A flora nos ríos

Aclaración sobre a selección feita sobre a flora (que eu chamo plantas , lianas e arbustos) dos ríos galegos na páxina web:

Simplemente decir que eu fixen unha selección de flora exposta alfabéticamente e por suposto sin ningunha clasificación.

Evidentemente tratei de poñer a flora máis importante dos nosos ríos en cada un dos lugares do río: dentro, na orela e non moi lonxe da orela do río.

Para profundizar e sistematizar incorporo posteriormente algún estudio básico, como este de Xavier Amigo.

Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza. Xavier Amigo

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza.

Neste dibuxo están unidos os biotipos terrestres e os acuáticos. O que fixen foi unir os dibuxos suprimindo a altura (os 7m. están a altura da copa do arbusto 3. O metro esta a altura da copa da planta 5a e 6a) das plantas que explico máis abaixo.

Suponse que é inverno e a clasificación está feita seguindo a estratexia da situación das xemas. Moi orixinal. O que pasa é que Raukjaer rematou o dibuxo no nº 7 do dibuxo.

No que sigue fago un resumen do traballo de Xavier Amigo, para o Caderno de Adega nº 14  e que leva por título "Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza".

É unha pena que cando fixen as miñas fichas de plantas a carón dos ríos galegos non fixera unha clasificación deste tipo, pero o meu descoñecemento levoume a presentar ese apartado da forma que está feita como unha relación alfabética. Este esquema sería o ideal.

Comenza Xabier Amigo citando o traballo de Raunkjaer que en 1934 resumía a diversidade das plantas en apenas cinco grupos:

O dibuxo está feito no inverno. Tamén sigue unha estratexia que é: "como pasan as plantas a estación desfavorable do inverno e según esto onde sitúan as xemas de renovo de ponlas que comenzará o crecemento vexetativo na primaveira"

Estratexia moi boa pero insuficiente.

Entre 1 a 3 (no dibuxo) os fanerófitos (por riba de 1 metro, inclue lóxicamente tódalas árbores...). Por exemplo , calquera das árbores.

O 4 os caméfitos (son plantas herbáceas ou leñosas que viven máis dun ano . As xemas téñenas por riba do suelo e por baixo do 0,50 metros). Neste link dedicado os pirineos pode verse unha pequena mostra.

O 5 os Hemicriptofitos (5a arrosetado, 5b cespitoso e 5c rizomatoso). Por exemplo a Aquilenia vulgaris (ver ficha). As xemas están enterradas na parte máis de fora.

O 6: Xeófitos (6a rizomatoso, 6 b tuberculado e 6c bulboso). Por exemplo a Anemone nemorosa (ver ficha). As xemás xa están moi enterradas.

O 7: Terófito. Por exemplo o Cardamine hirsutum. Ver esta pequena mostra.

Todos estos son o que se chaman "biotipos terrestres". No dibuxo dende a árbore primeira ata a primeira planta que está metida na auga.

Pronto se viu a insuficiencia de tal clasificación sobre todo porque faltaba a estratexia da auga:

O 8 : Helofitos de rizoma

O 9: Helofitos amacollado

e o 10 os Hidrófitos (10 a + 10 b enraizados , 10 c+ 10 d+10e os flotantes ou pleustófitos.

Así por exemplo (Os Pleustófitos), no dibuxo 10d, 10 c e 10 e:

O 10 d como son os Ceratophyllum do fondo do río. Algunhos teñen ficha. Ver link propio.

O 10 c que viven pendurados como as Utricularia. Que tamén teñen ficha.

Os 10 e que aboian na auga como por exemplo as Lentellas de auga. Ver ficha.

Así por exemplo (Os Hidrófitos) no dibuxo 10 a e 10 b

Plantas acuáticas que enraizando no fondo vense na superficie da auga.

10a - 10 b así os Potamogeton, 10 especies, (que teñen ficha) , Ranunculus, 9 especies,   (que tamen teñen ficha), , Callitriche, 5 especies,  (que teñen ficha) e Myriophyllum , 4 especies, ( algún ten ficha). Neste grupo están tamén os nenúfares (tamén con ficha)

Tamén están Os Helófilos. No dibuxo 8 e 9

Que son plantas de hábito ergueito, máis cuxo sistema radicular e base do caule permanece asolagado polo menos unha parte do ano.

En Galiza según  Xavier Amigo contamos con exemplos numerosos de helófilos así os Scirpus (que hai un exemplo), Phragmites  (hai algún exemplo ), Typha (tamén hai exemplo), Carex( hai varios exemplos) , Sparganium (tamén hai un exemplo), Iris (tamén hai un exemplo) estos teñen talles interesantes e visibles.

Tamén hai algúns con tallas máis modestas así os Eleocharis (hai un exemplo), Baldellia (hai un exemplo), Juncus (hai un exemplo) , Lytrum (hai un exemplo), Veronica (hai un exemplo), Oenanthe (hai varias fichas por exemplo), Glyceria, Menta (hai un exemplo ), etc. por citar algúns.

Nota: a maior parte do texto está tomada do traballo de Xavier Amigo "Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza" traballo publicado na revista  Cuadernos  de Adega no nº 14.

Pola miña banda únicamente fago referencia a ficha (exemplo) que teño aberta dentro do apartado de plantas, na web  "A vida dos ríos galegos".

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.