A lenda dos sete santos

do río Miño.

Tradución feita polo autor da www do texto que aparece recollido por  Eliseo Alonso  no libro "Pescadores del río Miño" . (Tramo gallego-portugués). Publicado pola Excma. Diputación provincial de Pontevedra. no ano 1989.

 

Polas augas do río Miño baixa esta fermosa lenda das súas ribeiras, que van, de montaña en montaña, por outros picos que dominan a súa conca. Alá enriba, a visión do Paradanta e de San Mamede, San Xulián do Monte Aloia e Santa Tegra, derramándose ata as veigas da ribeira.

      Cóntase que un día recorrían estas terras do Baixo Miño os sete santos irmáns, San Felipe, San Pedro ad Vincula (San Fins de Arbo), San Marcos, San Mamede e San Telmo. Este último, San Telmo,  afoga o bañarse no río Miño.  Co fin de ver pasar o morto entre a corrente do río e poder así rescatalo, suben todos as máis altas montañas do lugar, menos San Marcos, que queda so nun pequeno alto, moi preto da Estación de Arbo, co fin de velo pasar antes e recollelo; pero o cansanzo fai que se quede dormido e mentras tanto pasa o corpo de San Telmo que soio flota cando o río se remansa nas Veigas do río Louro, na desembocadura deste río.

       O remansarse vese como do afogado sae un halo luminoso que fai que o vexan os outros santos,  que así  baixan das montañas, quítano da auga e danlle sepultura en Tui, ademais convírteno no patrono da ciudade.

 

Ata aquí a lenda.

Nota: sigue decindo Eliseo Alonso no libro citado que... todos estos santos teñen agora as súas ermidas, que se levantan, xusto, no mesmo lugar onde estuveron vixiando o paso do irmán afogado. Cinco deles quedaron polas terras do Miño Galego, San felipe e San Fins, en Arbo; San Mamede, en As Neves; San Xulián e San Telmo, en Tui, e Santa Tegra en A Guarda. Pola parte portuguesa están San Marcos en Melgaço, e Santo Tomé, en Valladares.

     San Pedro González Telmo, santo con nome e apelido, como lle sigue chamando a xente, é o dominico patrón dos navegantes, conciliador dos ventos e abogado contra as tempestades. Cóntanse moitas lendas sobre a súa sotana. Nunha ocasión, cando era frade, tiña que pasar o río Miño para ir a un entierro, e como non cobraba nada, os outros frades tíñanlle moita xenreira, polo que lle pediron o barqueiro que non o pasase. Pero San Telmo, extendeu a súa capa sobre o río, e remando co seu  bastón chegou o outro lado, sacudiu a capa e enterrou o morto.

    Polos emplazamentos destas ermidas inda anidan algunhas paganías, como os cultos litolátricos nas rochas do Monte Aloia, chamadas "A pedra da Auga" e "A Pedra do Sol", ás que se leva a imaxen de San Xulián, según se desexe que chova ou faga bon tempo. San Mamede, que tamén se chama San Domedio e San Nomedio, foi un ermitaño que se quedou a vivir no alto da Serra a que lle deu nome. Cando estaba a levantar a ermida, usaba para carrexar a pedra a dous corzos que ataba a un carro; pero un día o lobo comeu un dos corzos. En castigo, San Mamede puso o lobo co corzo que quedaba e obligouno a seguir carretando a pedra para rematar a súa capela...

 

 galicia.gif (2685 bytes) Volver a lendas ríos                  galicia.gif (2685 bytes)   Volver á lendas río Miño.