Typha latifolia.

Palla real. (Enea - espadaina).

A Palla real tamén se chama espadaina, pero non debe confundirse coa espadaina auténtica que é a Iris pseudocorus . 

O seu talo chega os 2 metros en forma de xunca. No cumio ten unha especie de espiga que se chama en Galicia bofardo.

 Coas pallas reais faise de todo, ata asentos , esteiras e canastras.  En Galicia tamén se usan  como guías para os cohetes das festas. O que se chama as canas dos fogueteiros.

Hai moitísimas no río Barbaña e no Barbañica entre outros en Ourense. A fotografía está sacada en octubro do 2006 a carón da Ponte Vella en Ourense.

 

Ver  características.

 

salir.jpg (922 bytes) Sair.      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESPADAINAS

Typha latifolia

riosnat32.jpg (43189 bytes)

De ata 2 metros.  Partes masculina e feminina da inflourescencia, xeralmente contiguas ou non separadas máis de 2,5 cm.;. Teñen na punta a espiga que se ve na fotografía e que en Galicia se chama "bofardo".

A espiga ten dúas partes, a de arriba máis estreita é a masculina.

As follas son planas e longas, en forma de espada, de 1,5 cm. de ancho e máis de 1 m. de longo.

 

A parte femenina é pardo - oscura , con zonas blancas de vella (bofardo). 

Dase en Galicia en todo tipo de lugares preto dos ríos, pantanos, bordes de charcas, etc.

Chámase en castelán anea, esnea, espadaña , bohordo y paja real.

En galego espadaina, e tamén palla real.

Os bofardos empléanse como adorno. A cana utilízana os fogueteiros.

 

Na fotografía vese perfectamente a forma das follas, longas e anchas.

Na espiga a parte de arriba é a masculina e a de abaixo, máis grande é a feminina.

Tamén no centro vese o bofardo que é a flor da espadaina ou palla real.

Dase perfectamente nas charcas grandes, a beira de lagoas e a carón dos ríos.

Por exemplo en Ourense atópanse polo mes de xuño moitos exemplares no río Barbaña xunto o Parque Barbaña, na zona da Ponte de Ervedelo.

En octubro do 2006 o río Barbañica en Ourense está cheo delas.

 

O texto anterior está copiado o pe da letra do sensacional libro "Claves para a Flora de España" de Mariano Garcia Rollan.

Tamén o libro "Flora de Galicia"  de Xosé Ramón Garcia.

En Ourense, a día 10/11/2006 a palla real é unha auténtica invasora do río Barbañica, ver a fotografía. A política de encauzamentos de este río favorece esto que económicamente é unha pequena desfeita, aparte dun gasto que se da tódolos anos coa limpeza necesaria do canle do río. Hai cousas que se fan cós pes...

 

Saír.