Ouca (Arrabazas). Cancel de las ninfas.
En galego chámase Ouca, tamén labazas ou arrabazas.
A maioría destas herbas son da familia dos ranunculus.
Atrévome a darlle o nome de arrabazas, sempre o fixen así, pero dende logo non estou seguro do seu nome dado que tamén se utiliza o de rabaza. En castelán chámase Cancel das ninfas, é sin lugar a dúbidas trátase dun ranúnculo.
Por Camposancos e todo o Baixo Miño chámanse labazas e son moi útiles para saber si a marea no río sube ou baixa. Efectivamente.
Para min no verán cobren casi tódolos regatos da provincia de Ourense, sobre todo si choveu pouco e non limpiou. Poden chegar a deixar un tramo de río impracticable para a pesca.
RANUNCULUS PELTATUS
Dende logo eu chámolle arrabaza. A fotografía é miña e está sacada no río Miño en Ourense. As características sacadas do libro de Mariano Garcia Rollán sobre "Claves da flora en España" :
De ata 1,5 metros, xeralmente con follas anchas flotantes e outras divididas en segmentos lineales. Flores grandes entre 1,5 e 3 cms. de diámetro, pedúnculos largos, levan cinco sépalos verdes e cinco pétalas brancas, no medio unha mancha amarela. Froitos de máis de 2 mm ovais. Prefire augas tranquilas.
O dibuxo do libro A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia, trae na páxina 54 este dibuxo moi interesante. Nel vese que a Ouca ou arrabaza tén dúas clases de follas as que mergulla na auga que levan moitos fíos e as que nadan na superficie que teñen formas redondeadas entre 3 a 7 lobulos. No verán bota as flores brancas que se ven na fotografía seguinte.
Por suposto que nos ríos galegos hai moitos máis ranúnculos, como o Ranunculus fluitans, Ranunculus repens, Ranunculus flammula e moitos outros, a súa distinción é de especialistas.
Na fotografía do autor da www vese a flor deste ranúnculo. O río é o Mao xunto o refuxio de Nigueiroa.Ranunculus fluitans tamén chamado "botón de ouro flotante"
Seguramente se trata dun r. fluitans.
Na fotografía do autor da www vese a flor deste ranúnculo. O río é o Mao xunto o refuxio de Nigueiroa. Por suposto está sacada fora da auga para mostrala. Eu chámolle arrabaza de toda a vida.
Os ranunculus queren ríos de pouca corriente, evidentemente.
Río Miño en Ourense.
Fotografía do autor da www. Río Mao. Montederramo. 16-05-2006
Detalle da flor. Maio do 2006.
Fotografía da explosión floral de Ranunculus fluitans na parte alta do río miño, Rábade y Lugo, na primavera do ano 2011. A fotografía é de Pradero e está sacada da Voz de Galicia.
Fotos sacadas no río Miño-Xuño 2011
O río Miño por debaixo do campo de Reza cheo de Ranunculus fluiatans
Detalle da flor.
Xuño 2011.