A lenda do nacemento dos ríos Miño e Sil.
Río Miño (fotografía Ernesto Schreck) , onde hoxe está feito o encoro dos Peares.
Río Miño (foto descoñezo autor) por debaixo de Arbo. Como era en tempos...
Partes das fendas feitas por XUPITER.
Sacada do libro O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia. de Xosé Lois Ripalda). As fotografías están engadidas polo autor da web.
LENDA DO NACEMENTO DOS RÍOS MIÑO E SIL
"...Esta lenda está vencellada a mitoloxía. Según a mesma, o Deus Xúpiter, desexando facer unha viaxe, seguiu coa vista os movementos da terra co gallo de escoller un lugar onde pasar unha tempada, pois a vida no Olimpo, a forza de ser repetitiva, chega a cansar. Unha vez que o Deus fixo a súa elección, e como a viaxe non iba ser de contado, fíxolle unha marca de arriba a abaixo na terra para non esquecerse; tal marca resultou ser o río Miño. Entón a Xuno, muller de Xúpiter, entráronlle ciúmes por non contar con ela para tal viaxe, ademais de sospeitar que podría tratarse dunha aventura amorosa, das que tanto gustaba o Deus. Daquela, a muller de Xúpiter fixo unha fenda aínda máis fonda que a do seu home, formando así o canón do río Sil. Xúpiter, moi enoxado polo comportamento da súa muller, obrigouna a vivir no fondo do canón. Pasado un tempo, o Deus amerceouse de Xuno e retiroulle o castigo e, como símbolo do seu amor, permitiu que o río Sil e o Miño se xuntasen..."
Mais ou menos as fendas quedaron desta forma. A fenda azul é o RÍO MIÑO e a fenda verde é o RÍO SIL
Xupiter castigou a súa muller, que debía andar a altura de Parada do Sil, máis ou menos, onde o canón era máis fondo, de maneira que as fendas estaban separadas, a altura da desembocadura hoxe do río Cabe, máis ou menos.
Menos mal que Xupiter perdonou a Xuno e hoxe o RÍO MIÑO leva tamén a auga do RÍO SIL. , cubrindo a zona que non estaba fendida, e facendo que chegase o río Miño, concretamente nos Peares; por suposto sendo un río marabilloso...
Arriba o río Sil no canón do Sil (fotografía S. Lorenzo), hoxe, co encoro de San Estebo e abaixo o canón do Sil pero sin o Encoro de San Estebo (fot. descoñezo autor), como era no tempo de Xuno. Parte da fenda feita por XUNO.
Nesta zona xuntáronse as fendas de Xupiter, o río Miño, e a da súa dona Xuno, o río Sil. A zona agora chámase "Os Peares" un pobo único no mundo, xa que pertence a catro concellos (Peroxa, Nogueira de Ramuín, Carballedo, e Ferreira de Pantón) e a dúas provincias (Ourense e Lugo). Ademais neste mismo lugar xúntanse tres ríos, o río Miño, o río Sil, e o río Bubal.
A fotografía é unha xoia sacada do libro orixinal, traducido o galego con nome "Un verán en Galicia" editado por Editorial Galaxia en 1999. O libro de título orixinal "Spain revisited. A summer holiday in Galicia", escrito en 1911 por C. Gasquoine Hartley, impreso en London nesa data. Este libro é o que ten as fotografías e pode verse en ointernet neste link.
Entre as moitas fotografías que trae o libro citado, a versión orixinal, está esta que é unha auténtica xoia, para esta páxina web sobre "A vida nos ríos galegos". Observar que en 1911 xa estaba feita a vía do tren de Ourense a Monforte, ver a Ponte da esquerda e tamén a estrada que cruzaba o río Sil, ver a dereita. O río Miño seguramente na estiaxe, cun coiñal marabilloso que inda o podemos ver hoxe...