Se o río Miño queda sen auga.

O cabo do mundo no río Miño moi cerca do lugar o se conta esta lenda. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Se o río Miño, Deus non o queira, queda sen auga, tendes que saber o posible motivo. No castro de Amboade, que está na parroquia de Vilar de Ortelle do  concello de Pantón, en Lugo, houbo, igual aínda o hai, un encanto moi grande que vivía nunha adega debaixo da croa.

    Aquel encanto tiña tratos cun humano que ía todos os días visitalo. Ao chegar, o home agardaba a que o recibise unha gran serpe que lle subía polo corpo arriba e que en canto lle chegaba a tocar a cara transformábase en muller.

     Non sabemos máis. Non sabemos si o encanto se desencantou, se quedou ou marchou. É pouco saber, sobre todo escoitando o que se di por alí. Estarrece:

Cando nesta adega falte o viño,

ha de faltar a auga no río Miño.

Nota: o texto anterior está sacado do libro "A flor de auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais. Un libro do 2006 no que se recopilan lendas de Galicia que teñen relación coa auga. Merece a pena.

        

 

    galicia.gif (2685 bytes) Volver  lendas Miño.

   galicia.gif (2685 bytes) Volver lendas ríos