As feiticeiras

de Arbo e Melgaço

 

O río Miño entre Arbo e Melgaço, parece que aquí é onde actuan e actuaron as chamadas feiticeiras

"Quem atravessar o río Minho en Melgaço há de levar na boca um seixinho para durante a viagem nao poder falar se as feiticeiras se meteram con ele".  (Leite de Vasconcelos 1931,70, en Alonso Romero F 1996,75).

Vamos que para atravesar o río en Arbo e Melgaço o mellor é levar unha pedriña, un coio pequeno na boca para non poder falar en ningún caso.

---------------------------------------------

As feiticeiras amedoñan ás personas dunha e doutra beira que cruzan o río Miño, sexan pescantíns, barqueiros ou calquera tipo de xente, que deben levar croios entre os dentes para así non repostar ás súas palabras enmeigadas. Son fermosas e poden engailar os mozos, que os levan as profundidades e xa se sabe.

O parecer estas feiticeiras aparecen exclusivamente no río Miño.

O parecer cando alguén abre a boca para falar métense por ela cara o cerne do corpo da víctima, respostando esta crenza á medieval que cría na entrada dos diaños e certos intres do xantar e do falar. Daquela a alma podía ser posuida por eles, ata ser expulsada por certos medios como osexorcismos, en diversos santuarios cristiáns.

O parecer tamén actuaban contra as embarcacións e a pesca. Para actuar neste caso dábanlle unha tunda cun pau a rede e repetían ¡Ah desgraciada! ¡Toma! ¡Toma!. Si o volver a botar a rede esta flotaba é que as feiticeira inda estaba na rede, volvían a facer o mismo cambiando as palabras por ¡Sae de aquí, filla de puta!. (Alonso, E. 1984, 353)

Este dibuxo da feiticeira aparece no libro citado.

Nota: o texto anterior está sacado do libro "A flor de auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais. Un libro do 2006 no que se recopilan lendas de Galicia que teñen relación coa auga. Merece a pena.

        

 

     galicia.gif (2685 bytes) Volver  lendas Miño.

 

 galicia.gif (2685 bytes) Volver lendas ríos