Scirpus lacustris. 

Bión. (Junco de Laguna)

O bión era a planta típica da Lagoa de Antela, cando esta Lagoa existía en Ourense. Que magoa... A lagoa de Antela desapareceu nos anos cincuenta.

Este xunco merece estar nesta relación de plantas dos ríos galegos, inda que soio sexa por motivos sentimentais.

"A Lagoa de Antela nunca debera deixar de  existir, na miña opinión foi una auténtica desgracia para a xente da Limia e para Galicia" .

Hoxe sería única en España, pola contra ¿qué temos no seu lugar?... Mellor non decilo...

 

Ver  características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Scirpus lacustris. O BIÓN: características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

científico

Nome CIENTÍFICO.

Scirpus lacustris

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

 galego

Nome galego

Bión, Xunco de Lagoa, Antela.

 

Nota histórica:

O bión era a planta típica da Lagoa de Antela, na provincia de Ourense, hoxe disecada. Sin dúbida foi un auténtico atentado ecolóxico.

A lagoa estaba en Xinzo de Limia. Ourense. Este era o mapa de Fontán que a delimitaba perfectamente. 40 km2 de vida...Hoxe dedicado a patacas e pouco máis...

 

Vista da Lagoa de Antela nos anos cincuenta.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán

Junco de Laguna.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimen-

sións

Dimensións

Ata 3 metros.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Identi-

ficación:

Identificación:

  

Descripción: herba perenne. rizomatosa. glabra. Talos simples. cilíndricos. de ata 3 metros. 

Ten espiguillas de 3 a 10mm., en grupos dispostos en cabezuela ou en umbela de radios desiguais. Glumas escotadas, con sainte e lóbulos laterais romos, as veces, ciliadas, pardo-vermellas. Cerdas florais ásperas.

Xeralmente acuática.

Dase en lugares húmidos, preto por suposto das lagoas.

O lector debe saber que hai por riba de 15 tipos de scirpus.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats

Habitats:

En solos encharcados e húmidos de Galicia. Florece de maio a decembro.

Vese nas beiras das lagoas.

O bión está desaparecendo en Galicia debido a que tamén están desaparecendo os humedais.

Outra magoa.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 


Curiosi-

dades:

Curiosidades:

Os talos dada a súa flexibilidade utilízanse como sustitutivos das cordas.  Úsanse a modo de mimbres para fabricar cestos ou esteiras. Os rizomas ou talos xóvens cómense en algúns lugares dado o seu sabor dulzón. Sin embargo. sería necesario absterse desta práctica. dado que en estado xoven é doado confundirla con diversas especies de xuncus, plantas altamente tóxicas.



Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Diferencias co  Xunco normal:

Diferencias co  Xunco normal:

  

Bión

 

Xunco normal

Eu penso que as diferencias saltan a vista.

O bión, a fotografía da esquerda, non ten as boliñas que ten o xunco normal o da dereita.

Ver tamén os dibuxos:

      Este é o bión.

    Xunco normal.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Fotografías e bibliografía.

Bións na Lagoa.

Bibliografía usada: NOS TEXTOS o libro " Claves de la Flora de España" de Mariano Garcia Rollán.

Tamén o libro "Antela a memoria asolagada" de Xosé Luís Martínez Carneiro.

As fotografías son de internet. Descoñezo os fotógrafos.

Xa sabedes si alguén quere rectificar o decir o que sexa ou retirar a fotografía non tendes mais que escribir o meu email.

slorenf@gmail.com

As miñas fotografías, que son a maioría poden usarse sempre que referenciedes o autor.

Volver a características

Saír.