Utricularia australis.

Utricularia. (Lentibularia común).

 

 

riosnat24.jpg (39799 bytes)

É unha planta moi curiosa e digna de observar xa que é carnívora. Por suposto pódense atopar en algúns ríos galegos, de augas tranquilas.

Vive a deriva nos ríos, as súas presas son diminutos habitantes do plancton do río.

As flores son amarelas e están formadas por dous labios, están dispostas en acios de 4 a 10,  no extremo dun talo mergullado no río, lagoas ou charcas.

Hai máis de 200 especies de utricularia.

Características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Utricularia australis

Tallos endebles de ata 1 metro.Follas de ata 3 cms, con dous lóbulos dende a base, divididos pinnadamente en segmentos capilares denticulados; ampollas de ata 3 mm. capturadoras de invertebrados, polo que esta planta é carnívora. Inflourescencia que emerxe da auga e 10 a 30 cm. con 4-10 flores, brácteas de 5 mm.

Pendúnculos moi curvados  en froito. Corola de 12-18 mm, amarelo forte. Froito de 3-5 mm. globoso. Vive flotante e mergullada en aguas tranquilas dos ríos galegos.

Aquí vese a flor da Utricularia e tamén a  parte mergullada.

Descoñezo o autro destas fotografías.

 

Hai moitos tipos de utricularias esta é a Utricularia australis. Todas teñen unhas flores que chaman a atención: esta por exemplo é amarela.

Tamén como curiosidade decir que teñen unhas vesículas ou ampollas que actúan de boca, cando un bichiño(pequenos insectos ou protozoos) tocan estas vesículas,  nunha fracción de segundo 15/1000 péchase e queda atrapado.

En castelán algúns dinlle "col de vejigas". Ver esta ficha.

 

riosnat24.jpg (39799 bytes)

A Utricularia australis está actualmente ameazada. Especie vulnerable.

Vive en augas tranquilas con non moita corrente e fondos areosos. Sobre todo charcas e pequenas lagoas.

Viven misturada con outras plantas como os xuncos, potamogetón , etc.

Reprodúcese por semillas.

Ver esta ficha en Asturias.

 

Neste dibuxo vense perfectamente as vesículas desta planta que son coas que atrapa os insectos. Están lóxicamente na parte mergullada.

A palabra ampolla penso que é máis adecuada, en realidade parece que se enchen de auga e que se se pechan, dentro, as veces, quedarán os pequenos protozoos ou os insectos cós que se alimenta a utricularia.

Unha planta moi curiosa.

 

O texto do principio está sacado do libro de Mariano Garcia Rollán "Claves de la flora de España". 1981.

Saír.