacarías, quien nunca más tuvo noticias de aquel cliente que le había cambiado la vida.

flecha.jpg (1051 bytes) Subir